Rutas científicas: EADS CASA

imagen

É a primeira compañía do sector aeronáutico español capacitada tecnoloxicamente para competir no mercado internacional en: deseño, fabricación e mantemento aeroespacial.

En 1999 deixou de ser CASA para unirse á multinacional EADS, converténdose así en  EADS CASA . Formado por unha plantilla duns 7000 enxeñeiros aeronáuticos( dixéronnos expresamente en varias ocasións que farían falta enxeñeiros navais nun futuro  próximo… polo que xa sabedes que podedes estudar). Getafe, o complexo aeronáutico que visitamos nós, é un dos tres lugares onde se fabrican avións Airbus en España. Tendo en conta  que  pertence a unha gran compañía internacional, cada centro EADS CASA dedícase a varias funcións duns avións determinados. Non se realiza o proceso completo da manufacturación dun avión alí mesmo.

A nosa visita a EADS CASA comezou cun documental que explicaba as características e as mellores condicións de aerodinamismo para realizar o voo, dende os paxaros ata os avións. De seguido fixemos unha visita guiada polas instalacións e rematamos vendo unha maqueta do complexo EADS CASA de Getafe.

Especialízanse no final da montaxe do Eurofighter , proba de sistemas, proba de tódalas ás  dos avións A330/A310, a familia do A320 e do A330/A340. Mantemento, revisión, reparación, soporte do produto dos avións utilizados polas Forzas Aéreas Españolas durante a súa vida útil. Tamén proporciona mantemento nos avións de combate , avións trainer , transportadores e avións de recoñecemento naval.

imagen

 


Esta entrada foi publicada en Actividades e eventos, Novas tecnoloxías, Saídas didácticas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

16 Responses to Rutas científicas: EADS CASA

  1. belen.aso.1a di:

    EADS-CASA non me gustou nada pareceume moi simple coa cantidade de instalacións que teñen soamente enseñaron un par de maquetas e a cola dun avión.

  2. noeliap.aso.1b di:

    Parécenme moi interesantes as probas de mantemento e revisión que realiza esta compañía pois a seguridade dos pasaxeiros e tripulantes á hora de montar nun avión é máis importante que calquer outro servicio que poidan ofrecer durante o voo.

  3. carolina.aso.1b di:

    Estou totalmente de acordo con noelia pois as veces e moito mellor unha seguridade no avion que non todos os servizos,polo que me parece realmente ben o traballo que fai esta compañia aerea,e asi desta forma como podemos evitar grandes accidentes como os que esta a ocorrer ultimamente.

  4. antia.aso.1a di:

    Estou de acordo con Belén, esta visita a EADS-CASA podería ser moito máis productiva, baixo o meu criterio esta podería ser unha das visitas máis interesantes de toda a excursión das rutas científicas, pero realmento non nos ensinaron NADA, o máximo que vimos foron as partes traseiras duns avións e nin estaban acabadas. E as maquetas que vimos eran das instalacións de como estaban repartidas as áreas… Foi un pouco decepcionante.

  5. josemaria.aso.1a di:

    Estou en desacordo con belen , a min non foi a que mais me gustou (polo que nos enseñaron) pero si polo que dixeron. En todolos lugares que visitamos os cientificos contabanos que España a nivel cientifico estaba nunha segunda categoria (por detras de Francia, Alemaña…) e ademais mostrabanse orgullosos de ter un contrato os 47 anos , tiñan que emigrar a maioria e por exemplo o cehipar non parecía un empresa punteira . Pero en Eads casa dixeronos que España dentro da consorcio era moi importante que non tiña que ter envexa de Francia ou Alemania que nos sabíamos facer cousas que eles non como o traballo con fibra de carbono , e que os españois non eran tan eficientes como os alemans pero cando surxen problemas os alemans non saben que facer en cambio os españois si. Ademais de ser unha gran multinacional , todo esto levantoume a moral e inxeneria aeronautica poderia ser unha carreira interesante , sen embargo nos outros lugares non tiven esa sensacion mais ben a contraria de que non iba a estudar eso para nada

  6. isaac di:

