As células pódense resetear e programar

imagen

Pois si, as células pódense resetear e programar para realizar funcións distintas ás que realizaban anteriormente.

Esta conclusión, deuse a coñecer este mesmo mes de xaneiro, despois dun ano de continuos estudos, polo Centro de Medicina Rexenerativa de Barcelona  e por diferentes investigadores do instituto Médico Howard Hughes de Estados Unidos.

Isto é posible xa que as células son coma diminutos ordenadores que se poden resetear, por exemplo a partires de células do pelo púidose crear neuronas, outro exemplo é que a partires de células adultas do páncreas pódese conseguir células productoras de insulina.

Este descubrimento axuda a atallar o longo camiño para curar enfermidades coma a diabetes ou o alzhéimer, e ademais esquiva os problemas que levantaron o uso de células embrionarias, xa que se utiliza células adultas que calquera de nós temos no corpo.

 

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Bioloxía celular, Medicina e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to As células pódense resetear e programar

  1. sabela.aso.1a di:

    Pareceume un post realmente interesante, pois non sabía que as células se puideran programar para realizar funcións distintas ás que xa facían anteriormente. Creo que este descubrimento axudará ampliamente a medicina. Porque así será máis facil curar distintas enfermedades…e tal vez tamén descubrir novas “cousas” sobre as células, que ainda non sabemos, verdade?

  2. antia.aso.1a di:

    Realmente este é un descubrimento moi peculiar, pois pareceme incrible que unha célua se poida programar ou resetear o igual que calquera aparato electrónico, é dicir, simplemente é incrible. Se realmente conseguen curar a diabetes e o alzhéimer, curarían a máis da metade da poboación!! Xa que a diabetes volveuse moi común en xente maior e non tan, ao igual que o alzhéimer (aínda que nunha porcentaxe menor). Pareceme unha noticia interesantísima.

  3. ramon.aso.1b di:

    Dende logo este é un post dos que máis me desconcertaron de todos os aquí publicados. Non me podo imaxinar que se no 2009 podemos manipular células que poderemos chegar a facer dentro de 20 ou 30 anos.
    Cada vez damos un paso máis na cura de enfermidades, e dende o meu punto de vista é para o mellor que se pode adicar a ciencia.
    E o mellor de todo e que cada vez imos a máis.

  4. lara.aso.1a di:

    As células reprogramadas teñen vanataxes como que pódense cultivar indefinidamente no laboratorio e que poderían reparar texidos danados.Ó ser idénticas ás do paciente espera non obterse ningún rechazo por parte do corpo, pero aínda está por confirmarse. Esperemos que así sexa e que se poidan frear dunha forma máis rápido as enfermidades.

  5. juanluis.aso.1a di:

    É incrible o rápido que avanza a ciencia. Ata o de agora pensaba que o alzhéimer non tiña cura, e de repente, aí a temos. Se as investigacións avanzan rápido poida que moitas das enfermidades que coñecemos ata o de agora, poidan desaparecer gracias a este avance.

  6. pablo.aso.1b di:

    Para este análise, fixéronse 3 estudos, no que destacou o estudo catalán por descubrires o método que conlevaría menos problemas na súa aplicación. Estes científicos chegaron a conclusión de que a célula mais fácil para reprogramar sería o “queractinocito”, unhas células que predominan na epiderme.Estas células están en continua renovación e van formando unha capa de células mortas que ten unha gran cantidade dunha proteína, a queratina, de aí o seu nome.

    De todas formas esperanse importantes melloras neste proceso.

  7. dolores di:

    Coincido con vos na importancia desta investigación e dos resultados, que de momento son in vitro. Non vos preguntades como é iso de resetear e reprogramar, de que maneira o conseguiron? Cales os problemas dos que fala Pablo?

