VPH


 

O virus do papiloma humano, ou papilomavirus humano (VPH) comprende un grupo de máis de 80 tipos de virus. Chámanse papilomavirus porque poden causar espullas, ou papilomas, que son tumores benignos. A cantidade de mulleres infectadas polo chamado cancro de colo de útero só vai por baixo do cancro de mama . Diferentes tipos de virus de papiloma humano causan as espullas comúns que crecen nas mans, nos pés, na boca e na área xenital. Dos máis de 80 tipos, existen máis de 30 que teñen a capacidade de infectar o tracto xenital.

Estes virus de papiloma humano xenitais poden pasar dunha persoa a outra a través de contacto sexual. Algúns  poden causar espullas que aparecen ó redor dos xenitais, tanto en homes como en mulleres. As espullas xenitais son  coñecidas como condilomas acuminadas e están xeralmente asociadas con dous tipos de virus do papiloma, o número 6 e o número 11. En USA e Europa, a infección xenital por VPH é a enfermidade de transmisión sexual máis frecuente: un tercio das mulleres de menos de 20 anos con relacións sexuais teñen a infección no colo uterino. A enfermidade ten a peculiaridade de que non manifestar síntomas e  o varón é un portador sen lesións visibles.

Esta entrada foi publicada en General, Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to VPH

  1. andrea.aso.1a di:

    Paréceme moi interesante xa que é algo que está moi presente nas nosas vidas e o que é moi importante no noso corpo. Estiven buscando as posibilidades de que este tumor benigno chegue a ser canceroso, este virus é unha das causas principais do cancro de colo de útero.
    Os tipos de virus máis importantes de papiloma humano, transmitidos sexualmente, asociados có cancro en homes e mulleres causan crecementos que normalmente asemellan planos e son case invisibles, comparados coas verrugas causadas polos HPV-6 y HPV-11 ( virus de “baixo resgo” porque raramente se converten en cancro).

  2. victor di:

    Hai poucos días, en Valencia, houbo problemas coa vacina para evitar esta enfermidade en mulleres; que sabedes disto?

  3. victor.aso.1a di:

    Pois en Valencia duas rapazas foron ingresadas polas reaccións á vacina do virus do papiloma. Pénsase que o lote da vacina coa que foron suministradas estas rapazas estaban en mal estado, polo que abriuse unha investigación para determinar cal era este lote e retiralo do mercado para evitar máis casos.

  4. carmen.aso.1b di:

    Dúas nenas valencianas ás que se lle suministrou a segunda dose desta vacina experimentaron efectos adversos, polo que o Ministerio de Sanidade e Consumo suspendeu temporalmente a administración dun lote da vacuna.
    Neste caso concreto, a alerta xurdiu no hospital Clínico Universitario de Valencia, ao detectarse unha serie de síntomas en dous menores ás que se lles suministrou a segunda dose deste preparado e que tiveron que ser ingresadas.
    Haberá que esperar a coñecer os resultados das análises, aos que foron sometidas as dúas menores, para averiguar por que se produciron eses efectos adversos: mareo e perda de consciencia.
    O Ministerio de Sanidade e Consumo anunciaba trala inmovilización deste lote de vacinas que as Comunidades autónomas continuarán, con absoluta normalidad, o proceso de vacinación fronte ao virus do papiloma humano con doses doutros lotes diferentes ao relacionado cos dous casos.
    Paralelamente, o laboratorio fabricante desta vacina iniciou unha investigación xunto co Ministerio de Sanidade e Consumo

  5. pablo.aso.1b di:

    É unha enfermidade máis común do que pensamos, de feito calcúlase que máis do 50% das persoas sexuais activas están ou estiveron contaxiadas debido a grande frecuencia de circulación dos virus, o cal fai que se produzan as infeccións e as infeccións múltiples debido tamén, ao gran número de virus.
    o único caso no que se produciría o cáncer, e se os virus son de tipo asociado a esta enfermidade, e sitúanse nas capas profundas da pel e nas mucosas xenitais, co cal acaban por aparecer lesións precanceríxenas, que se non son eliminadas cirurxicamente evolucionan ata o cáncer.

  6. antia.aso.1a di:

    O outro día falando cunha amiga, esta comentoume que a súa nai padecera cancro de colo de útero e que o día de hoxe nada máis que vai facer revisións, con isto quero dicir que ademáis de coa vacina este cancro a pesar do sue alto nivel de afectadas, ten unha alta porcentaxe de mulleres que o superan.

  7. victor di:

    As vacinas son sistemas de prevención de determinadas enfermidades; como actúa unha vacina no organismo?

  8. maria.aso.1b di:

    provoca unha resposta de ataque, denominada anticorpo.

  9. victor di:

    María, a resposta que aportas non aclara nada; hai que ampliala e mellorala.

  10. carmen.aso.1b di:

    Ao organismo inyectase xérmenes de esa enfermidade que foron tratados no laboratorio para facelos inofensivos, ou casi inofensivos, pero que bastan para estimular a produción de antiporcos específicos que lle farán adquirir inmunidade.

