Rutas Científicas: Real Xardín Botánico

 

O Real Xardín Botánico de Madrid, é un centro de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Fundado o 17 de Outubro de 1755 polo rei Fernando VI no Soto de Migas Calientes, Carlos III ordeu o traslado deste a súa situación actual en 1781, ó Paseo do Prado, en Madrid. Este xardín botánico alberga en tres terrazas escalonadas, plantas de América e do Pacífico, ademais de plantas europeas.

No pasado mes de novembro 16 alumnos de 1º e 8 alumnos de 2º do bacharelato científico, fomos de excursión nun programa chamado Rutas Científicas a Madrid. Alí visitamos moitísimos lugares de interese (como xa puidechedes comprobar): “CEHIPAR”, o “MUSEO GEOMINERO”, o “REAL XARDÍN BOTÁNICO“, paseamos pola “COLINA DOS CHOPOS”, vimos o “INSTITUTO DE CATALISIS E PETROLEOQUÍMICA”, o “INSTITUTO DE ENERXÍA SOLAR”, fomos ao “CENTRO NACIONAL DE BIOTECNOLOXÍA” (CNB), demos un paseo pola cidade, e fixemos un itinerario didáctico en EADS-CASA. Tamén visitamos “COSMO CAIXA” (que non ten nada que envidiar á Casa das  Ciencias da Coruña), xa por último visitamos o ESCORIAL (que estaba cheo e con neve) e fomos ao cine “IMAX” (onde nos puxeron un filme de “monstros mariños). A última tarde que estivemos en Madrid, deixaronnos quedar no centro comercial máis ANTIGO de Madrid… onde algúns puideron ver ó presentador de pasapalabra.

A nós encargáronos facer o “post” sobre o “Real Xardín Botánico de Madrid”. En primeiro lugar queremos dicir unha cousa: gustounos moito a visita, pero facía un frío! Co cal foi moi difícil estar ó 100% atentos á explicación que nos proporciunou a nosa guía, xa non solo polo frío senón tamén polo cedo que era a visita. Unha das partes máis interesantes desta visita foi a recreación dos climas que tiñan nos “invernadoiros”. O que máis nos chamou a atención destes climas foi o tropical, xa que dábache realmente a sensación de estar no lugar propio dese clima, ademais alí moitos de nos vimos por primeira vez unha planta carnívora. Non tivemos tempo para ver todo o Xardín Botánico. Tamén queremos dicir que os exteriores eran moi bonitos e estaban moi ben coidados.

Esta entrada foi publicada en Actividades e eventos, Bodiversidade, Recursos naturais, Saídas didácticas e etiquetada . Garda o enlace permanente.

12 Responses to Rutas Científicas: Real Xardín Botánico

  1. maria.aso.1b di:

    Creo que a excursión estivo moi ben organizada polo que lin en posts anteriores.
    Eu xa estiven en varios xardíns e un dos que máis me impresionou foi o de Valancia no que tamén habia moita variedade de especies.

  2. ivanz.aso.1a di:

    Esta visita quizáis se fixo un pouco pesada xa que as condicións horarias e ambientais non eran as máis apropiadas. Por outro lado a gran variedade de plantas e árbores que nos mostraron gustoume bastante xa que algunhas, a gran maioría nunca as vira nin escoitara falar delas. Falando dos climas o que mellor representado estaba e o que máis me gustou foi o tropical.

  3. sergioa.aso.1a di:

    A min gustoume moito moito esa visita porque contaronme moitas cousas desas plantas que habían pero nunca as vira e non sabía como eran. Sinceramente impresionoume a beleza de todas as plantas que había alí

  4. sara.aso.1a di:

    A min esta visita tamén me pareceu moi interesante, pero ben é certo que as condicións ambientais non acompañaban para unha visita completamente ó exterior, facía moito frío e o estar quieta en varios sitios facía que se fixera un pouco pesada.

  5. belen.aso.1a di:

    Para min esta foi unha das mellores visitas da excursión, penso que o mellor do xardín foron os invernadoiros e toda a variedade de plantas que teñen.
    Iván ten razón cando di que a excursión fixose un pouco dura, se non recordo mal estabamos a 5 grados.

  6. antia.aso.1a di:

    Como xa dixeron os meus compañeiros a visita sería moito máis interesante se non estiveramos máis pendientes de que se nos conxelaran os dedos ou as ourellas… Ainda así estivo moi ben a visita.

  7. fatima.aso.1b di:

    Eu estiven no xardín botánico de Madrid e a verdade que me gustou moito e impresionoume moito.

  8. roi.aso.1b di:

    Polo que parece debeu estar moi ben… Mágoa non puideramos asistir todos, xa que cando o ano pasado Isaac nos contou a posibilidade de ir da miña clase había bastantes persoas interesadas, pero outra vez será…

  9. ramon.aso.1b di:

    Encantaríame poder volver a Madrid, aínda que fose xa varias veces non recordo apenas nada delas… e gustaríame moito poder ir agora cos coñecementos que tenho en xeral e aplicalos dalgún xeito sexa mirando ou como for. Sobre todo no xardín botánico xa que foi unhas das cousas que deixamos pendientes para a próxima vez. E polo que tenho entendido é un xardín botánico notable en europa.

  10. marina.aso.1a di:

    ramón pois é unha pena que deixaras atras a visita ó xardín botánico.Eu tampouco estibera nunca e pareceume moi intertesante a verdade e que me gustaría moito volver.Pola variedade de especies que ten ainda qu para a proxima gustariame ir en primavera pois os arbores de folla caduca e os froitais estaban todos sen follas.

  11. karina.aso.1a di:

    como ben se dice aquí, era un pouco difícil estar o 100% atentos, xa que facia demasiado frío, pero aínda así a visita estivo moi ben, Foi moi levadeira e interesante, xa que había tanta variedade de árbores,algúns coñecidos, outros non tanto…aprenderonse bastantes cousas.

  12. melania.aso.1a di:

    A verdade é que o frío de ese día era case insoportable. Parece increíble a cantidade de especies de plantas que se poden recrear nun mesmo lugar. Tíñano todo moi ben preparado, os climas do invernadero acercábanse moito os orixinais polo que as especies adaptabanse ben. Este taller recibe o nome de xardín botánico porque aparte de conservar as distintas especies tamén investigan sobre a variedade, distribución e relacións evolutivas destas.