Érase unha vez…

Fai case xa un ano, un volcán chamado Chaitén obrigou a evacuar case a 4000 persoas que vivían nun pobo a 10 km de distancia. A noite anterior, algo se temía, posto que se sentiran un 60 temblores de mediana intensidade. Os cidadáns mantíñanse alonxados da auga pois se a lava coseguise desxear calquera curso, acabarían arrolados polas grandes riadas. En numerosas localidades a visibilidade era practicamente nula por causa da cinza, asi que quedaron a escuras igual que cada unha desas persoas que teñen que compaxinar a súa vida coas posibles erupcións dos volcáns, que dende tan preto poden ver e sentir e que se por desgracia este consegue desfacer nuns segundos todas as pertenzas que, pouco a pouco ó longo da súa vida, conseguiron quedarían na rúa sen un medio do que sobrevivir, sen un fogar… sen nada.


Chaitén leva un tempo sen dar sustos, pero o medo non cesa…

Esta entrada foi publicada en Catastrofes naturais, Tectónica de Placas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

31 Responses to Érase unha vez…

  1. ramon.aso.1b di:

    Vivir preto dun volcán non debe ser moi agradábel. Sobre todo se dito volcán non está dormido. Un fenomeno da natureza tan perigoso como é unha erupción volcánica devasta cidades ou o que lle venha por diante, e xa na antigüidade o fixo como por exemplo nas cidades romanas de Pompeia e Herculano, deixando petrificadas a decenas de persoas. Agora grazas aos medios dos que disponhemos as evacuacións son moito máis rápidas do que podían ser no 79 despois da nosa era.

  2. lara.aso.1a di:

    Penso que ninguén debería de vivir preto dun volcán, manter unha distancia polo menos mínima sería o lóxico e adeucuado , pois o máis normal é que morran de afogamento polos fumes.A temperatura con que sae o magma dende o interior da terra determina a cantidade de gases que acompañan á lava, a súa fluídez e densidade e son moi elevadas polo que non é de estranar que destrúa un pobo que se atope na linde do volcán. ¿E que vas facer contra estas catástrofes? Como non quites a túa casa de aí o volcán non se vai mover.

  3. pablo.aso.1b di:

    Pois parece ser que no mes de febreiro rexístraronse temblores no volcán, que voltou reactivarse. Parece ser que se desprendeu parte do “domo” do volcán (material sólido que se forma dentro do cráter). De todas formas, a actividade do volcán non se compara ca do ano pasado.

    Como di Ramón vivir preto dun volcán non é moi agradable, pero a pesares diso 30 persoas aínda habitan en Chaitén.

  4. victor di:

    Pódese formar un volcán en calquera parte do mundo?

  5. angel.aso.1a di:

    O máis normal é que os volcáns se formen nos bordes das placas tectónicas

  6. victor di:

    En calquera tipo de bordo? E si non hai bordo, pode existir un volcán?

  7. angel.aso.1a di:

    Se non hai bordo tamén pode existir un volcán, primeiro o magma a gran temperatura encontre fuisuras no terréo e no seu intento por saír a superficie acumúlese creando así unha cámara de magma. O magma vai ascendendo polas distintas fisuras que vai encontrando no terréo ata que finalmente o aumentar moito a presíon producese unha grna explosión e o magma consegue crear unha saída principal, o cráter e a lava que sal do interior da Terra vaise acumulando nas ladeiras do volcán facendo que este aumente o seu tamaño.

  8. belen.aso.1a di:

    Soamente nos bordos de subdución, xa que é o lugar onde duas placas chocan, a máis densa introducese baixo a menos densa.
    Se non hai bordo, pode haber volcáns de intraplaca.

  9. victor di:

    Ángel, o magma non só busca fisuras senón que funde a rocha encaixante ata saír á superficie. Aclarade máis o dos puntos quentes ou volcáns intraplaca.
    Belén, en Islandia hai volcáns, é esta illa unha zona de subducción?

  10. isaac di:

    No mundo hai moitas illas de orixe volcánica que son auténticos paraísos nos que seguramente non poñeríades ningún reparo en vivir alí, falemos por exemplo da Illa Grande de Hawaii. Por outra banda, os terreos volcánicos evolucionan a solos moi fértiles, polo que é normal que estean habitados, asumindo o risco que supón vivir nas proximidades dun volcán.

    Ademais a distancia moitas veces non asegura estar libre das consecuencias dunha erupción, senón buscade información sobre o que son os lahares.

  11. lara.aso.1a di:

    Os lahares son fluxos rápidos,ás veces catastróficos de mesturas de partículas densas de rocha e auga, que flúen nos volcáns.Ocurren cando as inundacións de auga por fortes choivas ou desbordamentos de lagos se mesturan con fragmentos de rocha volcánica. Poden causar a morte de miles de persoas.

  12. nuria.aso.1a di:

    A illa de Islandia non é está situada nunha zona de subdución, pero sí está situada nunha zona de alto grao de sismicidade e vulcanismo, porque a illa é unha parte da dorsal que está emerxida, é dicir por riba do nivel do mar.

  13. victor di:

    Como observo nos vosos comentarios pode haber volcáns nas zonas de subducción, nas dorsais oceánicas ou en zonas interiores de placas tectónicas.
    Existen outros tipos de bordos de placa onde se poidan xerar volcáns?
    Todos os volcáns producen o mesmo tipo de lava e posúen a mesma estructura?

