Prehistoria conxelada

 

Fai un tempo vin na televisión un programa onde me chamou a atención o tema do que falaban: os restos conxelados dun mamut de corta idade foron atopados na Península de Yamal. Este é o segundo descubrimento deste tipo de animal prehistórico na zona de Siberia Occidental. De 1,7 metros de alto, 3 metros de largo e cerca de 400 kg de peso, o mamut conxelado ten intacto un ollo e parte da trompa. Con axuda de paleontólogos rusos e equipos especiais excavaron os restos no chan conxelado, onde tamén foron atopados ósos e colmillos de mamuts adultos.

En 1998 encontráronse os restos dun mamut de 4 meses, que actualmente exponse no museo de Historia Zoolóxica de San Petersburgo, co nome de “Masha”. Segundo as teorías máis coñecidas, os mamuts apareceron en África fai 3 ou 4 millóns de anos, emigraron hacia Europa e Asia fai 2 millóns de anos, ata chegar a América do Norte pasando polo estreito de Bering, fai 500.000 anos. Para a ciencia segue sendo unha incógnita a causa da sua extinción, que se iniciou fai uns 11.000 anos, cando a súa poboación empezou a descender ata o total exterminio dos últimos exemplares siberianos fai aproximadamente uns 3.600 anos.

imagen

Esta entrada foi publicada en Evolución e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

40 Responses to Prehistoria conxelada

  1. victor di:

    Sería interesante que neste “post” aportárades información sobre as posibles causas de extinción dos mamuts así como sobre as glaciacións como cambios climáticos naturais.
    Tamén vos anuncio que desde hoxe hai aberto un novo foro.

  2. noeliap.aso.1b di:

    As principais causas da extinción dos manuts foron o cambio climático daquela época e o aumento da caza dos humanos xa que o clima levou a esta especie o borde da extinción e a humanidade deu ese último empuxón cara o esquecemento.
    Ese cambio climático consistiu nunha subida das temperaturas a que os mamuts non estaban acostumbrados xa que alí as temperaturas eran moi baixas. Este aumento probocou que a auga volvese a fluír e convertese os prados de herba curta e seca nos que se alimentaban en todo o contrario quedando beneficiados outros animais como os alces. Este proceso continuou cambiando ata formar montes boreais onde antes pastaban os mamuts polo que o alimento para eles se volveu escaso.

    Por unha vez parece que o ser humano non é o principal causante da extinción dun animal.

  3. vanesa.aso.1a di:

    os Mamuts eran animais acostumbrados a temperaturas baixas,que eran as que antigamente había no centro de europa e no norte de Europa,pero co paso do tempo as temperaturas foron subido e non ten nada que ver a de antes coa de agora.Esta especie non soportou o cambio de temperatura e iso foi un dos motivos polos que se estiguiu.

  4. karina.aso.1a di:

    nunha páxina atopei que a sua extinción e todo un misterio xa que por unha parte dise que puido ser por cazadores prehistóricos que lles daban caza aunque si en todo caso isto fose asi non seria algo determinante como para acabar con todos eles. Tamén se dice que puido ser por un virus quese propagou rápidamente,aunque isto non puido ser comprobado xa que non atoparon rastros de dito virus no ADN. A consecuencia máis lóxica pode ser dada polos invernos, xa que eran moi duros. Os mamuts eran animales migratorios que se movian hacia o sur en inverno e hacia o norte en verán, gracias os seus colmillos curvados hacia adentro raspaban a superficie da neve en busca de algunha que outra herba, os animales podia vivir baixo certas temperaturas pero cun exceso de frío puidolles impedir rascar o solo o suficiente como para atopar algun tipo de alimento.Si eso se repitiu a menudo as familias de mamuts reducirianse e incluso desaparecerian.

  5. lara.aso.1a di:

    Falando das temperaturas,as temperaturas de Siberia permitiron conservar restos de mamut cun ADN (ácido desoxirribonucleico ) en bo estado, isto deu esperanzas para investigar na clonación de mamuts. A clonación consistiría en fusionar unha cadea de ADN cun óvulo de elefante asiático (o seu parente máis próximo).A gran dificiultade de este proceso é atopar unha cadea enteira de ADN.O que se obtivo ata o día de hoxe non é suficiente nin en calidade nin en cantidade.

