Emerxendo do mar

imagen

  Os volcáns submariños son fisuras na superficie da Terra. A gran maioría encóntranse nas areas de movemento tectónico de placas coñecidas como dorsais oceánicas. Aínda que moitos dos volcáns submariños encóntranse nas profundidades do océano, algúns atópanse preto da superficie e poden formar illas.

O volcán constitúe o único conducto que pon en comunicación directa co exterior os niveis profundos da codia terrestre. É un medio para observar e estudiar os materiais líticos de orixen magmático, que representan o 80% da codia sólida. Na profundidade do manto terrestre o magma ascende pola presión  creando cámaras magmáticas dentro ou por debaixo da codia. A intensa presión produce unha erupción volcánica composta de vapor de auga, gases, cinzas, rochas e lava que son lanzados cara á atmósfera.

Existen moitos volcáns activos actualmente, sobre 36 en todo o mundo. O último caso dun volcán submariño activo foi o de Tonga, como se pode ver no video.


Esta entrada foi publicada en Tectónica de Placas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to Emerxendo do mar

  1. carmen.aso.1b di:

    Nesta zona do Pacífico, que se chama o Cinturón de Fogo, son común este tipo de fenómenos xeolóxicos, así como sismos que tamén se producen en abundancia.
    Este volcán non tiña actividade dende 1988, pero a súa erupción expulsou nubes de ceniza que alcanzaron os 15.000 metros de altura, que non é pouco. O volcán incluso podería chegar a aumentar o tamaño dunha isla ou creala unha vez que acumulación de materiais alcanzase a superficie.

  2. antia.aso.1a di:

    A pesares de ser este un tema tratado noutros post, levei unha gran sorpresa ó descubrir que as erupción submariñas tiveran tanto alcance, quero decir que o video que se adxunta a este post é increíble, xa que eu imaxinaba algo ben diferente. Como di Carmen estas erupcións o arrefriar tan rapidamente a lava que desprende pode chegar a formar illas e en moitos casos incrementar o tamaño do volcán.

  3. pablo.aso.1b di:

    Unha noticia relacionada con este tema está aparecendo ultimamente nas noticias, tratase das Illas Galápagos.Estas xurdiron de erupcións de volcáns mariños, xa que se encontra sobre unha zona caracterizada por ser a máis activa volcanicamente do planeta. Así as súas 13 illas maiores e as 6 menores xurdiron da actividade sísmica.
    Así, a ameaza de erupción do volcán “La Cumbre” periga o seu parque nacional, no que entre outras especies encontrase a iguana rosa, unha especie en extinción das cales so quedan 40 exemplares despois do seu nacemento, que calculan que foi fai 5 millóns de anos aproximadamente, o cal o convirte nun dos animais máis antigos das illas.

  4. andrea.aso.1a di:

    Estiven buscando información sobre os efectos destes volcáns e atopin algo bastante interesante.Fai uns 93 milóns de anos a actividade volcánica no fondo mariño provocou unha extinción masiva, ainda que non tan grande como a que acabou cos dinosaurios.
    A lava alterou a química dos océanos, e posiblemente tamén da atmosfera. A liberación de gran cantidade de nutrintes permitiu a proliferación de vexetales e animales.
    Despois, a descomposición dos seus cadáveres no fondo provocou que o auga perdera o seu osíxeno (anoxia), o que agravou os efectos da erupción e a descarga de CO2 nos océanos e na atmosfera.

  5. victor di:

    Semella que con este “post” están a xurdir cuestións moi interesantes que se poderían ir aclarando:
    a.- Cal é a orixe xeolóxica dos seguintes volcáns: o do video, os de Hawai, Islandia, as Canarias?
    b.- Coñecedes algún caso de erupción volcánica que afectara ao clima xeral da Terra? De que maneira afecta ao clima?
    c.- Andrea no seu último parágrafo está a falar dun concepto ecolóxico coñecido como “eutrofización”; en que consiste?
    (Non é necesario que deades resposta a todas as preguntas).

  6. maria.aso.1b di:

    c- É cando hai un incremento excesivo de nutrientes químicos nun ecosistema; é causada polos residuos agrícolas, urbanos ou industriais.

    a- O volcán de Islandia está formado principalmente por unha lava baixa en silicio, asociada co volcanismo o igual que en Hawaii.

