Nova Arqueoloxía

A día de hoxe xa non fai falla ir de expedición para localizar un xacemento. A utilización de satélites que a través de imaxes infravermella ou ultravioleta permite identificar cambios na vexetación  e na topografía que indican un xacemento arqueolóxico soterrado. Os datos do satélite compleméntanse coa tecnoloxía especialmente xeoeléctrica, facendo prospeccións xeoeléctricas ou xeomagnéticas sobre o chan e  medindo  o seu eco. Pódese identificar deste xeito se as estructuras soterradas son restos humanos ou dunha antiga cidade. Unha vez retirada a terra úsanse  escáneres tridimensionais que realizan un barrido láser do xacemento no que se poden captar ata 4 millóns de puntos, pasando estes datos a un ordenador é posible reconstruílo en ata cinco dimensións. Como vedes, as novas tecnoloxías o poñen todo máis fácil e conséguese un menor gasto de tempo e recursos. Isto é o que chamamos Intelixencia Artificial (IA), e non se trata de substituír ao propio arqueólogo senón de que unha máquina nos axude a interpretar o xacemento con maior precisión. 

A Intelixencia Artificial está involucrada en temas como Robótica, Sistemas Expertos, etc. Tamén comprende a diferentes ramas de estudio: Enxeñería, Computación, Física, Medicina, Filosofía…


Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.