A resposta está no vento

 

imagen

Galicia é unha das rexións con mellor aproveitamento da enerxía eólica, pois encóntrase entre os seis países con maior potencia instalada. A utilización de máis enerxía eólica provocará unha redución da contaminación por CO2. Aínda que a instalación dos muíños nos montes causan gran impacto visual non me parce ista unha razon suficiente como para rexeitar este tipo de fonte de enerxía.

O INEGA publicou unha nova anunciando que no ano 2.010  Galicia producirá o 80% das enerxías renovables do Estado. Se moitos paises seguiran a nosa política enerxética  reducirianse as emisions de CO2 e polo tanto melloraría a situación que está a provocar o cambio climático.


Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Enerxías renovables, Recursos naturais, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

32 Responses to A resposta está no vento

  1. lara.aso.1a di:

    A enerxía eólica é unha das enerxías renovables que mellor sae adiante aquí en Galicia, ten como inconvintes como ben di Carolina un gran impacto ambiental e tamén a morte de moitos paxaros. Unha aplicación para aproveitar esta enerxía en edificios foi a que fixo a empresa ‘Green Energy technology’ levou a cabo un proxecto que se trata dun túnel de vento para colocar enriba dos edificios e abastecelos con enerxía eólica, polo tanto renovable. Pode producir uns 160000kw anuais e tamén tívose en conta a vida dos animais, xa que ten unha malla protectora pola que só pasa o vento.

  2. ivan.aso.1a di:

    Ainda que con esta iniciativa se baixa o nivel de CO2 non que olvidar que dependeremos moito mais do noso clima e eso pode xerar carencia de enerxia cando non poidas producir, asique eu creo que esta solucion tamen ten algun inconvinte

  3. victor di:

    Todas as fontes de enerxía que podemos utilizar na actualidade teñen cousas a favor e outras en contra. Pero cales son as cousas negativas da enerxía eólica?

  4. andrea.aso.1a di:

    É unha boa opción xa que é unha enerxía renovable, Galicia consume un 63% da enerxía que produce, pero un complexo eólico non se pode contruír en calquer lugar,necesítanse varios meses de estudos previos para comprobar as características dos terreos.

  5. sabela.aso.1a di:

    Respondendo a pregunta de Victor sobre as cousas negativas da enerxía eolica…a parte do que di Carolina e Lara, o ruido tamén é un dos problemas desta enerxía…
    Pareceme un bo remedio para a contaminación…creo que outros países tamén deberían obtar máis polas enerxías renovables.

  6. victor di:

    Pero cal vos parecece que é o maior impacto ambiental deste tipo de instalación; e fago esta pregunta porque Carolina fala do impacto visual. Hai máis impactos?

  7. pablo.aso.1b di:

    O maior impacto ambiental dos xeradores venda dado pola súa situación. Polas súas características precisa de lugares como litorais, colinas etc, que coinciden co paso de aves migratorias co cal existe un risco de mortalidade por impacto coas as. Pero sobre todo é a súa estrutura, con todos os elementos horizontais e o aeroxerador que o fan unha maquina bastante grande e chamativa nas paixases que precisa para o seu funcionamento.

    Por iso se barallan novas estruturas de xeradores.

  8. noeliap.aso.1b di:

    A eólica paréceme unha boa fonte de enerxía posto que é das menos contamintantes un recurso abuntante,renovable,limpo e que axuda a disminuír as emisións de gas pero ten un problema non é suficiente por causa da aleatoriedade do vento polo que se convina con centrais térmicas,enerxía que implica liberación de CO2 e outras emisións contamintantes. Este é outro dos aspectos negativos que supón.

  9. pablo.aso.1b di:

    Outro problema que non ter que ver co impacto ambiental é que facer ca enerxía que non se utiliza. Diversos proxectos saíron a luz nos últimos anos. Estes proxectos tratan de aproveitar a enerxía eléctrica que non ten demanda na rede eléctrica pero que o parque eólico sigue producindo “gratis”. Unha opción que se baralla e gardar o aire en baterías de coches eléctricos, outra e gardar o aire baixo terra para que, cando haxa demanda facer xirar unha turbina coa que producir enerxía.

