Os biocombustibles, a solución?

Hartmut Michel recibíu o premio Nobel de Química en 1988, conxuntamente con Johann Deisenhofer e Robert Huber, por determinar con detalle o funcionamento da fotosíntese nunha bacteria (a reacción máis importante do mundo, segundo o xurado).
Recentemente, publicouse unha entrevista na que o científico sostén que os biocombustibles non son unha boa opción para combater o cambio climático: non aforran emisións de CO2 e promoven a deforestación da Amazonia.
A primeira vista, o uso de combustibles como o biodiésel e o bioetanol parece unha boa opción, con todo. Desde un punto de vista enerxético, a fonte de enerxía última é a luz solar, que a través da fotosíntese permite obter sustancias orgánicas. Xa que logo, trátase dunha enerxía abundante e dispoñible para todos. Doutra banda, desde o punto de vista das emisións de CO2, a cantidade emitida ao queimar estes biocombustibles compensaríase co CO2 fixado polas plantas durante o seu crecemento. Dito doutro xeito, ao deixar de queimar combustibles fósiles (que non deixan de ser restos vexetais, principalmente, que fixaron CO2 e almacenaron enerxía química fai millóns de anos) para queimar só restos vexetais «actuais», que se renovarían ano tras ano, poderíase manter tanto o ciclo enerxético como o do CO2 e alcanzar a sostibilidade.
Con todo, a realidade non é tan sinxela. Tal e como Michel apunta, «polo menos o 50% de toda a enerxía contida no biogás ou no biocombustible procede de fontes fósiles: para producir algúns biocombustibles, como o etanol, fai falta investir moita enerxía en forma de fertilizante, de transporte… E tamén no destilado do alcol. O que obtés ao fermentar o vexetal é algo como o viño, cun 10% de alcol, e hai que convertelo en alcol 100%. Para iso hai que investir case tanta enerxía como a que hai no etanol. E se obtés esa enerxía de combustibles fósiles, acabas emitindo máis CO2 do que emitirías simplemente usando gasolina no coche.»  


Esta entrada foi publicada en Biocombustibles, Cambio Climático, Recursos naturais, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to Os biocombustibles, a solución?

  1. andrea.aso.1a di:

    Ben estiven informándome sobre este tema e observei que ten ventaxas pero tamén inconvenientes. Algunhas das ventaxas dos biocombustibles son, entre outras, que proporcionan unha fonte de enerxía reciclable, polo tanto inagotable outra bastante interesante é que se melloraría a competividade ó non ter que importar fontes de enerxía tradicionais. Ata aquí todo ben pero os biocombustibles tamén teñen inconvenientes como que o costo da producción casi dobla a de a gasolina ou o gasóleo, necesítanse grandes espacios de cultivo, en España por exemplo habería que cultivar un terzo de todo o territorio para abastecer solo a demanda interna de combustible. Tendo isto e máis cousas en conta preguntome si sería a solución

  2. antia.aso.1a di:

    Na miña opinion o biocombustible non é unha solución ó problema, máis ben é unha pequena “axuda”, porque esta fonte de enerxía ten máis cousas negativas que positivas, na miña opinion. Está moi ben o de que é unha enerxía renovable, pero é moi costosa, non so polo traballo que require a súa preparación, senón que tamén afecta, e moito, á poboación e á economía. Un exemplo disto é que encarecen todos os productos do que se pode extraer (millo, soia, colza, cana de azucre…)no ano 2007 encareceron un 10% e un 40% en cereais. Os primeiros efecos perniciosos son xa unha realidade, por exemplo en Brasil (un dos maiores productores de bioetanol a partir de cana de azucre)os cultivos enerxéticos están arrebatando terras que ata agora estaban destinadas a outros usos.

  3. pablo.aso.1b di:

    Os obxectivos que os países teñen que cumprir en cantidades de biocombustible está a provocar nos países pobres o expropiamento masivo de terras, que ten como consecuencia un desprazamento da poboación que os empobrece aínda máis.

    Na miña opinión o biocombustible vendese como “verde” pero conleva graves problemas económicos, naturais, e sociais.
    Por último engadir que en Galicia a fundación dunha coñecida caixa pretende aproveitar terras abandonadas para a produción de biocombustibles.
    Pretendese crear un fondo público de axuda de entrada de empresas debido ao alto custe da fabricación de bioetanol.

  4. victor di:

    Polo de agora deberemos plantexarnos que non hai unha fonte de enerxía única que resolva os nosos problemas e polo tanto debemos utilizar os tipos de enerxías menos contaminantes e que posúan os menores efectos perniciosos sobre o medio ambiente.
    A utilización de biocombustibles tivo efectos negativos sobre determinadas cuestións: aumentou o prezo do leite e da carne e producíu un icremento da fame en determinados países do mundo; alguén pode explicar porque ocorreu isto?

