Saída didáctica: visita ao monte Siradella

 

O pasado 2 de Abril, os alumnos de 1º Bacharelato  fixemos unha excursión ao monte Siradella (O Grove), organizada polo Departamento de Ciencias . Ao chegar xa nos agardaban os guías e, tras presentarse, comezamos subindo ao mirador onde nos comentaron,  dunha forma entretida e amena, que o monte Siradella pertence a un Espazo Natural Protexido, chamado  “Complexo Intermareal Umia – O Grove”. Sinaláronos a localización dos lugares que se atopaban dentro do complexo; ademais disto proporcionáronos outros moitos datos de gran interese e tamén que, actualmente,  existe un proxecto para facer un campo de golf na zona baixa do monte Siradella.

Logo de ver as marabillosas vistas que se poden ollar dende o  mirador, fomos ao Centro de Interpretación da Natureza , onde nos puxeron un pequeno vídeo que mostraba, entre outras cousas, as distintas especies de aves que pasan, por ese lugar único, durante todo o ano. Tras o video  propúxosenos facer un xogo de simulación,  que consistía en formar pequenos grupos e facer un  debate sobre a ética de construír un campo de golf no espazo natural. Cada grupo representaba a un sector implicado (grupo ecoloxista, empresarios, promotores, alcaldía, Consellería de Medio Ambiente, hostaleiros, comunidade de monte e  labradores).

Despois de que cada grupo fixera as súas  intervencións, leváronnos a un lugar onde había moitas pedras de diferentes tamaños,  que segundo nos contaron, anteriormente nese lugar había un valo que protexía unha cidadela. Explicousenos que co paso do tempo a palabra “cidadela” evolucionou e rematou por converterse en Siradella, de aí o nome actual do monte. Tras isto subimos a outro mirador onde nos contaron outras cousas. Logo comezamos o descenso do monte, pola cara contraria á que  subiramos. Paramos fronte unha figueira que semellaba estar pendurada da rocha; o guía contounos unha lenda sobre ela é  díxonos que hoxe en día estaba protexida é coñecíase como “A figueira do Meco”. Continuamos o  descenso por un estreito e sinuoso camiño e antes de chegar a base do monte, vimos a duna rampante ( area da praia que pola forza dos ventos subía monte arriba). Tamén nos mostrou varias plantas, explicándonos algunhas das súas adaptacións a un medio areoso. Ao chegar o final do camiño, dirixímonos o autobús que xa nos estaba agardando alí e preparado para á volta o instituto.

Autores: Ángel e Rubén

Esta entrada foi publicada en Actividades e eventos, Recursos naturais, Saídas didácticas, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to Saída didáctica: visita ao monte Siradella

  1. maria.aso.1b di:

    Nesta visita puidemos comprobar que os espazos naurais son moi importantes para o noso medio ambiente, xa que sin eles non poderiamos vivir( ás árbores son as que máis osíxeno nos proporcionan).
    Estes espacios están pouco modificados polo ser humano.
    En España hai varios espacios protexidos ou denominados espacios naturales, como por exemplo: a Serra do Xures, Fragas do Eume….

  2. noeliap.aso.1b di:

    A saída a pesar que de pasamos un pouco de frío no mirador e acabamos cos pes cheos de area estivo moi ben. Explicaronnos perfectamente todo o relacionado co que alí podemos atopar (plantas,árbores,lugares,area no monte etc) e ampliaronnos a información obtida no foro que tratamos o primeiro trimestre sobre a construcción do campo de golf e ademáis vimos o suposto sitio onde se quere facer. O debate foi un pouco desastroso pero foi algo que fixo amena a visita.

  3. andrea.aso.1a di:

    A min tamén me pareu moi interesante, ademáis os monitores foron moi cercanos a explicaron as cousas tal como son sen rodeos. O paseo por todo o monte foi moi interesante xa que cos monitores aprendemos moitas cousas das plantas que estabamos afeitos a ver pero das que non sabiamos nada. En canto ao debate é certo que foi un pouco desastroso pero moii entretido e porque negalo o noso grupo foi o mellor.

  4. antia.aso.1a di:

    A pesares de haber estado no monte siradella con anterioridade, esta visita fixose interesante, o guía foi capaz de captar un pouco a nosa atención contandonos historias sobre o lugar no que nos atopabanos, eu considero que a historia que nos contou sobre aquela arbore foi das mellores. Como di Noelia o debate que intentamos facer foi algo desastroso, todos fixemos memoria para recordar o foro no que se trataba o mesmo tema.

  5. vanesa.aso.1a di:

    A verdade e que fun moitas veces a visitar o monte siradella e nunca lle din moita inportancia,a esa saida non puiden ir pero polo que contan parece que foi entretida,penso que para outros anos deberianse planear saidas pero a montes un pouco mais lexos e mais extensos en natureza,por exemplo o Monte Aloia,foi o mente que meior coidado vin ata agora esta todo moi ben exposto xa que todas as arbores e plantas teñen o nome e da unha explicacion da arbore eu recomedariao para ir a visitalo.

  6. noeliag.aso.1b di:

    Eu tamén penso que está visita estivo moi ben porque ademáis de ensinarnos o bonito paisaxe e explicarnos todo o referente a el ilustrounos o tema que tanto discutimos no foro e penso que nos fixo comprender que aquelo non é un lugar para poñerse a construír campos de golf porque así tal é como está considero que atrae maís turistas dos que pode chegar a atrair o campo e que ademais os espazos naturais en zonas como esas deben ser protexidos porque según teño entendido non abundan.