  8. marta_alonso.sau di:

    Hoxe o noso profesor leunos un artículo onde se falaba de eso, de como científicos estan a estudiar a forma de resetear artificialmente cretas celulas có fin de intentar reducir o número de enfermedades, xa que hai certas células que cando entran en contacto cun virus ou cunha bacteria, antes de que comece a propagarse unha enfermidade, esas células, non sei como, conseguen volver o estado inicial no que se atopaban antes de entrar en contacto co os virus/bacterias, de xeito que supon un retroceso na enfermidade e na súa propagación (creo que máis ou menos foi isto o que dixeron na clase) e tamén que os científicos están intentando aplicar ese comportamento a outras células de xeito que se poda chegar a combatir enfermidades coma a Sida… ¿non é marabilloso? Aínda que para chegra ata ahí aínda hai que realizar grandes avances, descubrimentos e estudos. Pero por algo se empeza…
    besiños! 🙂

  9. isaac di:

    Para que vos formedes mellor unha opinión sobre a importancia deste descubrimento é importante ter claro unha serie de puntos.
    Todas as células de cada individuo conteñen a mesma información xenética, sexa unha célula nerviosa ou unha célula da pel, pero cada unha delas especialízase en realizar unha función concreta. A este proceso de especialización chamáselle diferenciación celular, e ten o inconveniente de ser irreversible, é dicir, unha vez que está especializada nunha función é imposible, de forma natural, que volva ao estado de célula indiferenciada. A unha célula sen especializar poderíamos, cando contemos con a técnica axeitada, convertela en calquera tipo de célula, e deste xeito obter, por exemplo, órganos completos ou en parte par implantar nun enfermo ser risco de rexeitamento, xa que partiríamos de células desa mesma persoa. Ata agora, traballábase con células procedentes de embrións humanos obtidos por fecundación in vitro que finalmente non eran empregados para a reprodución, ou as células procedentes da médula ósea vermella que dan lugar ás células sanguíneas, pero estas últimas xa están parcialmente especializadas, son as chamadas células nai embrionarias e adultas, respectivamente.

    Tendo en conta isto, pensade:

    Resolvería este descubrimento os problemas éticos planteados arredor das células nai ou crearía outros novos?
    Podería ser unha solución para as paraplexias e tetraplexias causadas por lesións medulares?

  10. noeliap.aso.1b di:

    Creo que as células nai crearían outros problemas novos pois nunca chove a gusto de todos e sempre haberá quen opine a favor e quen en contra e con respecto a solución para as lesións medulares penso que si podería ser unha solución con investigación levada á práctica polo que “a cura” espero que sexa a curto prazo.

  11. sabela.aso.1a di:

    Según lin; os problemas éticos en contra das investigacións con células nai, son, que estas investigacións poden levar a clonación ou a desvalorización da vida humana… Eu creo que Noelia ten razón, e que sempre habrá quen opine en contra e a favor.
    Na miña opinión si que podería ser a solución ás lesions medulares, pero tamén creo que haberá que esperar bastante para ver os resultados; almenos hasta que sepamos utilizar a información que temos…

  12. noeliag.aso.1b di:

    Eu creo que poderíanse solucionar en canto a que é unha mellor opción que a das células nai debido a os perigos de clonación que teñen estas , pero seguro que alguén atopara novos perigos ou inconvintes con estas, polo que eu creo que aínda teñen moito que investigar.
    En canto a outra pregunta según lin si podería ser unha solución porque sería un proceso moi parecido ao que fan coas células nai.

  13. uxia.aso.1b di:

    Realmente parémece incrible poder pensar que nun futuro (quen sabe se próximo) podamos encontar a forma de “fabricar” órganos completos ou en parte para implantar nun enfermo sen temer un posible rexeitamento. A posible programación das células paréceme un descubrimento moi importante, ainda que estou de acordo coas miñas compañeiras, sempre vai a haber oponións en contra, pois o inexplorado sempre dá medo. Pero tamén creo que con un pouco máis de investigación e traballo poderia chegar a ser a solución das lesións medulares.

  14. victor di:

    A posibilidade de “resetear” células as transforma a todas en potenciais “células nais”?

