3…2…1… tsunami


 

Un tsunami é unha serie de ondas xeradas cando a auga da superficie dun oceáno desprázase rapidamente a escala masiva. Os derrubamentos (do xeo nos glaciares ou de terra na beiramar) as erupcións volcánicas (terrestres ou submarinas) ou un gran meteoríto posúen o potencial de xerar un tsunami, pero o 90% deles son provocados por terromotos e, nese caso, reciben o nome de tsunamis tectónicos.

A enerxía dun tsunami depende da súa altura (amplitude de onda) e da velocidade de traslación. A enerxía total descargada sobre unha zona costeira tamén dependerá da intensidade do terremoto.

Este tipo de vagas removen unha cantidade de auga moi superior ás ondas superficiais producidas polo vento. Un tsunami tectónico producido nun fondo oceánico de 5 km de profundidade removerá toda a columna de auga desde o fondo ata a superficie.

O desprazamento vertical pode ser tan só de centímetros pero, de se producir a suficiente profundidade, a velocidade será moi alta e a enerxía transmitida á onda será enorme. Aínda así, na alta mar a onda case non se aprecia xa que queda diluída entre as ondas superficiais. Con todo, destacan pola falta de tranquilidade do fondo mariño, que se axita en toda a súa profundidade.

imagen

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais, Tectónica de Placas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to 3…2…1… tsunami

  1. angel.aso.1a di:

    Un post moi interesante, persoalmente sempre me gustaron os tsunamis, aínda que cando hai un que chega a terra arrasa con todo o que se atopa no seu camiño. Creo que unha das maneiras de saber se se aproxima un tsunami e mirar a auga que hai na praia e se esta retrocede moi rapidamente é que algún tsunami se aproxima. É verdade?

  2. juanluis.aso.1a di:

    Si que é verdade. Eu vira un documental sobre o tsunami que destruira zonas costeiras da India, Sri Lanca, Indonesia e Tailandia entre outros países afectados; e a verdade é que me pareceu incrible como un terremoto que se produce no interior do mar pode producir ondas de tal tamaño. Se podedes ver ese documental estou seguro de que quedaredes impactados.

  3. emilio.aso.1a di:

    O tema dos tsunamis sempre foi un tema moi interesante.

    Sempre tiben a curiosidade de saber se se podian detectar antes de que ocorreran.

    Cando foi do tsunami de Sumatra escoitara algo de que se podia evitar e que se detectara algo como movementos sismicos pero que o final non se lle fixeran caso e que acabou ca desgraza de miles de mortes.

    Hai algo para poder detectalos antes de que acontezan?

  4. isaac di:

    Os tsunamis non sempre avisan con unha retirada repentina do mar na costa, iso depende da morfoloxía do fondo e, en todo caso, iso ocorre xusto antes da súa chegada, polo que non se produce con suficiente antelación como para levar a cabo unha evacuación. Pero si existen en algúns oceanos sistemas de alerta de tsunamis. Onde? Como funcionan? Cal é a súa fiabilidade?

  5. sabela.aso.1a di:

    Respondendo a pregunta de Isaac, hai un sistema de alerta de tsunamis no Pacífico. O sistema utiliza 69 estacións sísmicas, 65 estacións mareográficas… Cando o sistema detecta un terremoto (cunha magnitude suficiente para que a alarma se poña en marcha, maior de 6,5 na escala de Richter) o personal da estación interprétao e envialle os datos ao Centro de Alerta de tsunamis do Pacífico. Tamén hai outro sistema de alerta de tsunamis no Índico, que se compón de redes maréográficas, sismográficas, sensores de presión en augas profundas…

  6. melania.aso.1a di:

    Creo que eses sistemas se sitúan no Océano Índico. Están colocados nas zonas máis sísmicamente activas. Consiste en sensores de presión e boyas de comunicación.
    O primeiro encárgase de recoñecer os cambios bruscos de presión na auga, logo envían unha señal os segundos que envían mediante via satélite os resultados os centros infliltrados. A súa fiabilidade non é moi precisa, polo que non podemos afirmar que todos os resultados que se recollan sexan certos.

