Climántica e o Asorey na tele

tele1_1.JPG

O pasado mércores 18 de febreiro visitounos un equipo da produtora de televisión PÓRTICO AUDIOVISUALES para facer unha reportaxe de como levamos a cabo no noso centro as actividades dentro do proxecto CLIMÁNTICA.

Deste xeito darán testemuña de como os rapaces de 1º de ESO  achéganse ao estudo das variables meteorolóxicas mediante experiencias sinxelas nas que se poñen de manifesto fenómenos como a presión atmosférica, os efectos do quentamento do aire na súa dilatación e formación de correntes ascendentes, ou coa elaboración de instrumentos rudimentarios como barómetros con un frasco e un globo ou unha veleta con unha roda de bicicleta.

Igualmente recolleron a nosa experiencia cos blogs de aula como este, e o seu emprego como unha ferramente educativa que permite extender a aula ata os fogares dos alumnos e profesores propiciando o profundamento no coñecemento científico e o debate e intercambio de opinións arredor destes temas.

Esta reportaxe será emitida no programa “A NATUREZA” da Televisión de Galicia moi proximamente.

Desde o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía queremos agradecer á dirección do proxecto CLIMÁNTICA que elixira ao IES Asorey para ilustrar como este programa educativo se leva a cabo nun centro educativo.

tele3_1.JPG

Esta entrada foi publicada en Actividades e eventos e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.