    Por exemplo, no último ano en España, tivéronse que desconectar o 40% dos aeroxeradores por non ter onde almacenar a enerxía. Estes proxectos estanse a levar a cabo na illa de El Hierro.

  10. isaac di:

    Pablo, non tes que irte tan lonxe para buscar exemplos de como aproveitar a enerxía eólica cando non hai demanda de enerxía eléctrica. No parque eólico experimental de Sotavento, no concello de Xermade, provincia de Lugo, están experimentando o almacenamento de enerxía xerando hidróxeno. Esta alternativa é máis respectuosa co medio, xa que non emprega medios de almacenamento contaminantes como as baterías.

  11. sara.aso.1a di:

    As desventaxas que pode traer consigo a enerxia eolica son o ruido, o gasto economico e ademais os aereoxeneradores poden acabar coa vida de moitas aves, ademais sempre precisan dun lugar preto do litoral ou zonas de moito vento, e como son tan grandes dañan a estética.Pero ainda asi considero que teñen moitas máis ventaxas ca desventaxas e os datos de que nun futuro van a proporcionar o 80% da enerxia en España son datos moi bos.

  12. victor di:

    A verdade é que o impacto dos parques eólicos é sobre todo visual. Cando están sendo instalados tamén realizan bastante desfeita nos ecosistemas forestais. Aínda así pensades que en determinados lugares de interese natural deberían estar prohibidos?

  13. borja.aso.1a di:

    A min pareceme que si pois se por exemplo vas a un lugar buscando natureza e tranquilidade e encontrarte os molinos de vento, seria algo impactante.Pero por outra banda se nese lugar hay unhas condicións óptimas para os molinos…

  14. victor di:

    Iso non vale Borja. Non respondas coma un galego; responde como un científico.

  15. isaac di:

    Asegúrovos que unha central térmica, unha central hidroeléctrica, calquera fábrica fai máis ruído que un aeroxerador, que ademais raramente está cerca de núcleos de poboación.
    É certo que o principal problema é o impacto visual, pero probablemente a confusíón de don Quixote entre muíños e xigantes fora unha queixa encuberta de Cervantes do impacto visual dos muíños de vento en La Mancha (isto último é broma)

  16. noeliap.aso.1b di:

    Se o lugar é de interese natural e a instalación dos parques eólicos producen diversas desfeitas creo que si deberían prohibirse simplemente pola conservación do medio porque seguramente exista un lugar mellor para a súa colocación.

  17. juanluis.aso.1a di:

    Non creo que se deban situar en lugares cun gran interés natural. Pero noutro lugares de pouco interese si se poderían construir estes parque eólicos,xa que os seus efectos visuais supoño que serían menores.

  18. victor di:

    A pregunta que vos plantexei é moi concreta; debe existir algún criterio que nos diga onde situar un parque eólico?, vale todo?, que criterios propoñedes?

  19. maria.aso.1b di:

    Na miña opinión si, deberia ser nun lugar alto, despexado sen árbores, e donde haia amenudo vento. Se non non serviria de nada poñer un parque eólico nun lugar donde o vento e escaso

  20. victor di:

    E se ese lugar é un espazo natural protexido?

  21. sergioa.aso.1a di:

    normalmente en montes ou costas con gran cantidade de vento. Faise un análise dos ventos dominantes e das aves migratorias que pasan por ali. Despois de iso comproban se compensa poñer ali un parque eólico ou non e se da moito impacto ás aves migratorias. Despóis expropian os montes ou pagan uns cartos ó dono cada “x” tempo por ter ali o parque. O positivo disto último é que ó querer instalar alí o parque limpan o monte e fano accesible.

  22. rodrigo.aso.1a di:

    Isto da enerxía eólica parece interesante e unha das posibles alternativas. Pero a miña pregunta é, sería viable quitar xa todas as centrais e colocar tropecentos aeroxeradores? Ou aínda ten que haber outra forma de obter enerxía?
    A miña resposta é que penso que tal e como está a demanda de enerxía hoxe en día, sería imposible substituír todas as centrais por aeroxeradores. Porque penso que non sería suficiente. Ou é?

