Negro futuro

imagen

As galaxias que explosionan poden encontrarse tan lonxe que a súa luz necesita millóns de anos para chegar aos telescopios terrestres, de aí a dificultade de estudiar tales explosións. Sen embargo, os astrónomos van aceptar a tese de que estas violentas explosións están relacionadas coa presenza de “buratos negros” no centro de certas galaxias.

Os buratos negros son lugares onde a materia está tan concentrada e ten tanta densidade que a forza gravitatoria atráe incluso á mesma luz. Cando as estrelas caen nos supermasivos buratos negros, pola atracción que producen, poden orixinarse explosións xigantescas no interior do mesmo.

O afundimento dos buratos negros quizáis sexa o destino final de toda a materia do Universo. Sen embargo para o noso sistema solar dito destino é aínda moi remoto. O Sol, no seu estado actual, ten combustible suficiente para continuar brillando polo menos durante outros 5.000 millóns de anos. 


Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Novas tecnoloxías, Universo e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to Negro futuro

  1. noeliap.aso.1b di:

    O universo é algo moi complexo e algo que aínda agocha numerosas incógnitas que de ser resoltas sería interesante coñecer.
    Nestes buracos negros pode apreciarse a velocidade e a traxectoria que leva a materia absorvida pola gravedade provocada pola gran densidade concentrada no buraco.

  2. josemaria.aso.1a di:

    A min o que me gustaria saber é o que ocorre dentro dos aguxeiros negros o malo e que como teñen densidade infita creo que nunca se chegara a saber

  3. sergioa.aso.1a di:

    Os buracos negros non “chupan” todo o que lle botan. Hai momentos nos que “vomita” parte do que “come” sobre todo cando pilla unha “enchente”

  4. lara.aso.1a di:

    Para detectar un burato negro, utilízanse medidores de raios X pois un burtato negro é un emisor de raios debido á perda superficial de materia por parte dun corpo.
    Un burato negro traga os corpos cercanos pero non a todo obxecto do universo, claramente.

  5. andrea.aso.1a di:

    Estiven informándome sobre os buracos negros e a verdade e que son bastante complexos, lin que ar redor dun buraco negro suceden cousas realmente estranas e “horribles” á vez, ainda que tamén atopei que ás veces non son peligrosos. Por que se dan esas circunstancias de un si e outros no?

  6. ivan.aso.1a di:

    Como citas no texto, o peor destes casos e que non se poden extudiar facilmente porque quedan moi lonxe e a sua luz tarda moito, pero ainda asi pareceme un tema moi interesante

  7. victor di:

    Jose, “aguxeiro” non existe en Galego.
    Sergio es un alumno de bacaharelato; utiliza conceptos de bacharelato.
    Alguén de vos di que non cre que se poidan coñecer realmente os buratos negros; credes que para coñecer un lugar ou un fenómeno natural hai que ter contacto físico con él?

  8. noeliap.aso.1b di:

    Penso que non é necesario ter ese contacto físico xa que por exemplo as auroras boreais eu coñezoas por vídeos e fotografías. O mesmo ocorre con este buracos negros posto que só se poden observar de xeito indirecto e o principio críase que non se poderían descubrir pero o traballar cos instrumentos cos que oxe en día se pode contar (telescopio óptico,radiotelescopio e telescopio infravermello) comezouse a analizar estas zonas tan peculiares e raras á vez.

  9. maria.aso.1b di:

    Non; creo que para coñecelo teriamos que estudar as características que podemos apreciar e tamén como ben dí noelia hoxe en día hai moitos aparellos cos que poder ver máis aló do que a nosa vista nos permite alcanzar.

  10. ramon.aso.1b di:

    No ano 2007 descubreuse o buraco negro denominado IC 10 X-1. Está na constelación de Casiopea cerca da galaxia IC 10, a unha distancia de 1,8 millóns de anos luz da Terra, cunha masa de entre 24 e 33 veces a do Sol, e considerase o maior buraco negro que orbita aorredor dunha estrela, o burato negro “de masa estelar”, ata a data.
    Tan maravillosos son estes buratos que incluso poden chegar a formar estrelas a partir dos discos elípticos que están arredor de ditos buracos. Tales discos elípticos producensen por antiguas nubes de gas desintegradas previamente polos mesmos buratos negros; as estrelas producidas por condensación ou acreción de tales discos elípticos ao parecer teñen órbitas moi elípticas en torno aos buratos negros supermasivos.

