Adeus amigo, adeus


Un recente estudio revelou que unha de cada catro, das 5.487 especies de mamíferos, está en perigo de extinción. Dito estudio afirma que cerca de 1.139 especies están en risco de desaparecer e que, en xeral, as poboacións do 52% dos mamíferos están menguando.

A desforestación e a caza son as principais causas da desaparición das especies terrestres deste tipo de vertebrados. No mar, os mamíferos mariños, morren nas redes pesqueiras, na colisión cos barcos e polo efecto da contaminación.

A pesar dos esforzos coordinados polas distintas administracións, que nalgúns casos deron bos resultados, a UICN advirte de que o éxito para  reducir ou deter a extinción de mamíferos pasa por abordar o problema  na súa orixe.


Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Sobreexplotación dos recursos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

37 Responses to Adeus amigo, adeus

  1. sara.aso.1a di:

    Isto é moi certo, vinno o outro día na tele, a verdade é que é unha vergonza o que está a ocorrer con estes animais.Vin nunha reportaxe onde os científicos chinos capturaban moitísimas baleas supostamente con fins científicos, pero non se dan conta de que van acabar por desaparecer?, esta captura ten que medirse dalgunha maneira, non so os de GreenPeace deben actuar. E se existen organizacións coma a UICN, que loitan para que estas situacións melloren, por que non deberán facerlles caso todos os causantes deste destrozo. Sería unha gran pena ver coma moitos animais máis acaban desaparecendo.

  2. melania.aso.1a di:

    Pois tes toda a razón Sara!
    é unha verdadeira pena que vaian desaparecendo as distintas especies de mamíferos que comparten con nos o medio.
    Pouco a pouco, a diversidade de especies que poblan a terra vanse reducindo, e non só os mamíferos.
    Se os científicos capturan as baleas pode ser que queiran estudalas e buscar algunha solución para este caso.
    A responsabilidade de protexelos non é só das organizacións, tamén debe ser nosa xa que contribuimos a súa deforestación coa tala de árbores e a caza como ben dixo víctor.

  3. alexandre.aso.1b di:

    Xa a verdade e que xa son varias as noticias que salen na televisión e na prensa en xeral do maltrato destes animais.
    A verdade e que todo temos que colaborar porque estas persoas que cazan fanno para vivir e supuestamente nos somos os que comramos a súa caza de certa maneira, asique non temos que mirar tan lexos para ver a orixe do problema.

  4. ivan.aso.1a di:

    O peor de esto e que hai xente que pensa que e facil recuperar unha especie, e mentres a poboacion non se conciencie de que se non coidamos o noso planeta acabaran desaparecendo a biodiversidade. Dentro de pouco solo quedaran os animais das granxas e porque nos fan falla para vivir.

  5. victor di:

    Melania, os xaponeses non son científicos. Cazan baleas para vender no seu mercado. Para estudiar unha especie non se necesita cazar cincocentos exemplares todos os anos (teñen moito morro). Por que credes que non se fai nada para parar esta caza de baleas encuberta de estudio científico?

  6. victor di:

    Coñecedes algún caso de especie de mamífero que se estea a recuperar con éxito en España?

  7. ivan.aso.1a di:

    O lince estase a recuperar ben. Nun reportaxe na television dixo que esperaban poder volver a deixalos en liberdade en moi poucos anos

  8. victor di:

    E coñecedes algún caso en Galiza?

  9. josemaria.aso.1a di:

    Na historia ya hubo grandes extincions masiva , pero esperemos que a proxima non sexa debida a nos e aos noso actos.O ritmo de extincions de especias é alto , pero é un ciclo natural(ainda que mais acelerado do debido).Enton fagome unha pregunta porque temos que salvar os animais? Porque loitamos pola recuperacion dos osos Panda que son claramente uns inadaptados?
    Porque nos importa mais un oso panda que as milleiros de especies de insectos que desaparecen? Todo poque os osos panda son mais bonitos , ou quedan mellor nos zoos? Eu creo que se non se preocupan por todalas especies ,non deberian salvar a ninguna porque o mellor vendo morrer a todas poderia haber un cambio na nosa mentalidade

  10. sabela.aso.1a di:

