Para que serven as cadelas fluorescentes?

imagen

Científicos de Corea do Sur clonaron cans que baixo radiación ultravioleta brillan na escuridade emitindo unha cor vermella. O responsable do experimento di que son os primeiros cans transxénicos do mundo aos que se lle implantaron  xenes da fluorescencia.

A técnica consistíu en extraer células da pel dun can e introducirlle no ADN os xenes que producen esta cor fluorescente. Posteriormente o ADN, cos novos xenes, foi introducido en óvulos aos que previamente lle sacaran os cromosomas. Os óvulos formaron embrións clónicos que se implantaron nunha cadela que fixo a función de “nai de aluguer”, parindo a seis cadelas clónicas.

O experimento demostra que sería  posible facer o mesmo con outro tipo de xenes que servirán para realizar ensaios biomédicos para combater toda clase de enfermidades. De feito afirman, que xa comezaron a implantar xenes relacionados con doenzas humanas como o Parkinson e consideran que a técnica podería servir para encontrar novos tratamentos para  enfermidades xenéticas.

Últimamente a xenética está a experimentar avances que permiten que os científicos actúen sobre cualidades da vida humana que ata hai pouco tempo era impensable. Estes avances científicos están a esixir aos cidadáns que tomen decisións sobre cales deben ser os límites que a ciencia non debe sobrepasar; e isto non está a resultar unha tarefa doada para nos.


Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Biotecnoloxía, Medicina e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

34 Responses to Para que serven as cadelas fluorescentes?

  1. maria.aso.1b di:

    Na miña opinión creo, que está ben que se experimente con animais novas técnicas para logo aplicalas os seres humanos, aínda que é algo que como ben di Victor a xente está a crear unha polémica de ata donde é bo este tipo e avances.

  2. ramon.aso.1b di:

    Para comezar ten certa gracia a noticia. Pero estou de acordo que se comece deste xeito para poder rematar curando todo tipo de enfermidades ou previndoas ou o que sexa pol o noso ben. Para provocar esta fluorescencia no davandito animal creouse a través dunha clonación de fibroblastos, ou sexa, un tipo de células do texido conectivo e de anémonas mariñas. Este feito abre moitas portas a ámbitos médicos para curar diversas enfermidades. Outro caso é que moita xente non aproba nin aprobará que se utilicen os cans para estas investigacións, xa que moita xente considera a estes animais como o mellor amigo do home.

  3. andrea.aso.1a di:

    Está moi ben esto de que estean a investigar en animais técnicas para curar enfermidades que melloraran por suposto a nosa calidade de vida, é verdade que o método de provar con cans é un pouco cruel pero algunha vez habería que deixar as ratas.
    En canto aos límites da ciencia eu penso que non deberíamos poñerllos(de momento) xa que o único que nos dá son avances que melloran a calidade humana e eu penso que está moi ben ainda que o prezo sexa alto.

  4. lara.aso.1a di:

    Eu, persoalmente non estou de acordo en utilizar animais como obxecto de experimento, pero bueno, sei que é a única forma que hai de descubrir algo.
    Eu leín unha noticia moi semellante, o experimento tamén procedía de Corea do Sur, pero en vez de cans utilizáronse gatos.Para provocar a aparición da proteína fluorescente neles, usouse metaerial procedente de virus estomacales e outro asociado á leucemia.

  5. rodrigo.aso.1a di:

    Estes novos seres que se crearon poderían ter problemas debido á alteración do ADN? A verdade e que non me imaxino como poden quedar os cadelos logo deste experimento, ademais, que parte do corpo é fluorescente; sangue, carne, pel…?

  6. rodrigo.aso.1a di:

    Por certo que se me olvidou comentar que fago estas preguntas xa que, esta noticia xa a lera pero había interrogantes aínda sobre a investigación, xa que non dominaban por completo a fluorescencia e os xenes aos que tiña que ir, senón que é por azar. Ou tamén o porcentaxe dos cans que chegan a nacer e vivir 1,7%; a verdade non é moi alto este porcentaxe.
    A verdade e que con estes “erros” e outros máis penso que aínda está moi verde estes experimentos.

