A revolución do século XXI xa comezou

imagen

Nos laboratorios científicos trabállase a un ritmo desenfreado para lograr que os avances en nanotecnoloxía logren mellorar a calidade de vida do ser humano. Nanorrobots que limpan as arterias de colesterol e destrúen bacterias, roupa, materiais más fortes cao aceiro… ¿imaxínate un ordenador microscópico capaz de rastrexar os rincóns máis recónditos do teu organismo? O seu obxectivo sería intruducirse na célula para atallar ou diagnosticar un mal. Tamén podería reparar lesións producidas por unha enfermidade ou accidente, combater virus e bacterias ou destruír células cancerosas. O tratamento consistiría en inxectar unha doses de nanorrobots suspendidos nun fluído e estes aparatos seguirían as ordes do médico, quen podería desconectalos se se descubrira un comportamento non apropiado. Estes avances inspirados en organismos vivos xa teñen nome. A nanobomba, por exemplo, distinguiría entre bacterias e células humanas, destruíndo as primeiras e respectando as segundas. Os novos inventos apuntan á eliminación da ciruxía nas intervencións médicas. 

 


Esta entrada foi publicada en Nanotecnoloxía, Novas tecnoloxías e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to A revolución do século XXI xa comezou

  1. ramon.aso.1b di:

    Un avance extraordinario. A nano tecnoloxía no campo da medicina pode acabar con moitisimos tipos de efermidades e tratalas dun xeito máis sinxelo, e moitísimo máis rápido. Pero inda e todo non hai moito lin que a nanotecnoloxía ainda non se pode levar ao desarrollo e dicir… moitos considerana unha ciencia teórica que aínda non se levou á practica xa que por agora aínda non é viábel.

  2. juanluis.aso.1a di:

    A verdade e que é incrible como avanza a ciencia neste campo. Parece case imposible de pensar que se poidan introducir nanorobots no corpo para poder combater enfermidades como o cáncer,por exemplo. Espero que esto siga avanzando e poida contribuir ó máximo posible no campo da medicina.

  3. sabela.aso.1a di:

    Cando todo esto se poida levar a práctica será un gran paso para a ciencía, bueno, e non so eso… na miña opinión poderanse facer moitas cousas máis. Por exemplo; lin que ca reducción das partículas de algúns medicamentos, estos poderían ser administrados directamente por vía intravenosa (e pasar aos vsos capilares).

  4. victor di:

    A nanotecnoloxía é unha ciencia que produce un tipo de avances tecnolóxicos que xa se están a utilizar na actualidade. En Galiza está a facerse investigación nese campo con aplicación á industria. Outra cousa son os nanorobot que están en proceso experimental pero que se pode dar por feito que a medio prazo obteranse resultados.

  5. noeliag.aso.1b di:

    Esto é un gran avance para a medicina sen dúbida algunha porque abarca granes campos e podría resolver moitas enfermidades pero agora queda levar a cabo o proceso máis difícil que é consueguir que se poña en vixencia e así levalo a práctica en varios centros hospitalarios para que todo o traballo que estan a realizar os científicos vexa a sua recompensa.

  6. sara.aso.1b di:

    Considero que a nanotecnoloxía é un gran avance para o campo da medicina,xa que con este novo avance,se se pon en práctica poderíase combater contra moitas enfermidades como por exemplo o cancro.Resulta increible que poidan introducir nanorobots no noso interior.Espero que leven a cabo estes avances e sigan avanzando para poñelo en práctica.

  7. lara.aso.1a di:

    Unha das aplicacións máis avanzadas da nanotecnoloxía no ámbito da saúde é a creación de nanosistemas de liberación de fármacos que permiten transportar ditos fármacos a través do organismo ata chegar á
    célula tumoral nun cancro. Esta maneira de destrución da célula mediante un fármaco que só perxudique esa zona é un gran avance, xa que hoxe en día os tratamentos contra o cancro son fortísimos para o noso corpo e destrúen moitas células e un gran malestar xeral.

  8. carmen.aso.1b di:

    A nanotecnoloxía é o estudio, deseño, creación, manipulación e aplicacion de materiais e aparatos a través do coñecemento da materia a unha escala minúscula, de átomos e moléculas, que pode chegar a ofrecer propiedades totalmente novedosas con respecto á súa manipulación habitual.

    Esto aplícase no conxunto das investigacións actuais, que teñen como propósito crear novas estructuras e productos, e que terán un gran impacto na industria, na medicina, etc. (véxase a nanomedicina). Estes novos avances poden introducirnos nunha nova era.

  9. pablo.aso.1b di:

    A Nanotecnoloxía presentásenos como unha novidade repleta de beneficios, pero como todas as cousas tamén ten os seus inconvintes.Estudios realizados informan que as nanoparticulas aplicadas a saúde poden ser un perigo, xa que o noso sistema inmunolóxico ( protector de infeccións ) non as detecta debido o seu tamaño. Así, por exemplo, moitas novas substancias poderían atravesar a barreira sanguínea que cubre o cerebro, e adherirse a el sendo potencialmente tóxico. Tamén poden producir alteracións no ADN ou crear tumores se se acumulan nos órganos.

    É indudable as numerosas aplicacións que ten na medicina, tecnoloxía, novas enerxías e outros campos no que xa existen produtos a venda. Así que esperamos moito no futuro da nanotecnoloxía.

