Púidose evitar?

 

imagen

Fai uns días lin nun xornal unha noticia que me chamou a atención. Dicía que a construcción do encoro de Zipingpu, puido provocar o terremoto de Sichuan (12/05/08). O enxeñeiro dicía que o terremoto máis devastador en China en tres decenios puido ser provocado pola acumulación de auga neste encoro construído sobre unha falla.

imagen

O encoro Zipingpu encóntrase a 500 m da falla que sufríu o cabalgamento e a 5,5 km do epicentro, unha falla que producíu unha ruptura de 300 km. O enxeñeiro explicaba tamén que un encoro é un factor que pode cambiar a relación espacio-temporal para o desencadeamento dun seísmo. As datas de construcción, enchemento e evacuación coinciden tamén con actividade sísmica. Zipingpu comezouse a construir no 2001 pero a auga empezou a acumularse tres anos antes do seísmo, do 2004 ó 2006. Ao estar xusto enriba da falla producíuse un filtrado e un periodo de acumulación, por iso o temblor non se producíu cando a presa comeza a encherse senón posteriormente.


Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais, Tectónica de Placas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to Púidose evitar?

  1. juanluis.aso.1a di:

    Se a causa dese terremoto foi a acumulación de auga nese encoro,está claro que contruilo foi un gran erro. Estos erros son os nos fan aprender para non volver a cometelos de novo.

  2. victor di:

    Parece ser que a auga actúa como un lubricante nas fallas que están sometidas a presión, aumentando as posibilidades de que se produzan terremotos. Non quere dicir que non se poidan construír encoros, senón que non son adecuados en determinados lugares.
    Que propoñedes para evitar problemas deste tipo?, coñecedes algún caso “semellante” en Galiza?

  3. andrea.aso.1a di:

    A sismicidade inducida tamén é unha hipótese admitida na serie sísmica de Lugo. Cando na primavera de 1997 se produciron diversos movementos sísmicos na zona de Belesar, sitouse un triángulo afectado que atinxiría Becerreá, Triacastela e Sarria. En A Nosa Terra o xornalista Gustavo Luca informou desta posibilidade como “terrorismo científico”. A hipótese foi admitida co tempo como unha base de estudo importante para explicar os movementos que se veñen detectando na área desde 1965.

  4. victor di:

    Moi ben Andrea.
    Un terremoto orixínase sempre nunha zona de gran tensión asociada a fallas. Está claro que os sismos da zona luguesa están asociados a dierentes sistemas de fallas; pero como se crea a tensión ou presión sobre esta zona?

  5. beatriz.aso.1a di:

    Encontrei unha noticia sobre un caso semellante en Galiza, no actual proxecto do lago da mina das Pontes.Porque hai que dicir que existe unha falla no lugar que ocupa a mina,e que se extende en 55 kilómetros, pode ter actividade e pode provocar terremotos.En canto se encha o oco de auga, debido á presión hidrostática, pode lubrificarse a falla e provocalos.E polo tanto pode producirse algo semellante o ocurrido no encoro de Zipingpu.

  6. isaac di:

    Teño que comezar por dicir que o tema contemplado neste post paréceme moi interesante, porque, como iremos vendo, ten moitísimas vertentes. Tamén felicitar a Andrea e Beatriz polo nivel dos seus comentarios.

    A orixe de todo isto pode estar na urxencia que ten China en explotar distintas fontes de enerxía para manter o seu elevadísimo ritmo de crecemento económico, o que lle fai eludir unhas mínimas precaucións e incluso pasar por riba dos dereitos humanos. Os resultados, máis alá do terremoto, ahí están.

  7. noeliap.aso.1b di:

    E ninguén pode impedir que China realice estas explotacións? si se determina que é a causante da catastrofe sería bo iporlle unha indemnización ou algo que lle faga ver que antes de construír debese analizar todos os pros e contras da situación que se realizará pero a verdade e que á economía so lle interesa medrar sen ter en conta todo o demáis. Deberíanse establecer unhas medidas por seguridade.

