E agora, que facemos?

A dimensión do cambio climático, xunto co aumento do consumo enerxético mundial, está obrigando a revisar os mecanismos de producción de enerxía, a fin de reducir as emisións de CO2 á atmosfera. Ademais as reservas mundiais de petróleo son cada vez menores e a súa extracción máis complicada, polo que o seu prezo aumentará progresivamente ata o seu esgotamento total durante o presente século.

imagen

Ante esta situación resulta inevitable procurar novas fontes de enerxía que sexan menos contaminante e, se é posible,  menos costosas. En principio as fontes de enerxías renovables cumpren claramente a primeira das condicións, pero non tanto a segunda ata que non se mellore a súa eficiencia. Pero a utilización de fontes de enerxías alternativas provoca en ocasións grandes polémicas a nivel social, incluso o rexeitamento frontal. Podemos poñer como exemplo a enerxía eólica, como representante das enerxías renovables, e a enerxía nuclear, pola banda das non renovables.

Galicia pode considerarse como una potencia a nivel mundial en enerxía eólica, hoxe a ninguén lle chama a atención a presenza na nosa  paisaxe dos parques eólicos, que se ampliará nos próximos anos con aeroxeradores cada vez máis eficientes, pero que chegará inevitablemente ao seu límite a medio prazo. Ante esta situación o seguinte paso que se propón é a enerxía eólica offshore, isto é a instalación de aeroxeradores no mar dentro da plataforma continental. Esta modalidade atópase moi extendida actualmente nos paises do norte de Europa onde a súa extensa plataforma continental e a escasa profundidade facilita a instalación destes aparatos. En Galicia xa se está a contemplar esta posibilidade, aínda que dificultada pola estreita plataforma continental e a súa  posible interferencia co uso intensivo do litoral pola actividade pesqueira e, en menor medida, o tráfico marítimo.

imagen

A alternativa nuclear conta nos últimos tempos con moitos defensores. Alegan que non produce emisións a atmosfera de CO2, que resulta máis económica (aspecto que pode ser discutido) e a mellora nos últimos anos na seguridade destas instalacións. Os seus detractores insisten en que aínda segue sen resolver o problema do tratamento e almacenamento dos residuos radioactivos, xunto coa imposibilidade de garantir a ausencia total do risco de accidentes nucleares de graves consecuencias. A isto se pode engadir que algunhas estimacións sobre as reservas de uranio, que prevén o seu esgotamento incluso antes que as de petróleo, polo non podería ser considerado seriamente como unha alternativa a este.

Acompaño unha presentación elaborada por alumnos do IES Porta da Auga de Ribadeo como exemplo do que deberíades facer vos para ilustrar unha entrada.

Esta entrada foi publicada en Biocombustibles, Cambio Climático, Enerxías renovables, Recursos naturais, Sobreexplotación dos recursos e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

44 Responses to E agora, que facemos?

  1. victor.aso.1a di:

    Paréceme moi boa idea a instalación de aeroxeradores no mar. Está claro que hai que buscar novas zonas onde instalalos xa que esten todas instaladas en montes estropean un pouco a paisaxe e está claro que nos próximos anos necesitaremos producir máis enerxía.
    Por outra banda, eu estou a favor das centrais nucleares. É unha maneira de abastecer a enorme demanda de enerxía, xa que xera moítisma electricidade. Queiramos ou non, é a enerxía máis eficiente e penso que si agora mesmo non a tiveramos, non se podería atender a toda a demanda.

  2. pablo.aso.1b di:

    Trasladar tamén aereoxeradores ao mar é unha idea bastante atractiva xa que se produce moito máis vento que en terra, pero os custes das cimentacións das torres é cableado submarino tamén son elevadas. Aparte eu creo que algún impacto terán sobre os caladoiros de pesca e as mareas (creo recordar que non fai moito os pescadores e mariñeiros protestaran polo mapa eólico mariño de España). Creouse un mapa da costa española o cal indica zonas aptas e non aptas para a instalación, pero en función das condicións ambientais.

    Respecto a enerxía nuclear, creo que o problema de almacenaxe dos residuos é moito máis grave cas vantaxes que está enerxía nos pode aportar.

