“Un futuro cambio humano”

imagen

Despois de estudios realizados por científicos estadounidenses, chegouse á conclusión de que a especie humana experimentaría algúns cambios no futuro. Os humanos poblaremos a Terra polo menos uns 500 millóns de anos, e nos iremos convertendo nunha proba de especie en extinción.

Os científicos estudiaron diferentes posibilidades de evolución humana: un grupo ou raza sería o dos “unihumanos”, que tería unha diversidade xenética homoxeneizada, isto quere dicir que os seus xenes serían moi parecidos en todos os habitantes, polo que serían máis suceptibles ás epidemias masivas; ¿sobrevivirían? Os que sobreviviran formarían un novo grupo máis resistentes que estaría encargado de conservar a especie con xenes mais lónxevos. Serían resistentes a enfermidades e máis fortes cos anteriores.

Tamén se supón que habería novas innovacions tecnolóxicas coas que aparecería outra posible raza, os “numanos”, compostos por melloras artificiais que modificarían o seu material xenético e converterían o seu ADN en máis lonxevo e resistente.

Así mesmo crese que se farán implantes de chips-tecnolóxicos para agudizar os sentidos e o rendemento cerebral creando outras variacións, outra raza máis, os Cyborgs, que serían os supostos inimigos das razas naturais, aquelas que polas súas condicións económicas non lle permitirían esa posibilidade de evolución.

 

¿Como acabara sendo a especie humana?

 


Esta entrada foi publicada en Evolución, Orixe humana e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

32 Responses to “Un futuro cambio humano”

  1. angel.aso.1a di:

    O post pareceume algo complicado de entender, pero sempre é interesante saber cousas sobre o que pode pasar no futuro. Na miña opinión no futuro os seres humanos levaran inventos nanotecnolóxicos no seu corpo para axudar o organismo a combatir enfermidades e a manter unha vida máis sá. Creo que o video do post, e moi complicado de entender xa que esta en inglés e sería mellor que estivese en castelán ou moito mellor en galego.

  2. victor.aso.1a di:

    Parece algo difícil de imaxinar que a nosa especie evolucione desta maneira, e moito máis difícil preveer todo isto. Gustaríame saber en qué cousas se basearon para facer estes estudos.

  3. victor di:

    Ángel, es estudiante de inglés?
    Víctor, e como pensas ti que poderiamos evolucionar?

  4. ivan.aso.1a di:

    Eu penso que para que os cyborgs aparezcan nn falta moito porque xa hai varios experimentos para remplazar partes do corpo de xente que a perdeu, como por exemplo unha man robotica que funcione cos estimulos do cerebro. Seria un avance para a vida na terra

  5. noeliap.aso.1b di:

    Dende o meu punto de vista creo que predecir o futuro da raza humana é imposible porque calquera pequena modificación pode cambiar os estudos realizados en tan só uns minutos. Existen moitas teorías pero ningunha delas e fixa,por exemplo hai quen di que o futuro da raza humana está no universo,outros que nos convertiremos en xigantes,tamén hai quen di que nos sucederán episodios apocalípticos e nos extinguiremos etc polo que o post de Vanesa fai alusión a unha teoría máis.

  6. noeliap.aso.1b di:

    A pesar diso teño a miña propia teoría: A tecnoloxía seguirá avanzando de xeito moi rápido chegando a conseguir numeros inventos,proxectos,inovacións…ata agora impensables das que o ser humano poderá disfrutar. Chegará un punto no que a raza se extinguirá polo descoido xeral que actualmente xa sofre o noso planeta e que se non lle poñemos remedio por moita tecnoloxía existente o mundo finalmente desaparecerá e con el os seus habitantes.

  7. andrea.aso.1a di:

    Eu estou de acordo con Noelia,calquera modificación pode cambiar o que esos estudos teñen provistos para nos. Sabemos que cambiará completamento o futuro dos humanos, e tal vez ese cambio determine si tendremos nos un futuro como especie. O que si sabemos é que probablemente durante os próximos 500 millóns de anos os seres humanos poblarán a terra.