  8. victor di:

    Noelia, China no seu territorio é soberana á hora de realizar as súas infraestructuras. Hai moitos condicionantes que fan que China teña que crecer de xeito moi acelerado e polo tanto sen as garantías mínimas de seguridade en diferentes aspectos.
    Que tipo de estudio previo requeriría a construción dunha infraestructura como un encoro?
    Un encoro para explotación hidroeléctrica ten unha duración indefinida?
    Que impactos ambientais teñen este tipo de construccións?

  9. alexandre.aso.1b di:

    Según teño leido para facer unha obra destas dimensions antes teñen que facer un estudio de factibilidade, desde investigacións básicas como xeoloxía e sismoloxía ata demografía, según lin son moitas probas as que hai que pasar para construilo, desde logo estes problemas débense a un mal planteamiento do encoro, ó meu pensar esta xente non ve mais que a rentabilidade que lle poden sacar e nn se fixa nas consecuencias que pode acarrear un mal planteamento, ademais estes encoros teñen un mantemento e non me qero imaxinar que mais pode suceder senon se controla isto.

  10. victor di:

    Alexandre tes razón en parte. Non debemos esquecer que o ter en conta os sistemas de fallas na construcción de encoros é aínda algo que está en período de investigación. Temos que supor que cando fixeron este estudio si realizaron previamente un estudio xeolóxico e que non consideraron a posibilidade de activación das fallas pola auga almacenada.

  11. pablo.aso.1b di:

    Un dato curioso e que España é o segundo país con máis números de encoros do mundo, dos cales a metade ten máis de 40 anos, polo cal supoño que non teñen unha duración definida, aínda que construír minicentrais hidroeléctricas é máis barato e permite unha mellor xestión da auga.
    Moitos destes encoros non seguen as normas e instrucións para o proxecto, polo seu elevado custe.

    Pero a parte de producir o 20% da electricidade total do mundo, estes encoros ocasionan danos irreversibles como a perda de biodiversidade, a erosión do solo, ou tamén depositando sedimentos na cola dos embalses empeorando o nivel da auga.

  12. carolina.aso.1b di:

    Pois eu penso que se este terremoto foi provocado pola construcción deste encoro e polo tanto pola acumulacion de auga,pois e que non se debeu pensar ben se o encoro estaba ben ou mal situado. Penso que estas cousas debense de mirar ben nun principio para que logo nonpasen estas cousas.

  13. victor di:

    Todos os encoros teñen un tempo determinado de funcionamento, pois rematarán por encherse de sedimentos ata que apenas poidan acumular auga suficiente para seren rentables.
    Pablo fala de que os encoros producen perda de biodiversidade nos ríos; como se pode explicar isto?

  14. sergioa.aso.1a di:

    porque un encoro divide un río en 2 partes para os animais, por dicilo de algún modo, a parte de arriba e a parte de abaixo e en case ningún momento se pode traspasar esa barreira. Os salmóns por exemplo necesitan subir ó nacemento do río para desovar, se non suben non desovan. Ademáis o encoro cambia o cauce do río e a velocidade da auga que son uns factores que tamén poden influir na biodiversidade

  15. ramon.aso.1b di:

    Tamén hai que ter en conta que antes de constuír un encoro, teñen establecido por lei que se debe facer un estudio do impacto medioambiental que podería causar dita presa.
    Aparte tamén deben tomar medidas medioambientales minimizadoras exhaustivas, e dicir tomar unha serie de medidas para contrarrestar ese impacto como réximens de caudais ambienties, restauración e proteción dos hábitats, redución da contaminación térmica, paso para peixes dunha parte do encoro a outra… con todo isto pódese reducir o impacto medioambiental considerablemente.

    Logo a WWF (Worl Wildlife Found, portal adicado internacionalmente a conservación da natureza) esixe que todos os novos encoros se proxecten con un caudal ecolóxico que reproduza a variabilidade natural do caudal co fin de soster os sistemas ecolóxicos de auga doce e os medios de vida asociados a concas e deltas dos ríos.