  3. victor.aso.1a di:

    A almacenaxe dos residuos é un problema, pero non podemos prescindir agora mesmo desta enerxía. Outro problema é o establecemento destas centrais, xa que nadie lle gustaría ter unha central cerca da súa localidade e ás veces tampouco hai traballadores que queiran traballar, xa que a radiación constante, inda que non sexa moi elevada, consitúe un risco para a súa saúde.

  4. josemaria.aso.1a di:

    Se o 36 % de enerxia que utilizamos proben do petroleo, con que tipo de enerxia ocuparemos o oco do petroleo en tan pouco tempo ? Eu decidiria pola nuclear sinceramente , porque é unha das que mais enerxia producen

  5. andrea.aso.1a di:

    Ainda que os aeroxerados actuais contan con sofisticados sistemas de control que lles permiten alcanzar rendimentos próximos ao 50% estou de acordo con Jose en que ese oco encheríase máis facilmente coa enerxía nuclear por ser das que máis produce, ao menos por agora, xa que cos avances nesta tecnoloxía permitiuse que se abaraten alguns dos costos relacionados con esta e co maior rendimiento dos parques mariños (xa que no mar e na costa os ventos son máis fortes e constantes) esta situación podría cambiar combertendeso esta enerxia na solución.

  6. ruben.aso.1a di:

    todos creedes que a enerxía nuclear é a solución, e eu non digo o contrario pero pensande que un pequeno error pode traer consecuencias nefastas. Un exemplo chernovill.

  7. victor di:

    A enerxía nuclear non é a solución; cales credes que son os meus argumentos?

  8. lara.aso.1a di:

    Os riscos de utilizar enerxía nuclear son enormes, os grandes problemas son os posibles accidentes e a xestión dos residuos radioactivos.
    As consecuencias de Chernovill perduraron durante xeneracións, ante este risco, hai moita polémica en decidir si é boa utilizala ou non. Non se quere que volva a ocurrir algo así.

  9. juanluis.aso.1a di:

    As ventaxas da enerxía nuclear,e os seus argumentos, son que reducen as emisións de CO2 á atmosfera, reducen o consumo das reservas de combustibles fósiles e evita outra emisións de elementos contaminantes.

  10. roi.aso.1b di:

    Porque ademais dos grandes riscos que ten, non podemos esquecer que é unha enerxía NON renovábel, un exemplo é o uranio que, como apunta Isaac no post, prevése o seu esgotamento incluso antes que o de petróleo.

  11. maria.aso.1b di:

    Pois que este tipo de enerxia ten ,oitos problemas como por exemplo: o efecto invernadeiro o cal está cambiando o clima da Terra.

  12. angel.aso.1a di:

    A enerxía nuclear de fusión non, pero a de fisión, aínda que esta en fase experimental non é produce menos impacto medioambiental ca de fusión e é menos contaminante? Segundo escoitei auguráselle un gran futuro.

  13. pablo.aso.1b di:

    As centrais nucleares son moi perigosas. Ben é certo que non podemos prescindir destes momentos da súa enerxía, pero si debemos pensar noutras enerxías para no futuro tratar de obter enerxía a través de fontes renovables. Por exemplo, no mes de Abril, na central de Garoña (Burgos) un fallo na válvula de seguridade e a explosión dun transformador eléctrico poñen en manifesto a seguridade da planta. Algo que tamén recolle Greenpeace que pide o seu peche en Xullo do 2009 debido entre outras cousas, ao rechazo social desta central.

  14. juanluis.aso.1a di:

    Noutras zonas,o poñer aeroxeneradores no mar pode levar consigo riscos moi pequenos no medio ambiente. Pero aquí en Galicia, se os puxeran nas rías, creo que provocarían grandes danos xa que nas rías concéntrase gran parte da fauna mariña. Fauna da cal vive parte da poboación,polo que provocaría grandes perdas tanto a nivel económico como natural.

  15. victor di:

    Publicouse hai uns días un mapa de idoneidade para a instalación de aeroxeneradores na costa e por suposto as Rías Baixas están excluídas para este tipo de instalacións.
    Tentade cosultalo e dade a vosa opinión para o caso de Galicia.