  7. roi.aso.1b di:

    A eutrofización é cando as augas dun río, un lago ou un mar se enriquecen en nutrientes. Podería parecer a primeira vista que é bo que as augas estean ben repletas de nutrientes, porque así poderían vivir máis fácil os seres vivos. Pero a situación non é tan sinxela. O problema está en que se hai exceso de nutrientes crecen en abundancia as plantas e outros organismos. Máis tarde, cando morren, podrecen e enchen a auga de malos cheiros e danlle un aspecto nauseabundo, diminuíndo drasticamente a súa calidade.

    O proceso de putrefacción consome unha gran cantidade do osíxeno disolto e as augas deixan de ser aptas para a maior parte dos seres vivos. O resultado final é un ecosistema case destruído.

  8. angel.aso.1a di:

    Tonga
    Xeolóxicamente, as illas de Tonga son de dous tipos: a maioría teñen unha base de pedra caliza que se orixinou a partires de formacións de coral levantadas; as demais consisten en pedra caliza sobre unha base de orixe volcánica.

    Islandia
    As erupcións de lava producidas sobre o leito do océano Atlántico norte, orixinadas pola presenza dunha enorme greta hidrotermal situada sobre a unión das placas tectónicas euroasiática e norteamericana, deron orixe, fai 60 millóns de anos, á actual Islandia.

  9. juanluis.aso.1a di:

    En 1991 o volcán Pinatubo entrou en erupción. Ó erupcionar,este liberou gran cantidade de micropartículas formando o que se chama aerosol na atmosfera. Este aerosol bloqueou parcialmente a luz do sol facendo que a temperatura total do planeta baixaran, e como resultado as augas oceánicas contraéronse. Nun só ano o nivel do océano baixou seis milímetros.

  10. emilio.aso.1a di:

    Respondendo a pregunta b de victor, no ano 1991 houbo unha erupción en filipinas do volcán Pinatubo, e foi unha erupcion foi a grande escala, foi tan grande que se formou unha cadea de 2,5 km e unha columna de fume de máis de 30 km, e o que provocou unha gran inxeccion de oxido de azufre a atmósfera.
    Probocaria uns cambios moi brandes no clima xa que afectaria a composición da atmósfera.

  11. borja.aso.1a di:

    Buscando información sobre os volcáns submarinos atopei unha noticia que me chamou a atención e dicia que nestes volcáns atopouse unha fonte de ferro puro que é un dos nutrintes mais escaso e clave para a vida mariña. Chega ós océanos polos ríos o no polvo procedente dos continentes, pero tamén, sorprendentemente, flota cara a superficie dende o fondo, no material que surxe das fontes termais oceánicas.

  12. sergioa.aso.1a di:

    Respondendo á pregunta “a” de Víctor. A illa volcánica de Hawai e as de Canarias non se sabe porque se formaron. So hay unha teoría chamada teoría do “punto quente” que da explicación a aparición deste tipo de illas. Di que en zonas onde por riba do magama hai pouca codia, éste aflora e solidifícase co contacto da auga. O magama segue aflorando ata que a súa solidificación sexa o suficientemente grosa para que non saia máis (así forma unha codia máis grosa) e a veces pode chegar a solidificar a suficiente cantidades no medio do mar como para formar unha illa.

  13. victor di:

    Sergio, a orixe das illas Hawai está aceptada de forma xeral como un punto quente (que alguén o defina). Estou dacordo en que a formación das illas Canarias ten maior controversia pero aínda así hai teorías que o explican aceptablemente.
    Con respecto á intevención de Borja; onde está a maior fonte de ferro do planeta?

  14. ruben.aso.1a di:

    Respondendo á pregunta Victor:
    Un punto quente é unha zona con moita concentración de calor que provén do manto da terra. En moitos casos pode xerar magma que asende ata a superficie e que é icluso capaz de formar illas. Un exepmlo de punto quente serían as illas Hawai das que falan Sergio e Victor.

  15. lara.aso.1a di:

    Os puntos quentes son emanacións de magma profundo nun punto fixo da corteza terrestre. As raíces das emanacións poden estar a miles de Km. no interior da Terra.
    Os volcáns Hawaianos cunha profundidade de 4170m por enriba do nivel do mar e 5000m por debaixo, ata a base do océano, constitúen o maior punto quente da Terra.

