e para vestir a superheroes

imagen

Un grupo de investigadores da Universidade de Cornell (Nova York) están buscando a maneira de obter “seda artificial”. Están desenvolvendo polímeros que imitan a seda natural, a producida polos vermes de seda.

O obxectivo desta investigación é poder aplicar este tecido a productos de biomedicina tales como vendaxes ou recubrimentos de medicamentos, así como para a fabricación de chalecos antibalas fundamentalmente.

Trátase dun material innovador xa que se pode expandir ata seis veces a partir do seu tamaño inicial, e o máis sorprendente é que segue mantendo as súas propiedades de rixidez e dureza. Para que todo isto se poida levar adiante hai que combinar adecuadamente aminoácidos con outros materiais sintéticos como o polietileno e polipropileno

imagen

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada . Garda o enlace permanente.

22 Responses to e para vestir a superheroes

  1. victor.aso.1a di:

    Pode que sexa un bo invento. A seda é cara e non convén para facer obxectos cotidianos.Pode ser que este método sexa máis barato para imitar as súas propiedades neses obxectos.

  2. angel.aso.1a di:

    Como dixo Victor pode que sexa este un moi bo invento. Xa que, aparte de que sea máis barato, poderán conseguir que se pareza a seda e a vez que teña mellores propiedades das que a seda ten, e iso sumado a que tería un prezo máis baixo co da seda poderían facer del un gran invento.

  3. alexandre.aso.1b di:

    A verdade e que parece unha boa idea pero bueno habería que mirar e comprobar as suas característica, aínda que non se chegara a utizar pode ser un indicio para outras probas do mesmo estilo.
    Desde logo no precio notaríase pero tampouco hai que descoidar a calidade do material.

  4. victor di:

    Hoxe en día estase a investigar gran variedade de tecidos que poderían aportar cualidades moi interesantes; coñecedes algún outro tipo de tecido no que se estea traballando?

  5. angel.aso.1a di:

    O raión (rayón, en castelán) é un tecido artificial que foi descuberto mentres se intentaba producir seda artificial, e despois esta o nailon, ambos son tecidos artificiais, aínda que descoñece se na actualidade estase traballando con eles.

  6. noeliap.aso.1b di:

    Actualmente estanse desenvolvendo numerosas investigación para crear novos tecidos como a nanotecnoloxía pero un exemplo a destacar en Galicia é o Centro Tecnolóxico Textil onde aparte de ofrecer formación profesional,servicios de consultoría para as empresas e medidas de promoción para o sector textil investigan novos tecidos como os que cambian coa temperatura corporal e así poder detectar febre nos nenos.

  7. uxia.aso.1b di:

    Neste momento estase traballando en diferentes tipos de tecidos artificiais como o raión (que é o tecido máis común e está formado a partir da celulosa), as fibras sintéticas (que están creadas a partir do proceso de polimerización sobre determinadas materias primas) ou o nailon.

  8. antia.aso.1a di:

    Este é un post un tanto peculiar xa que parecía moi pouco probable que se inventara unha seda artificial ou calquera outro tecido de características similares. Como din os meus compañeiros na actualidade estase a traballar en gran variedade de tecidos artificiais que supostamente melloraarían con creces os que temos na actualidade. Probablemente os tecidos artificias máis coñecidos son o nylon (que ven das palabras New York LONdon), e o raión que ainda se está traballando en el.

  9. victor di:

    Tecidos que non se manchan, tecidos que non se mollan, tecidos que emiten medicamentos aos enfermos; que hai de certo?

  10. lara.aso.1a di:

    Crese que os polímeros de aminoácidos son o segredo das teas de araña, unha substancia natural cunha flexibilidade e dureza incríbles. A tea das arañas é un polímero con dúas rexións diferenciadas: unha suave e elástica e outra que forma pequenos e duros cristaliños. Suponse que tal estrutura inusual é a que lle concede esas excelentes propiedades. Unha seda artificial que imite á dos arácnidos ao ser manipulada pénsase que incluso podería servir para fabricar ligamentos e tendóns artificiais!

  11. victor di:

    Interesante Lara; que máis?