  5. noeliap.aso.1b di:

    Dise que a crecente demanda de materias primas agrícolas destinadas á producción de biocarburantes ten como consecuencia o aumento dos prezos dos alimentos.

  6. victor di:

    Aclarade máis o que apunta Noelia.

  7. lara.aso.1a di:

    Os biocombustibles, obtidos de cultivos como a soia, o millo, o xirasol ou a cana de azucre dispararon os prezos dos alimentos en México porque boa parte da colleita de millo desviouse do mercado alimentario ao dos biocombustibles, o que trouxo a fame a moitas familias.

    hai alternativas como obter o biocombustible de aceites usados ou de outras fontes de biomasa ( coma o fitoplancto mariño), aínda que deben de ser melloradas.

  8. pablo.aso.1b di:

    E que é obvio, se nos empeñamos en dedicar parte da produción ao biocumbustible, os prezos subirán, e se plantamos novos cultivos nalgúns países a deforestación agravaríase.

    As veces culpase aos biocombustibles da crise económica, pero o problema está na forma de repartir a riqueza que os recursos naturais xeran, pois os biocombustibles simplemente son un síntoma pequeno da crise.

  9. marta_alonso.sau di:

    Hola!
    A verdade é que non creo que os biocomblutibles sexan a solución, xa que os viocombustibles, ademáis de supoñer unha desforestación implicaría unha sustitución de esos cultivos nun país polos típicos do país.
    Polo que estou dacordo có que dixo Antia.

    Respecto a pregunta plantexada, dicir que todo é un circulo vicioso, polo que o incremento dun dos factores que afectan a ese círculo, afectara ó resto. A utilización de biocombustibles supón un encaracemeto dos prezos do resto dos productos xa que ó estar destinada unha parte da produción a fabricación de biocombustibles a oferta deses productos é menor, xa que os recursos son limitados, e se os precios non varían as empresas non lles sairía rentable esa produción, e por iso se produce un incremento.
    Non creo que a crise económica estea direcatmente relacionada con isto.
    besiños!:)

  10. isaac di:

    O certo e que os biocombustibles hoxe en día parecen unha porta falsa, en gran parte pola entrada de especuladores na súa explotación, que non tiveron escrúpulos en deforestar bosques tropicais para gañar novos terreos de cultivo ou substituír outros orientados a alimentación humana (aínda que isto tamén se pode dicir dos cultivos de soia en Sudamérica).
    Por outra banda resulta pouco realista crer que os biocombustibles chegaran a substituir de forma significativa aos combustibles fósiles, non existe superficie cultivable suficiente nin unha tecnoloxía na súa produción economicamente rendible.
    Agora ben, baixo unha estricta regulación internacional na xestión da súa produción,credes que sería unha alternativa viable? A utilización de especies tranxénicas aumentaría a súa redibilidade? Enlazando coa pregunta anterior, coñecedes que especies se empregan na obtención de biocombustibles?

  11. josemaria.aso.1a di:

    Para a obtención de biocombustibles utilizanse cereais como o trigo e a cebada, tamen utilizase millo, sorgo, cana de azucre, remolacha,soia,colza estos son dos maís utilizados.

  12. juanluis.aso.1a di:

    Fai tempo vin un documental na televisión sobre esto e a verdade e que os biocombustibles non son a solución. Destinar os cereais a producir enerxía encarecen os prezos destes productos, ademais agraban os problemas sociais, ambientais e de dereitos humanos nos países do sur. Para min a solución sería empregar as enerxías renovables.

  13. victor di:

    Xa comentaramos noutra ocasión que mentres non exista unha fonte de enerxía que cubra as nosas necesidades deberemos botar mans de varias delas.
    O problema é que no caso dos biocombustibles non se fixo unha adecuada planificación senón que a súa utilización produciuse pola urxencia que supuxo o encarecemento do petroleo. De facerse ben as cousas, os biocombustibles poderían ser unha boa opción para o desenvolvemento económico de certos países e rexións do mundo.

  14. melania.aso.1a di:

    Eu penso que os biocombustibles non son a solución. Estes producen un aumento de prezo nos materias que os producen.
    Pode ser que sexan menos contaminantes, pero con isto, os alimentos que se cultivan para o ámbito alimenticio tamén son destinados para isto.

  15. isaac di:

    Existen especies que se están a cultivar especificamente para a obtención de biocombustibles, entre estas destaca a jatropha. Búscade información sobre esta planta que a fai tan interesante para este uso.

