A endogamia matou aos “Austrias”

imagen

No 1894, construíuse un faro nunha pequena illa solitaria, nun lugar próximo a Nova Zelanda. O gato do farero non paraba de levarlle uns paxariños extranos que capturaba. O farero, entón, enviou algúns dos especímenes ao museo Wellington. Alí o director emocionouse moito porque sabía que aquela ave era unha reliquia, unha pequena ave non voadora, o único exemplo dela que xamais se encontrara. Saíu inmediatamente cara a illa pero cando chegou, o gato xa matara a todos os exemplares. O que na actualidade queda desta especie son os doce exemplares disecados que matou o gato.

Aínda que resulta reprobable que os humanos, unha vez máis, fosen os causante da desaparición dunha especie, débese aclarar que o futuro destas aves era pouco prometedor. As especies cando viven nun lugar illado  e a reproducción ocorre, necesariamente,  entre exemplares xenéticamemte emparentados,  acabarán levando a esa poboación á extinción por endogamia. A reproducción entre seres emparentados tende a acumular mutacións negativas que provocarán a morte.

De feito, a endogamia e consanguinidade, foron os causantes da desaparición da dinastía dos Austrias.

imagen

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Evolución e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

36 Responses to A endogamia matou aos “Austrias”

  1. angel.aso.1a di:

    O paxaro do que fala o texto é o Xenicus de Lyall (Xenicus lyalli). Era unha especie de pequeno paxaro que vivía na Illa Stephen, situada entre as dúas illas principais de Nova Zelandia.
    Este paxaro constitúe un caso único na historia. É a única especie que se extingue case o mesmo tempo de ser descuberta.
    Non se sabe nada das costumes nin da reprodución desta especie, aparte o feito de que era incapaz de voar o polo menos que era reticente a facelo, explica a facilidade pola cal o gato do farero puídera darlles caza.

    Pareceme moi interesante esta noticia xa que descoñecía que unha especie se extinguira desa maneira, na miña opinión, tan estraña.

  2. maria.aso.1b di:

    Creo que a endogamia non é a mellor forma de reproducirse; camo os antigos reis (exemplo do post) cométese un error porque os proxenitores acabarían tendo as enfermedades xenéticas que posuén os país.

  3. karina.aso.1a di:

    a verdade e que este caso pareceme bastante raro, non me imaxinaria que unha especie se puidese extinguir así e menos o da desaparición da dinastía dos austrias, pareceme unha noticia bastante interesante.

  4. noeliap.aso.1b di:

    Non só a dinastía dos Austrias desapareceu por levar a práctica a endogamia senón que tamén numerosas tribus ou mesmo faraóns co fin de manter unha homoxenuidade que os deferenciase dos demáis clans. As relacións que se establecen poden chegar a ser ata de pais e fillos pero a pretensión de manter a unidade acaba nunha decadencia biolóxica.
    Todo o contrario ocorre na exogamia o método que nós solemos usar onde o clan continua grazas as aportacións externas.

  5. gema.aso.1b di:

    Recordo algunhas clases de historia de Maite/Chus nas que nos contaban que o personaxe da foto (Carlos II,el Hechizado,último rey dos Austrias)a parte de non ser un home moi agraciado fisicamente padecía de moitas enfermidades que o levaron en 1700 á sua morte prematura con tan só 39 anos.Eles mesmos dábanse conta de que esa mortalidade infantil non era algo casual,por iso en moitos cadros se representaban con amuletos para protexelos do fenómeno endogámico que levou á súa desaparición;tras ter relacións unicamente con persoas pertencentes ó seu linaxe para manter as súas características iguais e diferencializadas.