  16. angel.aso.1a di:

    No ano 2000 os cinco maiores produtores de ferro do planeta eran China, Brasil, Australia, Rusia e a India, que se repartían o 70% da produción mundial

    No enlace que deixo pódese ver unha imaxe dos puntos quentes do planeta
    http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Tectonic_plates_hotspots-en.svg

  17. emilio.aso.1a di:

    Na pregunta de victor de onde se atopa a maior fonte de ferro podémola mirar por dous lados, como a mirou angel, dicindo que paises son os maiores productores, ou tamén dicindo donde se atopa o ferro ainda que sexa no interior terreste.
    No nucleo da terra temos a maior fonte de ferro xa que compon de un tanto por cento de Fe moi alto.

  18. marina.aso.1a di:

    añadindo algo maís a intervención de Ángel. Os países que dispoñen do volume de reservas de mineral de ferro máis importantes son Ucrania (20%), Rusia (16%), Brasil (14%) e China (13). Sen embargo destacar que estos países non necesariamente dispoñen das reservas de maior calidade. Brasil, por exemplo, posúe a calidade das súas reservas de ferro contido que o posicionan como o país ca mellor dotación de recursos de ferro metálico. Si ben existen máis de 50 países que producen mineral de ferro no mundo, sólo seis deles representan un 80% da produción total.

  19. victor di:

    Referiame ao núcleo da Terra como reserva de ferro. Como se orixinou ese núcleo e por que de ferro? Pode o ferro do núcleo chegar á codia terrestre?

  20. melania.aso.1a di:

    Respondendo a pregunta de Víctor. Creo que se formou hai miles de anos pola solidificación do núcleo externo que o rodeaba.
    Dise que a maior parte de ferro obtívose dos masivos choques contra a Terra de meteoritos ferrosos durante o seu enfriamento. Xunto coa súa formación a rotación deste fixo que os materiais máis pesados se concentrasen no centro.

  21. ivan.aso.1a di:

    Como di Melania, os choques dos meteoritos trouxeron ferro para a codia da terra, e como o ferro pesaba mais, axudado cos movementos da terra, afundeuse e ali concentrase a maior parte de ferro.

  22. victor di:

    O núcleo formouse cando a Terra hai 4600 millóns de anos (non miles de anos Melania e “creo” que o núcleo externo non está solidificado). Polo demais, non me respondedes á segunda parte da pregunta.

  23. pablo.aso.1b di:

    Eu creo que o ferro do núcleo non pode chegar a codia terrestre, debido a que eses materiais son máis densos cos da superficie terrestre, polo cal a gravidade impediríao.

  24. victor di:

    Pablo, hai forzas que poden vencer á gravidade; por exemplo, ti es capaz de saltar e elvarte vencendo á gravidade. Hai algunha forza que poida traer o ferro do núcleo á superficie?

  25. melania.aso.1a di:

    Tería que haber unha forza que actuase como un imán para que o ferro fose atraído por ela e conducido cara a superficie. Haina?Tes razón Víctor, erro meu o núcleo interno é o que está solidificado.

  26. angel.aso.1a di:

    A forza que atrae o ferro a superficie pode ser a forza que ten o campo magnético da Terra?

  27. maria.aso.1b di:

    Polo que eu lin si, é polo campo magnético.

  28. isaac di:

    Pero quen vos deu clase de Xeoloxía en 4º a moitos de vos? E que vos da clase de Xeoloxía en 1º de BAC?

    Polas vosas respostas habería que botalo.

    A orixe do magnetismo terrestre reside precisamente no núcleo da Terra debido ás propiedades do ferro. Teríamos que buscar a causa en algún proceso que mobilizase materiais desde capas profundas do interior terrestre ata a codia. Existe ou non algun proceso semellante? De que vai o post que estamos a comentar?

  29. ivanz.aso.1a di:

    Un proceso semellante pode ser o de vulcanismo, polo cal os magmas xerados no interior da Terra saen á superficie o que constitue unha erupción sin que se observe nelas unha periocidade.
    A causa de entrada en actividade dun volcán pode ser acumulación de gases que ao expandirsen aumenta a presión sobre o teito da cámara ata que este acaba cedendo deixando sair o magma.

  30. sara.aso.1a di:

    Eu creo que os terremotos tamén pero en menor medida poden axudar o ascenso de material do interior da Terra, xa que axuda a que o material se mova da súa posición natural, o que nun futuro nunha expulsión de gases nun volcán levaría consigo que parte de ese material que anteriormente se moveu, saíra o exterior.