Sementando incertidume

imagen

A soia tranxénica irrumpe no corazón agrario de América do sur dende os anos noventa, ocupando xa máis da metade da área local. Uruguay é un país que dedica unha gran área de cultivo para a soia. Este producto non se ve afectado por ningún herbicida, crece adecuadamente nos campos proporcionando alimentos en abundancia. Pero non todo son consecuencias positivas, senón que a maioría resultan negativas e evidentes para os habitantes cercanos a calquera plantación de soia. Entre os habitantes do lugar hai dúas formas de pensar: uns confían nela para potenciar a economía da xente (as grandes empresas) en cambio outros están atemorizados (poboación cercana e agricultora) polos diferentes efectos descubertos nas investigacións feitas,  que aseguran que si este problema non cesa os cauces dos rios estarán contaminados, os solos degradados, desprazando a comunidades enteiras, problemas de saúde: tanto alerxias coma enfermidades, desaparición de animais acuáticos, terrestres e insectos, alteración do seu mesmo habitat…
A soia RR é resistente ó glifosato (un herbicida moi extendido e comercializado en moitos paises) pero este destroza ós cultivos dos arredores, dos campesiños que viven das súas colleitas.

Na miña opinión é necesario actuar de inmediato pedindo o cese da expansión dos cultivos tranxénicos e etiquetando os productos que os conteñan. Do mesmo xeito, os políticos deberían informarse e meditar as decisións en torno á soia que marcarán, irreversiblemente, o desenlace e evolución do país en cuestión, neste caso Uruguay, un pais pioneiro neste problema.


Esta entrada foi publicada en Alimentos transxénicos, Biotecnoloxía, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.