Rutas Científicas: CosmoCaixa

imagen

O pasado mes de novembro algúns alumnos de Bacharelato de Ciencias, durante a estancia do programa  das “Rutas Científicas”  en Madrid, visitamos o  museo interactivo de denominado  CosmoCaixa.

Alí, puidemos gozar das actividades e exposicións temporais que se ofrecen, mentres aprendíamos e investigábamos fenómenos relacionados coa física e química que ocorren no planeta Terra. A parte das exposición e actividades dinámicas e interactivas, visitamos o planetario onde ollamos unha película entretida sobre as consecuencias dun posible impacto dun meteorito que se dirixía cara a Terra.

Personalmente, o que máis me impresionou foi a bola granítica que estaba na entrada do museo. Trátase dunha bola de 2 toneladas de peso completamente lisa e fina que tiña na base unha capa de auga na que quedaba suspendida grazas a un soporte. Debido ó rozamento coa auga, podías xirar a bola sen facer moito esforzo.

Gustounos moito a visita a CosmoCaixa pola gran variedade de actividades das que puidemos disfrutar durante toda a tarde.

Autores: Víctor Silva e Iván Zels.

Esta entrada foi publicada en Actividades e eventos e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

16 Responses to Rutas Científicas: CosmoCaixa

  1. maria.aso.1b di:

    En Galiza hai tamén unha bola de granito; concretamente na Coruña.
    Pesa 1500 quilos e pódese movercon unha soa man.
    Tamén podemos comprobar que na Coruña hai este tipo de museo como pode ser o das Ciencias e o Planetario.

  2. karina.aso.1a di:

    A verdade e que a visita o Cosmocaixa para min foi unha das visitas máis esperadas e interesantes de todas, aparte por suposto da visita a EADS casa. O que máis me gustou foi unha bola que tiña dentro raios de distintas cores, que o acercar a man os raios ian nesa dirección, e máis de unha vez nos sorprenderon tanto a nos como os canarios, con bastantes calambres. A verdade foi nun dos sitios nos que o pasei mellor, xa que a película, como ven din os meus compañeiros, foi bastante entretida.

  3. melania.aso.1a di:

    Foi un bo sitio onde descargar a nosa enerxía. Contabamos con varias actividades onde puidemos chegar a detalles que antes non cairamos neles…gustoume aquel onde te sentabas e te agarrabas a unha roda movéndoa e xirabas. A película que nos puxeron ponnos ó tanto dunha posible realidade en anos próximos. Pero como ben di María, en Galicia tamén contamos con un museo deste tipo.

  4. vanesa.aso.1a di:

    A min sinceiramente non me gustou moito o sitio por que esperabame algo mellor o que estubo ben foi o da pelicula que vimos no planetario pero as esposicions que tiñan eran moi simples,en xeral eu pensaba que ia ser mais complexo que o Domus da Coruña.

  5. emilio.aso.1a di:

    Moi bo sitio para visitar, o mellor creo que foi a proxeccion que nos fixeron nesa sala.
    Tiñan multitude de cousas e moi interesantes.

    Moi interesantes as cousas que tiñan ali xa que podiamolas usar nos.

    A verdade, moi interesante.

  6. lara.aso.1a di:

    Boa visita para rematar a semana científica dunha maneira más dinámica. É Parecido ao museo de Coruña. Penso que nesta visita o pasamos todos ben, e destaco igual que as miñas compañeiras a película, vela nesa pantalla foi incríble.

  7. antia.aso.1a di:

    Baixo o meu punto de vista a Casa das Ciencias da Coruña non ten nada que envidiar ó CosmoCaixa. Sinceiramente esperabame algo moito máis espectacular, ainda así, a visita estivo moi entretida incluindo filme que nos puxeron. Foi unha boa actividade para rematar a excursión.

  8. ramon.aso.1b di:

    A verdade é que debeu ser moi grata a experiencia, igual que todas as veces que fomos a DOMUS de A Coruña, eu iría miles de veces se fixese falta. E eu movín a pedra da Coruña e cando te das conta de que pode pesar tanto unha pedra que moves se queres cun dedo é fascinante.

  9. noeliap.aso.1b di:

    Eu non tiven a experiencia de mover esa pedra da Coruña pero seguramente estaría ben facelo o igual que visitar este tipo de museos coas actividades que mostra.

  10. sara.aso.1a di:

    A visita a min tamén me gustou moito foi moi interesante, ademais aprendese moito máis cando un pode tocar ou ver que se llo contan simplemente con palabras o da bóla a min tamén me chamou moito a atención.

  11. marina.aso.1a di:

    Eu o igual que antía esperabame maís do cosmo caixa.Non sei porque a verdade será polo feito de que estea en Madrid e non aqui o noso lado como o da Coruña.E como Karina tamen me gustou moito a bola dos raios a que tiña electricidade estatica e despois dabas calambres.Sen dubida foi unha boa visita e unha boa excursión creo que ninguen dubidaria en repetila.Nin os profesores…

  12. nuria.aso.1a di:

    A verdade e que a min igual que os meus compañeiros tamén me gustou a visita, pero no que si estou de acordo con Mariña é en que me decepcionou un pouco, xa que contamos con algo bastante similar na Coruña.

  13. isaac di:

    Sinceramente creo que CosmoCaixa de Madrid é mellor que a Casa das Ciencias ou a Domus, pero a estes museos hai que recoñecerlle que foron pioneiros en toda España, e poucas cidades,ou ningunha, das dimensións de A Coruña contan con este tipo de instalacións. Agora ben, creo que o planetario da Casa das Ciencias, que foi reformado recentemente e substituído por un planetario dixital, quedou desfasado con respecto a outros máis modernos sobre todo no que é a disposición das butacas, que é incompatible co tipo de proxeccións que se fan actualmente nestes lugares e o fan moi incómodo.

  14. belen.aso.1a di:

    A min o CosmoCaixa de Madrid gustoume moito mais que a Casa das ciencias da Coruña. As instalacións do CosmoCaixa non teñen nada que ver coa Casa das Ciencias.Pareceume unha das mellores visitas sen dúbida algunha.

  15. rodrigo.aso.1a di:

    A visita a este centro non foi das mellores, pero foi entretida en comparación a outras. Era a primeira vez que ía a ver unha película cos lentes eses que parecen máis reais, pero a verdade e que agardaba máis. Penso que podía ser un chisco mellor a película sabendo que temos 16-19 anos. Pero en xeral estivo ben, foi unha das visitas que non defraudou.

  16. isaac di:

    Rodrigo, eu teño algún máis de 16-19 anos (uns poucos, non tantos) e a min a película pareceume moi atractiva, interesante e entretida, con un desenvolvemento moi inxenioso e que cumpría a súa función, divulgar e entreter.