  7. juanluis.aso.1a di:

    Se non recordo mal este experimento xa se fixera anteriormente con outros animais. Na miña opinión todo o que sexa un avance é bo, sempre que ese avance non nos faga correr riscos. Este experimento pode abrir as portas a futuras solucións contra enfermidades.

  8. ramon.aso.1b di:

    Como dis ti, Rdofrigo, claro que están verdes os experimentos xa que por algo se ten que empezar, pero seguro que isto está moito máis avanzado deste xeito que mirando para as moscas na casa. Por exemplo algúns cans teñen o ventre e as unllas desa cor vermella ata á clara luz do día, pero non impide que o can leve unha vida normal, o único que impide isto son os científicos que fan probas e manexan os xenes dos cans, non o feito de seren ou non fluorescentes.

  9. rodrigo.aso.1a di:

    Xa Ramón, pero e que non sei que me dá pensar que un can dos meus podería sufrir esta alteración. Creo que sería mellor facer estes experimentos, con animais non tan próximos ás persoas, xa que o can é o “mellor amigo do home”. E isto comprobámolo todos os días como a xente non pasea normalmente gatos, lagartos… senón que se trata de cans que teñen sentimentos como nós. Pero supoño que este é o prezo por ser nós humanos e eles só animais.

  10. victor di:

    Utilizaron a introducción dun xene da fluorescencia porque o resultado sería doado de comprobar. Polo demais o can non debería ter ningún problema.
    Pero explicádeme:como podería esta técnica axudar a previr enfermidades nos seres humanos? Refírese só a previr enfermidades de orixe xenética?
    Vedes algunha relación entre esta técnica e a do Diagnóstico Xenético Preimplantacional que tratamos no foro?

  11. noeliap.aso.1b di:

    A min tamén me da algo de mágoa que os corpo dos cans se vexan modificados con esa cor fluorescente pero só é un aspecto físico o que non estamos acostumados Rodrigo. Cómpre pensar no lado positivo que estas investigacións poden supoñer o noso futuro coidando sempre a vida dos animais xa que tamén son seres vivos.

  12. ramon.aso.1b di:

    Pero tendo en conta isto, Rodrigo, estes cans son críados xa para isto, ou sexa son cans que nacen para ser experimento igual que cando comes un bocadillo de xamón na casa estás comendo un porco que naceu para acabar morrendo e servíndoche de merenda, eu estou totalmente de acordo en que se utilicen animais para isto, todos temos un destino, pois o dos cans fluorescentes o mellor é o de salvar vidas asique benvidos sexan.

    Por outra vanda respondendo a cuestión de Víctor, ten relación co que falamos no foro xa que tamén se manipulan os xenes no exterior para despois ser introducidos no útero da cadela a igual que o que discutiamos no foro.

  13. lara.aso.1a di:

    Esta metodoloxía servirá para inventar novos tratamientos para combater as enfermidades xenéticas, e ademáis, estase investigando a implantación de xenes ligados a enfermidades humanas coma o Parkinson.
    Sí que ten algo de relación co Diagnóstica Xenético Preimplantacional pois tamén é unha técnica de reporoducción asistida que procura evitar na medida do posible a transmisión de enfermidades hereditarias de pais a fillos.

  14. victor di:

    Recordade que cando falábamos do Diaganóstico Preimp. non se manipulaban xenes; simplemente se elixían os embrións que non tivesen xenes que podían producir unha enfermidade de orixe xenética.
    Agora estamos a falar dunha técnica que nos permita no futuro eliminar os nosos xenes que poidan ser potencialmente perigosos e introducir no noso ADN xenes sans.
    É un salto cualitativo; canto hai de isto a poder crear individuos coas características que nos desexemos, introducindo xenes previamente seleccionados?

  15. maria.aso.1b di:

    Na miña opinión, considero que esta tecnica é boa pero si tivera que elixir prefiriria a técnica dos “nenos a carta”.
    A este proceso non lle queda moito porque só se lle terián que meter os xens desexados polos pais e xa terian o seu neno a carta.