  15. nuria.aso.1a di:

    En canto á pregunta que formulou Victor eu creo que si, porque unha célula nai, é aquela que mediante procesos de división celular (mitose), pode facer infinitas copias de si mesma, que teñen a capacidade de producir novas células especializadas para os distintos texidos do corpo.

  16. carmen.aso.1b di:

    Eu tamén penso que a resposta á pregunta de victor é afirmativa, xa que se podería chegar a crear células sen función predefinida que se puideran adicar a calquer cousa. E esta claro que eso axudaría a curar moitas enfermidades, case todas, pero para iso aínda faltan uns cantos anos de investigación.

  17. melania.aso.1a di:

    Eu opino igual que nuria e carmen, porque a partir desa célula, mediante alguns procesos podense obter outras células novas.
    Pareceume moi interesante o post Sara!, non sabia que se puidera facer isto.

  18. victor di:

    Haber se me podedes aclarar unha cuestión: por que unha célula da miña pel é diferente a unha do meu fígado se as dúas teñen os mesmos xenes?

  19. josemaria.aso.1a di:

    Son distintas porque cando estamos en periodo de xestacion cada celula madre transformase nunha celula especifica( unha para crear o carazon , outra para o cerebro) que teñen tamen funcion especificas. Enton como non e mesmo tipo de celula a que se necesita para o figado que para a pel son distintas

  20. victor di:

    Mellorar esa explicación de Josemaría eliminando iso do “periodo de xestación” que está errado.

  21. borja.aso.1a di:

    Todas as células dun organismo teñen o mesmo xenoma, ou conuunto de xenes. Pero, en cada célula expresanse os xenes que se usan. Por exemplo, anque unha célula da pel ten toda a información xenética o igual que a célula do fígado, na piel solo se expresarán aqueles xenes que den características de pel, mentres que os xenes que dan características de fígado, estarán alí “apagados”. Polo contrario, os xenes que dan rasgos de “fígado” estarán activos no fígado e inactivos na pel. O que non se usa encontrase maiormente compactado. Este empaquetamento pode ser temporal o definitivo.

  22. victor di:

    Ben aclarado Borja. Polo tanto neste post se nos presenta a posibilidade de que calquera das células do corpo poidan ser utilizadas con diferentes funcións (células nai) se lle activamos os xenes adecuados.

  23. isaac di:

    Probablemente unha das maiores autoridades no campo da diferenciación celular é un investigador español, Antonio García Bellido, probablemente o biólogo español máis brillante desde Ramón y Cajal, proposto para o premio Nobel por Francis Crick, un dos descubridores da estrutura do ADN.

    Tiñades algunha noticia deste investigador?

  24. gema.aso.1b di:

    Antonio García Bellido naceu en madrid no ano 1936.TrÉtase dun científico español pioneiro e especializado na investigación das bases xenéticas e da diferenciación celular.Profesor de Investigación del CSIC desde 1974 dirige el laboratorio de Genética del Desarrollo en el Centro de Biología Molecular.Ocupa mais adiante os cargos de director do Instituto de Genética Molecular.Un dos científicos máis recoñecidos internacioonalemente,responsable de traballos de gran importancia no campo da xenética do desenvolvemento e a diferenciación celular abordando o problemaa de explicar que a partir de unha soa célula se poidan formar outras sucesivas divisións que se diferencian na súa configuraciónn e na súa función.Estas células agrúpanse posteriormente en estructuras moi precisas, dando lugar ós diferentes texidos e órganos.O seu traballo abríu o camiño para chegar a comprender o mecanismo xenético da diferenciación dos seres vivos.Recoñecido por moitos premios e condecoracións pola súa carreira.

  25. victor di:

    Explicade de xeito que todos o entendamos, en que consiste a “diferenciación celular”.

  26. ana.aso.1b di:

    A diferenciación celular é o proceso polo que as celulas adquiren unha forma e unha función determinada, ben cando se está formando o embrión ou durante a vida dun organismo pluricelular (está formado por varias células diferenciadas que realizan funcións especificas), especializándose nun tipo celular. As células cambia a su función durante a diferenciación, pero o material xenético permanece inalterable.