  16. isaac di:

    Quixera facer unhas poucas puntualizacións aos vosos comentarios.
    Pódese admitir a enerxía nuclear como unha alternativa para producir enerxía, pero non como substitutiva do petróleo, xa que case todas as estimacións coinciden en que o combustible nuclear, o uranio, esgotarase antes que o petróleo. De asumir a nuclear como método de obtención de enerxía resulta imprescindible resolver o problema do almacenamento dos residuos, facelo doutro xeito resulta irresponsable, e a día de hoxe estamos moi lonxe de atopar unha solución. E isto sen falar dos problemas sociais que traería a súa ubicación.
    En canto que producen máis enerxía, non entendo a afirmación. Producirán máis ou menos enerxía en función do combustible empregado.
    Para rematar coa enerxía nuclear, insistir en que a súa gran vantaxe é que non producen gases de efecto invernadoiro.

    Sobre a eólica offshore dicir que en ningún caso se contempla a súa instalación no interior das rías.

  17. antia.aso.1a di:

    Baixo o meu punto de vista a enerxía nuclear non é a solución, non é unha alternativa o problema da aceleración do cambio clímático. Hai moitas alternativas ó petroleo que polo de agora todavía son moi custosas, pero que ainda así son renovables, xa sexan as placas solares, os parques eólicos, tamén se pode aproveitar a enerxía maremotríz… Hai moitas alternativas e solucións, so hai que traballar en elas.

  18. fatima.aso.1b di:

    A enerxia nuclear non e a mellor,eu creo que deberían mirar polas renovables que creo que neste caso seria o mellor.Respecto o que dixo Victor coa intalación de aeroxeneradores nas Rias Baixas creo que destruiria o paixase das nosas costas.

  19. alexandre.aso.1b di:

    A ver todos sabemos que cada forma de obtencción de enerxía ten os seus defectos mais hai que obtar pola máis axeitada en cada caso, o que non se pode e telo todo xa que é imposibe, eu creo que estudando ben cada caso e mirando as opcións dispoñibles se podería solucionar, o que temos que pensar todo qeremos enerxía xa que é necesaria e dalgunha parte a temos que obter, asique se intentamos obter de todos os medios un pouco sería o axeitado xa que o exceso sería a verdadeira desfeita.

  20. pablo.aso.1b di:

    Segundo o mapa eólico mariño, as mellores zonas para a súa instalación son as Illas Canarias e as Baleares e algunhas zonas no norte peninsular. Pero de todas formas precisarían un cableado submarino é uns cimentos de custe elevado. Para facernos unha idea da dimensión deste tipo de proxectos, en Dinamarca ( pais pioneiro ) existe un parque no mar do norte situado a 20 kilometros da costa de Xutlandia e conta con 80 aereoxeradores que producen electricidade para 150000 daneses. O seu prezo foi de 160 millóns de euros. Este país conta con un proxecto enerxético no que se van investir arredor de 4000 millóns de euros para aumentar a capacidade destes parques e cubrir así as necesidades enerxéticas do 50% da poboación.

  21. isaac di:

    Se entrades no Google Earth e localizades Copenhague, capital de Dinamarca, poderedes ver a menos de 3Km da súa costa 20 aeroxeradores instalados no mar.

    Con respeito á fusión nuclear é certo que podería ser a solución ao problema enerxético, tanto na cantidade como por ser unha enerxía que non xera residuos. Entón, cal é o problema con esta fonte de enerxía?

  22. victor.aso.1a di:

    Hai que dicir que nas centrais de fusión, as posibilidades de que ocorra un accidente son moi poucas, xa que a masa que se emprega é moi pequena, e a radiación e os efectos emitidos son moito menores que no caso da fisión. O que se está a facer agora mesmo cos residuos das centrais nucleares consiste en almacenar os residuos con alta actividade en piscinas de formigón con auga na propia central, para logo reprocesarse e obter de novo o uranio enriquecido para combustible ou armas; e outra solución é simplemente encapsular eses residuos con vidrio fundido e deposítalos en minas profundas xeoloxicamente estables.