  11. sara.aso.1a di:

    Decides que a vacina é unha gran solución, capaz de eliminar o contaxio, que nun futuro podería converterse en cancro, pero nas noticias aínda comentan o das rapazas de Valencia que presentaron sintomas contradictorios o tratamento, tratase dun caso pouco común ou a posibilidade de que isto ocurra é frecuante? E se é frecuente existe algún outro tipo de solución a parte da vacina?

  12. antia.aso.1a di:

    Cando se sufre unha infección, o organismo reacciona producindo unhas substancias chamadas anticorpos, que nos protexen frente a futuras infeccións. As vacinas hacen que el organismo elabore anticorpos sen ter que padecer a enfenmidade.

  13. carmen.aso.1b di:

    No comentario anterior quería decir “anticorpos”.

  14. victor di:

    Por que algunhas vacinas vanse poñendo en varias doses ao longo dos anos?
    Se xa padeceches determinada enfermidade é necesario que te vacines para non tela de novo no futuro?

  15. gema.aso.1b di:

    O longo da nosa vida temos que someternos a vacinacións.Cada unha ten un periodo de inxección cando chegas a unha idade determinada.Esta razón dase porque cada enfermidade é máis frecuente cunha idade que con outra,ós 14 anos tes máis condicións e perigo de poder padecer o virus do papiloma que con menos idade.Se padeceches unha enfermidade antes,e puxeches unha vacina para minimizar os efectos da enfermidade,creo que non a volves a ter (polo menos no caso da varicela)

  16. victor di:

    Moitas das vacinas necesitan “reforzos”. ¿Que significado ten este concepto?

  17. pablo.aso.1b di:

    Pois que ese reforzos aportan máis anticorpos, xa que co tempo moitas vacinas van perdendo anticorpos progresivamente, co cal chegado a un punto precisa dun reforzo( normalmente este período e de varios anos ). De aí que exista un calendario de vacinacións no que xa se rexistra o período de reforzo dunha determinada vacina.

  18. victor di:

    Aclaremos unha cuestión: unha vacina consiste na introdución no noso organismo do axente (antíxeno)que produce unha enfermidade (virus ou bacterias tratadas para que non sexan moi “agresivas” con nos).
    Cando nos introducen ese antíxeno extraño para o noso organismo, un tipo de glóbulo branco elabora uns elementos (anticorpos) que destruirán a eses antíxenos.
    As vacinas funcionan permitindo que nos adiantemos á posible enfermidade (método preventivo). Estamos preparados de antemán para enfrontarnos a ese axente productor da enfermidade pois xa o coñecemos e, en caso de encontralo, fabricaremos rapidamente anticorpos (un tipo de proteinas) contra el.

  19. dolores di:

    Non sei se a pregunta de Sara se refire a este caso en concreto, ou fala da vacinación en xeral. Igual que en outros casos, aqui tamén hai diferencias de opinión con respecto ao uso das vacinas e a se producen normalmente ou non efectos secundarios. Se queres buscar algo podoche dicir que xa polo 1890 un grupo importante de médicos publicaron un manifesto en contra deste tipo de prevención e neste século, volveuse a producir unha declaración similar. Se seguichedes o caso destas rapazas tamén nos medios houbo declaracións de especialistas en contra, argumentando a fase na que está a investigación da vacina e a probabilidade de padecer a enfermidade. En relación a unha solución alternativa creo que o único que nos queda e responsabilizarnos da nosa saúde procurando reforzar o do noso sistema inmunitario.

  20. victor di:

    As vacinas, primeiro próbanse en animais de laboratorio e posteriormente en humanos voluntarios. Se funcionan, comeza a utilizarse comercialmente; neste período poden aparecer reaccións non esperadas porque a mostra humana é moito maior que a que se utilizou no período de probas.
    Un neno ao nacer carece de defensas inmunitarias como para facer fronte a un novo medio por el mesmo e as vacinas son necesarias para que a maioría deles sobrevivan. De non ser así a mortalidade infantil sería moito maior pois, de feito, desde que se aplica un calendario de vacinación a mortalidade infantil diminuíu en gran medida e ista é unha das grandes diferencias entre países como o noso e os subdesenvolvidos.

  21. isaac di:

    No caso de Valencia falta por determinar se se tratou dunha partida contaminada ou defectuosa desta vacina, ou unha precipitación á hora da súa aplicación. Pero en calquera caso non podemos poñer en dúbida a eficiencia das vacinas na prevención e erradicación de enfermidades. A primeira vacina descuberta foi a da viruela, xa no século XIX, e retirada do calendario de vacinas nos anos 80 do pasado século unha vez que se considerou erradicada. A esta mesma situación está a punto de chegar a polioimielite, enfermidade que afecta ao sistema nervioso e provoca a inmovilidade das extremidades inferiores, que nos últimos anos só apareceron casos illados en África, onde precisamente vai máis retrasado o plan de vacinación.
    Todo tratamento ten os seus riscos, pero poucas estratexias se demostraron máis efectivas que a vacinación na prevención de enfermidades.

  22. karina.aso.1a di:

    A min este tema pareceme de moito interese, xa que a todas nos nos importa estar sás e poder ter todos os medios necesarios para a nosa saúde. As de Valencia a verdade foi un caso podese dicir extrano, pero a verdade e que me da algo de desconfianza chegado a certo punto, esperemos que teñan eficacia!