    Coincido con Belén e Antía, para min foi a visita menos interesante. Sorpréndeme que teñan un departamento de comunicación que nas visitas só serva para poñer uns vídeos promocionais, repartir uns cascos para oir as explicacións durante a visita, aínda que case a metade quedamos sen eses cascos, sinalar na distancia un prototipo de sistema de aprovisionamento de combustible en voo, facer un recorrido moi limitado e rematar diante dunha maqueta.
    Por certo Jose, España en aeronáutica tamén ocupa unha posición moi por detrás de Francia e Alemania, que teñen unha participación en EADS moi superior á española. Por exemplo, nos distintos modelos de avións de airbus en ningún caso os compoñentes de orixe español superan o 12%, e en algún deles é tan só do 5%. Digo isto para que sexamos conscientes da nosa posición nesta empresa, na que case non hai directivos españoles, isto ten unha explicación no peso político e económico de cada estado, pero tamén no seu desenvolvemento tecnolóxico.
    Eu tamén recordaba que a guía dixera que cando os alemáns non saben o que facer e os españois si, pero prefiro non comentalo…

  7. lara.aso.1a di:

    A visita pareceume escasa, moi escasa. Explicou o que facían alí nun percorrido por naves onde non había nada e finalmente unha maqueta das instalacións…decepcionante. A guía non facía máis que reivindicar a honra que deberíamos de sentir por ser españois, porque España está moi avanzado en aeronáutica, etc.Cando como ben di Isaac, España ocupa un lugar moi afastado en EADS en comparación co noso veciño Francia. Realmente non sei por qué prohibiron sacar fotos, coma non fosen fotos ao chan…

  8. melania.aso.1a di:

    A verdade é que a visita foi moi moi escasa, pero eu era o lugar que tiña máis interese en visitar. Como ben di Lara non nos deixaron sacar fotos, gran decepción, aínda que para quitarllas os carteles de pezas que tiñan…O pouco que vimos non chegou a moito, puxeronnos un video, que para eso non facía falta desplazarnos ata alí…lástima co interesante que era o lugar!..

  9. victor di:

    Tamén hai que ver o lado positivo: aínda que a visita en si mesma non foi atractiva, hai que recoñecer que nos achegou un tipo de industria da que tiñamos poucas noticias e polo tanto foi positiva. Ademais o feito de mostrar tanto secretismo nas instalacións tamén nos descubríu a importancia da espionaxe industrial.

  10. nuria.aso.1a di:

    Eu estou de acordo coa maioría dos meus compañeiros, porque a verdade é que a visita me desilusionou un pouco. Case non poidemos sacar fotografías, e das poucas instalacións que vimos, a verdade é que non se vían activas.

  11. sara.aso.1a di:

    Pois si que é certo que teñen que ter moito coidado coa espionaxe industrial, pero e que tal como a pintaban a visita non valeu para nada. Foi moi sosa é aínda por riba moitos nin sequera tiñan auriculares para escoitar a visita.

  12. rodrigo.aso.1a di:

    Eu opino o mesmo que nuria, sara… a verdade un espera poder descubrir algo máis cando vai en persoa a visitar unha fábrica desas dimensións. E non ter que poñer uns cascos (para os que tiveron a sorte de ter uns) e seguir á guía que parecía que quixera que esetudásemos todos iso. Ademais víase como na forma de explicar pois non lle prestaba ninguha atención. Considero que foi a segunda peor visita que fixemos en Madrid.

  13. victor di:

    Rodrigo cal foi a peor visita?
    Insisto que esta visita aportouvos coñecementos sobre un sector que descoñeciades e só isto vale a pena.

  14. rodrigo.aso.1a di:

    Pois para min a peor visita e con moita diferenza foi o Instituto de Catálisis y Petroleoquímica.

  15. rodrigo.aso.1a di:

    Bueno engado ó comentario anterior o por que. Pois considero que foi a peor xa que a charla do principio foi un tostón, creo que pouca xente estivo atenta ou conseguiu non durmir. E creo que aprendemos….nada.

  16. karina.aso.1a di:

    Esta foi a visita que me pareceu máis entretenida e o mismo tempo máis corta. O mundo do séctor aeronáutico pareceume máis que interesante. Foi realmente xenial!!