  6. lara.aso.1a di:

    Do Xenicus lyalli ( o paxaro que extinguiu o gato do farero) non se coñece casi nada, nin as súas costumes nin a súa reproducción. Informándome, leín que tiña certo parecido co Chochín europeo, por ser de cor castaña e de corpo rechonco e pico fino. Foi por iso chamado vagamente polos ingleses como ‘O Chochín da illa Stephens’

  7. victor di:

    O cruzamento entre seres emparentados dise que potencia a homocigose (en castelán homocigosis). Que credes que significa isto e que consecuencias ten para a vida das especies?

  8. maria.aso.1b di:

    Individuo que para un xen ten en cada cromosoma homólogo o mismo tipo de alelo.
    O que isto di é que aínda que unha persoa (como o rei da disnastía dos austria ) ainda que non teña ningunha enfermidade co paso das xeraíóns sería portadora dese xen.

  9. lara.aso.1a di:

    A homocigose é a condición que se dá cando existen dous alelos idénticos no mesmo locus ( a posición fixa sobre un cormosoma) de cormososmas homólogos (mesmos xens e disposición na secuencia do ADN pero non levan a mesma información xenética)
    Hai un fenómeno derivado da endogamia, chamado ‘depresión cosanguínea’ que inclúe unha variedade de efectos físicos como poden ser: fenómenos de asimetría física,carencias do sistema inmunolóxico, elevada incidencia de enfermidades xenéticas recesivas, alteracións do comportamento, etc.

  10. lara.aso.1a di:

    cromosoma*

  11. antia.aso.1a di:

    O cruzamento entre seres emparentados potencia a homocigose, o cal quere decir que presentara unhas características semellantes o dos dos proxenitores. No caso dos austrais, como ben se di anteriormente, para que os descendentes presentaran os seus rasgos característicos.
    A consecuancia sería que a especie se iria degradando xeración tras xeración.

  12. juanluis.aso.1a di:

    A tribu dos Mlabri está situada en Tailandia. Segundo un estudio xenético, certas secuencias do ADN mitocondrial analizadas resultaron idénticas en 58 individuos. Esto quere dicir que a orixe desta tribu remóntase a moi poucos individuos, polo que o proceso endogámico foi algo que se produciu con moita certeza. O máis incrible é que a pesar de crearse un grupo a través deste sistema, puideron sobrevivir sobre 1000 anos.

  13. victor di:

    Aclarade un par de cousas:
    Primeiro que é o ADN miticondrial do que fala Juan Luís e como se utiliza para facer estudios sobre a nosa procedencia.
    E segundo, podedes relacionar a endogamia e a selección de cans de raza.

  14. noeliap.aso.1b di:

    O ADN mitocondrial, é o material xenético das mitocondrias,os orgánulos que xeran enerxía para a célula.
    Unha das súas características máis destacables é coa que conseguimos realizar estudos sobre a nosa procedencia xa que non se reconvina.
    Un estudo revela que nos seres humanos este ADN sufre unha modificación cada 10.000 anos aproximadamente.

    En canto os cans de raza,moitos deles se obteñen mediante a endogamia polo que sí se poden relacionar. Este método utilízase para conservar as características de cada raza pero co paso do tempo estes animais acaban sufrindo enfermidades e defectos xenéticos.

  15. pablo.aso.1b di:

    De feito a endogamia en cans provocou defectos xenéticos notables en razas coma o chihuahua na cal presentan a cabeza máis grande en proporción ao seu corpo e os partos deben de facerse a través de cesárea. Ou tamén o boxer, que debido a cruzamentos endogamicos acabou por ter o hocico moi curto, o cal lle provoca problemas respiratorios.

    A ambición destes pseudo-criadores lévaos a tal extremo por obter cartos, que acaban converténdose en verdadeiras fabricas de cans. Como ocorre en Xapón ( onde existe o maior nivel de defectos xenéticos en animais )onde os cans “exóticos” teñen unha gran fama no mercado e alcanzan grandes cantidades de diñeiro. Desta maneira os cans convértense en obxectos industrais nos cales para que saia un cun color especial ou calquer outro motivo de atracción,moitos teñen que sufrir enfermidades e defectos xenéticos.

