Hai alguén aí?

imagen

O venres  6 de Marzo despegou de cabo Cañaveral o cohete Delta II, que leva no seu interior o telescopio Kepler I. Nesta misión, a NASA, ten como obxectivo descobrir novos planetas con condicións e tamaño semellante á  Terra e que posúan auga líquida. Esta misión pode determinar se temos veciños no Universo ou, pola contra, se somos os únicos; aínda que os cientificos da NASA xa encontraron 300 planetas e todos máis grandes cao noso. Nos 3 anos que estará Kepler en funcionamento, prevese que enfoque máis de 100.000 estrelas. A técnica que utiliza o telescopio  é moi sinxela: cando un planeta cruza diante da súa estrela, orixínase un eclipse  e isto provoca un débil escurecemento na superficie do astro.

Ademais  esta misión coincidirá co ano da astronomia, o que lle dará maior repercusión mundial.

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Novas tecnoloxías, Universo e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

36 Responses to Hai alguén aí?

  1. noeliap.aso.1b di:

    Sería moi interesante descubrir vida noutros planetas e máis agora que se estan a encontrar tantos novos. Gustaríame saber a súa forma de vida,a súa forma física,os seus costumes,coñecementos e moitas cousas máis.
    Con referencia ó Ano da Astronomía decir que o que se pretende conseguir nesta celebración e estimular o interese por esta especialidade e pola ciencia en xeral sobre todo entre os máis novos aproveitando os que fai 400 anos que se utilizou o primer telescopio para un asunto astronómico.

  2. emilio.aso.1a di:

    O de intentar descubrir vida noutros planetas esta ben, pareceme un tema interesante pero eu opino que antes de enfrascarnos en buscar vida noutros planetas deberiamos saber primeiro o que ten o noso e saber coidalo.

    O do ano da astronomia e algo bastante destacado deberiamos tocalo un pouco na clase segun a miña opinion.
    Espero que todo isto nos se aumente a curiosidade polo que temos ai fora, e que isto nos faga saber que non somos “o centro do universo”.

  3. lara.aso.1a di:

    O que move a busca de máis planetas é a curiosidade que se sinte por atopar vida humana noutros planetas,unha pregunta humana básica á que queremos poder ter a capacidade para responder.
    Despois dos primeiros dous meses de Kepler en órbita comezará a transmitir información sobre os exoplanetas que xiran en torno a máis de 100mil estrelas.

  4. angel.aso.1a di:

    Se se descobrese a existincia de outros planetas nos que nalgún poidese haber vida sería moi interesante. Seria unha noticia moi interesante, pensar que nalgún lugar do universo, que non hai nin idea do grande que é, pode haber vida e quizais parecida á nosa. Que chegará a descubrir este telescopio? Haberá que esperar para descubrilo.

  5. sergioa.aso.1a di:

    Non so se poden descubrir planetas así. Hai outro método que consiste en medir os movementos vibratorios que fai unha estrela. Se unha estrela ten planetas ó seu redor, ésta moverase xa que o campo gravitatorio do planeta inflúea cando xira. Sería algo parecido a un lanzador de martelo, o lanzador sería a estrela e o martelo o planeta.

  6. sara.aso.1a di:

    Pareceme moi ben iso de que poidamos encontar vida noutros planetas, pero se se chegase a descubrir un novo planeta con auga chegar ata el e estudalo aínda vai a tardar moitos anos, ainda que sería unha maravilla saber que non estamos sos no universo.

  7. melania.aso.1a di:

    Moi ben a nova pretensión da NASA. Creo que xa intentaran descubrir vida con anterioridade. Como ben di iván na súa entrada esta investigación cadra moi ben xa que coicidirá co ano da astronomía. Sería fabuloso descubrir outros planetas habitables que gozen da auga, un ben moi preciado. Aínda que si encontrar planetas así, non ten porque haber vida neles.

  8. ivanz.aso.1a di:

    Esta noticia pareceme bastante interesante xa que poderiamos ter veciños no universo. Agora, sería máis interesante aínda descubrir como dixo Noelia as súas costumes forma de vida etc… xa que posiblemente sexan moi distintas ás que nós temos.

  9. emilio.aso.1a di:

    Haber se se chega a descubrir algo, xa que o interes por a vida noutros planetas sempre foi moi discutido.
    Eu creo que a vida coutros planetas pode ser posible pero o que moi improbable e que aixa unha vida coma a nosa.
    Ainda asi suporía unha avance asombroso no estudio do universo.

