Todos os ovos son iguais

imagen

No mundo hai uns 40.000.000.000 de polos de granxa que corren o risco de padecer brotes de graves enfermidades. A razón é que os criadores, ao longo do tempo, foron  seleccionándoos polas súas características proveitosas para a alimentación humana, como por exemplo pola cantidade e calidade da carne ou pola capacidade para por ovos. O resultado desta selección artificial propiciou a uniformidade xenética entre todos eles.

Para que no futuro poidan evitarse mortes masivas nos polos de granxa e poida conservarse unha reserva de xenes potencialemente útiles, os granxeiros deberían criar variedades comerciais doutros tipos de polos aínda que se perdesen características proveitosas.


Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Selección artificial, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to Todos os ovos son iguais

  1. victor.aso.1a di:

    A verdade é que deberían criarse diferentes tipos dunha especie, xa que si criamos unicamente un tipo, e ese tipo é contaxiado por unha grave enfermidade, quedaremos sen esas especies. Pode que outros tipos de polo, por exemplo, puideran sobrevivir a esa enfermidade.

  2. victor di:

    Coñecedes algún animal doméstico ou vexetal utilizado para a alimentación que non fora obtido por selección artificial?

  3. lara.aso.1a di:

    Hay dous tipos de selección artificial; cando o filtro selectivo favorece a que os organismos con certa característica preferida se reproduzan (selección positiva) e cando o obxectivo é impidir que estos organismos non se reproduzan (selección negativa).
    A selección positiva ten o gran inconvinte de que cunha enfermidade morran tódolos animais. Coincido con víctor en que deberían críar diferentes tipos dunha mesma especie para previr mortes masivas.

  4. ivan.aso.1a di:

    Un caso de seleccion artificial e o que fan os cazadores nun coto de caza, que deixas as mellores pezas para despois cazalas

  5. isaac di:

    Coñecedes cal é a procedencia da maior parte das razas de cans que existen na actualidade?

  6. dolores di:

    Supoño que é ignorancia cinexética, pero alguén me pode aclarar un pouquiño máis o da caza?

  7. ruben.aso.1a di:

    moitas razas de cans xurdiron de experimentos humanos que mezclaban duas razas diferentes para asi crear outra nova cunhas mellores cualidades. Por exemplo o doberman foi creado entre dos alemáns, un necesitaaba unha raza de perro defensora pero non lle gustaban as que podia adquirir asi cun pincher un dogoalemán e un gran danes creouse a base do doberman hasta que despois se perfeccionou e hoxe en día xa é unha nova raza.

  8. angel.aso.1a di:

    Según a comparación de probas xenéticas de ambas especies, todo parece indicar que o can é unha subespecie do lobo gris.

  9. victor di:

    Nos coutos de caza non se fai selección artificial. Facer selección artificial significa ter perfectamente controlados a todos os exemplares e as súas características. É imposible que un cazador cando apunta a unha presa, antes de apretar o gatillo sexa capaz de determinar se se trata dun exemplar a cazar ou un a conservar para mellorar a especie.

  10. victor di:

    Imáxinade que os cans se reproducisen asexualmente (determinado día antes de espertar, un can divídese pola metade e orixina dous iguais a él). Se isto fose certo, poderiase facer selección artificial cos cans?

  11. antia.aso.1a di:

    Se o que di Victor fose certo, non se podería facer unha selección artificial, xa que se se reproducira asexualmente o resultado sería unha copia idéntica o xa existente; se o can é de pelo curto negro o outro vai a ser exactamente igual.

  12. victor di:

    Ten razón Antía, a reprodución asexual crea “clons”(que alguén defina este concepto). Entón, que ventaxes ten a reprodución asexual? Que inconvenientes ten a reprodución sexual?

  13. victor.aso.1a di:

    Pois como inconvenientes penso que si unha especie ten algunha deformidade o máis seguro será que os seus clons salgan tamén con ela. Outro inconvinte sería a falta de variedade nas especies.

    Como vantaxes, pode que si esa especie ten unha boa virtude que sexa beneficiosa, os seus clones tamén terán esa virtude.