  16. pablo.aso.1b di:

    Eu só estaría de acordo con esta técnica sempre que non tivese consecuencias ou reaccións negativas no animal. A investigación pode ter moitos beneficios, pero tamén debemos pensar que se trata dun animal. Respecto ao uso dos cans nesta investigación e non outro animal simplemente é pola esperanza de vida dos cans e o seu ciclo reprodutivo fronte a outros animais máis comúns en investigación coma poden ser os ratos.

    Por outra banda, disto a crear individuos coas características que nos desexemos hai un mundo. Todas estas accións son vantaxes sempre que sexan aplicadas ao campo da saúde e evidentemente ningún ser vivo sufra. Por que a saúde é o máis importante en nos, moito máis que outras características que desexariamos.

  17. carmen.aso.1b di:

    Eu non vou a entrar no debate de si se debe ou non experimentar con animais, porque senón tamén tería que plantexarme unha dieta de vexetais, (parece que nos esquencemos de que o porco, tenreiro, coello, etc. que comemos se sacrifica, e con esto tamén sufre), ou incluso algo máis preocupante como que en España se sigan permitindo as corridas de toros. ¿Uns animais son máis dignos de sufrimento que outros?. Ou é que simplemente non estamos acostumados a ver estas cousas…

    Estou dacordo na experimentación sempre que sexa con fins medicinais, xa que estes experimentos permiten avances que poden significar moitas vidas humanas. Claro que non a calquer prezo, pero estas actividades están lonxe da liña moral que se permite en moitos outros experimentos. E é esta liña a que fai que falte moito para crear individuos á carta con estas técnicas.

  18. angel.aso.1a di:

    Pareceme ben que se poidan eliminar os xenes que poidan ser perigosos e introducir no ADN xenes sans, xa que así melloraría a esperanza de vida. Pero en cambio na miña opinión non se debería poder crear individuos coas características que nos desexemos, iso xa non me gusta tanto como o de poder eliminar xenes perigosos.

  19. isaac di:

    En principio pode parecer falto de ética a experimentación con animais, e parecer frívolo a creación mediante enxeñería xenética dun can fluorescente, pero, como ben explica Víctor, trátase de testar dun xeito que resulte moi evidente a viabilidade dunha técnica de inserción de xenes nun animal. A introdución de xenes de proteínas fluorescentes, como comenta Juan Luis, xa se empregou anteriormente en outros animais e en prantas, sempre con ese mesmo obxectivo, probar unha técnica que despois pode ser empregada con outras finalidades.

    Por outra banda, pensade que calquera medicamento que vos tomedes foi probado previamente en diferentes animais, desde ratos a chimpancés, para asegurarse de que os seus efectos secundarios non fagan perigoso o seu uso en humanos. Aprobades ese tipo de uso?

  20. ramon.aso.1b di:

    Eu creo que todos deberíamos aprobar ese tipo de uso e as persoas que non o fan cando elas mesmas ou seus pais ou algún ser querido tivese unha enfermidade gustaríalle tela urado canto antes. Pois para isto existen estes métodos, ademais son animais que nacen para isto volvo dicir, e se morren 100 animasi para salvar unha soa persoa creo que xa fixeron a súa labor aquí.

  21. noeliap.aso.1b di:

    Eu tamén aprobo este tipo de uso,é verdade que os cans son seres vivos ó igual que os porcos ou vacas que comemos asique si nos alimentamos deles sin reparo (con excepcións) porque non poder experimentar con eles para poder obtar a un futuro mellor? Aquí volven mezclarse cuestións éticas e morais e cada un pode velo de diferente xeito pero tamén cómpre destacar que tal como se experimenta con animais tamén se fai con humanos para provar os diferentes efectos.

  22. antia.aso.1a di:

    Baixo o meu punto de vista esta práctica está ben, sempre e cando se ciña a investigación para a cura de enfermidades ou para aproximarnos a un futuro mellor.

  23. antia.aso.1a di:

    Para a xente que considere que a experimentación con animais é unha crueldade dicirlles que se non existira este tipo de experimentación con animais, a metade da poboación mundial estaría morta, xa que non se houberan aprobado medicamentos para ningunha clase de enfermidade.

