Rico, rico

En biotecnoloxía a manipulación, en moitos casos, non afecta unicamente á xenética.

 Monsanto é unha multinacional que empezou no 1901 dedicada á química e que dende entón converteuse en empresa líder en biotecnoloxía no ámbito agrícola. A páxina mostra a súa grande dedicación e contribución para solucionar os problemas que ameazan ao noso planeta, pero hai outras lecturas e  no seu currículo actuacións que non lle interesa divulgar. 

É responsable da produción da maioría dos PCBs no mundo, principal subministrador do “axente laranxa”, creador da rBGH (cando o goberno xa levaba anos comprando excedentes de leite para evitar a caída dos prezos), e o seu último producto estrela é un herbicida (Roundup) non selectivo e por suposto as sementes transxénicas resistentes (soia, millo…). 

Implicada con frecuencia en procesos xudiciais por comercializar produtos sen cumprir o período de probas, por violar normas de etiquetado (respecto a protección dos traballadores que manipulan os herbicidas, caracteristicas dos produtos…), envío de mostras manipuladas a organismos gubernamentais preparadas para que non se detecte contaminación, ocular resultados de estudos, etc.. o pago de grandes indemnizacións non deixan de ser o único custo para a empresa e isto supón ben pouco comparado cos beneficios que esas actuacións lle reportan. 


Esta entrada foi publicada en Alimentos transxénicos, Biotecnoloxía, Recursos naturais, Xestión sustentable da Terra. Garda o enlace permanente.

19 Responses to Rico, rico

  1. sara.aso.1a di:

    Pois é moi triste que coas cousas que descobren que por non seguir probando, e por ocultar datos que teñan que estar a pagar esas multas e ainda asi que os seus beneficios sexan moi superiores o que pagan polas multas. A verdade iso que comenta a muller no video é real, moitas veces non sabemos nin o que comemos.

  2. ruben.aso.1a di:

    E non solo nos afecta a nós a hora de consumir, se non que os campesiños que teñen a súas terras ao lado de monsanto salen tamen perxudiciados, xa que os fertilizantes utilizados por monsanto matan os seus cultivos, despois de eso só lles quedan dúas opcións ou venderlle a súa terra a monsanto(por iso non para de crecer e ampliar os terreos) ou cultivar eles mismos soia para que non lles morran os cultivos. Respecto a nós, eu hoxe en día non sei o que como pero espero que os alimentos pasen un exame mais ou menos duro antes de chegar ao mercado…

  3. antia.aso.1a di:

    Estou totalmente de acordo con Sara, a maioría das veces nin sequera se mira se o alimento está caducado ou non!Imaxinade a gran cnatidade de porquerías que estamos introducindo no noso corpo sen sabelo sequera.

  4. roi.aso.1b di:

    Como non. unha empresa punteiro… As empresas, canto máis grandes son, máis lles importa gañar é gañar diñeiro, a costa do que sexa… Non van a perder tempo (e diñeiro) en probas que retrasen a venta e os beneficios, aínda que poida ser perxudicial para a nosa saúde. Desgraciadamente, como ben se di no vídeo, moitas veces non sabemos nin o que comemos, e estamos en mans do que poidan facer empresas coma esta…

  5. pablo.aso.1b di:

    Cando buscas información sobre esta empresa en internet, moitas noticias xiran entorno a 2 produtos moi polémicos da empresa: Unha hormona chamada Posilac, que estimula a produción de leite nas vacas, co cal perturba o ciclo natural do animal, permitindo manter artificialmente o ciclo de produción de leite da vaca. Outro produto polémico é o Roundup, un herbicida a base de glisofato que pode ser canceríxeno para a nosa saúde, e que é o herbicida máis empregado no mundo.

  6. lara.aso.1a di:

    Durante a fabricación dos PCBs aparecen as dioxinas, pode contaminar o organismo humano a través da cadea alimentaria. Algunhas dioxinas están recoñecidas conmo canceríxenas para o home , outras provocan malformacións, trastornos endocrinos e hormonais.
    O peor de todo é que non temos nin idea do que estamos comendo cando compramos algúns produtos…

  7. noeliap.aso.1b di:

    Esta claro que o único obxectivo é vender sen ter en conta os efectos negativos que todo isto pode provocar en nós e nos animais.

  8. isaac di:

    Hai pouco máis dunha semana foi entrevistado no programa da Cadena SER, por Genma Nierga e Juan José Millás, o representante para España e Portugal de Monsanto na súa división de biotecnoloxía, Carlos Vicente. Sorprende a actitude a defensiva, cando non secretista, ante preguntas bastante simples. Este comportamento non fai máis que aumentar a desconfianza ante as estratexias comercializadoras desta empresa. Pode ser que o futuro pase necesariamente polo uso de tranxénicos, pero hoxe en día é evidente que falta transparencia. Por que?

