A fonte da eterna…


ITER significa “o camiño” en latín, e ese parece ser polo de agora un dos poucos que poderemos seguir para a produción de enerxía centralizada sen emisións de CO2.

Da fusión podemos destacar que dos combustibles utilizados, os isótopos do Hidróxeno: deuterio e tritio, o primeiro está amplamente distribuído  no planeta e o segundo, que é raro atopalo (só se orixina nos raios cósmicos) pódese obter na central partindo de Litio, e que o único compoñente radiactivo de todo o proceso, ese tritio (vida media 12,6 anos), prodúcese e consúmese dentro do reactor. Os estudos de seguridade feitos indican que a cantidade máxima que se podería liberar en calquera accidente sería suficientemente pequena como para que non sexa necesaria a evacuación de persoas situadas fora do perímetro da instalación. Quedan os neutróns, que transportan o 80% da enerxía liberada e “activan” o material das paredes da cámara. O nivel de radiación dependerá da elección deses materiais. Ese será o seguinte paso na investigación.

 Está programado que uns anos despois da construción de ITER comece DEMO para probar e verificar o comportamento dos distintos materiais necesarios para os futuros reactores de fusión. En todo isto é destacable a coordinación e colaboración internacional que  ademáis pon a Europa á cabeza da investigación en fusión por confinamento magnético.

Esta entrada foi publicada en Física de partículas, Novas tecnoloxías, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

28 Responses to A fonte da eterna…

  1. sabela.aso.1a di:

    Según lin ITER é unha asociación (mellor dito un consorcio) internacional, para demostrar que a fusión nuclear pódese facer. O seu obxectivo e probar todolas pezas que se necesitarían para a construcción dun reactor nuclear…

  2. victor di:

    Alguén me pode aclarar cal é a diferencia entre a fisión e a fusión nuclear?

  3. lara.aso.1a di:

    A fisión nuclear xera enerxía mediante a división dos núcleos dos átomos, pola contra o proceso de fusión nuclear xera enerxía cando os núcleos se fusionan para formar un novo átomo.
    A reacción de fusión nuclear xera 4 veces máis enerxía que a de fisión. O gran inconvinte da enerxía de fisión é que necesita unha materia prima de difícl produción ( o uranio enriquecido).

  4. josemaria.aso.1a di:

    A fision é unha recaccion nuclear (ten lugar no núcleo do atomo) e consiste na division dun atomo pesado en elemetos mais lixeiros producindo asi moita enerxía (reaccion exotermica)
    A fusion é tamen unha reaccion nuclear que consiste na unión de atomos lixeiros para formar un átomo mais pesados. A fusion ten mais ventaxas que a fision e por iso investigase nela como un fonte de enerxia (aínda que a construccion dun reactor experimental en Francía costara 10.300 millones de euros)

  5. victor di:

    Que riscos implica para o ser humano a fisión nuclear?

  6. carmen.aso.1b di:

    O proceso de fisión é una reacción nuclear, o que quere dicir que ten lugar no núcleo do átomo. A fisión ocurre cando o núcleo se divide en dous ou máis núcleo pequenos, (o que tamén xera algúns subproductos como neutróns libres, fotóns e outros fragmentos como partículas alfa, e beta. A fusión nuclear é o proceso mediante o cal dous núcleos atómicos se unen para formar un de maior peso atómico.

  7. sabela.aso.1a di:

    A fisión nuclear conleva a uns cantos riscos.. os máis importantes son:
    -emisión de radiacións electromagnéticas
    -emisión de sustancias radiactivas
    Hai partes do noso organismo sensibles a estas emisións (células, médula ósea leucocitos, piel…).
    Ademais se se chega a producir unha catástrofe, hai psibilidades de morrer ou sufrir daños nun radio de decenas de kilómetros alrededor da zona da catástrofe.

  8. carmen.aso.1b di:

    Dentro das súas consecuencias ambientais está a formación de recursos radiactivos e as dificultades que estes plantexan para ser eliminados.
    E dentro das súas consecuencias sociais o posible suministro para armas nucleares.

  9. dolores di:

    Tanto a fusión como a fisión son reaccións en cadea, que quere dicir iso? Como comezan, que sexan reaccións exotérmicas significa que son espontáneas?

  10. dolores di:

    Ademais do económico vedes neste proxecto algún outro inconveniente?

  11. victor di:

    Enténdese que no comentario 8, onde Carmen di recursos quere dicir “residuos”.

  12. josemaria.aso.1a di:

    Unha reacción exotermica quere decir que cando a reaccion producese desprende enerxía
    A reaccion en cadea empeza cando un neutron cocha contra un átomo de uranio 235(tamen pode ser plutonio) e este dividese nun atomo de Cesio e noutro de Rubidio liberando tres neutrons máis, este tres neutron provacaran novas fisions continuando asi o proceso. Se este proceso en cadea non se controla a calor liberada e tan grande que se orixina unha bomba atomica

  13. dolores di:

    Ben Jose Maria, iso é o que ocorre na fisión. Quen nos conta agora como se controla isto entón nunha central nuclear?