  7. maria.aso.1b di:

    Na miña opinión creo que os tsunamis xeranse sobre todo nos lugares donde as placas téctonicas se moven máis, xa que son producidas por estas.Formanse porque as augas despois do movemento das placas intentan volver a estabilizarse pero non o consiguen.

  8. antia.aso.1a di:

    O tema dos tsunamis é un tema moi interesante, xa que é increible o efecto que poden chegar a ter un movemento de placas tectónicas, un tsunami, un terremoto, erupcións volcánicas…
    Os tsunamis poden chegar a alcanzar alturas vertixinosas e a súa forza é superior en moitos sentidos. Estiven vendo un documental do tsunami de sumatra e é catastrófico.

  9. pablo.aso.1b di:

    Tamén cabe dicir, que en España non estamos exentos dos tsunamis debido a nosa posición xeotectónica (zona de colisión das placas eurasiática e africana ). Por exemplo en 1755 un terremoto sacudiu Lisboa, e chegou a costa de Cádiz en forma de tsunami con olas de 12 a 15 metros de altura. De feito, Emilio Carreño (director da rede sísmica española) asegura que ese suceso pode repetirse en 2205, xa que o período de retorno deses procesos estimase en 450 anos.

  10. ramon.aso.1b di:

    No que respecta a España tamén se di que as costas españolas e portuguesas deberían contar cun sistema de detección de tsunamis, para prever as posibles consecuencias dun movemento sísmico mariño orixinado en zonas de riesgo como o surleste español. Isto dixoo o cartógrafo catalán Xavier Goula. A zona máis perigosa de España atópase entre Xibraltar e as Azores donde existe un límite de placa que foi o que orixinou o terremoto de Lisboa que comentou anteriormente Pablo, este mismo terremoto alcanzou Cádiz e Huelva.
    E como curiosidade na mesma noticia onde lin isto tamén di o investigador Georgenos Díaz Montexano que leva anos defendendo que a illa que Platón describe no Atlántico como as Atlántida desapareceu por mor dun tsunami tamén, basándose en escritos que afirmaban daquela que se producira un gran sismo.

  11. isaac di:

    Adiantóuseme Pablo, xa que a miña seguinte pregunta iba na mesma dirección que o seu comentario. Efectivamente, a raíz do tsunami do Índico houbo voces en favor da instalación dunha rede de alerta de tsunamis no Atlántico (semellante a que, como ben di Sabela existe no Pacífico), sobre todo tendo en conta o terremoto de Lisboa de 1755, así chamado porque foi nesta cidade onde causou maoires danos, pero sobre todo polo tsunami e o incendio posterior. En calquera caso, o epicentro deste terremoto non se localizou na capital portuguesa. Sabedes onde?
    Por outra banda, os períodos de retorno son valores puramente estatísticos, se refiren ao promedio dos lapsos de tempo transcorridos entre fenómnos deste tipos de intensidade semellante, polo que dar unha data non ten un valor nin tan sequera orientativo.
    Por último, e non é a primeira vez que o digo, a Atlántida non é máis que un mito, non existe a máis mínima evidencia arqueolóxica, documental e moito menos xeolóxica da súa existencia. O “investigador” que mencionas no teu comentario non é máis que un falso científico e ese tampouco e o seu nome real (Non todo o que esta nos libros, nin en internet, nin o que din os profes é certo).

  12. ramon.aso.1b di:

    Isaac dixen a modo de curiosidade, nada máis, simplemente para amenizar un pouco isto si non imos bos…

  13. romina.aso.1a di:

    Respondendo á pregunta que formulou Isaac, o epicentro do terremoto de Lisboa foi no sudoeste do Cabo San Vicente que se atopa no sudoeste de Portugal.

