A guerra do futuro

Todos e todas  relacionamos o cambio climático con olas de calor, quentamento global, e outros fenómenos metereolóxicos extremos; pero poucos se pararon a pensar nos danos que causa nos ecosistemas  a perda de recursos naturais  que producirá nun futuro conflitos e guerras entre países.

Os recursos naturais fundamentais para a nosa existencia son a auga e o alimento que irán reducíndose co paso do tempo e co aumento da poboación, pois a auga almacenada en glaciares e montañas está diminuíndo co aumento de temperatura xeral e moitos lugares do planeta padecerán, en poucos anos, sequía.


E vós que opinión tedes sobre esta problemática? Estamos acabando cos recursos do planeta?

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Catastrofes naturais, Recursos naturais, Sobreexplotación dos recursos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to A guerra do futuro

  1. noeliap.aso.1b di:

    Pois con este post unha vez máis demóstrase que o cambio climático afectará a moitos ambitos da nosa vida e sen dúbida hai que empezar a facerlle fronte.

  2. vanesa.aso.1a di:

    Isto ainda ten solución pero a xente tamen foi moi ignorante porque cando se falaba de esto fai uns anos a maioria de xente dicia que o cambio do mundo era imposible e agora que cada vez se ve mais o que pode suceder a xente sorprendese,sabendo que so coa contaminacion o mundo cambiou moito co tempo.Non se dan conta de que con utilizalo coche para ir a medio kilometro da casa xa se contamina a atmosfera e prefiren utilizalo coche porque chegan antes e din que é
    mais
    comodo.

  3. victor.aso.1a di:

    Pode ser unha das numerosas consecuencias do cambio climático. Xa existen guerras por petróleo e así, non me extrañaría que si se esgotan recursos aínda máis fundamentais isto provoque guerras e conflitos entre os países. Penso que os principais países que exploten os recursos máis elementais no futuro, serán as potencias mundiais e controladores do resto da economía mundial.

  4. rodrigo.aso.1a di:

    Xa pero eu penso que outro problema que tamén será moi importante vai ser a escaseza de alimentos para os humanos como explica almudena. E penso que iso se debe a que a medicina avanza a un nivel brutal pero de forma igualada aparecen novas enfermidades e novos problemas que ata o de agora non apareceran. Un dato da experanza de vida española: no 1991-92 a esperanza de vida de ambos sexos estaba nos 77 e no 2004-05 nos 80 anos. Que parecen datos normales pero a verdade e que é moitísimo en algo máis dunha década a experanza de vida subiu 3 anos.

  5. victor di:

    O cambio climático é algo aceptado plenamente na actualidade. A súa orixe está relacionada coas fontes de enerxía utilizadas pola sociedade (cales son?) e asúas consecuencias están a crear graves problemas sociais e económicos (cales?).
    Como está a influir o crecemento da poboación mundial no cambio climático?

  6. isaac di:

    Se localizamos no mapa algún dos actuais conflictos bélicos veremos que en moitos casos coinciden con lugares onde escasea a auga a causa da diminución das precipitacións.
    Seríades capaces de dar algún exemplo?

  7. ramon.aso.1b di:

    Non é un bo sinal que se acabe loitando pola auga no mundo. Se seguimos a este paso vai a pasar o que levamos dito na maioría das entradas… Hai que ponher un freo ao cambio climático, e canto máis se a cousa deriba na sequía. En Israel e o Líbano estase a desenvolver unha guerra,como todos sabemos, donde a auga tamén ten o seu papel. Aínda e todo, pouco a pouco estanse descubrindo novos medios de aforro, e a ciencia avanza cada vez máis rapido en canto a melloras se refiere así que ainda non está nada perdido.

  8. antia.aso.1a di:

    As fontes de enerxía máis utilizadas pola sociedade son carbón, petroleo e enerxía nuclear entre outras e como dixo Víctor as consecuencias destas fontes de enerxía están a crear graves problemas tanto económicos como sociais, sociais porque xa hai guerras por estes recursos (coma a de Iraq)e económicos polo encarecemento dos productos que proveñen deses materiais ( plático, “nylon”, gasolina, etc). Realmente este é un problema que nos afecta a todos e que podemos reducir.

  9. noeliap.aso.1b di:

    Un exemplo é Chile onde se decía que aumentaría a temperatura uns 3 ou 4 º polo que as precipitacións reduciríanse nun 30% nas distintas zonas do territorio nacional.

  10. lara.aso.1a di:

    O cambio climático tamén terá un impacto directo sobre os humanos, a expansión da área das enfermidades infeciosas tropicais aparte das inundacións nas costas o que producirá os traslados da xente cara o interior e tendo en conta que a poboación vai en aumento…todos son invonvenientes.Penso que non lle dan ao cambio climático nin a metade da importancia da que ten.