  10. dolores di:

    Algúns exemplos de produtos a venda nos que xa se utilizan nanopartículas, como di Pablo, son algúns cosméticos, produtos de lavandaría, en prendas de roupa e tamén raquetas, cadros de bicicletas… levan nanotubos de carbono.
    Hai organizacións de consumidores e outros organismos que están pedindo maiores estudos do seu impacto ambiental e na nosa saude, así como que se faga unha regulación similar á dos produtos químicos esixindo normas de seguridade. Este é un campo no que tanto o desenvolvemento de novos materiais como a súa comercialización vai moi por diante da lexislación. Queixanse de que as empresas de cosméticos non fan suficientes probas de seguridade e tampouco informan nas súas etiquetas do uso distos compoñentes, dos nanotubos de carbono alertase de que poderián provocar danos similares aos do asbesto. Nunha universidade de EEUU comprobaron que o impacto medioambiental de certas nanofibras e 100 veces superior por unidade de peso ca dos materiais convencionais. E é que se o pensamos un pouco, igual que as súas excelencias se deben a que a isos tamaños as súas propiedades son diferentes, porque non pode selo a súa toxicidade?

  11. lara.aso.1a di:

    UNha posible solución para o problema das toxinas dos nanotubos pode ser o emprego de filtros especiais no proceso de produción para que se reduza a formación de productos perigosos.
    Outra das solución sería o desarrollo dun novo proceso de manufacturación dos nanotubos que minimicen o impacto.Coa nanotecnoloxía cómprese evitar tódolos problemas tanto ambientais como da saúde que produciron outras tecnoloxías

  12. dolores di:

    Lara, non é que os nanotubos teñan toxinas, senón que o seu tamaño os converte nun posible perigo para o noso sistema respiratorio. Claro que se espera moito da nanotecnoloxía, pero iso non é incompatible nin a exime de que se esixan estudos e probas que garantan a nosa seguridade e a do medio ambiente. E paracheste a pensar na luz de malla (tamaño dos ocos) que deberian ter eses filtros? De que materiais estaríamos a falar?

  13. roi.aso.1b di:

    Os materiais que se empregan na industria da nanotecnoloxía son materiais comprendidos dende 5 a 50 ou 100 átomos, aquí entran os denominados super materiais (super materials) con extraordinarias propiedades e cunha grande precisión.
    Aínda así, cando se fala de vidas humanas hai que pisar sempre moi en firme xa que canto máis precisión require, máis inestábel pode chegar a ser se se produce algún erro, o cal sempre pode pasar.

  14. pablo.aso.1b di:

    Estes nanotubos ( de carbono )cobran tanta importancia na tecnoloxía debido a que é a primeira substancia aguantar indefinidamente a súa propia presión gravitatoria. Isto permitiría proxectos tan ambiciosos coma un ascensor espacial que nos conectaría co espazo.
    Dentro do mundo da nanotecnoloxía estes tubos de carbono eran a parte máis importante, pero actualmente descubríronse nanotubos a base de nitruro de boro, que potencian as propiedades do carbono.

  15. victor di:

    Explicade iso do ascensor para que todos o entendamos.

  16. vanesa.aso.1a di:

    Non estou moi segura co que quixo decir Pablo pero penso que quere decir que nun futuro se creara un ascensor dende a terra ao espazo para que nos leve ali pero o vexo un pouco iloxico ou diria imposible aparte seria moi costoso sen obter ningun beneficio solo a cantidade de cartos que aportaria a xente para poder transportarse ao espacio e non todos pagarian por eso ou non podrian permitilo.

  17. pablo.aso.1b di:

    O ascensor espacial é un proxecto no cal a NASA está invertindo moitos cartos. Consiste en conectar unha estación espacial cun cable ( con forma de carril ) ata a terra ( máis ou menos un 36000 km de cable) que permitiría por en orbita naves de transporte de ata 20 toneladas, a par de ser un medio económico de transporte ao espazo.

    Ata fai uns anos, soaba a ciencia ficción un ascensor espacial pois non había material que soportarse a propia tensión xenerada polo seu peso.

  18. dolores di:

    Pero ese proxecto ten máis inconvenientes que o feito de non ter un material adecuado e que o fan pouco viable en principio. Pensade ou buscade e contádenos.

  19. lara.aso.1a di:

    Outro inconveniente que había era a maneira de propulsar o a cabina que ascendería polo cable ata o espacio. Riise presentou un proyecto que consistía enviar enerxía á cabina mecanicamente , suministrando sacudidas coidadosas, sincronizada ó cable dende a súa base.

  20. isaac di:

    É seguro que no fúturo próximo os nanomateriais terán unha gran presenza nas nosas vidas, pero moitos dos usos que comentades aquí son simples proxectos que se prantexaron hai anos, pero co paso do tempo reveláronse como pouco viables, polo menos a medio e curto prazo.

    Pensade que o seu mínimo tamaño dificulta seriamente a súa produción para proxectos en gran escala, como ese ascensor.

    Onde credes que pode estar a dificultade?

  21. josemaria.aso.1a di:

    Hai varios problemas cos nanomateriales , como que o ser tan pequenos podense inhalar e ainda non sabemos a consecuencía disto, e se se empezan a producir a gran escala deberían ter unga grande control e ser declarados materiales perigosos

  22. isaac di:

    Preguntareino doutro xeito?

    Cal sería a dificultade de construir un edificio con pezas de Lego?

  23. melania.aso.1a di:

    Pois construir un edificio con pezas tan pequenas non sería doado.
    Habería que ter todo calculado a milímetro, porque un só milímetro podería ocasionar un problema na edificación.
    Levaría tamén moito tempo e creo que o seu prezo non sería o que se di barato.