  10. isaac di:

    Credes que obter evidencias da existencia de vida noutro planetas debe ser unha prioridade científica?

  11. sara.aso.1a di:

    Tanto como unha prioridade científica creo que non pero estaría moi ben que se investigara sobre a posible existencia de algunha forma de vida noutros planetas.

  12. angel.aso.1a di:

    Na miña opinión non debería ser unha “prioridade” científica obter evidencias da existencia de vida noutro planeta. Para min iso sería algo menos prioritario, aínda que tamén moi importante, que obter curas para algunhas enfermidades ou medios para poder mellorar a calidade de vida dos humanos.

  13. emilio.aso.1a di:

    Respondendo a pregunta de isaac creo que o decubrimento de vida noutros planetas non e unha prioridade hoxe en dia, e un tema interesante claramente, pero creo que a ciencia deberia centrarse en outros aspectos, como por exemplo a nanotecnoloxía.

  14. juanluis.aso.1a di:

    Considero que ten maior prioridade científica obter unha cura contra o cancro antes que obter evidencias sobre a existencia de vida noutros planetas. Ademais, aínda que atopemos vida noutros planetas, nadie nos di en que forma atoparemos esa vida. É

  15. juanluis.aso.1a di:

    É dicir, que podemos atopar unicamente vida en forma de bacterias, por exemplo.

  16. antia.aso.1a di:

    Estou de acordo con Emilio, sinceiramente a vida que se poda atopar noutros planetas non creo que sexa unha prioridade.
    Outra cousa que quero decir é que a vida que se poda atopar non ten que ser semellente a nosa nin moito menos. Pderiamos atopar formas de vida como os que houbo na Terra durante a súa “creación”.

  17. victor.aso.1a di:

    Dudo moito que si houbese vida noutro planeta, eses seres sexan semellantes a nós. As circunstancias que rodean á Terra son moi difíciles que sexan iguais noutro planeta. Que pasaría si o Sol estivese afastado uns kilómetros ou estivera noutra posición (por dicir algo)? Eu penso que teríamos formas diferentes ás actuais, non só nós, tamén o resto das especies da Terra.

  18. isaac di:

    Unha vez que consigamos evidencias da existencia de vida noutros planetas, incluso vida “intelixente”. Credes que sería posible establecer contacto? Que beneficios obteríamos diso?

  19. karina.aso.1a di:

    pareceme unha boa pregunta pero a verdade non sei que dicir, supoño que cos avances que hai si seria posible establecer contacto pero imaxinome que non todo o mundo. Os beneficios que obteriamos serían saber como se vive en outros planetas e que eles pudesen ver a nosa forma de vida.

  20. angel.aso.1a di:

    De descubrir que hai vida noutros planetas, saber se poderiamos establecer contacto e que beneficios se obterían eu creo que é unha pregunta que non ten resposta mentres non se descubre vida noutros planetas, xa que non se sabe (de existir) como son os seres dese planeta nin as súas costumes nin características.

  21. antia.aso.1a di:

    Respostando a cuestión que di Isaac, na miña opinión (se se descubrise vida) non creo que puideramos contactar xa que o ser totalmente descoñecido non creo que houbese forma alguna de poder intercambiar información.
    Pareceme un pouco de ciencia-ficción o de que haxa vida intelixente noutros planetas.

  22. ivan.aso.1a di:

    Seria moi dificil establecer contacto porque a evolucion de eses novos seres case seguro que non se dou nas mesmas condicions que na terra, porque que haxa auga non significa que a vida sexa identica a nosa

  23. alexandre.aso.1b di:

    Eu creo que ainda que encontremos vida fóra da terra(que o vexo casi imposible)xa que é moi difícil que se cumplan as mesmas condicións que na terra, comunicarnos con eles sería imposible,xa que si imaxinades o que encontraríamos… cada un poder ter 100 ideas.
    Pero bueno un mínimo indicio podenos levar a investigar e saber máis que iso sempre axuda a adaptarnos o medio que se encontre.

  24. victor di:

    Os seres humanos somos capaces de comunicarnos con outros seres vivos. O problema para comunicarse con outras civilizacións non está na súa natureza, senón nas inmensas distancias que nos separan delas. Canto tardaría en chegarlle unha mensaxe nosa?, e cantos anos tardaría en chegar a resposta?

