A ciencia en dúbida

imagen

No ano 2009, cobra especial protagonismo a figura de  Charles Darwin polo segundo centenario do seu nacemento e, tamén, polo 150 aniversario do seu libro “A orixe das especies”. Coa publicación deste libro, Darwin deu lugar a unha  larga batalla que chega ata os nosos días e que, estes últimos anos, cobrou gran importancia coa nova proposta de o: Deseño Intelixente.

Nos últimos anos, en EEUU, un grupo de persoas con certo nivel académico e profesional comezaron a traballar sobre esta nova ideoloxía filosofico-científica, examinando as evidencias cientificas do Darwinismo. Os defensores do chamado Deseño Intelixente cren que a natureza está deseñada expresamente para albergar vida e que nela existen sistemas moi complexos  e inexplicables que non poden ser produto do azar. E se non hai azar, existe un propósito, unha intelixencia.

En parte, o Deseño Intelixente susténtase baixo un principio chamado complexidade irreducible; en que consiste este concepto? Trátase dunha proposta científica lexítima ou debemos considerala unha pseudociencia?

Esta entrada foi publicada en Evolución, General e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to A ciencia en dúbida

  1. noeliap.aso.1b di:

    O tema da evolución a min persoalmente pareceme que ten moito do que falar xa que me parece abraiante todo o progreso que sufriu a nosa especie.
    A complexidade irreducible que plantexa Pablo no post é un argumento que defende que a creación de distintos sistemas bioquímicos non se pode explicar mediante unha evolución gradual senón que require da existencia dun ser creador de aí que exista esta polémica entre os defensores do sistema de Darwin e dos partidarios do Diseño Intelixente.
    Os científicos afirman que o Diseño Intelixente non é máis que unha versión do creacionismo esperando convencer os intelectuais que anteriormente non foi conseguido.
    Por iso eu opino que se trata dunha pseudociencia.

  2. carolina.aso.1b di:

    A complexidade irreducible consiste en explicar que a orixe da complexidade e a orde na natureza serían a obra deliberada dun axente intelixente. que serve para explicar a teoria do deseño intelixente.

  3. emilio.aso.1a di:

    Tema bastante importante e moi relevante xa que ainda que haixa probas cientificas moi claras segue habendo xente que nega esta evolucion, sexa a traves da relixión ou doutros medios.

    Respecto a pregunta creo que a complexidade irreducible como ben dixo Noelia, e o que apoia a orixe e a evolución do universo, da vida e a do ser humano ou sexa o deseño intelixente.

  4. sara.aso.1b di:

    A información que atopei sobre este tema di que a complexidade irreducible é un argumento desarrollado polo bioquímico Michael Behe para apoiar o diseño inteligente.Defende que a organización de certos sistemas bioquímicos non sería explicable por unha evolución gradual ou por partes que sería incompatible co seu funcionamento;de ahí deduciriase que non se pudieron formar polos mecanismos propostos dende Charles Darwin.O argumento da complexidade irreducible da unha certa interpretación de estos cambios,para explicar que o orixe da complexidade e do orden na naturaza serían obra deliberada dun axente inteligente.Esta argumento é unha das partes para explicar a teoría do diseño inteligente,a outra é a complexidae específica.

  5. victor.aso.1a di:

    Pois eu penso que a evolución dalgunhas especies foi un pouco ó azar, eso si, mellorando as súas cualidades para sobrevivir no seu medio. Por exemplo cando se divideron os continentes houbo especies que soportaban un medio concreto e ó moverse eses continentes algunhas especies morreron e outras tiveron que evolucionar para sobrevivir a outro novo ambiente.

  6. gema.aso.1b di:

    O post de Pablo no aniversario de Darwin,fai unha “homenaxe” á teoría que este científico defendía,en contraposición cos estudosos (como por exemplo Michael Behe)que se inclinaban polo deseño intelixente,que argumentan a súa postura e sitúan a aparición da vida por obra de Deus na relixión Cristiana.

    Eu personalemente inclínome máis pola creación e evolución non pola complexidade irreductible,nin nos principios que sosteñen os da proposta do diseño intelixente que me parece,como dixo Noelia no primeiro comentario unha pseudocencia.

    Creo que este post chegará a ter bastantes comentarios,e resultaría moi atractivo para poñelo no foro,aínda que algo complexo á hora de intentar falar do tema,pero interesante en definitiva.

  7. emilio.aso.1a di:

    Estou contigo victor pero os continentes movianse e movense a velocidades extremadamente e lentas, claro, afectan aos seres vivos pero creo que outros cambios como cambios atmosfericos como pode ser unha glaciacion afectan mais que o movemento dos continentes.

  8. ramon.aso.1b di:

    Non estou de acordo con Gema no de que este tema pode ser complexo para comentar nun foro. Dende este punto podemos facer unha chea de camiños e unha chea de opinións distintas e incluso se pode facer pensar a xente que nunca se planteara isto.Así que dende aquí ánimo aos profesores a que engadan este tema ao foro do Instituto.

    E en canto ao tema a tratar, eu tamén penso que se trata dunha pseudociencia, outro intento de facer crer nese “algo”, por suposto tan respetable como a ciencia en si, pero ao meu ver totalmente unha cousa sen sentido.