    De todos os post este foi o que máis interese ten dende o meu punto de vista.

  11. rodrigo.aso.1a di:

    Estou de acordo cos compañeiros que comentaron anteriormente. Non necesitamos ver, ou ter contacto directo para creer que poder existir algo, ou para comprobar que existe de verdade.

  12. sabela.aso.1a di:

    Creese que no centro da maioría das galáxias hai un buraco negro. O problema, e que a existencia dos buracos negros supón unha controversia… pois según me informei, os buracos negros teñen a “capacidade” de diminuir a entropía (tendencia natural á perdida do orden); pero iso vai en contra dos fundamentos da termodinámica.

  13. sara.aso.1a di:

    Este é un tema moi interesante a verdade é que só escoitara un par de veces falar del, eu tamén estou de acordo co que din os compañeiros de que non necesitamos ver o percibir algo para creer que existe.

  14. pablo.aso.1b di:

    Fai pouco descubriuse un sistema binario de buratos negros no cal un xira arredor do outro os cales non son fáciles de detectar pero aseguran que esixen moitos no universo. Así, a gravidade que xera un e outro acabará por fusionalos, ao igual que as dúas galaxias das que proveñen, as cales se converten nunha soa galaxia e teñen de núcleo esta nova formación dos buracos negros. Todo isto partindo do modelo astronómico de que todas as galaxias albergan un buraco negro no seu núcleo.

    Este tipo de formación podería encontrarse con facilidade analizando as ondas gravitacionais que emiten estes buracos, máis hoxe en día tal análise escapase dos nosos sistemas de observación.

  15. lara.aso.1a di:

    Concretando o das fusións de galaxias que comenta Pablo, dicir que a nosa Vía Láctea está sufrindo un curso de colisión coa galaxia veciña, Andrómena. Serái unha fusión entre galaxias de masas desiguales e tería lugar dentro de aprox. tres mil millóns de anos, O resultado sería a formación dunha nova galaxia elíptica.

  16. uxia.aso.1b di:

    Eu tamén estou dacordo cos meus compañeiros en que non fai falla estar en contacto con algo para poder afirmar que existe, pero tamén é verdade que si tivesemos a posibilidade de ter contacto directo con algún destes fenómenos seríanos máis doado estudalo e comprender a súa natureza.

  17. sara.aso.1b di:

    Como ben din os meus compañeiros non creo que para afirmar que algo existe teñamos que ter contacto físico con el,para iso hai instrumentos que nos facilitan a visión deses fenoménos que no se aprecian a simple vista.
    Pero o feito de poder ter contacto físico con eles podería facilitar o seu estudo e averiguar máis cousas sobre eles.

  18. antia.aso.1a di:

    Como a maioría da xente eu consediro que non fai falta ter contacto con algo para demostrar a súa existencia. Como ben di Uxía se existira un contacto directo co fenómeno en cuestíón sería moito máis doado ó seu estudo, as súas consecuencias, por qué ven producido…
    Baixo o meu punto de vista é un tema moi interesante xa que sabemos moi pouco del, quero dicir que o universo todavía segue sendo un misterio para o ser humano.

  19. carmen.aso.1b di:

    En 1995 un equipo de investigadores da Universidade de UCLA demostrou mediante simulación por ordenadores a posibilidade da existencia de buratos negros supermasivos no núcleo das galaxias. Tras estes cálculos verificouse que algo deformaba os raios de luz emitidos dende o centro da nosa galaxia (a Vía Láctea). Tal deformación é debida a un invisible burato negro dos chamados supermasivo que se denominou Sgr.A (ou Sagittarius A), que se calcula que ten unha masa 4,5 millóns de veces maior que a do Sol.

    Polo tanto non é necesario ter contacto con algo para demostrar a súa existencia, xa que agora se traballa con técnicas que permiten salvar certas dificultades, (como por exemplo a simulación por ordenador). Tamén haberá que ver como resultan as probas co famoso acelerador de partículas construído recentemente, que dicen que permitirá afondar moito sobre as teorías de creación do universo.