  6. andrea.aso.1a di:

    Desde que os homínidos apareceron ata hoxe sucederon unha serie de grandes glaciacións, intercaladas por épocas interglaciales de clima cálido.
    Hai tres movementos terrestres que producen cambios climáticos periódicos cunha frecuencia máis alta, de moitos miles de anos:
    -Variacóns na inclinación do eixo,(canto máis inclinado está o eixe, maior diferenza de temperaturas haberá entre veran e inverno)
    -Variaciones en la excentricidad de la órbita
    Precesión do eixo, (determina cal dos dous hemisferios estará inclinado hacia o Sol no punto máis cercano da órbita elíptica, o cal tendrá maior diferenza de temperatura entre veran e inverno).

  7. angel.aso.1a di:

    Hai máis animais dos que, ao igual que o mamut encontrado, se descubriran uns restos en tan bó estado?

  8. victor di:

    Semella que conforme aumenta a temperatura global do planeta e o “permafrost” (que é?) se desconxele, aparecerán uns 10.000 mamuts conxelados. A clave é por que morreron tantos en tampouco espazo de tempo.
    É posible que aparezan outro tipo de animais no xeo pero, para encontralos, ou deberían estar conxelados en moita cantidade (cuestión estatística)ou que se descobrisen por casualidade.
    Tratade de argumentar se vos parece posible que a desaparición de mamuts foi debida á caza.

  9. noeliap.aso.1b di:

    O permafrost é a capa de terra que permanece permanentemente conxelada no subsolo nos niveis superficiais das rexións moi frías.O permafrost pode ter diferentes características e formas podendo ser un solo rico,rocoso,conter auga,ser relativamente seco etc.

    Que a desaparición dos mamuts fose causada polos humanos e totalmente probable pero non de todo fiable xa que puderon ocorrer outros feitos que acabasen coa vida destes pero eu creo que si a caza non é a causa principal polo menos atopase entre as secundarias xa que como se demostrou o longo do tempo numerosas especies desapareceron en mans dos humanos.

  10. melania.aso.1a di:

    Pode ser que a caza sexa un dos factores que fixo que se encontrase tanta cantidade de mamuts conxelados. Pero poden os humanos, acabar coa vida de tantos mamuts? se os mamuts desprázanse en grandes agrupacións, non se defenden uns os outros?

  11. angel.aso.1a di:

    Como dixeron antes Noelia e Melania a caza é moi probablemente unha das causas da desaparición dos mamuts. Aínda que nun principio os humanos dedicábanse a caza de animais de menor tamaño co tempo, a experiencia e a mellora das armas fabricadas polos humanos puido levalos a caza de animais de maior tamaño, xa que co seu maior tamaño poderíanse alimentar máis membros da tribu.

  12. victor di:

    Se a extinción foi causada pola caza, por que aparecerán tantos mamuts conxelados? Non cazaban para comelos?

  13. angel.aso.1a di:

    Na miña opinión a caza foi un factor que puido favorecer a extinción dos mamuts pero non a principal, como se ve no vídeo os mamuts tiñan que recorrer moitos quilómetros no paso do verán o inverno, dende as praderías do norte os bosques dos Alpes no sur, polo que algúns deles podían morrer polo camiño. Ademais, mirando algunha paxina con información sobre a súa extinción, aparecen descritas varias hipóteses; unha é que na época na que viviron os mamuts produciuse un cambio climático que puido acabar con eles; outra fala da caza de mamuts por parte dos seres humanos mentres que a terceira e ultima fala dunha grande enfermidade que puido chegar tamén coa chegada do home.

  14. gema.aso.1b di:

    Os homes agrupabanse e creaban armas para dar caza a estes animais dos que aproveitaban a carne e tamén a súa pel para taparse no inverno.Moitos dos mamuts morreron por ser victimas dos cazadores;pero outros,en gran número,foron e son atopados baixo o xeo.Pereceron alí polo cambio de temperaturas,época de moito xeo,ondas de calor,falta de alimento no inverno,…Este cambio repentino e a posterior morte por conxelación de moitísimos mamuts baixo a superficie branca dise que foi o choque da terra contra un asteroide que desviou o eixe de rotación da terra disminuindo o nivel dos raios do sol(como fai unha peonza ó xirar e perder o equilibrio)

  15. ruben.aso.1a di:

    eu pola contra non creo que a caza influise tanto na sua extinción, os mamuts eran animais moi grandes e con un chegaballes de comida para moito tempo, ademais diso non había tantos homes para que influise tanto e soian cazar pezas mais pequenas, na miña opinión a causa mais importante foi o cambio de temperatura. E agora preguntome, se fai anos o cambio climatico fixo que se extinguisen tantas especies, que pasará agora cando o provocamos nos mesmos? na miña opinión hoxe en día estanse a extinguir e extinguiranse moitas especies a causa do cambio climático.