  16. victor di:

    Se ledes o comentario de Pablo, que opinión vos merece a selección de cans por endogamia?
    Utilizouse este tipo de selección para os animais domésticos e para os cultivos?
    Eva mitocondrial; que significa?

  17. noeliap.aso.1b di:

    A selección de cans por endogamia pareceme un mercado onde o can xa non se compra por ter un animal de compañía ou que garde a casa senón simplemente por ter un modelo exclusvo. Creo que os cans non deben ser tratados como unha prenda de roupa xa que son seres vivos e non teñen por qué padecer enfermidades e deformacións por ganancia e caricho duns poucos.

    En canto a utilización deste método en animais domésticos pois si que se utilizou nalgúns outros animais coma gatos,porcos,vacas,cabalos incluso galiñas e un largo ect de especies. Nos cultivos tamén podemos falar dela por exemplo se lle aplican este tipo de selección o millo ou o arroz estes pouco a pouco perderán o seu rendemento.

    Fálase de Eva mitocondrial para referirse a nosa antepasada africana común máis antiga remontándose a fai un 150.000 anos sendo ela a pusuidora das mitocondrias das cales descenden todas as mitocondrias dos seres humanos actuais.

  18. antia.aso.1a di:

    Penso que están a acabar coas razas de cans, xa que pouco a pouco están variando as suas características. Non sei porque esto da tantos cartos xa que cando compras un can deses estas pagando un prezo de locura por un animal que so che vai a traer problemas, xa sexan respiratorios como di Pablo no caso dos boxer ou á hora do parto os teñen que abrir…

  19. maria.aso.1b di:

    A eva mitocondrial é unha suposta muller na que según uns estudos desenvolvidos indican que todos descenden dela. O seu coñecemento débese a información que nos aportan as mitocondrias (son unha estructura celular na que teñen como función producir enerxia e que conteñen o ADN mitocondrial).

  20. ramon.aso.1b di:

    A cría endogámica de cans cada vez está sendo un método máis utilizado na actualidade. E como ben di pablo, cheo de problemas físicos en cada can. Que se faga este tipo de cría para intensificar carácterísticas das diversas razas pareceme tremendamente mal. Eu non son partidario de axudar os animais tanto como os humanos nin cousas desas, mais facer este tipo de manipulacións sabendo que a maioría sufrirá algún tipo de enfermidade ou deformación pois é como si estiveses xogando con lume. É unha maneira de facer unha evolución antinatural, artificial do animal, sexa cal sexa.

  21. sabela.aso.1a di:

    Na miña opinión non se debería “xogar” desa maneira cos animais porque como di Pablo provoca defectos xenéticos (por exemplo no caso do pastor alemán provoca unha articulación de cadeira deformada e ríxida que lle produce dolor o can; e no caso do Boston terrier provoca problemas ao mastigar debido a un crecemento anormal da mandíbula…) e ademáis enfermidades… O problema e que mentres haxa demanda… habrá oferta…

  22. victor di:

    Os cans foron dos primeiros animais domesticados e inicialmente o que se buscou coa endogamia foi seleccionar nos animais as características que eran útiles para os humanos (por exemplo que un can tivese unha anatomía que lle permitise defender o gando contra ataques de lobos). A endogamia tamén foi imprescindible na agricultura pois, por exemplo, permitíu seleccionar as espigas máis grandes e que actualemente son as especies de gran (millo) que alimentan a maioría da humanidade.
    Como sempre, e agora o comprendedes, debe haber uns límites para todo e debe ser a sociedade quen marque estes límites e o difícil é que nos poñamos de acordo (vos xa sabedes que hai máis cores que branco e negro).

  23. victor di:

    Por certo, o da Eva mitocondrial non acaba de estar ben explicado. E outra cousa: porque non voaban os paxaros que cazou o gato?

