Como enfriar o planeta

 

Todos estamos preocupados polos efectos do cambio climático, pero que pasará cando empece a elevarse o nivel do mar? Manhattan, Venecia e moitas cidades da costa desaparecerán provocando mortes e migracións masivas. Aquí suxiro tres formas, un pouco extremas, de como enfriar o planeta para poder evitar ese desastre:

1. Abonar o placton:

imagen

O placton, como calquera planta atrapa C na fotosíntese co cal reduciría o CO2 da atmosfera. Para que crecese o placton engadiríanse micronutrintes á auga , en especial Fe. Isto ten varios inconvenientes, pois demostrouse que o placton  crece, pero non se sabe a onde vai a parar o CO2 producido (se o fondo do océano ou á atmosfera). Outro problema é que non se sabe como afectaría o Fe aos demais eslabóns da cadea alimentaria (como o krill que come plancton , ou as baleas que comen Krill).

2. Simular erupcións volcánicas:

imagen

Cando hai grandes erupcións coma o do volcán Pinatubo en 1991, que emitíu á atmosfera cantidades inxentes de SO2 , a temperatura media global baixa. Se o fixeramos artificialmente estariamos contaminando aínda máis, pero xa emitimos máis de 50.000.000 Tm de SO2, co agravante de que como quedan retidas en capas baixas da atmosfera aféctanos considerablemente (matan 500.000 personas ao ano segundo a OMS). Se introducimos o SO2 na estratosfera non nos afectaría e enfriariamos o planeta, o inconveniente é que o enfriamento non sería regular e podería cambiar o patrón de choivas e, o máis importante, retrasaría a recuperación da capa de O3.

3. Nubes máis brillantes:

imagen

A luz solar que é reflectida polas nubes  depende da superficie de gotas de auga que forma a nube; canta máis superficie, máis radicación é devolta ao espazo. Para estimular este proceso poderianse “regar´´ as nubes utilizando agua de mar . O inconveniente é que resulta caro  porque se necesitarían miles de barcos dirixidos por satélite con altos cilindros que servirían de velas e aspersores á vez.

Semella que a forma máis simple para baixar a temperatura global sería que colaboremos todos en reducir as emisións de gases invernadoiro e así non ter que chegar a estes extremos,  porque tan só reclicando ou duchándonos en vez de bañarnos, estaríamos axudando a resolver o porblema do cambio climático.

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Catastrofes naturais, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to Como enfriar o planeta

  1. noeliap.aso.1b di:

    Sería interesante non ter que chegar a utilizar eses métodos para combater o cambio climático e poñer un pouco da nosa parte reducindo as emisións de CO2 pois estes días (aínda non entrada a primavera) xa estamos tendo unhas temperaturas moi altas.

  2. juanluis.aso.1a di:

    Como di o último parágrafo,o que temos que facer e deixar de contaminar tanto, reducir as emisións de CO2, aproveitar os recursos con moderación e non ter que chegar a facer explosionar volcáns(cousa que me parece bastante perigosa).

  3. pablo.aso.1b di:

    Con estas propostas parece que dan por imposible un cambio de mentalidade nas persoas. De todas maneiras, ultimamente estanse a investigar moitas propostas de este tipo, por exemplo formulouse encher con CO2 os baleiros do petróleo ou converter o CO2 en pedra xa que este reacciona cunha pedra chamada peridotita, e convertese en carbonato cálcico. A peridotita é moi abundante no manto terreste, e varias empresas están levando a cabo proxectos piloto.

  4. victor di:

    Aquí propóñense actuacións extremas pero con respecto ao que di Pablo, estes últimos anos nos medios de comunicación estanse a propor a posibilidade de utilización de “trampas de CO2”; en que consisten estas trampas?

  5. antia.aso.1a di:

    As trampas de CO2 das que fala Víctor son capaces de eliminar 100g de CO2, non é rexenerable, e o recheo está formado por NaOH mezclado cun tamiz molecular. Esta reacción produce H2O.

  6. victor di:

    Aclarade mellor a información que aporta Antía e describide algún exemplo de trampa de CO2.

  7. ramon.aso.1b di:

    Para comezar estou totalmente de acordo con Pablo, aínda e todo según o que pon na entrada estas solucións tamén acarrezan consigo outro tipo de problemas e altos custos, polo que o que se debería facer é que todos colaboremos un pouco no intento de frenar o cambio climático.

    E en canto a pregunta de Víctor, non estou moi seguro pero un deses exemplos sería o soterramento de CO2, ben bombeandoos en xacementos vacíos de petróleo ou gas natural que parecen ser os máis seguros. Pero isto ten o seu incoveniente, un coste moi alto.

    Logo tamén lin que a captura de CO2 en centrais térmicas non é viábel na actualidade. E onde lin isto plantéase unha cuestión. É viábel gastar grandes sumas de dinheiro en proxectos de investigación e prototipos de captura de CO2 ou mellor gastar iso en producir enerxías alternativas?

  8. victor di:

    É certo o que di Ramón.
    E de poder realizar algunha das opcións que vos propón Jose María; cal das tres vos semella máis viable?, por que?