  14. isaac di:

    Efectivamente, Romina, aínda que historicamente falamos do terremoto de Lisbos, a súa orixe estivo a centos de quilómetros, do que podemos deducir que a maior parte do dano veu provocado pola onda xigante e non polo tremor de terra.

    Xorde entón a pregunta: estamos libres na nosa costa dun fenómeno deste tipo?

  15. pablo.aso.1b di:

    Aínda que en Galicia a probabilidade de que haxa un tsunami é baixa, o risco existe. Sobre todo incrementase estes anos, xa que xogamos cun factor sorpresa que é o cambio climático, que está a xerar cambios nas correntes atlánticas que poden xerar furacáns (como por exemplo o furacán Gordon que se formou co ascenso das temperaturas do atlántico). De todas maneiras o Atlántico non é un océano en expansión, como é o Pacifico.

  16. victor di:

    E a actividade volcánica das Canarias podería producir un tsunami que afectara as nosas costas?

  17. ramon.aso.1b di:

    Buscando información sobre a pregunta de Víctor atopei este video que nos mostra unha posíbel e futura erupción na illa de La Palma nas Canarias. No video explicanos como se desprende unha porción da illa e como provoca un gran tsunami. Que se desprenda dita porción disque ven provocada pola agua retida da chuvia no solo do monte. E nesa posíbel erupción por causa da lava a auga quentaríase provocando así o desprendemento de dita proción. E logo de que se provocase dito tsunami as illas Canarias quedarían asulagadas, tamén afectaría a costa de África nuns cuantos minutos e en 12 horas aprox. chegaría a Ámerica afectando Estados Unidos, as Illas Caribe… 20 km terra adentro enchería de auga este tsunami.

    http://video.google.es/videoplay?docid=808807486002586910

  18. victor di:

    Credes que ese posible tsunami de orixe volcánico afectaría moito a Cambados?

  19. ramon.aso.1b di:

    Pois a verdade e que non sabría contestar ben a isto, pero creo que tendo en conta que o tsunami viría do sur e cunha direccion máis ou menos diagonal a colisión sería primeiro con portugal o cal perdéría forza creo eu.

    Agora ben, se a Cambados chegase un tsunami pois afectaríalle pero en menor medida que a O Grove por exemplo… xa que este frearianolo. Dalgún xeito protéxenos, aínda que pouco, tendo en conta de que a auga se introduce kilómetros na terra.

  20. noeliag.aso.1b di:

    Eu tampouco teño moi clara a miña idea pero penso que aínda que afectaría antes a outros pobos como ben di ramón , en caso de que chegase a Cambados tamén podería causar bastantes estragos porque é un pobo medianamente pequeno e dentro do que cabe con bastante zona costeira polo que eu penso que levaría por diante un gran número de casas por non decir todas.

  21. pablo.aso.1b di:

    Según teño entendido,se un tsunami se achegase a nosa costa, a nosa ría provocaría un efecto “embudo” que canalizaría as olas e aumentaría o seu tamaño ao estar atrapado entre paredes, co cal o efecto sería aínda maior.

  22. gema.aso.1b di:

    Se o tsunami proviñera das Canarias perdería bastante forza ó chegar ata portugal pero se alcanza Cambados ó ser un pobo mariñeiro,preto do mar, aínda que o tsunami fora pequeno as olas deste inundarían e ocultarías as casas cercanas,e parte do interior pois a distancia e o nivel do mar comparado coa terra aquí é escaso.

  23. victor di:

    As ondas dos sunamis en alta mar pasan desapercibidas porque apenas acadan os 90 cm. Cando chegan á costa e a profundidade diminúe é cando a onda acada toda a súa dimensión e provoca os efectos destructivos característicos.
    Cambados está bastante protexido por situarse no interior dunha ría e ademais posúe barreiras naturais como o istmo da Lanzada que o separa do océano.