Rutas científicas: Museo Geominero

 

Unha das actividades que fixemos en Madrid foi a visita ó Museo Geominero. Está situado nun  edificio que pertence ó Instituto Geológico y Minero de España. É unha edificación que data do ano 1921, que xurde da idea dun profesor de Arquitectura de Madrid.

Tan pronto chegamos ó museo, tivemos unha charla sobre historia xeolóxica xeral. A charla estivo enfocada ás diferentes Eras da xeoloxía e aos fósiles propios de cada unha. Despois fixemos un obradoiro de recoñecemento de fósiles, que consistía en coller distintos exemplares de fósil e identificar o seu nome: belemnite, amonite

Despois da actividade, unha guía ensinounos parte da exposición xa que non tivemos tempo suficiente para vela toda debido á abundancia de fósiles e minerais alí presentes como tamén ás dimensións da sala principal do museo.


Autores: Rodrigo Alba e Emilio Paz.

Esta entrada foi publicada en Actividades e eventos, Recursos naturais, Saídas didácticas e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to Rutas científicas: Museo Geominero

  1. juanluis.aso.1a di:

    A verdade e que parece un sitio magnífico e con cousas moi interesantes para poder mirar. O video deixa bastante que desexar, pero a presentación está moi ben. Na presentación hai unha diapositiva ( na número 18 concretamente) na que aparece un fósil enorme. Alguén me podia dicir a que animal pertence?

  2. victor di:

    Seguro que alguén lle pode respostar a Juan Luís.
    Que utilidade credes que ten un museo como o “Geominero”?

  3. vanesa.aso.1a di:

    Pois realmente o Geominero para min foi unha das visitas mais interesantes por todo o que nos ensinaron na visita,o que nos explicaron…o que foi moi impresionante foi o grande que era e todas as vitrinas que tiñan cheas de fósiles,pedras…a visita foi bastante amena,na que fixemos unha actividade de identificar fósiles antes de ensinarnos o museo,eso axudou a que non fose aburrida como outras.

  4. ivanz.aso.1a di:

    Os obxetivos dun museo “Geominero” penso que son investigar, conservar, mostrar e difundir a riqueza e diversidade do patrimonio xeolóxico, paleontolóxico e mineralóxico a través da enorme cantidade importante de minerais rochas e fosiles procedentes de varios lugares do planeta. Tamén teñen unha importancia cientifica e a esto hai que añadir o seu valor histórico, pois a súa orixe remontase á creación da Comisión do Mapa Xeolóxico de España en 1849.

  5. victor di:

    Sabedes se existe algunha carreira para estudiar xeoloxía?

  6. maria.aso.1b di:

    Si, a máis proxíma é a da Coruña. Aínda que tamén hai en Madrid, Barcelona, Pais Vasco…

  7. lara.aso.1a di:

    Estúdase xeoloxía na Facultade de Xeoloxía, pero en Galicia non a hai, habería que desprazarse ata Asturias. Ainda que na carreira de bioloxía tamén hai asignaturas de xeoloxía.
    A min o que máis me impresiounou do museo foi sobre todo o decorado. As vitrinas onde gardaban os minerais eran do mesmo ano da súa apertura; a grandísima vidriera do teito, preciosa; e tamén os balcóns de cada planta. En xeral o museo geominero encantoume.

  8. isaac di:

    Realmente os escenario era impresionante, pero o seu contido non o desmerecía. Unha completísima colección de minerais e rochas con exemplares realmente espectaculares; a orde cronolóxica na que estaban dispostos os fósiles e os paneis explicativos que acompañaban a algúns dos exemplares nas plantas superiores que resultaban moi clarificadores.

    Por certo, parte do anuncio das rebaixas de “El Corte Inglés” de este ano estaba rodado alí.

  9. sara.aso.1a di:

    A visita estivo moi ben, sobre todo o obradoiro de identificación dos fósiles, pero si creo que foi moi curta porque non nos deu tempo a ver todo.

  10. carolina.aso.1b di:

    Gustariame visitar este museo pois pareceme interesante foi unha bagoa que nos non puidesemos asistir a excursion.

  11. almudena.aso.1b di:

    Isaac, Victor,os de 1ºB tamén temos ciencias.Non pensades organizarnos algunha saída?E que tanto decides que tiña que haber ciencias en todos os ámbitos pero polo de agora non nos levachedes a ningures.Aunque sea, co dilema que estamos tendo con Siradella podedesnos levar alí.Non creedes?

  12. victor di:

    Si, pensámosvos facer unha saída (aínda que sexa á Pastora).

  13. melania.aso.1a di:

    A verdade é que as vidreiras do geominero eran de gran interese. Anduvemos buscando pola nosa pero…non era moi extensa deixemolo ahí.
    Gústoume moito a actividade de coller un fósil e identificalo..foi moi ameno.
    A charla do principio, para min, foi un pouco pesada…había algúns que ata aproveitaron para durmir.

  14. victor di:

    Por certo, hai fósiles en Galiza?

  15. rodrigo.aso.1a di:

    Pois claro que si. O malo e que bueno en Galicia trátase dunha comunidade autónoma con case a inexistencia de material sedimentario, xa que sufriu unha gran erosión. Esta información aparece en “El escéptico digital”, na sección de paleontoloxía.

  16. rodrigo.aso.1a di:

    Esquecinme de poñer na entrada anterior o enlace por se alguén desexa ler tamén esta información. http://digital.el-esceptico.org/leer.php?id=390&autor=160&tema=45

  17. victor di:

    Alguén pode explicar por que para que aparezan fósiles nunha rexión esta debe ter orixe sedimentaria?
    Poderían aparecer nunha zona volcánica?

  18. maria.aso.1b di:

    Porque os fósiles que se atoparon estaban debaixo da superficie, da lava, ou da resina…

    para que nunha zona vólcánica apareza un fósil teria que haber una erupíón volcanica antes e asi o fósil queda atrapado na lava e conservase a sua forma.

  19. isaac di:

    Rodrigo, supoño que ademais de lelo no “escéptico digital” espero que tamén llo oíras ao teu profesor, xa que me da a mín que en máis dunha ocasión dixo o mesmo.

    María, cres que un fósil atrapado no medio da lava a varios centros de graos centígrados de temperatura resitiría sen fundirse?

  20. victor di:

    María, que conservou aos restos de seres vivos e as construccións en Pompeya logo da erupción do Vesubio hai 2000 anos?

  21. juanluis.aso.1a di:

    Os corpos das persoas,animais, etc. foron abrasados polas cinzas candentes. Os corpos quedaron sepultados no chan e logo cubríronse rapidamente por grandes masas de cinzas. Gracias a este proceso os fósiles conservaronse perfectamente.

  22. victor di:

    Respondendo a miña pregunta e á de Isaac, ten razón Juan Luís dicindo que son as capas de cinza as que conservaron os corpos no caso de Pompeya. As capas ou estratos de cinza son un medio axeitado para a fosilización de seres vivos pero loxicamente non é o máis habitual porque os volcáns non son abundantes a nivel xeral.
    Así que a fosilización ocorre a cotío cando un cadaver queda cuberto por capas de sedimento (delta dun río, lago ou no fondo do mar)que co transcorrer do tempo orixinarán rochas sedimentarias ricas en fósiles.