  14. sergioa.aso.1a di:

    eses 3 neutrons liberados úsanse para fisionar outros 3 átomos de uranio pero ó chegar a unha determinada cantidae de átomos que se fisionan á vez estes neutrons que solta o uranio uns se perden e non colisionan e outros si colisionan e continuan a cadea para iso o que se fai é regular a velocidade á que se despiden os neutrons na fusion do uranio, asi aumentan ou diminuen as probabilidades de que colisionen con outro

  15. dolores di:

    A pregunta é como se regula a velocidade? (Coidado con fusión ou fisión cando escribides)

  16. victor di:

    Non vos esquezades que tamén é interesante que investiguedes que se fai cos residuos radiactivos.

  17. roi.aso.1b di:

    No Estado español producénse anualmente máis de 2000 toneladas de residuos radiactivos. Os de baixa e media actividades almacénanse no vertedeiro nuclear de El Cabril (Córdoba), mentres que os de alta actividade, son confinados en piscinas especiais subterráneas que hai nas propias centrais nucleares.

    Precisamente este feito-a almacenaxe dos residuos radiactivos- é unha das grandes cuestións que máis confrontamentos causan entre os partidarios da enerxía nuclear e os seus contrarios, polo perigo que podería representar unha hipotética fuga radiactiva.

  18. victor di:

    Credes que Galiza posúe boas características naturais para acoller un cemiterio nuclear?
    Buscade información sobre a denominada “fosa atlántica”.

  19. noeliap.aso.1b di:

    A Fosa Atlántica é un dos chamados cemiterios nucleares está nunha zona do chan submarino deprimida e alongada onde aumenta a profundidade ata uns 12 km.Fai 25 anos que os barcos pesqueiros Pleamar e Arousa I xunto có Sirius de Greenpeace intentaron evitar que o buque holandés Scheldeborg lanzara bidóns con residuos nucleares á Fosa Atlántica.Sucedeu fai moitos anos pero os bidóns deben continuar no seu sitio desintegrándose pouco a pouco.

  20. victor di:

    Noelia, pero está moi lonxe de Galiza?

  21. lara.aso.1a di:

    Localízase a 630 quilómetros da costa galega e encóntranse depositados máis de 14 000T de residuos radiactivos sen control.

  22. victor di:

    Considerades que corremos risco de contaminación radiactiva? Cando rematará ese risco? E non vos esquezades de responder á primeira pregunta que fago no comentario 18.

  23. pablo.aso.1b di:

    O risco de contaminación si existe, por que a pesares de que os bidóns que foron tirados na fosa atlántica fai xa 25 anos estean recubertos de formigón, uns investigadores de Greenpeace sacaron unhas fotos a un bidóns tirados no canal da mancha fai 60 anos, e que presentan claros signos de deterioro. As nosas rías corren perigo pois esa radioactividade pode chegar facilmente a nosas costas a través das correntes mariñas.

    Galicia, por suposto, non e un lugar axeitado para almacenar residuos radioactivos e a zona do Cabril en Córdoba tampouco, pois e unha zona sismicamente activa e preto da conca do Guadalquivir

  24. victor di:

    Non hai lugares idóneos par almacenar residuos radiactivos, pero os técnicos (sobre todo xeólogos) consideran que se deben buscar rexións xeolóxicamente inactivas (como Galiza) e onde non haxa perigo de contaminación de augas soterradas. Este feito situou a Galiza entre un dos tres lugares idóneos de España para construír un cemiterio nuclear. A proposta concreta situouno na preto da costa da Morte.

  25. pablo.aso.1b di:

    Estes días saíu nos medios de comunicación a intención polo alcalde de Yebra ( Guadalaxara ) por almacenar o cementerio nuclear que o Goberno e máis Enresa teñen en proxecto dende fai uns anos debido ao pronto esgotamento da capacidade do actual cemiterio de El Cabril.

    Parecer ser que a zona esta debilitada economicamente e este proxecto podería darlle un gran empuxón a municipio de 600 habitantes e os seus arredores.

  26. victor di:

    Se fórades habitantes de Yebra e estiverades no paro, gustariavos traballar nun cemiterio nuclear?, aceptariades que o construiran no voso concello?

  27. noeliap.aso.1b di:

    Todo depende da situación económica na que me encontre pero sería bastante desagradable sabendo o que podes causar a longo prazo e se fora alcaldesa non aceptaría construílo baixo ningún concepto,por moito hormigón que botes eso está aí e chegaría a ser moi perxudicial para a poboación se algo sae dese bidón ou se despraza cara a costa.

  28. isaac di:

    Resulta evidente que os únicos dispostos a acoller o almacenamento de resíduos radioactivos procedentes da actividade de centrais nucleares o fan por unha situación de precariedade. Pode se que incentive con promesas de cartos, pero a fin e o cabo non é unha actividade produtiva, polo que o número de postos de traballo non sería excesivo. Hai uns anos Rusia ofreceuse para acoller estes residuos, a cambio de cartos para mellorar a súa precaria situación económica, e moitos países consideraron a opción, posteriormente descartada polos problemas derivados do seu transporte, que atravesaría outros países que obviamente non lles resultaría moi agradable. Outros países do terceiro mundo tamén se ofreceron, pero as garantías de seguridade serían mínimas. En definitiva, o problema dos resíduos radioactivos está moi lonxe de estar resolto, por non falar do risco potencial das centrais nucleares, polo que consideralo como unha solución ao problema enerxético paréceme inconveniente.