    Non fai tempo lin que, “están en peligro de exinción un mamífero de cada catro, un paxaro de cada oito, un anfibio de cada tres e sobre o 70% de todalas plantas”…posiblemente non sexa esactamente así, pero non se desvía moito do que quere decir, verdade? Na miña opinión é unha pena que cada vez haxa máis especies en perigo de extinción. Sen ir máis lexos, en España encontranse en perigo: o Urugallo(ave),a Foca monje, o Oso pardo, o Quebrantahuesos, o Lobo Ibérico, a Ágila Imperial, o Lince Ibérico…

  11. victor di:

    Para José María:
    O ritmo actual de extincións é moitísimo máis alto que noutras épocas. Estamos falando de anos, non de miles de anos ou millóns como noutros casos. Pero o máis importante de loitar contra as extincións de seres vivos e que neste caso somos nos os causantes desas desaparicións, non se producen por causas naturais. Nos cazamos, nos contaminamos, nos destruimos hábitats. Eticamente temos tanto dereito a vivir como as demais especies e non temos ningún dereito a extinguilas.
    Os vertebrados están moito máis próximos filoxeneticamente a nos(?) e son moito menos numerosos que os insectos (80% das especies). Ao ser menos numerosos preocupanos máis a súa supervivencia. Certas especies de insectos poden desaparecer porque non as coñecemos.
    Non podemos permitir que as especies desaparezan porque nos estamos destruindo o planeta. Ademais as especies aínda gardan certos misterios que poderían mellorar no futuro a nosa calidade de vida.

  12. victor di:

    Que valor ten a biodiversidade?

  13. gema.aso.1b di:

    No nosos arredores tamén existe un alto porcentaxe de animais en perigo de extinción como poden ser:Arroaces,Gaivota Tridáctila,o Arao,o lobo,Podenco galego…

    Realmente unha mágoa, como opina Sabela, que estos animais algún dia podan deixar de verse.Sería imprescindible buscar unha solución e colaborar para que isto non ocorra,xa que moitas destes animais tanto acuáticos,mariñs,e as infinitas especies que insectos que nos resultan incómodos ás veces constitúen unha cadea alimenticia e apórtannos cousas que necesitamos na nosa vida diaria.

  14. victor di:

    Quero puntualizar unha cuestión. A cotío falades dos insectos como algo molesto ou prexudicial (comentario 13). Pero que ocorrería se se extinguisen os insectos?

  15. melania.aso.1a di:

    Perdón pola miña equivocación de antes.
    Parece mentira, pero hasta o máis insignificante dos insectos ten unha misión no ecosistema.
    Por exemplo, que fai algún tempo se falou da desaparición da abella, sin ela non habería polanización que afectaría a diversidade de especies e tamén o campo económico, porque son as grandes productoras de mel.

  16. lara.aso.1a di:

    Os insectos polinizadores (como son por exemplo as abellas), manteñen vivos os cultivos e a flora silvestre. A especialización que realizan as abellas sostén a biodiversidade e o equilibrio ecolóxico do ecosistema.

  17. nuria.aso.1a di:

    A verdade é que parece mentira que un simple insecto como do que estamos a falar, a abella, sexa tan importante para a vida, porque se nos paramos a pensar, como ben di Lara, ésta cumpre unha función primordial na vida posto que sen elas non sería posible manter vivos algúns ecosistemas

  18. gema.aso.1b di:

    Quería matizar o dos insectos.Referíame a que nos molestan cando están preto da comida,nas casas,arredor de nós…. e que non nos damos conta de que animais como as abellas e as moscas axúdan a mellorar o noso nivel de vida(estes últimos insectos,axudan a reducir os residuos orgánicos que producimos)Se os insectos desapareceran,organismos como as plantas(non se reproducirian e a polen que producen non se recollería)Moitos insectos axudan a outros animais máis grandes a cambio de lugar no que instalarse.

  19. gema.aso.1b di:

    Os seres vivos que se alimentan de insectos do solo(un exemplo disto é a aguia,que necesita de sobre todo de vermes para sobrevivir e abastecerse)morrerían de fama,e perxudicarían a toda a cadea alimenticia de animais parecidos e outros que viven a súa vez deles.

  20. victor di:

    Moi ben. Como vedes ao reflexionar un pouco dámonos de conta que sen insectos gran parte dos ecosistemas actuais desaparecerían (a maioría dos vexetais necesitan insectos para a polinización). Tamén forman parte da dieta dos paxaros.
    E moi importante: os primates procedemos dun grupo de mamíferos moi primitivos chamados insectívos (contade algo deste grupo que nos axude a coñecelo).