  23. victor.aso.1a di:

    Respondendo a pregunta de Isaac, os problemas da fusión nuclear son que para fusionar os átomos de deuterio e tritio débese quentar o gas a temperaturas moi elevadas (100000000 ºC) durante varios segundos, dispoñer dun recipiente que poida soportar esas temperaturas o tempo suficiente mentres se produza a fusión, e outro problema que se plantexa é como sacar a enerxía liberada e transformala en electricidade.

  24. pablo.aso.1b di:

    Sobre eses problemas que comenta meu compañeiro Víctor se están centrando as investigacións sobre a fusión nuclear segura e avanzada, que segundo algúns expertos pode estar perfectamente preparada dentro de 30 – 40 anos. Por exemplo está en fase de probas o complexo sistema láser máis grande e de máis potencia do mundo, que multiplica por 20 a enerxía producida por calquera outro sistema láser.

    Dende logo, a rapidez e avance da tecnoloxía xogará un papel fundamental nos vindeiros anos no cambio climático.
    Respecto a depositar residuos en minas profundas creo que tratase do mesmo caso que as situadas no fondo mariño, sempre acabaran traendo problemas e ao igual que na actualidade, estes cemiterios nucleares ninguén os quere preto.

  25. sara.aso.1a di:

    Tes moita razón Pablo, o avance da tecnoloxía será fundamental cara o futuro, e tamén estou de acordo con respecto o de depositar residuos nas minas porque o que entra nun lado por outro ten que saír e as consecuencias sempre van ser maiores.

  26. melania.aso.1a di:

    Está ben esta alternativa que se está a plantexar para Galicia. A instalación destes aeroxeneradores non conlevara a un impacto visual da nosa beira do mar?…aínda que axudaría a retirar a producción das centrais nucleares.

  27. vanesa.aso.1a di:

    Iso do impacto visual para as nosas zonas realmente poucas veces lle fan caso só despois de varios anos,cando ben que queda mal e intentano arranxar pero xa sera tarde para solucionar ese problema.

  28. pablo.aso.1b di:

    Agora mesmo a produción das centrais nucleares en España é moita como para pensar nunha retirada pronta deste tipo de enerxía. Galicia é unha comunidade exportadora xa que o unha terceira parte da enerxía vai destinada fora das nosas fronteiras, e a maioría desta é producida por centrais térmicas e hidráulicas.

  29. josemaria.aso.1a di:

    Sabedes que os nosos impostos estan pagando a moratoria nuclear?

    A moratoria nuclear e a paralizacion das obras das centrales nucleais que estabanse a construir.

    En total parause a construccion de 5 centrais nucleais algunhas case acabadas

    Ademais este feito foi moi hipocrita por parte do PSOE porque deixouse de obter esa enerxia nuclear en España para importarla de Francia

    E por ultimo en España hay unha grave deficit de producción enerxetica , importase o 77,9%

    Coa finalizacion desas centrais poderiamos haber correxido o noso deficit enerxetico , pagariamos a enerxia mais barata e non pagariamos a multa nos nosos impostos da moratoria nuclear

  30. ero.aso.1b di:

    Eu creo que ai que buscar novas fontes de enerxía xa que ainda con todas as dispoñibles dise que non se podera abastecer a demanda. Tamén se debería mirar dende o outro lado da balanza, o do consumo, este vai en aumento por causa do aumento da poboación e da prospera situación económica vivida ata fai pouco, o que facia que todos tiveses o seu aire acondicionado, 5 televisións na casa, 4 coches, creo que un dos problemas a longo prazo mais graves que pode ter o ser humano e o aumento da especie. Non digo que teñamos que ter un depredador natural, senon que deberiase regular, dentro do que cabe, o crecemento da poboación, xa que isto non so afecta ó tema enerxético, afecta a todo. Agora fálase de reducir as pensións, porque aparte do paro e o déficit público, os vellos viven mais e cada vez ai mais vellos. Fálase de subir a idade de xubilación, pero xa me salgo do tema. O caso e que eu creo que o planeta se nos queda un pouco pequeno para todo o que queremos facer,( menos mal que dentro dun pouco xa queda Groenlandia libre de xeo para urbanizar) se todos os paises do mundo fosen desaroiados, está claro que a enerxía necesaria para abastecer toda a demanda sería insuficiente.
    A única forma de manternos con enerxía e que en Africa e en xeral nos paises pobres non dispoñan dela ou que a teñan nunha cantidade infima. Se segue aumentando a poboación e hai moita xente ai que producir ó grande e se a enerxía non se crea nin se destrue abería que aprobeitar a forza de fençomenos naturais como por exemplo un Geiser, para crear enerxía en grandes cantidades, ou plantar xeradores eólicos en lugar de pinos. Ou noutro caso, tan improbable como o anterior abería que controlar a natalidade, pero manter á xente xa nata toda a sua vida,o que levaría uns anos, por se acaso na miña casa xa teño paneles solares, o que constitue outra alternativa moi importante, ainda que os dias nublados dúchome en auga fría

  31. victor di:

    Ero, tocas unha cuestión de interese e sobre a que podedes opinar no foro aberto:podemos permitirnos o luxo de gastar tanta enerxía porque gran parte do mundo está nun nivel de desenvolvemento económico moi baixo e se todos queremos vivir mellor, deberiamos reducir os requerimentos enerxéticos os habitantes dos países desenvolvidos.
    Con respecto ao que apunta Jose, dicir que comprar enerxía non é o máis desexable pero sigo pensando que vale a pena facer un esforzo polas enerxías limpas e renovables, como así se ven facendo, porque o modelo de enerxía nuclear utilizado ata o de agora non ten futuro e ten grandes inconvenientes no almacenamento de residuos.

  32. isaac di:

    Comentarlle a Jose que a moratoria nuclear rematou en 1997, o que se lle pagou as eléctricas foi en compensación polas inversións realizadas nas centrais que foron paralizadas cando se decretou a moratoria nuclear en 1984, non porque agora non as poidan construír.
    Hoxe en día non existe legalmente ningún impedimento para que unha empresa eléctrica inicie un proceso de construción dunha central nuclear, pero evidentemente necesita do apoio político, entre outras cousas porque a inversíón económica que isto supón é inasumible para unha empresa privada senón existe financiación do estado, isto significa que teríamos que pagala cos nosos impostos, xa que a enerxía nuclear pola infraestrutura que precisa resulta moi cara, máis incluso que as renovables, pero en menos espazo.
    Por outra banda non resolvería a nosa dependencia enerxética, xa que o combustible nuclear empregado nas centrais españolas procede integramente de Francia, que por certo, a pesar de ter unha gran produción de electricidade en centrais nucleares, non cubre toda a súa demanda desta enerxía.
    En conclusión, se a instalación de novas centrais nucleares suporía unha gran inversión de cartos públicos, por que non invertilos en enerxías renovables?
    E insisto en que as reservas de uranio e esgotaranse antes que as de petróleo, o que suporía tamén un encarecemento progresivo da materia prima.
    Por que non, como comenta Ero, propoñerse unha revisión do consumo enerxético?

  33. sabela.aso.1a di:

    Eu tamén creo que deberíamos invertir cartos en enerxías renovables, pero tamén en investigación para consguir mellores metodos para “acumular” estas enerxías.

  34. ivan.aso.1a di:

    Para unha revision do consumo enerxetico deveriamos concienciar a xente porque non se lle pode decir a xente de un dia pa outro que temos que consumir a metade. Como aputa jose, españa gasta enerxia comprada e poderiamos facer un esforzo e intentar producir mais enerxia en españa, xa que o seu transporte sera mais barato, e a poder ser que sean enerxias limpas, porque ainda que a nadie lle acorde, o documento de firmamos en Kyoto esta en proceso e debemos reducir a nosa contaminacion. Estos ultimos dias saiu na prensa que españa reducira un 8% a sua emision de gases a atmosfera

  35. karina.aso.1a di:

    Pero non solo e dicilo, tamén hai que cumprilos própositos que se marcan e non todos están dispostos a facelo. A xente, como ben marca Iván, non se lle pode avisar dun día para outro, aparte están afeitos a unha forma de vida, e ahora ter que cambiar ata consumir solo a metade, faise tamén algo difícil.