    E como di Víctor tamén creo que a evolución tivo ese “algo” de azar, porque creo que si por exemplo os continentes non se separasen e se movesen do xeito que o fixeron moitas especies (o mellor incluídos nós) non serían o que son.

  9. gema.aso.1b di:

    Ra,referíame a que o tema era adecuado para subir ó foro,pero que para min,este tema sobre a ciencia e o desenvolvemento de Darwin pareceme máis complexo á hora de comentar,se xa amosaches anteriormente a túa opinión persoal sobre o tema a diferencia de outras entadas anteriores(igual non me explique ben)

    As especies tivéronse que ir adaptando ó seu medio de vida,co paso do tempo.Este cambiaba por diferentes circunstancias científicas demostradas,non só por mero azar.

  10. victor di:

    Que diferencia unha ciencia dunha pseudociencia?

  11. noeliap.aso.1b di:

    A diferencia está en que a pseudociencia é un conxunto formado por supostos coñecementos,metodoloxías,prácticas ou crenzas en calquer caso non científicos que buscan o recoñecemento como tal todo o contrario da ciencia que se define como un coñecemento racional,exacto e verificable.

    Eu defino o Diseño Intelixente como unha pseudociecia posto que son unhas crenzas que buscan unha credibilidade dende o meu punto de vista sen fundamento.

  12. sara.aso.1b di:

    A ciencia é o coñecemento sistematizado,elaborado mediante observacións,razonamentos e probas metódicamente organizadas.E a pseudociencia é o conxunto de supostos coñecementos,metodoxías,prácticas ou creencias non científicas.

  13. uxia.aso.1b di:

    Ó meu parecer a Deseño intelixente tamén é unha pseudociencia, pois non ten nada onde apoiarse. Claro que é totalmente respetable que hai quen considere seriamente esta crenza pero na miña opinión os descobrementos científicos falan por si solos e non deixan lugar a dúbida: para min é totalmente improbable que exista ou existise un ser o suficientemente poderoso como para ser a orixe do universo.

  14. ramon.aso.1b di:

    Para engadir algo máis que pode ter ou non importancia pseudociencia provén da palabra grega pseudo(falso) e ciencia, de ahí que se diga que a pseudociencia sexa unha “ciencia” que só se basa en coñecementos, metodoloxías, crenzas, mitos, incluso se chegan a lendas… como ben di Parracho.

    A pseudociencia busca que se recoñeca como unha ciencia, pero isto non é posíbel xa que a ciencia é un coñecemento certo das cousas polos seus principios e causas.

    Moitas teorías vixentes na actualidade foron consideradas pseudociencias no pasado. Unha delas foi a da deriva continental.

  15. pablo.aso.1b di:

    As pseudociencias están moi presentes na actualidade, sobre todo nas revistas e na televisión. Por exemplo a futuroloxía convértese nun gran mercado grazas a necesidade das persoas de coñecer o futuro, ou outras pseudociencias que investigan o paranormal que están a crear dunhas suposicións todo un gran mercado que move moitos cartos e goza de gran propaganda nos medios de comunicación.

  16. isaac di:

    Hoxe en día ten moitas máis posibilidades de éxito un programa de televisión sobre pseudociencias que un programa serio sobre ciencia, seguro que coñecedes algún exemplo do primeiro. Iso por non falar a cobertura que se lle da nos medios a auténticos charlatáns que viven de estafar a inxenuos e incautos a través de liñas 906.

  17. romina.aso.1a di:

    A pseudociencia en España comezou cun programa chamado Más allá no ano 1976, estes programas tratan sobre a existencia de poderes sobrenaturais máis alá da psicoloxía científica. Actualmente convertiuse en algo que parece inseparable de este medio de comunicación.

  18. victor di:

    E xa seguindo nesta liña de argumentación, que diferencias existen entre a astronomía e a astroloxía? E algunha unha pseudociencia?

  19. noeliap.aso.1b di:

    A astronomía é a ciencia que se ocupa de estudar os diferentes corpos celestes en todos os seus ámbitos como os seus movementos por outro lado a astroloxía defínese como un conxunto de crenzas que pretende adiviñar o futuro das persoas mediante a posición e o movemento dos astros.
    A astroloxía pode considerarse como unha pseudociencia ou non dependendo do grado de crenza que teñan as diferentes persoas nesta “deducción” do futuro
    Para min é considerada claramente unha pseudociecia posto que non creo nisto.

  20. angel.aso.1a di:

    Para min a astroloxía é unha pseudociencia, xa que persoalmente non creo que se poda adiviñar o futuro, xa que é algo que pode cambiar continuamente, con calquera decisión que se tome.

  21. sara.aso.1a di:

    A astronomía para min tamén é unha pseudociencia como ben di Angel o futuro non se pode predecir, todo depende das diferentes situacións e decisións que tomemos.

  22. sara.aso.1b di:

    A astronomía é unha ciencia que estuda todo o relacionado cos corpos celestes(os seus movementos,e os fenómenos ligados a eles).Mentres que a astroloxía é un coxunto de crenzas que pretende predicir o destino das personas no futuro.
    Eu considero a astroloxía como unha pseudociencia xa que no futuro sucederá o que teña qe suceder,non se pode predicir.

  23. victor di:

    A astroloxía é unha seudociencia porque non se apoia en nada demostrable cientificamente.