    Aínda que a entrevista é un pouco longa podedes escoitala a través deste enlace: http://www.cadenaser.com/actualidad/audios/seguros-transgenicos/csrcsrpor/20090306csrcsr_14/Aes/

    Xulgade vos mesmos.

  9. carmen.aso.1b di:

    Según lín na páxina de Greenpeace, en xullo de 2008, un modelo de maíz transxénico desta empresa foi prohibido en Austria despois dunha nova avaliación dos datos que presentou a empresa biotecnolóxica para conseguir a autorización. Comentase que a nova avaliación dí que non debeu aprobarse nin para sembra nin para consumo humano e animal, xa que as ratas cas que fixeran os experimentos presentaban altos índices de toxicidad elevados no fígado e os riles.

  10. pablo.aso.1b di:

    A entrevista o representante de Monsanto está a ser moi cuestionada en moitos blogs precisamente pola desconfianza que trasmite ante preguntas tan simples.Cando lle preguntan se a empresa garda algunha relación ca ministra de ciencia e innovación este garda silencio,pero despois di que “non ten ningún sentido”, cando parece ser que a actual ministra era a presidenta da Asociación Española de Bioempresas, unha asociación pro alimentos transxénicos da cal forma parte tamén Monsanto.

  11. andrea.aso.1a di:

    Buscando información sobre este tema encontrei unha noticia que dicea que unha familia campesiña de paraguay levara a xuízo a esta empresa, Monsanto, pola morte dun rapaz rociado con roundup.
    Paréceme demasiado ata donde poden chegar por obter o que queren sen preocuparse sequera pola saúde das persoas. Como non fagan algo por paralo… Pero non é de extrañar si hai tempo ocultaron durante cincuenta anos que o producto DDT era canceríxeno (prohido actualmente).

  12. karina.aso.1a di:

    Parece mentira que nos tempos nos que estamos aínda ocorran estas cousas, o que haberá que facer de ahora en diante será ser máis desconfiados e mirar sempre a fecha na que caducan os alimentos.

  13. isaac di:

    Karina, por suposto que sempre hai que ver a data de caducidade, iso é obvio, pero tamén habería que ver os ingredientes, aínda que en moi poucos casos no etiquetado informan sobre se empregan ou non tranxénicos, e moito menos sobre os tratamentos con plaguicidas ou herbicidas, que tamén debería ser obrigatorio.

  14. sabela.aso.1a di:

    Estou totalmente de acordo con Isaac, creo que debería ser obrigatorio que se informara sobre os procesos, ingredientes e tratamentos aos que se encontran sometidos os productos que comemos. Na miña opinión as indemnizacións que ten que pagar a empresa deberían ser máis grandes…para que non lles fora rentable violar as normas.

  15. gema.aso.1b di:

    Mentres que os productos fabricados por calquera empresa estean no mercado,e a súa fabricación,sexa menor que a súa venda e se obteñan ganancias os controis de elementos perxudiciais son innecesarios dende o punto de vista das grandes multinacionais que crecen cada día con estas vendas.Mirar a data de caducidade e os gramos que contén un alimento de graxas ou ácidos que son malos para o corpo é algo o que debemos estar máis habituados a facer.Isto recordame á pelicula que vimos onte,pero con alimentos en vez de auga.As empresas minten ós consumidores para sacar o máximo partido… Debería haber xente especializada,máis Erin Brockovichques que detectasen estas alteracións e as demandase xuridicamente para rebaixar e acabar cos abusos das empresas alimenticias,que inflúen na vida dos campesiños que cultivan e viven das súas terras agora contaminadas e en nós mesmos.

  16. sara.aso.1b di:

    Con casos coma estes próbase que as empresas o único que queren e obter beneficios sin máis.Está claro que a hora de comprar temos que mirar a fecha de caducidade e tamén deberíamos votarlle unha ollada os ingredientes cos que se fábrica ese alimento.A xente cando vai comprar eu penso que no dos alimentos non se paran moito a mirar e informarse,e aínda que fora así as empresas moitas veces ocultan os verdadeiros ingredientes ou parte de eles,o que están a facer é mentindo ós consumidores e sacar o máximo partido posible ós productos.

  17. victor di:

    Hai empresas de todo tipo pero Monsanto é especialmente conflictiva á hora de realizar determinado tipo de actuacións e sería un mal exemplo para xeneralizar a outras.

  18. julieta di:

    Hola a todos, pareceume moi interesante, e ademáis eu máis unhas compañeiras no noso colexio estamos realizando un travallo de investigaión relacionado coa alimentación, a vosa informació serviranos de axuda.
    Os invitamos a que veñades a ver o noso blog.

  19. victor di:

    Ola Julieta, gracias por deixar a túa opinión no noso Blog. Encantarianos visitar o teu pero non nos dis cal é. Se nos facilitas a dirección visitarémolo proximamemte.
    Un saúdo