II Premio ao mellor post

emilio1_1.JPG

Chegou o momento de facer entrega ao mellor post deste período, nesta ocasión correspondeulle ao titulado “A onde vai parar?”, do alumno de 1º BAC A Emilio Paz Sotelo. Entre outros meritos que o fixeron merecedor deste premio destaca o feito de que foi o post que suscitou un gran número de comentarios, 45 ata o de agora, o cal constitúe un record no blog do noso centro.

Como na ocasión anterior, o premio inclúe un diploma acreditativo, unha memoria USB e un bolígrafo co logotipo do IES Francisco Asorey, entregados polo profesor de CCMC, Víctor Caamaño, e o director do centro, Xosé Rivera, con gran satisfacción do galardonado.

Diploma_ccmc2_1_1.jpg

Esta entrada foi publicada en Actividades e eventos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

20 Responses to II Premio ao mellor post

  1. angel.aso.1a di:

    Sen dúbida Emilio merecía un premio polo post “A onde vai parar?” xa que é o post que más comentarios ten, polo de agora, o blog. Aínda que xa se falara do lixo noutra ocasión aquel post non “parecía” ser tan interesante coma este. Este “post” deu pé a moitos temas que saíron nos comentarios e co que aprendimos moitos datos que ata agora eran descoñecidos A idea de premiar as mellores entradas e as máis comentadas porque e un maneira de que os alumnos intentemos facer máis “post” e mellores.

  2. rodrigo.aso.1a di:

    Sabía que este momento chegaría, xa que despois da publicidade que ese post tivo sen dúbida tiña que ser o seguinte gañador. (8-P)

  3. juanluis.aso.1a di:

    A verdade é que o merece. Foi o post que máis comentarios tivo e un dos que mellores temas tratou,Emilio noraboa!

  4. victor di:

    Creo que o post de Emilio o gozamos todos.

  5. karina.aso.1a di:

    Emilio mereciase un montón este premio de feito na foto xa se pode ver a sua alegria o ser galardoado. Alegrome moito por el. Noraboa!!

  6. josemaria.aso.1a di:

    Cales son as bases para elixir a mellor entrada(non me gusta a palabra post) , e asi poder mellorar? Noraboa para Emilio

  7. isaac di:

    Pois perdoa o uso de anglicismos Jose, pero están moi extendidos, e sobre todo en internet e nos blogs, que tamén son anglicismos. En canto as bases, eu prefiro falar de criterios, e estes son fundamentalmente a elección dun tema interesante, unha redacción (persoal non copiada) e presentación correcta, unha boa selección dos enlaces, que o propio autor participe nos comentarios ampliado o seu contido e que suscite o interés dos compañeiros a través dos comentarios. Espero que che sirva de axuda para poder mellorar, non dubido en que podes ser o próximo.

  8. gema.aso.1b di:

    Só hai que ver a foto para ver a súa alegria por ser o mellor post,cun tema actual e da vida cotiá que derivou a moitas preguntas e respostas que podía calquera!(45 comentarios,que non son poucos)Parece que a insistencia mereceu a pena,noraboa para Emilio de novo polo seu traballo,haber se se anima a comentar máis por aquí,que xa está claro que o de facer entradas dáselle ben!

  9. lara.aso.1a di:

    Parabéns Emilio, merecíalo premio ao mellor post despois de toda a campaña que fixeches para conseguir comentarios…Noraboa !

  10. isaac di:

    Considero que tamén é moi importante a defensa dun post, non só dándolle a vara aos compañeiros para que entren, senón a través dos propios comentarios.

    Por certo, que Emilio se ande con coidado, hai un post titulado “Invernos como os de antes” dun tal Isaac, que se lle está achegando perigosamente no número de comentarios.

  11. ana.aso.1b di:

    Noraboa a Emilio! A verdade e que aparte de facer un bo post tamén o patrocinou moi ben entre os compañeiros, e dende logo, coñecendoo, imaxinome a sua reacción ante o premio.

  12. sara.aso.1a di:

    moitas felicidades Emilio a verdade é que o merecias.

  13. belen.aso.1a di:

    noraboa emilio, despois da camapaña que lle fixeches merecíalo.

  14. carolina.aso.1b di:

    noraboa!

  15. antia.aso.1a di:

    As miñas felicitacións Emilio, conseguiches espertar gran interese co tema do teu post, 44 comentarios, non? Pero tamén hai que dicir que a campaña publicitaria que iniciou Emilio un pouco sen saber o que facía tivo un éxito rotundo. Merecia o premio sen dubida,xa solo polo interese que mostrou intentando atraer a posibles comentaristas…

  16. roi.aso.1b di:

    Parabéns Emilio! O que algo quere algo lle costa, este é o mellor exemplo, tras o gran esforzo que fixeches en promocionar a túa entrada… 😀

  17. fatima.aso.1b di:

    Noraboa Emilio,a verdade e que esta moi ben feito o post e merecialo,ademais era un post fácil de comentar e sacar moito de si e tivo moitas entradas.

  18. melania.aso.1a di:

    Había que velo o dia que lle entregaron o premio:)
    a verdade é que o merecía, os meus parabéns emilio!

  19. Pingback: Blog guía :: Ciencias Para O Mundo Contemporáneo » A onde vai parar?

  20. Pingback: Blog guía :: Ciencias Para El Mundo Contemporáneo » ¿ Adónde va a parar?