  11. pablo.aso.1b di:

    A medida que aumente a poboación a competencia pola auga vai ser feroz, sobre todo en lugares que comparten zonas de abastecemento de auga. É incrible pensar que certos países xa están plantexando estratexias para a loita pola auga.

    Por exemplo, Turquía foi acusada por Siria e Iraq de restrinxir auga do Tigris e o Eúfrates, a conca do río Zambeze, na cal os países compiten pola auga ao ser un sistema fluvial sobreutilizado. Malí ( un dos países máis pobre do mundo ) depende do río Níxer para alimentarse e desprazarse, esta sufrindo unha gran catástrofe medioambiental polo nivel de contaminación do río. E así, por desgraza, unha larga lista que se incrementara no futuro.

  12. victor di:

    Tamén se di que o cambio climático está a producir grandes migracións humanas; podedes aclarar con exemplos esta cuestión?

  13. karina.aso.1a di:

    De certa forma parece que si, como ben se di no post nun futuro cantos máis seamos menos alimentos haberá, realmente non via eu as cousas desa forma, pero o cambio climántico e algo que tarde ou temprano tendremos que enfrontar.

  14. sara.aso.1a di:

    Eu tampouco habia pensado as cousas desa maneira, pero o que hai que facer é buscar algún tipo de solución, buscar novas formas de alimentación ou conservación para que non se extingan e respeto a auga solucións cara o futuro non hai moitas máis que as existentes, pero sempre se pode intentar buscar algunha.

  15. victor di:

    Xa hai moitos anos alguén (quen?) afirmou que a producción de alimentos crecía de xeito aritmético mentres que a poboación o facía xeometricamente e que polo tanto en pouco tempo o planeta non podería acoller a máis xente. Errou (por que?). Pero é certo que este planeta só poderá acoller a un determinado número de persoas e que a cantidade de alimentos que se poidan producir será derminante para o noso futuro.

  16. josemaria.aso.1a di:

    Esta teoria elaborouna Thomas Malthus.

  17. isaac di:

    Seguindo co que falaba no meu anterior post, hoxe en día existen conflictos bélicos nos que a súa orixe explícase por unha cuestión territorial ou relixiosa, pero o problema oculto baixo en moitas ocasións e a escaseza de auga. Sabedes algo de Darfur?

  18. lara.aso.1a di:

    Na rexión sur de Dafur conviven etnias negras africanas con población de orixe árabe.Os conflictos interétnicos débense sobre todo á competencia polos escasos recursos da zona pola acción do aumento de poboación e das condicións climánticas adversas, coincidindo cunha terrible sequía que provocou a falta de alimentos.

  19. lara.aso.1a di:

    Darfur*

  20. maria.aso.1b di:

    É unha rexión no extremo oeste do Sudán, na fronteira coa Libia, o Chad e a República Centroafricana. Divídese en tres estados federais sudaneses: “Garb Darfur” (Darfur Occidental), “Djanub Darfur” (Darfur do Sur) e “Chamal Darfur” (Darfur do Norte).

    Cunha poboación de 5 a 6 millóns de habitantes, Darfur caracterízase polo baixo nivel de desenvolvemento. Só o 44,5% dos nenos e o 33,3% das nenas frecuentan a escola.

    Hai tres tribos predominantes en Darfur: os fur, que dan nome á rexión, os masalit e os zaghawa, en xeral negros musulmáns.

    A rexión é escenario dun conflito decorrente de disputas entre as poboacións árabe e non-árabe, na franxa sur do deserto do Sahara. Os non-árabes, separatistas, son albos dunha acción de exterminio emprendida por milicias árabes, que, pola súa vez, están acusados de recibir apoio do goberno sudanés. O conflito xa tivo máis de 200 mil mortos e cerca de 2 millóns de refuxiados “en catro anos de inercia diplomática”. Segundo o secretario xeral da Organización das Nacións Unidas, Ban Ki-Moon, alén das causas sociais e políticas, o conflito e a grave crise humanitaria decorrente son parcialmente debidos a unha alteración climática que provocou unha gran seca no sur do Sudán, a partir da década de 1970.

  21. isaac di:

    Se pregunto por Darfur non é para que larguedes aqui un montón de datos xeográficos, políticos, etc., senón para que investiguedes na base do conflicto, aparentemente étnico e relixioso, pero que por debaixo existe un problema de escaseza de auga como consecuencia dunha prolongada seca. Volvo a pedirvos que evitedes o copiar e pegar.

  22. pablo.aso.1b di:

    Agora mesmo temese unha crise en Sudán, en especial nesa rexión, en Darfur, debido a orden de arresto do seu presidente, considerado responsable de atrocidades e de crimes de guerra.As organizacións de asistencia humanitaria tiveron que abandonar a rexión, e mostran unha gran preocupación pola situación que poda ocorrer, por que entre outras cousas abastecen de auga e asistencia sanitaria a 600000 persoas.