  24. sabela.aso.1a di:

    A mitocondria é un orángulo que xera a enerxía para a célula… pero tamén ten o seu propio material xenético (distinto ao material xenético do nucleo celular). O ADN mitocondrial posue o “material” que heredamos da nosa nai, e o ADN nuclear e unha combinación dos dous (o do noso pai e nai).
    Dícese que todos poderíamos proceder dunha muller (un ancestro común)… por eso o de Eva mitocondrial.
    Respondendo a pregunta de Victor os paxaros non podían voar debido a unhas alas moi pequenas, un gran peso e un esternón insuficiente que non o podía soportar.

  25. victor di:

    E porque tiñan as ás tan pequenas? que os levou a adquirir esa anatomía?

  26. pablo.aso.1b di:

    Pode ser que non precisaran de grandes desplazamentos para obter alimento, e que as súas as foran evolucionando cara outras funcións.

  27. sara.aso.1a di:

    Creo que Pablo ten razón, quizais non precisaban as ás para desprazarse en busca de alimento, polo que non as tiñan porque evolucionar, hai varias aves que non precisan das súas ás para vivir.

  28. victor di:

    Claro que Pablo ten razón, pero o que vos pido é que expliquedes domo tivo lugar esa evolución que leva a que unha ave deixe de necesitar as súas ás.

  29. gema.aso.1b di:

    Este paxaro tiña unhas ás diminutas e redondas,as patas finas e longas e con apariencia de non saber voar ou polo menos de ser bastante torpe ó facelo con esa estructura.Alimentabanse de insectos na espesura,escondendose tras as rochas ou correteando polo chan.A súa forma de vida era máis parecida a dun rato ou un réptil para ser un paxaro.Todo o que necesitaba para ter as súas crias ou alimentarse conseguíao na Illa ser ter que chegar a desprazarse ou emigrar como fan agora moitas aves,percorrendo miles de quilómetros voando dende un pais cara outro.

  30. victor di:

    Alguén podería aplicar a teoría Darwinista para explicar a reducción das ás destes paxaros?

  31. josemaria.aso.1a di:

    Segun a teoria darwinista as especies evolucionan porque so se reproducen os individuos que sobreviven , os mais preparados , enton aportan as mellores caracteristica a especie.

    Pero na caso de estar illado nunha illa (valga a redundancia) e non ter depredadores nesa especie tamen sobreviven os menos preparados e pouco a pouco dexeneran a especie ata por exemplo perder a magnifica evolucion de voar

  32. victor di:

    Grave erro Jose; os paxaros que vivían nesa illa, ata que os matou o gato, eran os mellor preparados para sobrevivir nese entorno (selección natural).
    Outra cousa diferente é que estaban obrigados a reproducirse entre os poucos que eran e a pouca variedade xenética os levou á endogamia. Pero eran os mellor preparados para vivir nese entorno.
    Eu quería que me esplicárades como a selección natural actuou neste caso para crear paxaros non voadores.

  33. ero.aso.1b di:

    Pois debido a que xa non posuen un depredador non necesitan unhas ás que lle estorben para agocharse entre matoxos e demais, e xa non necesitan voar estando nunha illa, polo que estes paxaros deixan de ser voadores

  34. maria.aso.1b di:

    Eu creo que a seleción natural actuou deixando sen ás porque como estaban nunha illa xa non precisaban voar e así o non utilizalas foron perdendo a facultade de voar e as ás cada vez fixerónselle máis pequenas.

  35. victor di:

    Alguén é capaz de explicar como a selección natural foi a causante de que as xirafas teñan o pescozo tan longo?
    Se sodes capaces de dar a explicación dos pescozos das xirafas, adaptade esa explicación as ás dos paxaros.

  36. maria.aso.1b di:

    Polo que puden ler, para conseguir a xirafa femia; Os machos loitan entre eles entrelazando os cuellos e gana o que consiga derrotar o outro; Nalgúns casos houbo mortes destes por conseguir a femia.