  14. carmen.aso.1b di:

    Na xenética, un clon é un conxunto de individuos xenéticamente idénticos que descenden dun mesmo individuo por mecanismos de reprodución asexual.
    – Entre as vantaxes biolóxicas que conleva a reprodución asexual están a súa rapidez de división e a súa simplicidade, pois non teñen que reproducir células sexuais, nin teñen que gastar enerxía nas operacións previas a fecundación. De esta maneira un individuo aislado pode dar lugar a un gran número de descendentes. Algúns organismos reprodúcense asexualmente cando as condicións ambientais son favorables
    – A reprodución sexual presenta con respecto a reprodución asexual certas desventaxas, entre as que destacan: un maior gasto energético na busqueda e na loita por conseguir parella, unha menor rapidez de reprodución e u nmenor número de descendentes, entre outras.

  15. ivan.aso.1a di:

    Cando antes mencionin o de seleccion artifial referiame a que antes de abrir o periodo de caza fan unha seleccion dos mellores cervos e deixan eses para despois ser cazados.

  16. noeliap.aso.1b di:

    Un colon é un conxunto de individuos xeneticamente idénticos que descenden dun mesmo individuo por mecanismos de reproducción asexual.

    Vantaxes da reproducción asexual:
    -rapidez de división
    -simplicidade
    -non precisan producir células sexuais
    -un só individuo pode dar lugar a moitos outros
    -non consumen enerxía antes da fecundación

    Inconvintes:
    -a descendencia non presenta variedades,é homoxénea
    -algúns dos individuos poden non sobrevivir no medio por falta de información xenética

  17. juanluis.aso.1a di:

    Os inconvenientes que ten a reproducción sexual son:

    -maior gasto enerxético en atopar e loitar por conseguir parella.
    -menor rapidez na reproducción.
    -menos número de descendentes.

    Entre as súas vantaxes atopamos:

    -promove a variación xenética, xa que se unen os xenes aportados polos dous proxenitores.
    -unha poboación cunha gran variedade xenética pode protexerse fronte a futuros cambios ambientais.

  18. victor di:

    A desventaxe da reproducción sexual é o excesivo gasto enerxético, pero non acertades en que se realiza ese gasto. Seguídeo intentando.

  19. juanluis.aso.1a di:

    Realízase este gasto enerxético en poñer en funcionamento os órganos que interveñen na reproducción?

  20. rodrigo.aso.1a di:

    Pois penso, Víctor, que te refieres ao gasto por parte das células e órganos. Quero dicir que a reproducción sexual tarda máis tempo, e aínda por encima ten o problema de que é máis complexa. Pero ao final remata por ser a mellor, xa que os novos seres non terán ningunha enfermidade por contaxio directo dos pais.

  21. isaac di:

    Rodrigo, que ten que ver a reprodución asexual e o contaxio de enfermidades?

    Juan Luis, non vas desencamiñado de todo, pero aclara a que tipo de funcionamento te refires.

  22. juanluis.aso.1a di:

    Na reproducción sexual as células reproductoras (gametos masculinos e femininos) únense para formar unha única célula coñecida como cigoto, que sufrirá varias divisións e orixinarán un novo organismo. Pode ser este o funcionamento que gasta tanta enerxía?

  23. victor di:

    O gasto de enerxía realízase na produción das células sexuais. Pensade que en cada exaculación humana expúlsanse 300.000.000 de espermatozoides pero so se utilizará 1 (e non sempre, claro!). Aí está o gasto de enerxía na producción dun montón de células que logo serán desperdiciadas.
    E a reproducción asexual, ten algunha ventaxe?

  24. isaac di:

    Non esquezamos tampouco o esforzo en topar parella, e non é broma. Por exemplo, a plumaxe do pavo real é un xeito de atraer ás femias e ten un coste enerxético importante, en moitas especies de mamíferos os machos pelexan entre si para acceder ás femias, e no ser humano tamén poderíamos falar de custe económico, vestiario, maquillaxe, a moto…

  25. jose di:

    profe non pode rematar o meu post porque xa lle din a revisar e non me aparece , solo era para avisar e como non sabia como pois escribo aqui despois borra a mensaxe