  23. victor di:

    Rodrigo, ninguén plantexa que actualmente a enerxía eólica poida satisfacer todas as nosas necesidades enerxéticas. Desde un principio plantexamos que se deben combinar diferentes tipos de fontes enerxéticas mentres non haxa unha única fonte limpa e duradeira. Precisamente por iso estou a plantexar que características deberían ter os lugares a seleccionar para situar un parque eólico.
    O que apunta Sergio de que o positivo é que limpan o monte e fanno accesible, non estou dacordo, pois un dos impactos que crean estas estructuras é precisamente a desfeita que fan no monte, sobre todo cando as constrúen. Un monte é ante todo un ecosistema e non un parque para pasear.

  24. isaac di:

    Como xa dixo Víctor, a enerxía eólica e só unhas das alternativas ás fontes de enerxía contaminantes, pero que por si soa non pode satisfacer a demanda enerxética actual, aínda que hai marxe de mellora en canto a súa eficiencia.
    Pero o feito de ser unha enerxía limpa non significa que teña varios inconvenientes, como xa se sinalaron aqui o seu impacto visual ou todos os problemas derivados da súa instalación, polo que debe evitarse a súa instalación en lugaraes de alto valor natural, que non só é ter árbores, de feito unha das maiores desfeitas en Galicia con respecto a instalación dos parques eólicos foi na Serra do Buio, onde ser cargaron parte da maior turbeira de cobertor de Europa, un espazo único onde non hai unha soa árbore.

  25. victor di:

    Que é iso que conta Isaac da “turbeira de cobertor”?

  26. noeliap.aso.1b di:

    É unha extensa área montañosa (22.480,98 ha. )na que se integran as serras do Xistral, A Toxiza e A Carba. Está moi pouco poboada, con aldeas escasas e moi dispersas. Dende hai unha década prodúcese un intenso aproveitamento da enerxía eólica. Este espazo natural conta con gran importancia: contén vexetais de gran interese botánico,nalgunhas cabeceiras de ríos conservanse pequenos bosques autóctonos e en canto os animais hai numeros mamiferos(cervos,lobos etc),aves(falcóns,aguias…), anfibios e invertebrados. Tamén contén rochas plutónicas e metamórficas e ten unhas condicións climatolóxicas moi frías con abundantes choivas.

  27. pablo.aso.1b di:

    Unha turbeira de cobertor ou de cumio ( pola súa situación ) é o solo das partes altas das montañas situadas preto do litoral que teñen un alto nivel de pluviosidade.
    Así, estas condicións de frío e choiva limitan o crecemento vexetal restrinxindo a flora a plantas oxihigrófilas e criófilas, que soportan fríos invernos.
    O elevado contido en auga do subsolo favorece a acumulación de restos vexetais, creando grandes acumulacións de turba extremadamente ácida e pobre en nutrientes.

    Estas turbeiras de cobertor están protexidas por lei, xa que a través delas, entre outras cousas podemos reconstruír cambios climáticos e ambientais do planeta.

  28. pablo.aso.1b di:

    Respecto sobre cales poden ser os limites ou criterios para instalar un parque eólico nun espazo natural penso que cando se declara unha zona como espazo natural ou protexido os seus obxectivos son protexer a integridade do ecosistema, a conservación e recuperación das especies,difusión dos valores culturais, etc. Obxectivos que non se corresponden ca instalación dun parque eólico, ou semellantes coma tendido eléctrico ou camiños para trafico terrestre.

  29. victor di:

    Comentario nº27: plantas oxihigrófilas e criófilas; queeeee…!

  30. maria.aso.1b di:

    Son un tipo de fungos que resisten temperaturas moi baixas.

  31. isaac di:

    Se son plantas non son fungos.

  32. melania.aso.1a di:

    Son plantas situadas normalmente ás beiras de cauces de auga como regueiros.