  12. vanesa.aso.1a di:

    iso de tendons artificiais seria bastante complicado xa que primeiro averia que saber se o noso corpo estaria a gusto con eso e se o aceptaria pero como uso non seria mala idea ainda que non se poderian rexenerar en caso de dañalos.

  13. ramon.aso.1b di:

    Xa é bastante incríbel o post en si que a aportación de Lara impresiona o doble. Non podo imaxinar como se pode chegar a facer iso, se se puidesen crear tendóns e ligamentos artificiais sería un gran avance na medicina. Tendo en conta todo isto decidín buscar algo máis de información. A tela de araña como di Lara é algo de apariencia tan fráxil que apenas nos percatamos de todas as súas propiedades, as teas son tan resistentes debido á distribuición dos enlaces de hidróxeno ao largo da tea. Agora mesmo algúns científicos están intentando buscar con isto algo que sexa capaz de crear un principio guía que rexirá a sintesis de todos os novos materiais. Aparte grazas ao descubrimento do das teas de araña, din que se podería crear un material moito máis resistente co aceiro utilizando a misma disposición dos enlaces de hidróxeno que nunha tea de araña.

  14. pablo.aso.1b di:

    Parece ser que a roupa intelixente é unha realidade. Dende roupa que cambia de cor, biquinis que avisan da radiación solar exposta ou coma di Víctor, roupa que non se mancha.Así, un novo material denominado “omnifóbico” permite definir un tecido que impida que a auga, aceite ou alcohol penetren na superficie do tecido.A nova tela basease en propiedades impermeables das aves, que coa axuda da nanotecnoloxía desarolla unha malla microscópica que se aplica como unha membrana elástica sobre a tela.

    A investigación centrase sobre todo no campo da saúde. De feito existe un proxecto a nivel europeo detrás destas investigacións chamado BIOTEX.

  15. sara.aso.1a di:

    Esta clase de roupa paraceme moi interesante, eso de que exista roupa que non se manche ou que te avisen da radiación a que estas exposta é unha maravilla, pero aquí aínda non se ve e o seu prezo seguro que vai a ser bastante elevado.

  16. patricia.aso.1b di:

    Parece incleíble que haxa estes inventos coa roupa, todos eles son moi interesantes, pero o seu prezo a de ser elevado co mo di Sara. Por outro lado o invento da seda artificial é moi increible, porque esta seda utilizarase para as mismas cousas e será moito maís barato, ainda que sea unha competencia para a seda non artificial.

  17. victor di:

    Sabedes se se está a fabricar algunha roupa que faga os exames polos alumnos?

  18. melania.aso.1a di:

    Bastante asombroso este proxecto de obtención da seda. É un elemento que está bastante presente na nosa vida pero que ten un prezo bastante alto. Segundo como nos conta Nuria conseguiriamos unha seda coas mismas propiedades da natural polo que podería acabar por sustituila.
    Parece increíble que haxa roupa que poida facer cousas así. Non sei se haberá roupa que faga os exames, pero non estaría mal sabelo xD

  19. fatima.aso.1b di:

    Este novo invento pareceme increíble,e se se leva a cabo sera moi demandado pero ainda que o prezo sera moi alto.E se e que tamen se pode levar a cabo para facer examenes ainda mellor.

  20. maria.aso.1b di:

    polo que me puden informar non, aínda no se está fabricando nada que faga os exames polos alumnos.

  21. ero.aso.1b di:

    Jaaaa, que parvada xa estaría ben que fixera os exámenes, estavas de broma non Victor¿? ata aí non chega a ciencia creo. Creo que queres decir que ata que punto pode chegar a ciencia, que case nos soluciona a vida nalguns aspectos. Dende logo xa non saben o que an de inventar. Fora bromas, creo que esta noticia é moi importante e moi interesante, dende logo, nunca pensei que esto puidera ocurrir. Felicidades por este fantástico post Nuria.

  22. yolanda.aso.1b di:

    Non creo que a ciencia estea tan abanzada como pa que fagan camisetas que fagan os examens por nos, si existiran que farian os alumnos, e os profesores.