  16. maria.aso.1b di:

    Na miña opinión creo que a algúns mamuts matabanos para utilizalas peles como medio de abrigo e noutros casos para defenderse pola noite dos ataques destes.
    Tamén creo que puideron extinguirse polos grandes percorridos que facian duns lugares a outros cos cambios de estacións.

  17. isaac di:

    Dous datos a ter en conta á hora de atopar a causa da extinción dos mamuts:

    1. Poboación humana no hemisferio norte. Habería que preguntarse se esta era tan grande como para causar a extinción dos mamuts hai 11.000 anos a través da caza.

    2. Remate da última glaciación, un importante cambio climático con causas non atribuíbles ao ser humano, como si ocorre na actualidade. Sería necesario comprobar se coincide no tempo coa extinción dos mamuts.

  18. pablo.aso.1b di:

    Efectivamente, a última glaciación coñecida como Würn considerase rematada fai 12000 anos. Respecto a orixe da extinción dos mamuts, parece ser que fai 126.000 anos cun clima máis cálido e por tanto menos favorable, os mamuts lograron sobrevivir, máis non había humanos no norte de Europa. Así, as teorías propostas polos meus compañeiros sobre a caza cobran forza, xa que se estima que cada ser humano tería que matar a un mamut cada 3 anos para extinguilos, nunha época na que a caza aumentaba considerablemente.

  19. sara.aso.1a di:

    Tes razón Pablo a razón máis clara quizais sexa que non existían moitos humanos na zona, xa que a caza naquela época era o principal medio de vida.

  20. ramon.aso.1b di:

    Coincido con Sara e Pablo e o resto dos compañeiros en que os mamuts foron estinguidos pola caza feita polos seres humanos e como se di en comentarios anteriores e eu corroboro que a extinción destes inmensos animais cadra cun período de aumento na cacería pola man do home, polo que se atribúe o feito da extinción ao ser humano unha vez máis.

  21. sara.aso.1b di:

    Na extinción dos mamuts influe tanto o cambio climántico como o aumento de caza.
    Na información que atopei decía que os mamuts vivían en climas con temperaturas moi baixas,co cal os humanos no podían acceder a eles.Pero co cambio o seu territorio comezou a ser máis quente,e accisible para os humanos,así poderianos cazar.Eu creo que os dous factores son os causantes.

  22. victor di:

    Por que se produce unha glaciación?

  23. borja.aso.1a di:

    Contestando a pregunta de victor dicir que nunha glaciación influen varios factores importantes como a composición da atmósfera, os cambios no movemento da órbita ó redor do sol, a dinámica das placas tectónicas, as variacións na actividade solar, o impacto de meteoritos nas grandes dimensións, as erupcións volcánicas…etc.

  24. alexandre.aso.1b di:

    As glaciacións están producidas por varios factores, as variacións na órbita da Terra, ciclos chamados Milankovich, a atmósfera e a deriva continental.
    Despois duns invernos duros a neve non consegue derreterse de todo, a Terra absorbe menos cantidad de calor ,o xeo vai aumentando considerablemente, isto conleva unha baixada do nivel da auga o que produce a glaciación.

  25. noeliap.aso.1b di:

    Exiten moitos factores que poden desencadenar unha glaciación un deles é a tectónica de placas xa que ten moita infuencia no clima global pero ninguén esta seguro da causa exacta. Unha das teorías máis aceptadas básase nos fenómenos astronómicos onde destacan 3 factores:
    a) a inclinación do eixo de rotación–> xa que si esta aumenta as estacións nos 2 hemisferios son máis extremas.
    b)a forma da órbita–> posto que si se prolonga ou acurta tamén afecta as estacións
    c)a precesión do eixo–> xa que é a responsable de que o verán dun emisferio caia preto ou lonxe do Sol.

    En resumo si nos apollamos nesta teoría podemos suxerir que a glaciación non é formada por unha sucesión de invernos rigurosos senón pola reducción da insolación no verán.

  26. angel.aso.1a di:

    Xa que oas glaciacións son producidas pola reducción da insolación no veran é improbable que se poda descubrir algunha maneiraque serviría para frear unha glaciación e as súas consecuencias?