  16. gema.aso.1b di:

    A jatropha Curcas poderiamos decir que é unha planta máxica con fins e propiedades curativas na mediciña.É unha Euphorbiacea nativa de América Central,difundida a Asia e África por comerciantes portugueses.As semillas conteñen un aceite non comestible, que se pode empregar directamente para facer combustibles para lámparas,motores de combustión,xabrón,transformar en biodiesel(a marca Mercedes Benz emprega esta planta para os seus automóbiles)…
    Resiste un alto grao de sequía e prospera con soamente 250 a 600 mm de lluvia cada ano.A planta pode vivir ata 40 anos,e contén no seu organismo os pesticidas xa necesarios para poder crecer.India é un pais que cultiva moita esta planta,coa que se comercia en moitos paises do mundo.

  17. carmen.aso.1b di:

    A Jatropha Curcas é a planta máis indicada para a produción de enerxía. Pero aparte de poder transformar as súas sementes en biodiésel, ten outras utilidades.

    -É unha planta perenne (ata pode durar máis de 100 anos).
    -É recuperadora de chans infértiles (adoita denominarse recuperadora de desertos)
    -Produce colleitas con facilidade.
    -Xera empregos fixos no campo.
    -Produce aceite combustible que substitúe ao caro diesel mineral.
    -A súa plantación recupera chans degradados.
    -É moi resistente ás pragas.
    -Ten raíces profundas polo que o riego pode ser feito por goteo con intervalos de 20 a 30 días.
    -Produce máis en terras fértiles.
    -Non necesita de máquinas para o seu cultivo.

  18. victor di:

    Con todas as ventaxes que ten o cultivo desta planta semella que a opción dos biocombustibles tamén, se hai unha boa planificación,pode ser boa.
    Tratade de aportar información sobre os cultivos transxénicos para obter biocombustibles (onde se están a cultivar en maior cantidade, que especies, que problemas están a supor…).

  19. melania.aso.1a di:

    Hai moitas empresas que producen cultivos transxénicos que invirten na produción de biocombustibles a partir destes, sobre todo para a produción de etanol e biodiésel.
    A súa manipulación para obter biocombustibles supón quitarlles a propiedade de productos comestibles convertindoos nun producto transxénico con un alto valor contaminante.
    Úsanse productos como o millo, a cana de azúcre e a soia.

  20. victor di:

    Que utilidade teñen os xenes que se lle introduce a estes productos transxénicos? Por que dicides que os transxénicos son perigosos?

  21. noeliap.aso.1b di:

    Os transxénicos son perigoso porque parte de algúns cultivos destos teñen xenes para resistir ós antibióticos e se isto ocorre as bacterias patóxenas (as que producen enfermidades gastrointestinais diversas)faríanse resistentes e difíciles de tratar.O dano que poden causar os producos tranxénicos poden ser a curto ou longo prazo por iso desperta preocupación pola posibilidade de que as novas moléculas que se crean introduzcan algún tipo de alerxia nos consumidores.

  22. victor di:

    Estades seguros de que os xenes dos cultivos transxénicos son para a resistencia a antibióticos?

  23. maria.aso.1b di:

    Hai alguns que si, Moitos cultivos transxénicos que xa se están plantado en escala comercial nalguns países, contieñen xenes resistentes osntibióticos. Pero a sua vez estos antibióticos son os mesmos que se empregan en tratamentos de enfermidades humans e de animais.Estes xenes son innecesarios plantas en si pero, poden minar os efectos dos tratamentos das enfermidades, é o caso da resistencia antibiótica que será transferida a través da cadea alimentaria aos organismos dos homes e dos animais.

  24. ana.aso.1b di:

    Os tranxénicos son perigosos porque o seu uso pode afectar xenéticamente os productos naturais, o que podería acabar coa biodiversidade; ademáis disto non se sabe os riscos que estes productos poden acarrexar nun futuro para as persoas que os consuman ou esten expostas a eles.

    En canto o dos antibióticos, o que encontrei pola rede confirmaba o comentario de Noelia.

  25. victor di:

    Non entendo a túa explicación Ana; poderías ser máis clara?

  26. ana.aso.1b di:

    O que quero dicir é que o uso de productos tranxénicos pode afectar os demáis productos, xa que estes non son totalmente naturais. En canto as persoas non se sabe como poderían afectar nun futuro os tranxénicos, xa que os estudos que se fixeron non chegaron a ningunha conclusión, nin boa nin mala.

  27. victor di:

    Que debe facer entón a Administración con respecto ao consumo de productos transxénicos?

  28. pablo.aso.1b di:

    Pois a administración debe de achegar os cidadáns a información que as grandes marcas non poñen a disposición do consumidor. Deberíase saber que ingredientes foron modificados xenericamente, e de que forma os podemos atopar a venda. Así, os consumidores tomarían decisións axeitadas co total coñecemento dos transxénicos.En definitiva, máis información e investigación.

  29. victor di:

    Estou dacordo con Pablo. A Administración debe esixir ás marcas comericais que aclaren a orixe dos productos que están no mercado.
    Ademais a Administración debe protexer a saúde dos cidadáns e non deixar entrar no mercado aqueles productos que non estea demostrada a súa inocuidade.