  24. noeliag.aso.1b di:

    Eu penso que ainda que haxa xente a que lle parezca cruel este tipo de prácticas en animais é necesario para nós porque o método hasta o de agora funcionou é proba se os medicamentos que nos tomamos nos faran dano ou todo o contrario e si non puideramos facer isto correriamos demasiados riscos.
    Pero eso si só me parece ben sempre e cando sexa para investigar estes casos como ben di Antia.

  25. maria.aso.1b di:

    Considero que hai que experimentar con animais antes que con persoas aínda que prefiro que se experimenten melor con insectos ou con ratas.
    Si este tipo de probas no las fixeran a nos seguro que nonos gustaria é un animal digamos que sinte menos cá nós.(refirome que non é un ser humano e non sinte coma nós).

  26. vanesa.aso.1a di:

    a verdade e que o método utilizado e bastante cruel pero o método empregado é o mais eficaz por que xa se leva usando dende fai anos con provas dos ratos,sacrificando moitos ratos pero conseguindo solucións a moitas enfermidades e moitas probas.

  27. victor di:

    María, coas persoas non se experimenta e os cans, insectos e rata son animais.
    Debemos aplicar o sentido común: os animais de laboratorio son criados para esta finalidade do mesmo xeito que un porco ou unha galiña se cría para que nos alimente.
    Non sigamos por aquí.
    Cambio de tema: como se corta un cacho de ADN (xene) e se introduce noutro ADN.

  28. rodrigo.aso.1a di:

    Pois según puiden ler é “moi doado”. Primeiro habería que coller o ADN disolvelo nunha solución e deixalo a incubar durante unha hora en un baño de auga. Logo incorporamos unha substancia (enzima de restrinción) que é unha proteína que é capaz de reconocer o fragmento do ADN que nós queremos e pegarse a el para separarse despois.

  29. melania.aso.1a di:

    Moi interesante este post. A xenética avanza a pasos axigantados. Grazas aos esperimentos feitos con clons podemos determinar solución para determinadas enfermidades. Como ben dixo Víctor estes animais son creados para esperimentar con eles.

  30. karina.aso.1a di:

    Por moito que sexan animais creados para experimentar con eles, e aunque sexa a única forma de ir avanzando na xénetica pareceme moi inxusto que estes animais sexan utilizados desta forma, o igual que nos son seres vivos.

  31. victor di:

    Ben Karina; propoñede outra opción para investigar que non sexa utilizar animais de laboratorio.

  32. noeliap.aso.1b di:

    Outra opción é a levada a cabo nos laboratorios Pharmagene,en Royston (Inglaterra) son a única compañía que usa exclusivamente texidos humanos e modelos por ordenador no desenvolvemento de medicamentos e probas de productos. Pharmagene estuda cómo os medicamentos afectan ós xenes humanos e as súas proteínas. Mentres outras compañías usan os texidos animais os científicos de Pharmagene defenden que o seu proceso é moito máis eficiente xa que si teñen a información dos xenes humanos, ¿para que recurrir os animais?

  33. victor di:

    Coa aplicación dun medicamento nun tecido só podemos estudiar os efectos directos sobre ese tecido pero non podemos saber os efectos secundarios sobre un organismo completo. Esta é a razón pola que primeiro se investiga nun animal e se se observa que non llle fai ningún dano, a continuación se experimentea sobre voluntarios humanos. Se investigaramos so sobre tecidos nunca poderiamos coñecer os efectos secundarios sobre o noso organismo.

  34. isaac di:

    Noelia, pódoche asegurar quen non hai ningún medicamento no mercado que non fora testado previamente en animais. Os seres humanos somos máis que os nosos xenes, e a cantidade de variables que hai que controlar non se poden reducir a uns modelos matemáticos. O que pode ser é que este laboratorio se salte algunha fase das probas, os test en animais son obrigatorios para ser comercializados.

    Outra cousa son os cosméticos, que tamén son testados en animais, o que pode ser eticamente máis discutible.