Rutas científicas: CEHIPAR

 

O CEHIPAR (Canal de Experiencias hidrodinámicas de El Pardo) foi creado en 1928, pola Armada e é un centro público de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e asistencia técnica, que ten como misión fundamental o estudo, a experimentación e a investigación dos aspectos hidrodinámicos da construcción naval militar, mercante, pesqueira e deportiva por encargo de diferentes organismos.

Estes traballos contribúen a optimizar as condicións dos buques nos que se ensaian, ben sexa a través de diminucións no seu consumo enerxético por unha menor resistencia ó avance e mellor rendemento do propulsor, ou ben por melloras nas súas condicións de movementos na mar, ou a reconstrución de naufraxios en investigación xudiciais.


Autoras: Sara Mendoza e Nuria Vázquez

Esta entrada foi publicada en Actividades e eventos, Novas tecnoloxías, Saídas didácticas e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

16 Responses to Rutas científicas: CEHIPAR

  1. andrea.aso.1a di:

    Definitivamente CEHIPAR contribue decisivamente ao aforro e optimización das condiciones de explotacióndos buques asi como a incrementar su seguridad.
    buscando información encontrei que as permanentes actividadesv de I+D+i en colaboración con universidades, Centros de INvestigación e Organizacións e Empresas nacionais e internacionais, fan do CEHIPAR un socio competente en ciencia e servizos para traballar as novas estratexias do mercado.

  2. victor di:

    A min resultoume moi curioso ver que un dos centros punteiros no mundo en investigación hidrodinámica naval estivera en Madrid. Descoñecía que existira un lugar onde se estudia o mínimo detalle sobre a forma do casco e as hélices dos barcos e non soamente sobre os de competición.
    Anímovos a consultar os enlaces deste “post” para que descubrades o exclusivo mundo da tecnoloxía hidrodinámica naval.

  3. rodrigo.aso.1a di:

    A verdade e que estivo bastante ben a visita ao Cehipar, pero a verdade e que non me gustou para nada a súa localización, xa que me parece un lugar inapropiado. Sería moito máis lóxico que se construíse nun lugar que tivese acceso ao mar, e non en Madrid por ser a capital. A verdade e que imaxino que os gastos serán moito maiores ahí que nun lugar con acceso ao mar.
    Pero en xeral gustoume bastante sobre todo o ensaio ao que nos deixaron asistir.

  4. carmen.aso.1b di:

    O Cehipar é un centro de experiencias hidrodinámicas, non un centro do naval, polo que debería ser independente a súa situación.
    Sen embargo, en Galicia creouse recentemente un centro tecnolóxico do naval galego, onde se «pretende ser líder en facer avanzar as fronteiras da investigación, a innovación e o coñecemento no ámbito da enxeñaría, a tecnoloxía e a ciencia naval». Operará a pleno rendemento en 2014 polo que lín, e non é o único centro de investigación que poderíamos visitar.

  5. lara.aso.1a di:

    Claro que é independente a súa situación, pero eu coincido con Rodrigo en que a localización estaría mellor nun espazo costeiro. O CEHIPAR ten una gran demanda comercial xa que pode resolver tanto os problemas teóricos coma tódolos prácticos que poida presentar unha embarcación.E isto supón unha embarcación con materiais adaptados ás condicións normais cás que se enfrentará a embarcación ofrecéndolle unha maior competividade.

  6. victor di:

    Recordade que o CEHIPAR é dependente da Armada Española aínda que fai investigación e traballa para os sectores público e privado.
    É un centro punteiro e posúe unhas impresionates instalacións onde, como se pode intuír no video dos vosos compañeiros, a partir dos planos dun enxeñeiro naval que se introducen nun programa informático que permite construír, a escala e coa axuda dun robot, os cascos das embarcacións. O mesmo para as hélices

  7. lara.aso.1a di:

    No CEHIPAR as simúlacións como se pode ver no vídeo de sara fanse a pequena escala, mais os datos obtidos nas embarcación a pequena escala coinciden cos da embarcación orixinal.

  8. dolores di:

    Supoño que para a maioría dos ensaios teñen que utilizar condicións que haberá que crear artificialmente (tipos de oleaxe, condicións máis ou menos extremas do mar, outras que reflictan comportamento en función do uso…) e ademais necesitan o equipamento instrumental que recolle os datos o cal implica en calquera caso unha instalación “laboratorio”, e polo que lin fan algunhas probas en encoro que ten a vantaxe de que non hai obxectos flotantes que interfiran como pasaría no mar, a non ser que tiveran unha zona restrinxida. Entón pouca diferenza hai entre a capital ou a costa, excepto a proximidade á situación real. Preguntáchedes por que elixiron Madrid?

  9. isaac di:

    Pode sorprender que o CEHIPAR estea en Madrid, incluso o feito que a maior parte da poboación de El Pardo, localidade na que se atopa, descoñeza o que se fai alí, aínda que é un centro punteiro no seu campo a nivel mundial, pero non podemos esquecer que en Madrid tamén hai escola de enxeñería naval, e que incluso teñen un faro, aínda que se descoñece a súa función.
    A explicación da súa ubicación podería ser que no momento da súa creación, no ano 1928, era unha instalación exclusivamente militar dependente daquela do Ministerio da Mariña, que obviamente tiña a súa sé na capital do estado.

  10. rodrigo.aso.1a di:

    Respondendo a Dolores, a verdade e que non preguntou ninguén se non me equivoco, pasa o de sempre, que é que mentras estamos nunha excursión ninguén pregunta nada nin ten dúbidas o malo e que despois cando recordamos e volvemos a pensar no tema pois xorden interrogantes.

  11. victor di:

    Si se preguntou, e o guía dou unha resposta; cal foi?
    Outra cuestión: como conseguían reproducir as características de todos os mares do mundo?

  12. vanesa.aso.1a di:

    Se non me equivoco unha das respostas que dou o guia a esa pregunta foi que quen levaba o exercito de mar era Madrid e por iso se fixo en Madrid para que tivera os barcos mais fortes e resistente de toda España.

  13. rodrigo.aso.1a di:

    Pois era porque tiñan unhas paletas que xiraban na horizontal como na vertical (como unha especie de remos pero colocado en vertical todos en liña nunha parede). Logo a través dun programa informático facían mover todas estas pás hidráulicas, que non me lembro cantas eran.

  14. victor di:

    Penso que eran 90 pás as que conseguían crear as diferentes condicións que se dan en todos os mares do mundo.
    O guía da visita fixo referencia a que situar este tipo de centro en Madrid foi por unha cuestón de equidistancia con respecto á costa.

  15. melania.aso.1a di:

    Esta si que foi unha visita interesante.
    Pudemos estar presentes cando fixeron un ensaio, eso si que estubo ben.
    A verdade é que teñen todo moi ben calculado para que non haxa nin o mínimo fallo.

  16. karina.aso.1a di:

    No ensaio que fixeron a nosa vista pudemos comprobar de cerca certas función que teñen, que sempre están moi ben para aprender algo. Foi unha visita interesante aunque quizais algo larga.