  14. pablo.aso.1b di:

    Existen moitos tipos de volcáns, nomearei algúns dos máis importantes:hai volcáns de tipo hawaiano, de lava fluída e sen desprendementos gasosos. De tipo estromboliano, que a diferenza do anterior este ten fortes desprendementos gasosos. De tipo vulcaniano, que desprende gran cantidade de gases dun magma que se solidifica con rapidez e de tipo peleano de lava viscosa e igual que os vulcanianos solidificase rapidamente provocando un efecto tapón que despois vese rebentado polos gases.

    Tamén existen diferentes tipos segundo a súa estrutura: Caldeiras, erupcións fisuriais, domos de lava, e chimeneas volcánicas.

  15. borja.aso.1a di:

    Hai dous tipos de estructuras volcánicas:
    En escudo(volcáns de pouca altura e que orixinan efusións de lavas moi fluidas)
    e Estrato-volcáns(son máis altos e teñen os típicos cono e crater caracteristicos dos volcáns,os productos volcánicos son arroxados pola chimenea e depositados nas inmediacións deste).

  16. victor di:

    Islandia é un volcán; como describiriades o seu edificio volcánico?
    Os volcans Hawaianos son un perigo para a poboación próxima?

  17. noeliap.aso.1b di:

    Os volcáns agrúpanse segundo a súa erupción é os de erupción de tipo hawaiano son dos que menos peligrosidade presentan pois a lava e fluída e non conta con desprendementos gaseosos.

  18. ramon.aso.1b di:

    Sempre se corre risco ao vivr preto dun volcán creo eu… e como ben di Parracho os volcáns hawaianos son uns dos menos perigosos e dos máis pequenos e aparte de ter unha lava fluída e o gas escapa facilmente polo que as erupcións destes volcáns son lentas e tranquilas. Aínda así poden destruir edificios coas erupcións.
    E en canto a Islandia é un país con grande actividade volcánica e xeolóxica e isto por suposto pois afecta a paisaxe do país. No centro ten unha meseta caracterizada polos desertos, glaciares e montañas.

  19. isaac di:

    Ramón no seu último comentario menciona outro tipo de volcáns ata o de agora non contemplado, as mesetas volcánicas, formadas por lavas fluídas que se desprazan a longas distancias a partir de cráteres fisurais. Recordade que Islandia é unha porción emerxida da dorsal atlantica, polo tanto recorrida de norte a sur por unha fisura pola que mana magma procedente do manto.

  20. isaac di:

    Antes de que me esqueza, os lahares son efectivamente mantos de lodos arrastrados polas augas xeradas pola fusión do xeo e neve nas erupcións dos elevados volcáns andinos, e que poden chegar a recorrer a gran velocidade grandes distancias polas ladeiras das montañas arrasando todo o que se atopan ao seu paso. Un exemplo disto foi a erupción do volcán Nevado del Ruíz, do que poderíanos contar algunha cousa Antía.

  21. victor di:

    As lavas fluidas (magmas básicos de cores oscuras) teñen gases ao igual que as que son viscosas ou espesas, pero esa fluidez permite que os gases difundan á atmosfera con facilidade. As lavas viscosas solidifican con facilidade en contacto coa atmosfera, polo que os gases se despreden por medio de explosións para para rachar a costra superficial de lava solidificada?
    Por certo, hai indicios de que en Galiza existisen volcáns no pasado?

  22. ana.aso.1b di:

    Según unha lenda a cidade de Ourense está asentada sobre un volcán e qe de ahí saen as augas termais das Burgas, pero en realidade non existe ningun indicio xeográfico de qeu en toda Galicia existira ningún volcán no pasado.

  23. sergioa.aso.1a di:

    xeográfico non pero si xeolóxico se non de onde aparecen as rochas magmáticas como granito das que estamos plagados??

  24. nuria.aso.1a di:

    A verdade e que eu tampouco teño coñecemento da existencia de algún volcán en Galicia, e opino como Ana que creo que non hai ningún indicio que faga pensar que sí existeu algún volcán no pasado.

  25. victor di:

    Sergio, o granito non é unha rocha volcánica (que alguén explique a súa orixe por favor).
    Non me refería a que se había restos actuais de volcáns, pero pensade que os mananciais termais, que hai moitos, son o indicio dun magmatismo atenuado (do pasado).
    Buscade información sobre unha rocha galega chamada gneis “ollo de sapo”.

  26. gema.aso.1b di:

    O Gneis é unha rocha metamórfica composta por cuarzo,feldespato e mica (igual que o granito)a súa textura é rugosa,con raias horizontais,alternando minerais claros con escuros e de gran groso. Emprégase para facer adoquíns,peldaños…Tamén coñecida como ollo de Sapo aquí en Galicia polas incrustacións de cuarzo con esta forma que posúe.

  27. isaac di:

    Seríades capaces de buscar máis información sobre a orixe das fontes termais en Galicia?

  28. noeliap.aso.1b di:

    As augas termais son manifestacións do chamado gradiente xeotérmico(variación da temperatura que se produce en material rochoso dun planta cuando se avanza dende a superficie hacia o centro) e afloran a través de grandes fracturas,moi profundas.

  29. isaac di:

    Noelia repasa o comentario

  30. victor di:

    O gneis ollo de sapo é un tipo de gneis que só se encontra en Galiza. É unha rareza, sobre todo a orixe deses grans grosos (orixe?) que distorsinan as típicas capas paralelas de minerais.
    O gneis é unha rocha metamórfica coa mesma composición co granito pero diferente estructura (disposición dos minerais) polo que é habitual nas construcíóns.

  31. noeliap.aso.1b di:

    Crese,basándose na súa composición,que a principios do Cámbrico formaba parte do borde noroeste do que hoxe é a Península Ibérica,e que este borde era activo naquela época,polo que a orixe do dominio do Ollo de Sapo estaría ligado a una zona de subducción.