  21. noeliap.aso.1b di:

    Os insectívoros denomínanse de esta forma xa que a sua alimentación é a base de insectos e outros invertebrados. Teñen pequenos dentes afiados para capturalos. Algún exemplo: ourizo,musaraña,toupa etc

  22. victor di:

    Sabiades que os mamíferos actuais procedemos dun antepasado insectívoro arborícora de hai moitos millóns de anos? (aportade información sobre a nosa orixe de mamífero).

  23. noeliap.aso.1b di:

    Din que os primeiros fósiles son de 53 millóns de anos atrás. Amosan uns animais mamíferos coa capacidade de planear moi parecidos ós morcegos actuais. Constituíron aproximadamente a cuarta parte de todas as especies de mamíferos coñecidos que se reparten por todo o planeta.

  24. victor di:

    Hai 65 millóns de anos extinguíronse os dinosaurios e os nosos antepasados xa convivían con eles.

  25. maria.aso.1b di:

    Busquin información é atopei isto: Os mamíferos (nome científico, Mammalia) son unha clase de amniotas que se caracterizan pola súa homeotermia, a mandíbula inferior formada por un único óso, o dentario, con dentes moi especializados, a presenza dun padal secundario, a presenza de pelaxe, un olfacto moi desenvolvido e, sobre todo, porque as súas femias producen leite para alimentar ás suas crías. A ciencia que estuda os mamíferos denomínase terioloxía.

    Os mamíferos apareceron a finais do Triásico, hai uns 210 millóns de anos. Abranguen aproximadamente 5400 especies, entre os que está o ser humano.

  26. ana.aso.1b di:

    En canto a pregunta do comentario 23 eu encontrei isto:
    A clase dos mamíferos procede dun grupo de réptiles cotilosaurios que, fai uns 250 millóns de anos experimentou unha rápida evolución, dando lugar aos pelicosaurios. Destes derivaron outros réptiles con características peculiares, que se asemellan ás dos mamíferos: os terápsidos.

    Estes réptiles mamiferoides non puideron resistir a competencia dos dinosauros, polo que foron extinguíndose paulatinamente, aínda que sen chegar a desaparecer por completo. Algúns grupos, resgardados en ambientes boscosos, levaron unha activa vida nocturna.

    Ao parecer, fai uns 180 millóns de anos xa se adquiriron as características propias dos mamíferos: a homeotermia (“sangue quente”), o desenvolvemento do cerebro, o pelo corporal e, quizabes, o viviparismo.

    Durante 100 millóns de anos, estes mamíferos primitivos, do tamaño dun rato, viviron marxinados nese ambiente nocturno. A súa alimentación constaba, fundamentalmente, de insectos e ovos.

    A verdadeira explosión evolutiva dos mamíferos produciuse cando comezaron a desaparecer os dinosauros, fai uns 70 millóns de anos.

    Os primeiros restos fósiles de mamíferos semellantes aos actuais datan desta época e, pola súa dentadura, sábese que eran insectívoros. Os seus descendentes multiplicáronse extraordinariamente nas novas condicións de vida e, en pouco tempo, deron lugar aos antecesores da maioría dos mamíferos que hoxe existen.

  27. victor di:

    Entón o exito evolutivo dos mamíferos dependeu da desaparición dos dinosaurios?, foi froito do azar?

  28. rodrigo.aso.1a di:

    Parece que cando falamos dos insectos non lle damos importancia, pero non sei se sabedes que aparte de mel tamén os insectos producen directamente ou de forma indirecta materiales de valor económico, como: seda, cera, goma, laca… e outras materiais que despois o home emprega para facer tintas, pigmentos… Pero tamén interfieren na producción de froitos, hortalizas, flores e grans a través da polinización. Tamén están os insectos que actúan como controladores biolóxicos ou reguladores de plagas.

