Rutas científicas: CNB

Na nosa visita a Madrid tivemos a oportunidade única de visitar  o CNB (Centro de Nacional de Biotecnoloxía). A primeira parte da visita transcurríu acompañados por un bioinformático. Explicounos que no campo da bioloxía estanse a facer  moitos avances  nos últimos anos (cada medio ano duplícase a información dispoñible sobre o tema) polo que necesitan contar con equipos con moita memoria e velocidade para o procesamento dos datos, por iso usan un supercomputador (pero “caseiro”, unindo moitas placas bases). Outro dos problemas é que  deben estar ó día sobre as investigacións que, nestes temas, se están a facer a nivel mundial, pois hai outros equipos que  traballan  no mesmo e poden facer o descubrimento antes que os investigadores do CNB e, se estes  non o saben, estarían a perder o tempo e desperdiciar recursos públicos.

Despois leváronnos a coñecer o centro e, por último, houbo un coloquio con varios investigadores, onde se falou da situación científica en España e sobre como chegar a traballar neste centro. Semella, segundo o escoitado, que se trata dun traballo duro e vocacional e moitos dos investigadores non posúen traballo fixo ata que se achegan aos 50 anos.

imagen 

 

Esta entrada foi publicada en Biotecnoloxía, Novas tecnoloxías, Saídas didácticas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

15 Responses to Rutas científicas: CNB

  1. angel.aso.1a di:

    Xa que non me tocou ir á excrusión gustarianme saber sobre que estban estudando no Centro Nacional de Biotecnoloxía cando foi a excursión?, xa que dentro da bioloxía hai moitos temas.

  2. sara.aso.1a di:

    Este centro foi un dos que máis me gustou de toda a excursión, foi moi entretido, de feito puidemos ver como traballaban e ver nos mesmos a través dos microscopios como por exemplo o cerebro dunha rata, ademais explicaron todo moi ben e a explicación do bioinformático foi moi entretido e interesante.

  3. ivanz.aso.1a di:

    Esta visita foi bastante entretenida xa que nos ensinaron varias cousas. Unhas das que máis me gustaron foi cando nos meteron nun conxelador que estaba a 40ºC baixo cero, e cando nos ensinaron o superordenador.

  4. emilio.aso.1a di:

    Foi unha das saidas mais entretidas, nela mezclaronos temas da informatica coa ciencia o que fixo que se comprendera moito mellor.

    O paseo que nos deron polas instalacions foi moi interesante xa que nos falaban de todos os experimentos nos que traballaban hoxe en dia e que co paso do tempo faralles falta mais equipo cientifico, o que lles sera moi dificil de conseguir xa que outros paises como EEUU estan por diante das suas investigacions.

    A charla que nos deron o final foi o mellor xa que nos falaron cara a cara, e foi moi entretida.

  5. victor di:

    Na visita ao CNB, eu estiven con Mariña no Hospital, e non acabo de entender iso de que vos meteron nun conxelador a -40ºC; alguén mo explica?

  6. sara.aso.1a di:

    Pois eu Iván tampouco recordo iso de que nos meteran nun conxelador a 40ºc baixo cero.

  7. belen.aso.1a di:

    Eu tampouco recordo entrar nun coxelador a 40ºC baixo cero, a min esta visita gustoume pero habia veces que parecíame un pouco cansada.

  8. marina.aso.1a di:

    Eu nesta visita non estiben mais que no final e o pouco que vin pareceume interesante.
    Gustariame facela enteira pois polo que decides a parte de interesante foi entretida.
    Como e eso do conxelador? Si a alguén lle acorda agradecerialle que mo explicara.

  9. antia.aso.1a di:

    Creo que Iván enganouse á hora de redactar, o que podo sacar deso que dixo é que nos ensiñnaron un conxelador no que mantiñan esa temperatura para poder conservar sen problema os obxectos organicos que lles fixeran falta ou nos que estiveran traballando.
    Esta visita baixo o meu punto de vista foi das mellores xa que nos ensinaron como traballaban na realidade, unha das cousas que máis me impresionou foi cando nos levaron a onde tiñan o microscopio electrónico, vimos un pequeno anaco do cerebro dun rato, ensinaronnos como afectaba a gripe os organismos en vivo e en directo, foi increíble.

  10. lara.aso.1a di:

    Sen dúbida unha das mellores visitas.O que conta Antía sobre o cerebro dun rato foi realmente impresionante.Tamén me chamou moito a atención a importancia da bioinformática para a bioloxía actual; a cantidade de novos descubrimentos que hai, e como ben nos contou o biotecnolóxico que nuns meses duplicaríase o número. E a importancia tamén da bioinformática para comezar cun novo descubrimento, é impresicndible para saber si o que queres investigar non está descuberto xa.

  11. melania.aso.1a di:

    Encantoume esta visita!
    Sobre todo cando nos ensinaban cos microscopios as investigacións que levaban a cabo con ratos. Neles tamén nos facían un cambio para divisar diferentes zonas de cada mostra, onde se proxectaban diferentes luces.
    A visita foi moi entretida, o espacio tan diminuto que teñen para almacenar tanta información é impresionante. Ata gardan información a través da rede.
    Sen dúbida foi unha das mellores visitas!

  12. vanesa.aso.1a di:

    realmente foi unha das saidas que mais me gustou,no que ali estaba todo moi ben organizado e explicaron todo moi ben e dicir que se entendia por que noutro lugares nin se molestaron en falarnos cun vocabulario mais coloquial ou entendible.o cerebro do rato foi realmente impresionante o das diferentes luces para miralo de unha forma ou de outra.

  13. carolina.aso.1b di:

    pois fooi unha visita interesante non polo qu epodo ver e escoitar estivo ben e este laboratorio pois non ten mala pinta a verdade,parecenme moi ben estes posts ppois para os que non asistimos e de maior interese.

  14. karina.aso.1a di:

    baixo o meu punto de vista esta foi unha das mellores visitas que fixemos, vimos realmente como traballaban, os cerebros dos ratos vistos desde microscopios eran realmente impresionantes.

  15. ivanz.aso.1a di:

    Recalco que o que dixen non é para nada mentira porque eu estou seguro de que entrei na camara de frio. O que pasa e que eu estaba no grupo dos canarios.