A Ruta Científica incluiu ao Instituto de Enerxía Solar, situado na Universidade Politécnica de Madrid. Este instituto investiga só as cuestións relacionadas coa enerxía solar fotovoltaica. A técnica que utilizan consiste en usar as propiedades dos materiais semiconductores, como o silicio, transformando a enerxía irradiada polo Sol en enerxía eléctrica. Este tipo de enerxía é de gran importancia para que o noso país deixe de ter tanta dependencia enerxética do exterior e para reducir as emisións de CO2.
O Instituto de Enerxía Solar naceu en 1979 e, en 1981, foi orixe da compañía “spin-off” Isofotón, a primeira en España que fabricou células solares.
Na visita, demos unha volta polas instalacións e paseamos polos arredores do edificio mirando os distintos tipos de paneis, nos que están a investigar, xunto coa explicación que nos facilitaba unha persona do centro.
No Centro fabrican as súas propias células solares de silicio, e outras de nova xeración chamadas de tipo III-V, por estar consituídas por elementos químicos de eses dous grupos do sistema periódico, xa que no mercado gozan dun alto custo. Observamos as diferentes máquinas que utilizan para esta fabricación e puidemos ver incluso a persoas traballando nelas. Todas estas células xuntas constitúen un módulo. Logo, como impresión final ensináronnos un proxecto de modelo de casa autosuficiente que só conta con enerxía proporcionada a través destes paneis. Todos os electrodomésticos da casa funcionan con esta enerxía. Esta casa foi deseñada para un concurso a nivel intenacional, onde obtiveron o segundo posto na lista.
Autores: Karina Salgueiro Feijoo e Melania Varela Fernández.
Se non recordo mal a casa solar fixérana para presentala a un concurso? Pareceume un bo proxecto o que fixeron. A visita estivo ben pero fíxoseme un pouco pesada.
Parece que foi moi interesante. Debeu de estar moi ben visitar as instalacións do Instituto de Enerxía Solar. A verdade é que-malia non haber podido ir- a Ruta Científica foi moi interesante polo que lin nos post’s, un auténtico acerto.
A enerxía solar debería ter máis importancia nos nosos fogares xa que a factura da luz cunha instalación do tipo que fabrican nestas instalacións axudaría a vela bastante reducida.
O que máis me gustou da visita a parte da casa que funcionaba con enerxía solar, foi o feito de estar no laboratorio dese instituto, explicáronnos moitas cousas, ensináronnos diferentes aparatos, metc.
Na miña opinión creo que Noelia ten razón xa que este tipo de enerxia é moito máis barata e ademáis é unha enerxia “limpa” ou “verde”.
Tamén hai varios prezos que van dende 16€ ata 358€.
Pero para que nos nosos fogares puidesemos ter paneles de enerxía solar, habería que pagar o alto coste da súa instalación, e no presente é algo creo que é difícil, pero en cambio nun futuro proxímo pareceme unha solución que se levara a cabo en moitos dos novos fogares, cousa que xa se esta a facer en algúns edificios.
En varios dos centros de investigación que visitamos durante a Ruta Científica mencionaron un termo que vos incluídes na vosa entrada, empresas spin-off. Sería interesante que alguén explicara aquí cal é o significado deste termo.
Spin-off” é un termo que expresa a idea da creación de novas empresas no seno de outras xa existentes,sexan publicas ou privadas,que actúan de incubadoras. Co tempo acaban adquirindo independencia xurídica,técnica e comercial.Coñécese tamén como Empresa de Base Tecnolóxica e acostuma estar ligada á universidade e contribuír con descubrimentos científicos en forma de productos innovadores.
Xa é como unha nova forma de emprender e investigar.
A min esta visita foi a que mais me gustou pois enseñaron todo incluido o laboratorio con explicacions sinxelas e a da que mais aprendin
Paréceme moi interesante esta visita. A enerxía solar é unha boa alternativa ós combustibles fósiles.Hoxe por hoxe poñer unha instalación solar nun fogar é moi cara,pero co tempo amortízase perfectamente. Ademais, a enerxía que nos sobre, é comprada por compañías eléctricas,polo que obtemos un maior beneficio.
Por certo, como funciona unha célula fotoeléctrica?
Como di Jose, foi unha das visitas nas que máis aprendin, non se gardaron nada. Gustoume moito esta visita foi moi entretida e interesante.
Unha célula fotoeléctrica está composta dun material que presenta efecto fotoeléctrico, absorben fotóns de luz e emiten electróns. Cando estos electróns libres son capturados, o resultado é unha corrente eléctrica que pode ser utilizada como electricidade.
As celulas fotoelectricas funcionan convertendo os fotons(particula que conten todas as radiacions) en enerxia electrica mediante materiales que teñan efecto fotovoltaico (pasar de luz a enerxia electrica). Un dos materias mais fotovoltaicos e o silicio
Onde se encontran os pricipais xacementos de silicio?, hainos en Galiza?
En Galicía si hai xacementos de silicio en forma de mineral de Cuarzo ( SiO2 ) na mina do Serrabal (situada entre Vedra e Boqueixon cerca de Santiago)
Como ben dixo Jose en Galicia si que hai xacementos de silicio, na mina de Serrabal.
Respecto a visita dicir que estivo bastante ben, o que máis me gustou foi a casa que construiran coa intención de de vivir co menor gasto de enerxía e sen contaminar.
Esta visita estivo bastante ben, e a verdade e que nos explicaron bastante ben as cousas de maneira clara, aínda que creo que de todo o que nos explicaron só me quedei coa imaxe da casa. Aínda que a visita por fóra dos diferentes tipo de placas non me pareceu moi interesante, senón que nesta ocasión pareceume máis interesante a explicación dos investigadores que estaban dentro manipulando pequenas placas fotoeléctricas.
O silicio é o segundo elemento máis abundante da codia terrestre, despois do osíxeno.
como ben se dí nos anteriores comentarios atópase en Serrabal e en Boqueixon.
Utilízase en aliacós, na preparación de siliconas, na industria cerámica térmica, xa que este é un material semi conductor moi abundante.
Tamén compre destacar o uso que ten como fertilizante na agricultura e na fabricación de vdrio.
Hai algúns expertos que afirman que sería posible que existira vida con base de silicio en vez de carbono.
Sergio, se hai científicos que defendan son moi poucos.
Cales son as características do átomo de C que lle permite ser axeitado para formar a materia orgánica?
Comparte o Si esas características?
Que o carbono pode formar 4 enlaces electronicos , enton podese unir coa maioria de elementos
E cantos ten o Si?
Facendo a configuracion electronica a min saeme que tamen pode formar 4 pares enlazantes
Catro pares non; catro enlaces igual C; entón que diferencia hai entre os dous átomos para que fora o C o que forme a materia orgánica e non o Si?
Que as forzas de enlace entre Si-Si son moi debiles enton o tipo de enlace e inestable e o ser inestable non pode formar longas cadeas como o carbono.
Ao contrario Jose, os enlaces Si-Si son estremadamente fortes, máis do que necesita as características da materia orgánica. Estas unións forman un producto que se chama silicona (coñecédelo?).
A silicona é un polimero formado principalmente de silicio e osixeno .
Podemos clasificalas segundo a sua lonxitude
das suas moleculas
Gaseosas, menores a 10 unidades básicas
Aceites, entre 10 e 100 unidades básicas
Resinas, entre 100 y 500 unidades básicas
Gomas, entre 500 y 2000 unidades básicas
Teñen gran estabilidade quimica a moita temperatura (400ºC) e por iso utilizase na industria , como lubricante , adhesivo e ten moitas aplicacions medicas