    Respondendo a Víctor, creo que procedemos dunha especie de reptiles do pérmico e do triásico que se denominaban terápsidos. Tal e como se di nestas páxinas (http://www.geocities.com/torosaurio/crdebunk/terapsidos-mamiferos.html)
    (http://cuencas.fcien.edu.uy/menu_ense/materiales/OrigenMamiferoBiologia2008.pdf)

  29. sara.aso.1b di:

    Nunha entrevista que lle facían a un palenontólogo explicaba que a evolución dos mamíferos non só depende da desaparición dos dinosaurios,para que estes desapareceran tivo haber un reemplazo de especies,coñecido como “rotacións faunísticas”,as cousas que contribuen a estas rotacións é por exemplo a inmigración de especies provintes doutras aréas.Outra causa é o cambio climático,e a escala de cambio,os cambios que afectan a esta evolución son as escalas de tempo sumamente longas como os ciclos glaciales e interglaciales do Pleistoceno.O cambio climático do Mioceno que tivo lugar fai 18 ou 14 millóns de anos,tivo unha pronunciada especiación entre os grupos de mamíferos.

  30. rodrigo.aso.1a di:

    Pois segundo puiden ler, Víctor, non tivo nada que ver.Así publicou consumer unha noticia “La extinción de los dinosaurios no motivó la evolución y supremacía de los mamíferos, según un estudio
    La causa fue el aumento de la temperatura del planeta ocurrido diez millones de años después de la desaparición de los grandes Sauros”, na páxina http://www.consumer.es/web/es/medio_ambiente/2007/03/29/161293.php . Esta noticia foi publicada por unha revista bastante importante “Nature” e este estudio foi realizado por científicos de Alemaña, EEUU e Reino Unido. E ao final chegaron á conclusión de que a extinción dos dinosaurios non motivou a evolución dos mamíferos nin tampouco a súa supremacía.

  31. victor di:

    A extinción dos dinosaurios por un gran meteórito eliminou o grupo dominante naquel momento e deixou vía libre para que algún dos grupos supervivintes (peixes, anfibios,rétiles, aves ou mamíferos) conseguiran ocupar o seu lugar. Por suposto que o exito dos mamíferos produciuse posteriormente pero se non chegaran a desaparecer os dinosaurios posiblemente os alumnos e alumnas que hoxe estades no Asorey teríades escamas e rabo.
    Por certo, no comentario 29, Sara fala de “especiación”; que significado ten este concepto?

  32. sara.aso.1b di:

    Segun a informacion que atopei o concepto de especiacion é conocido como o proceso mediante o cal unha población dunha determinada especie da lugar a outra ou a outras especiacies,asiladas reprodutivamente da población anterior e entre si,que co tempo irán acumulando outras diferenzas xenéticas.O proceso de especiación ó longo de 3.800 millóns de anos deu orixen a unha enorme diversidade de organismos,millóns de especies de todos os reinos,que poboaron e poblan a Terra case dende que se formaron os primeiros mares.

  33. victor di:

    Di Sara que por especiación, unha especie pode dar lugar a varias. Todos os mamíferos proceden dunha soa especie. Este proceso pode orixinarse pola chamada “diverxencia adaptativa” (definide este concepto aclarándoo con exemplos).

  34. josemaria.aso.1a di:

    Hai douas formas de diverxencia adaptativa:

    O primeiro os animais repiten formulas e diseños que xa tiveron exito, como unha ala de un insecto e dunha ave, que desempeña a mesma funcion pero esta constituida de diferente forma.

    Despois estan os organos que desempeñan funcions distintas pero teñen a mesma anatomía interna como unha ala dun morcego, a aleta dun golfiño ou a pata de un cabalo o que indica adaptacion o medio

  35. sara.aso.1b di:

    Polo que busquei a diverxencia adaptativa é cando se introduce unha especie nun novo ecosistema ou cando especies logran sobrevivir nun ambiente no que antes era inalcanzable.Un exemplo que atopei foi a introducción polo home de mamiferos en Autralia ou tamen o desarrollo das primeiras aves que tiveron a capacidad de expandirse polo aire

  36. pablo.aso.1b di:

    A diverxencia adaptativa é o proceso polo cal se adaptan novas especies nun ecosistema, ou cando sobreviven estes a condicións nas que antes lle resultase imposible. Dentro dun curto espazo de tempo, moitas especies derivan dunha soa debido a súa dinámica. As aletas dos delfíns representan un caso de diverxencia adaptativa ao medio onde viven.

  37. victor di:

    José María, metes na mesma definición dous conceptos antagónicos: converxencia e diverxencia adaptativa.
    Non me parecen claras as definicións que dades destes dous conceptos.