  27. gema.aso.1b di:

    A glaciación é un periodo de larga duración no cal baixa a temperatura global do clima da Tierra, dando como resultado unha expansión do xeo continental,dos casquetes polares d dos glaciares.Utilizase «glaciación» para referirse a periodos máis fríos con extensos casquetes glaciales en Norteamérica e Eurasia: segundo esta definición,a glaciación máis reciente rematou fai 10.000 anos.Existen diferentes factores que poden causar e producir unha glaciación:como pode ser o cambio de eixe da terra,cambios na atmósfera terrestre,mirando a posición dos continentes, os Ciclos astronómicos de Milankovitch,variacións na actividad solar, Vulcanismo…

  28. maria.aso.1b di:

    polo que eu lin,as glaciacións son fenomenos climáticos que ocorreron e poden ocurrir ao longo da historia do planeta Terra. É un período de frío intenso, cando a temperatura media da Terra baixa, provoca o aumento das xeeiras nos polos e un gran acúmulo de xeo nas zonas montañosas próximas as rexións de neves eternas.

  29. sara.aso.1b di:

    Unha glaciación producese cando o temperatura global do clima que hay na Terra baixa e crea unha expansión de xeo continental dos casquetes polares e glaciares.O período dunha glaciación é longo,e se se producen dúas a ese período denominase interglacial.

  30. victor di:

    Máis cousas das glaciacións: que probas quedan en Galiza da última glaciación (no interior e na costa)?

  31. noeliap.aso.1b di:

    Non atopei información que se refira unicamente a Galicia polo que deixo esto que abrangue toda España : Da última glaciación, chamada Würm, houbo duos momentos especialmente fríos e secos (duos máximos glaciares). As marcas deixadas polos xeos nas diferentes épocas superpóñense e as últimas borran ás anteriores. Por eso son máis fáciles de reconstruir os últimos glaciares. Hai moitas marcas de glaciares nas montañas ibéricas que parecen moi frescas, como si o xeo se derretise fai pouco tempo pero cando descenderon ata a sua altitude máis baixa sobre o nivel do mar?

  32. sara.aso.1a di:

    Eu tampouco atopo información sobre as últimas glaciacións en Galicia, quizais poída ser porque unha glaciación sobre outra fai que os restos da anterior desaparezan pero non entendo porque non aparece información da última.

  33. isaac di:

    Un exemplo: buscade información sobre o Pedregal de Irimia.

  34. antia.aso.1a di:

    O pedragal de Irimia é a cuna do río Miño. É o único que atopei, e non se nomea nada da última glaciación en Galicia.

  35. angel.aso.1a di:

    Nos montes situados entre Galicia e Castela e León, despois da última glaciación, formáronse glaciares.

  36. angel.aso.1a di:

    O Pedregal de Irimia é un lugar da comarca de Meira (Lugo), que se atopa na Serra que leva o mesmo nome (Serra de Meira). Na falda da serra que fai desta zona un terreo fronteirizo entre a chaira e as montañas lucenses, amoréanse centos de pedras –unha morrena glaciar– formando un embudo, que vai estreitecendo conforme o Pedregal, que asi se chama, se achega á chaira. Case pegado á estrada emana unha auga limpa, nese mesmo punto vese por primeira vez o Río Miño. Pero nace moito antes. Se un comeza a subir a montaña por riba das pedras –vertidas por unha vella que as levaba no mantelo, segundo conta a lenda– escoitará a auga por baixo dos pes. Canto máis se sube, máis mainiño é o ruxir da corrente, ata practicamente desaparecer.

  37. victor di:

    Como varía o nivel do mar segundo as glaciacións? Que lle pasará a unha praia, un cantil, unha plataforma litora, se en poucos anos o mar queda 100 m máis abaixo (115 m no apoxeo da última glaciación)?

  38. noeliag.aso.1b di:

    O nivel do mar baixa debido a conxelación e os ríos encaixanse máis porque o nivel base descende; debido a isto as praias, os cantis e os litorais convertiríanse nuns paisaxes totalmente diferentes e ata podrían estar ocupados por vexetación e animais, e os humans habitarían maís preto da costa huíndo huindo así do frio interior.

  39. maria.aso.1b di:

    Polo que eu lin, o mar baixa de nivel pola auga que está atrapada como xeo.

  40. pablo.aso.1b di:

    A situación que agora estamos a vivir, seméllase moito ao último período entre glaciacións onde o mar subiu entre 2 e 3 metros nun breve espazo de tempo. Sabíase que o nivel do mar aumentara entre 4 e 6 metros no último período interglaciar pero a maior subida foi en 1000 anos. Polo tanto, a posibilidade dunha rápida perda de xeo “confirmase” debido ao descubrimento da inestabilidade do mar fai aproximadamente 120000 anos.