  9. juanluis.aso.1a di:

    Ainda que non me gustan moito as opcións eu quedaríame ca última opción. Os motivos de escoller esa é que é a que menos danos parece que poida producir a nivel ecolóxico. Ademais parece que o único inconveniente é economico.

  10. ramon.aso.1b di:

    Pois a verdade non vexo moita viabilidade entre ningunha das tres dende o meu punto de vista, mais se hai que escoller algunha pois decantaríame pola 1ª xa que as outras dúas tenhen máis inconvenientes do que pode ter a 1ª.
    Pero sigo pensando no avance que s eproduciría en canto o retroceso do cambio climático se todos colaborasemos un pouco así que me quedo coa conclusión final de Jose.

  11. victor di:

    Refírome a cal vos semellaría máis factible.

  12. isaac di:

    Nos últimos anos xurdiron moitas destas solucións “milagreiras”, estas tres en concreto parécenme pouco viables, os niveis de fitoplancto son moi variables e difíciles de controlar (polo que eu sei depende máis do fósforo que do ferro). A erupción do Pinatubo provocou en arrefriamento, pero creo que a causa foi a emisión de cinzas en grandes cantidades ata niveis altos da atmosfera que impediron parcialmente a entrada da radiación solar, ademais o SO2 produce chuvia ácida. Pulverizar as nubes con auga de mar, aparte do seu custe económico, habería que saber que enerxía se empregaría, por que si son combustibles fósiles, o gañado polo perdido.

    Outra alternativa ten que ver coas ofiolitas, a ver que topades sobre iso.

  13. borja.aso.1a di:

    Informeime sobre o tema e descubrin que o goberno alemán autorizou abonar o mar con Fe para frenar o cambio climático. Fixoo en dúas xornadas sobre unha superficie de 300m cadrados do atlantico esparcindo 20 toneladas de sulfato de ferro.
    Tamén queria aclarar que na miña opinión a mais factible é esta a primeira posto que é a que menos inconvenientes lle vexo.

  14. ramon.aso.1b di:

    As ofiolitas son trozos de antigua corteza oceánica que foron empuxados hacia a corteza continental. Dannos una visión única dos procesos que tenhen lugar baixo o nivel do mar na dorsais de extensión.

  15. josemaria.aso.1a di:

    No post falase da OMS que é e a que se adica?

  16. lara.aso.1a di:

    A OMS é a organización Mndial da saúde e preocúpase como o seu nome ben indica pola saúde da poboación, o dióxido de xofre dana principalmente as vías respiratorias, tanto superficiais como interiores, causando enfermidades como asma, bronquitis, larinxitis, etc.

  17. josemaria.aso.1a di:

    Encontrei outra solucion para o problema de enfriar o planeta, é parecido as nubes .
    Consiste en plantar cultivos (a nivel mundial)
    de maior albedo ( coeficiente de reflectividade solar) ainda que con esta solucions tamen habera problemas , como que alguns cultivos podan facer desaparecer os cultivos foraneos , ou se se planta estes cultivos poden pasar algo parecido o dos bioscombustibles ( a subida dos precio dos alimentos). Tamen se esta estudar a modificacion xenetica destes cultivos para consequir maior albedo

  18. josemaria.aso.1a di:

    Por certo haber se podedes encontrar novas solucions para enfriar o planteta

  19. maria.aso.1b di:

    Pódese enfriar simulando unha erupción volcánica, o que faría seria que botariamos a atmosfera dióxido de azufre, outra forma de enfriar a Terra seria, abonar o placton o cal reduciría a emisión de Co2.
    Esta información e do periódico El Pais.

  20. isaac di:

    Maria, precisamente ese é o contido da entrada de Jose, o que ti fas é mencionar a fonte.
    Por certo, Jose eres o autor da entrada ou o moderador do blog?

    Para rematar, volvo a recordarvos o das ofiolitas como almacén de CO2, a ver que atopades.

  21. josemaria.aso.1a di:

    Como dixeron que tamen contaba publicitar a entrada para o premio o mellor blog , eu estou intentando que os meus compañeiros se animen a ver a entrada pola aparicion de novos comentarios e estimulalos a traballar.

    Por certo Isaac o SO2 produce tamen chuvia acida cando se introduce na estratosfera ?

    Eu creia que a chuvia acída formabase nas capas baixas da atmosfera cando o SO2 ou os oxidos de nitroxeno reaccionan co vapor de auga para formar acidos

  22. isaac di:

    A práctica totalidade dos fenómenos atmosféricos ocorren na troposfera, pero os óxidos de nitroxeno e xofre que se atopan na estratosfera poden precipitar cara capas baixas da atmosfera se se adhiren ao que se chaman núcleos de condensación, normalmente pequenas partículas de po. Por outra banda, os óxidos de nitróxeno e xofre reacionan co ozono estratósferico, sendo unha das causas da súa desaparición, polo que esta medida e desvestir a un santo para vestir a outro. Ademais está a cuestión da enerxía consumida para levar a cabo estas medidas de xeito artificial, o que suporía máis emisións de dióxido de C. A auténtica solución está en contaminar menos.

    Polo demais, Jose, está ben que defendas o teu post a través dos comentarios, pero iso non significa dirixir o debate. Debe preguntar quen vaia avaliar.