  16. noeliap.aso.1b di:

    A biodiversidade augas abaixo podría sufrir tamén algún tipo de efecto,debido á máis que probable regresión de humidales e lagos laterais unha vez que o encoro esté construido.
    Numerosas poblacións de animais e plantas podrían perderse se non se adoptan as medidas conservacionistas adecuadas.
    A alteración do fluxo do río por parte da presa producirá tambén efectos significativos sobre a biodiversidade acuática como ben di Sergio, afectando especialmente ós peixes migratorios pero tambén a outras especies acuáticas, como o delfín do Yangtzé.
    E por último cómpre destacar que o vertido de substancias tóxicas ó río supon unha ameaza adicional.

  17. victor di:

    En referencia ao que di Ramón con respecto ao “caudal ecolóxico” quero contarvos un caso aquí en Galiza. O Rio Xallas é o único de Europa continental que desemboca nunha fervenza. En dito río hai actualmente tres encoros e o último está construído antes de dita fervenza co cal esta so é visible os domingos e festivos do mes de agosto de 1 a 2 da tarde (saltáronse a lei e non deixaron caudal ecolóxico).

  18. victor di:

    Por certo, como se transforma a enerxía hidráulica do encoro en enerxía eléctrica?

  19. noeliap.aso.1b di:

    Cando o Sol quenta a Terra,ademáis
    de xerar correntes de aire, fai que a auga dos mares,principalmente,se evapore,ascenda polo aire e se mova cara as montañas para logo caer en forma de choiva. Esta pode colectarse e reterse nos encoros. Parte desta auga almacenada liberase para que mova as élices dunha turbina conectada cun xerador de enerxía eléctrica.

  20. noeliap.aso.1b di:

    E con referencia ao “caudal ecolóxico” decir que nun artigo que lín poñía que a Xunta de Galicia tacha ese sistema de erróneo e insuficiente e que sería bo poñer en práctica outros sistemas que non lle permitan ir os constructores á obención rápida de cartos pero o malo e que estas medidas seguen sen aplicarse.

  21. isaac di:

    O concepto de caudal ecolóxico se refire ao caudal mínimo que garantice o mantemento da comunidade de especies que forman o ecosistema. Non é un caudal concreto, senón que variaría estacionalmente. Existen diferentes técnicas para determinalo, pero na práctica a maior parte dos ríos galegos non teñen determinado o seu caudal ecolóxico en todos os seus tramos, e de forma xeral aplícase o criterio do 10% do caudal medio anual. Pero o máis curioso de todo isto é que non existe un control moi exhaustivo desta medida por parte da administración, o exemplo que vos puxo Víctor é moi significativo. Outro moi próximo a este foi o que ocorreu o pasado ano no encoro da Fervenza, a ver que topades sobre este caso.

  22. noeliap.aso.1b di:

    En canto o encoro da Fervenza citase en numerosas páxinas o desastre que este causou xa que debido ó feito de vaciar este encoro moitas troitas atoparon a morte. A empresa que o realizou foi indemnizada con 600.000 euros pola Consellería de Medio Ambiente.

  23. isaac di:

    Noelia, Indemnizada ou sancionada?

  24. noeliap.aso.1b di:

    Agora que o mencionas no artigo pon sancionada…pero non entendo a diferencia entre os dous termos.

  25. karina.aso.1a di:

    a verdade e que é un pouco complexo marcar a diferenza entre eses dous termos pero se mal non recordo indemnizada seria dar algo , cartos normalmente, a unha persoa por algún dano que sufriu, e sancionada unha multa ou pena dalgún tipo que se lle pon a alguén por facer algo que está prohibido.

  26. isaac di:

    Se a empresa, neste caso Ferroatlántica, foi indemnizada pola Xunta quere dicir que esta pagoulle á empresa por algún prexuízo que a administración lle causara. O correcto sería dicir que a Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, impuxo unha sanción de 600.000 € a Ferroatlántica pola mala xestión do encoro da Fervenza, primando a producción hidroeléctrica por riba do mantemento do ecosistema fluvial do Xallas. A día de hoxe non teño noticia de que se levara a cabo este pago.

    Resumindo, ser indemnizado supón cobrar cartos, ser sancionado supón pagar cartos, dito doutro xeito, ser multado.