Area milagreira!

imagen

 Cos problemas que temos de auga na actualidade, tras 7 longos anos de investigación, uns científicos (árabes e alemáns) conseguiron unha area hidrofóbica, é dicir, impermeábel á auga, polo que se podería acadar que un deserto  non fose un terreo seco é árido, ou sexa, poderíamos facer dun deserto un terreo verde e fértil!

Esta area colocada a 10 cm baixo o chan do deserto detén a filtración da auga da choiva no subsolo, permitindo así que haxa líquido suficiente para o desenvolvemento das plantas. Cada gran de area está recuberta por un aditivo (SP- FHS 1609) desenvolto coa axuda da nanotecnoloxía (a composición deste aditivo é totalmente privada por motivos comerciais).

Os cultivos do deserto que necesitan ser regados 5 ou 6 veces por día poderían subsistir cun único rego aforrando así un 75% de auga. Todas as probas que se fixeron tiveron por agora un grandísimo éxito.

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías, Recursos naturais e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.