  25. noeliap.aso.1b di:

    Un exemplo de mensaxe enviada ó espacio foi a de Arecibo.Trátase dunha mensaxe de radio enviada en 1974. Contén información sobre a situación do Sistema Solar,do noso planeta e do ser humano. Din que le farán falta uns 25 milenios para chegar o seu destino e outros tantos para que a resposta chegue a nós.

  26. victor di:

    Buscade información sobre unha das sondas PIONER e a mensaxe que levou ao espacio.

  27. sara.aso.1a di:

    Pero se realmente chegase non teríamos moitas esperanzas dunha resposta non?

  28. fatima.aso.1b di:

    Foi unha das primeiras sondas do programa de exploración espacial da NASA.Foi lanzada o 5 de abril de 1973 a sonda pioneer 11 e a 10 o 2 de marzo do 1972 do cabo Cañaveral.A súa misión era explorar os plenetas do sistema solar e tamén se instalaron placas inscritas con unha mensaxe simbólica informando dunha posible civilización extraterrestre,que poidese interceptar as sondas sobre o ser humano e o seu lugar de procedencia,a terra:unha especie de “mensaxe de botella”interestelar.

  29. melania.aso.1a di:

    Tiñan como misión estudar os planetas máis grandes do Sistema Solar e se houbese vida extraterrestre levan unhas placas onde terían información acerca dos humanos e do noso planeta. Pionner 10 foi o primeiro en obter imaxes do planeta Xúpiter. Tamén houbo outra sonda coñecida como Pionner 11, que está chegou ata Saturno.

  30. carolina.aso.1b di:

    iso gustariame sabelo a min ai vida noutros planetas?e si hai como son eles cantos anos leban ali?a verdade son pregunitas de dificil resposta que a min me interesan e a verdade seria interesante sabelo,pois asi poderiamos contrastar costume etc…a verdade e que me gustaria saber si hia alguen ai fora nos outos planetas.

  31. isaac di:

    Tendo en conta a inmensidade do Universo resúltame moi complicado pensar que o planeta Terra é un caso único. Supoño que ha de existir vida en outros puntos do planeta, loxicamente con formas de vida diferentes as do noso planeta, probablemente algunhas delas “intelixentes” e creadoras das súas propias civilizacións. Pero dadas as descomunais dimensións do Universo as distancias entre as distintas estrelas son tan grandes que me parecen insalvables, non só para chegar ata eles, e loxicamente que eles cheguen a nos. Creo que existe vida extraterrestre, pero non creo que poidan chegar ata aquí. Por todo isto non sou moi partidario de continuar estas liñas de investigación.

  32. maria.aso.1b di:

    Na miña opinión creo que si que existen outros planetas parecidos o noso e que incluso hai vida neles, ainda que con distintas costumes, vidas ou forma de comunicarse. Pero si algún día chegamos a conseguir descubrir outo planeta como o noso sería algo formidable.

  33. karina.aso.1a di:

    Estou de acordo con María, sería xenial descubrir un planeta como o noso, xa que igual terían outras costumes ou outra forma de facer as cousas que nos puuidesen aportar, e por suposto nos a eles…

  34. isaac di:

    Insisto en preguntar se credes que será posible contactar con outras civilizacións extraterrestres tendo en conta as distanzas existente no universo. Superados as diferencias de códigos de linguaxe, a comunicación debería establecerse a través de ondas electromagnéticas, que viaxan a velocidade da luz, pero a estrela máis próxima ao sistema solar está a 4 anos luz. Será posible a comunicación en tales circunstancias?

    Que sentido credes que pode ter esta busca?

  35. maria.aso.1b di:

    Eu creo que si, ainda que tardemos moitos anos en conseguir contactar ou dar con alguén doutros planetas aqui seguirá habendo científicos que sabrán que lle mandamos algo o espacio pa intentar contactar con outras posibles vidas.

  36. pablo.aso.1b di:

    Eu creo que as posibilidades de que existan outros seres vivos no universo son altas, tendo en conta que no universo existen millóns de galaxias, e que por exemplo na nosa existen 400 mil millóns de estrelas.
    Por outra banda, para comunicarnos con eles tería que ser a través de radio. Para iso esas civilizacións extraterrestres deben de evolucionar en intelixencia. Ligado a iso, o planeta no que habiten debe de ter un certo nivel de estabilidade para que a intelixencia poida evolucionar (a nosa existencia no planeta parece ser o resultado dunhas coincidencias astronómicas que lle deron certo nivel de estabilidade a terra).

    Pola distancia e por isto último que acabo de expoñer creo que a busqueda perde moito sentido, pero por que non?