…e todas as augas se converterán en sangue…

 

imagen

Quen nunca oiu falar das toxina do mexillón, da ameixa, da ostra ou da vieira? As toxinas destes mariscos, na maioría dos casos, son producidas pola “marea vermella”. A marea vermella é unha excesiva proliferación de microalgas no mar, causada por dous tipos diferentes de algas unicelulares que se atopan nunha elevada cantidade, miles ou millóns de células por milémetro cúbico. Antigamente este termo só se empregaba no caso de explosións de algas vermellas, pero hoxe en día emprégase para calquera proliferación masiva de microalgas. A alta concentración destes microorganismos planctónicos, producen toxinas que causan pérdidas económicas para a pesca e marisqueo. Isto é debido á acumulación destas toxinas en animais microfiltradores, ameixa, viera, ostra, mexilón… As mareas vermellas son producidas pola contaminación da auga, polo aumento da temperatura ou por fenómenos de afloramento de augas.

imagen

¿Sabedes cal é maneira máis segura e empregada na actualidade para saber se un mexillón, unha vieira, unha ameixa ou unha ostra está infectada? Pois ben, o método máis rápido e fiable e inxectarlle unha mostra do molusco en cuestión a unha rata. Se ó cabo de 48 horas  segue viva, sigifica que o molusco está en boas condicións e se pola contra morre, quere dicir que  ten toxina. Que opinades sobre este método?

Esta entrada foi publicada en General, Recursos naturais e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.