  7. ramon.aso.1b di:

    O que máis me gustou da visita foi que por fin puidemos ver o terreo que tanto problema nos dous no tema do campo de golf. O guía foi aclarando todo moi ben durante o percorrido polo monte e con nós foi moi atento e como ben di Parracho, o debate foi desastroso pero estivo ben o de nos poñer no grupo contrario o que eleximos xa que nos fai pensar o dobre e poder poñernos no lugar doutra persoa sempre é constructivo canto máis. Co que me quedo eu é coas vistas dende o mirador, INIGUALABEIS.

  8. victor di:

    Que intereses naturais posúe este espazo natural para que estea protexido pola lei?

  9. angel.aso.1a di:

    Un dos intereses do complexo é a fauna que ten durante todo o ano, sobre todo as diferentes especies de aves que chegan ás zonas que compoñen o complexo para invernar, criar e tamén para descansar e alimentarse durante os seus viaxes migratorios. A importancia desta zona para multitude de aves fixeron que se lle dese a categoría de “zona de especial protección para as aves”.

  10. victor di:

    Que tipo de aves e que máis cousas?

  11. angel.aso.1a di:

    Máis de 13.000 aves acuáticas na enseada de O Grove no período invernal. Entre has que hai: aves limícolas como el ostrero, el chorlito gris,… e invernantes.

  12. rodrigo.aso.1a di:

    Primeiro decir que estivo ben esta visita aínda que algúns xa fóramos noutra ocasión. Pois trátanse de aves migratorias, polo que son aves que non permacenen todo o ano aquí, senón que botan un tempo e logo seguen o seu destino. No inverno poden chegar ata 13.000 aves acuáticas na ensenada de O Grove.
    Pero tamén é importante pola abundancia dos diferentes ecosistemas, xa que é aquí donde se xunta a auga do Umia coa do Océano, polo cal estamos no lugar onde se mezcla auga doce con salgada. Aparte de que existen areais, a única lagoa costeira de Pontevedra, marismas… Polo que é impresionante o número de ecosistemas que hai neste espazo tan pequeno en comparación con outras zonas protexidas.

  13. noeliap.aso.1b di:

    Aves limícolas,é decir,as gaivotas, álcidos,charráns,págalos etc. O seu variable colorido,a sua diversidade de formas e un bo reclamo para a vista.

  14. juanluis.aso.1a di:

    A verdade é que foi unha boa excursión. Foi unha pena que non puideramos disfrutar das vistas por culpa da néboa. O monitor que nos acompañou explicounos cousas interesantes, e explicounos un pouco o lugar onde queren situar o famoso campo de golf do que xa falamos varias veces. Unha vez no sitio paréceme incrible que queiran poñer césped nese lugar e destruir todo o que hai alí.

  15. victor di:

    Noelia, apuntaches ben dicindo as limícolas pero nin as gaivotas, nin os álcidos, nin os charráns, nin os págalos son limícolas.
    Rodrigo tamén apunta ben ao dicir que un dos seus maiores valores é a existencia dun variado número de ecosistemas en pouco espazo.
    Aclarade ben iso das limícolas.

  16. juanluis.aso.1a di:

    As aves limícolas son aves que se caracterizan pola capacidade que teñen de desprazarse en grandes distancias durante as migración. Estas aves habitan en zonas húmidas, que sofren grandes ameazas e alteracións, sendo estas un bo indicador da saúde ambiental.

  17. victor di:

    Por que limícola?, que significa? que as define?

  18. melania.aso.1a di:

    Algunhas aves limícolas poden ser a garza,chorlitos,avesfrías..
    Son aves de paso, que buscan subsistir cada día. Esta ave alimentase de invertebrados, é un depredador.
    Entre a especie existen variedades como por exemplo a lonxitude do seu pico que varía dun exemplar a outro debido a adaptación ó medio que sufre.

  19. carmen.aso.1b di:

    Chámanse limícolas porque habitan nos litorais encharcados e con alta presencia de limos. O que as define a súa capacidade para emigrar a través de grandes distancias

  20. lara.aso.1a di:

    O máis divertido da visita foi o xogo de Rol, foi parecido ao que fixeramos na clase no comezo do curso pero con distinta temática e máis participación. O obxectivo principal da visita era que nos déramos conta de todo o que se pode perder si se leva a cabo a construcción do campo de golf, e segundo o meu parecer, todos inconvenientes e nada a favor.

  21. victor di:

    Describide a parte deste Espazo Natural que está incluída no Concello de Cambados.

  22. pablo.aso.1b di:

    Dos tres humedais do complexo Umia – O Grove en Cambados sitúase o formado pola desembocadura do Río Umia, unha ampla enseada que se extende ata pecharse no sistema dunar da Lanzada. A súa entrecortada costa, a pouca profundidade das augas e os sedimentos que aporta o Río Umia fan desta enseada un lugar cun gran valor biolóxico. A variada vexetación mariña xunto coa tranquilidade das augas constitúen este lugar como hábitat de numerosas aves. Desta maneira, o complexo foi declarado Zona de Especial Protección de Aves e Humedal de importancia internacional.

  23. sara.aso.1a di:

    A min esta saída gustoume moito, o que comenta Pablo é certo é unha zona preciosa e moi tranquila para pasear, xa que estas en contacto coa natureza e moi preto da casa.