  20. pablo.aso.1b di:

    Como xa comentamos anteriormente, o LHC está moi ligado a este tema xa que entroutros obxectivos plantéxase reproducir os primeiros 10 minutos do noso universo, todo isto grazas a elevadas enerxías que nos permitiran descubrir as partículas fundamentais das cales esta formado o universo e a súa interacción.Tamén tratara de establecer algunha hipótese sobre a materia escura, xa que so podemos coñecer o 4% do noso universo xa que isto é imposible de detectar excepto as fortes interacción gravitacionais que producen.

  21. ero.aso.1b di:

    Fai uns días, a nasa enviou ó espacio unha tripulación de astronautas, destinados á reparación e actualización do satélite Hubble, que leva arredor dunha década fotografiando galaxias e todo tipo de curiosidades do universo. A áctualización consiste en ampliar en gran parte ó alcance de mira do satélite co fin de “ver un pouco máis atrás no pasado, e acercarse o Big Bang”, como dixo o xefe da expedición.

  22. victor di:

    Cal pode ser a causa pola que o Hubble necesita tanto mantemento, é dicir, por que hai que arranxalo tan a miudo?

  23. carmen.aso.1b di:

    Xeralmente os satélites están preparados para non ter que ser reparados habitualmente, xa que levan sistemas de reposto para case todos os equipos, sistemas electrónicos e aeronáuticos que montan.,é dicir, que se constrúen con sistemas redundantes.

    Aínda así, como os elementos son de moita precisión pódense danar despois de tantas órbitas ou incluso no proceso de lanzamento ao espazo.

  24. noeliap.aso.1b di:

    O Hubble precisa dunha reparación porque xa vai algo vello. Leva 20 anos traballando e fai 5 que 7 astronautas da NASA se preparan para realizar as reparacións e actualizacións que necesita este peculiar ollo para que segua ofrecéndonos ata o 2014 os seus servizos xa que nese ano será substituído. Agora mesmo un transbordador espacial (Atlantis) fará unha viaxe de 11 días ata el para cambiar as anticuadas cámaras e realizar pequenas reparacións.

  25. josemaria.aso.1a di:

    Necesita repararse por toda a basura espacial , que ainda que teña un masa pequena vai a tremendas velocidades e algunha trozos de basura espacial impactan sobra o Hubble e estropeano. Pola basura espacial e tan perigoso facer paseos espaciais porque un trozo de materia poderia matar o astronauta

  26. pablo.aso.1b di:

    Dende que no 2003 o Columbia desintegrouse na atmosfera debido ao seu escudo termico danado todas as viaxes espaciais miranse moi detidamente xa que a basura espacial no espazo podería danar seriamente o transbordador ( basura que no primer trimestre do ano se incrementou un 10% polo choque de dous satelites). Por iso, a NASA preparou unha misión de rescate aparte, que permitiria alcanzar o Atlantis en 23 horas.

  27. victor di:

    Que foi o científico que propuxo, por primeira vez, a existencia dos buratos negros?

  28. noeliap.aso.1b di:

    O concepto dun corpo tan denso que nin a luz pode escapar del foi descrito nun artículo enviado en 1783 á Royal Society por un xeólogo inglés chamado John Michell.
    Sobre 1915 Karl Schwarzschild encontrou unha solución ás ecuaciones de Einstein sobre Relatividade Xeral,onde un corpo pesado absorbería a luz.
    En 1970, Stephen Hawking (físico) e Ellis, probaron que os buracos negros eran solucións das ecuacións da Relatividade Xeral,e a súa inevitabilidade en certos casos.O término “buraco negro” é debido a John Wheeler,que o ulilizou por primeira ven no 1967.

  29. pablo.aso.1b di:

    Fai uns días uns científicos finlandeses descubriron o buraco negro máis grande (a súa masa é 18.000 millóns a do sol) que dista da terra 3.500 millóns de anos luz e encontrase no medio dun quásar (obxecto celeste moi brillante). Pois ben, este quásar entrou en forma de espiral no buraco liberando unha gran cantidade de raios radiais. Ao seu lado, tamén hai outro buraco negro, o cal a súa orbita foi calculada para comprobar a teoría da relatividade comentada anteriormente por Noelia a través dun forte campo gravitatorio.