  36. pablo.aso.1b di:

    Como di Iván, en España reduciuse un 8% a emisión de gases a atmosfera, pero non debido a responsabilidade polo cumprimento de Kyoto, se non pola caída da produción debido a crise.
    Un pequeniño paso cara unha revisión enerxética das familias é a clasificación eléctrica dos electrodomésticos seguindo un etiquetado, co cal as empresas ao meu parecer fixeron unha diferenciación dos seus produtos polo cal seguen tendo un prezo elevado por posuír certas características aforradoras.
    O mesmo pasa cos alimentos que se nos venden coma ecoloxicos.

  37. carmen.aso.1b di:

    Eu creo que a enerxía nuclear non se pode considerar unha alternativa, como dí Isaac estaríamos sometidos ó mesmo inconvinte de escasez e alto custe que co petroleo. Ademais, estas enerxías xeran un porcentaxe de residuo por unidade de enerxía que producen, e as enerxías renovables non, xa que os aeroxeradores ou os paneis solares causan impacto só na súa construcción, e pode ser comparable á contaminación causada por construir unha central nuclear, (en forma de formigón me refiro).

  38. beatriz.aso.1a di:

    Eu penso que habería que invertilos nas enerxías renovables,estou dacordo con Carmen con respecto a enerxía nuclear pero penso que en España sen a enerxía nuclear dependeríamos do resto dos países, como pasa co petroleo é iso, é malo.Por iso deben aproveitar o máximo as enerxías renovables.

  39. sara.aso.1a di:

    Estou de acordo con Carmen unha central nuclear non se pode considerar unha alternativa porque tamén custa moito e non hai tantos recursos coma para empregalo durante moito tempo, algo imprescindible xa que o petróleo comeza a escasear.

  40. maria.aso.1b di:

    Na miña opinión creo que o petroleo non se podería substituir de todo xa que non hai ningunha enerxia tan “boa”como este.
    onsidero que utilizar outros recursos que contaminen menos está ben. Gçustame a idea de que agora alguns aparellos xa se podan utilizar con enerxia solar.

  41. josemaria.aso.1a di:

    As enerxias renovables tampouco son a panacea.

    O ministerio de Industria di que a explosion das renovables pon en risco a corto plazo a sostenibilidade do sistema polo seu impacto economico (son mais caras) como desde o punto de vista tecnico.

    O ministerio de industria tamen asegura que baixara as primas aportadas a este tipo de enerxia

  42. pablo.aso.1b di:

    Evidentemente a sustitución das enerxías non renovables polas renovables será a medio-largo prazo. Deberanse ir introducindo pouco a pouco para cando as tecnoloxías de enerxía renovable alcancen unha determinada madurez e permitan a súa instalación a un custe asequible. Aparte, tamén deben investigar a forma de almacenar esa enerxía e outra moi importante que sería o seu impacto visual.

  43. isaac di:

    O certo é que foi o Ministerio de Industria o que en colaboración coas comunidades autónomas promoveu o desenvolvemento das enerxías renovables ata converter a España nunha referencia no uso da enerxía eólica e solar.

    Algo que podemos descartar é que no futuro a enerxía chege a abaratarse, independentemente da súa fonte. Pero o que resulta evidente e que a nosa dependencia enerxética do exterior só se pode superar empregando recursos propios, y eso son as fontes de enerxía renovables con todos os incovintes que poidan ter, ademais de ser máis respectuosas co medio. Tamén é certo que debería imporse unha racionalización do consumo enerxético tanto a nivel industrial como doméstico, e por ahí non se quixo avanzar porque vai en contra do negocio das eléctricas.
    Por último puntualizar unha cousa, España e un páis dependente enerxeticamente pero produce máis electricidade da que consume. En términos netos non compramos electricidade nin a Francia nin a outros paises.

  44. Pingback: Blogue guía (blogguia.climantica.org) » E agora…Que facemos?