  8. lara.aso.1a di:

    O vídeo pareceume incríble, recibir os impulsos nerviosos nun ordenador a través dun chip incrustado no sistema nervioso..incríble. Penso que non podemos decir caál ou cómo vai ser o futuro da humanidade. cada vez a ciencia deléitanos cun novo descubrimento, mellor e máis sorprendente, a saber todo o que se descubrirá… Aínda que despois de ver isto o dos ‘cyborgs’ supoño que xa é un feito, aínda que na miña opinión paréceme un poco precipitado ter que recurrir a incrusión de chips para aumentar facultades como o rendemento cerebral. E que os cyborgs sexan os inimigos das razas naturais, un pouco inverosímil.

  9. gema.aso.1b di:

    Ángel,creo que o video aporta máis datos sobre a teoría dos científicos estadounidenses do que fala vanesa no seu post.Kervin Warwick é un profesor dunha universidade que aporta o seu corpo para que a ciencia investigue posibles avances tecnolóxicos para o humano,por exemplo que o ser humano chegue a ter intelixencia artificial no seu cerebro.Él podía comunicarse coa muller do video a través dun sensor eléctrico conectado dende a súa man ó seu cerebro,e podia sentir na súa cabeza o que ela facia.Él está totalmente a favor de empregar esto para mellorar o noso nivel de vida,de autosuficiencia,capacidade de maior memoria,e de ser máis intelixentes en moitos ámbitos.

    Estou dacordo con Noe en que é unha teoría máis,creo que todas deben de terse en conta,porque o noso mundo vai moi deprisa e os avances tecnolóxicos son moitísimos hoxe en dia (futuros avances pouco cribles se nolo din neste momento)Pode que a raza humana se extinga,se isto ocorre,supoño que seria pola falta de coidado que lle estamos a dar se non conseguimos paralo,depende so de nós.

  10. victor di:

    Iván, hai próteses biónicas que teñen moito futuro e coa incorporación da microinformática darán resultados a curto prazo.
    E sen pensar en artiluxios moi avanzados pensade nas próteses de cadeira ou xeonllo que xa se utilizan e con bos resultados.
    Estou dacordo Noelia en que non se pode predecir o futuro, pero cos coñecementos científicos axeitados podemos facernos unha idea de por onde pode ir e saber que tanto a tecnoloxía como a xenética xogarán un importante papel na futura evolución humana.

  11. victor di:

    Andrea, eu non creo que esteamos neste planeta 500 millóns de anos máis (a nosa especie, Homo sapiens”, leva aquí 30.000 anos).
    E estou dacordo con Gema, de que o video aporta datos espectaculares que nos poden facer soñar cun futuro biónico.

  12. pablo.aso.1b di:

    Agora mesmo, na revolución tecnolóxica que estamos a vivir, creo que é imposible predicir con tal exactitude o futuro, pois os cambios que se producen tamén terán consecuencias sociais e políticas. Tampouco creo que esteamos neste planeta moito máis tempo, como dixo Stephen Hawking na súa visita a Galicia “o futuro da raza humana estará no espacio”

  13. sabela.aso.1a di:

    Eu creo que (como di Noelia), co descoido xeral que actualmente sofre o noso planeta, haberá un gran cambio na Terra(para ben ou para mal…), e ese gran cambio vai ser o que nos impulse a evolucionar(como os nosos antepasados). Tal vez si esteamos aquí dentro de 500000 millons de anos;pero xa non seremos homo sapiens.
    Ainda así, a tecnoloxía está a dar grandes pasos… tal vez por iso os implantes de chips tecnolóxicos, etc. non me parece unha idea tan absurda.

  14. juanluis.aso.1a di:

    A verdade e que me gustou moito este post. O video a pesar de estar en inglés creo que se entende mais ou menos o que quere dicir. Eso de que vaiamos a estar aquí 500 millóns de anos dudoo bastante xa que me parecen demasiados anos. O de implantar chips e pezas electrónicas a un corpo paréceme moi interesante pero creo que é máis unha fantasía que unha posible realidade.

  15. angel.aso.1a di:

    Non quixen dicir que o vídeo non aportase datos, se e que se entedeu así,todo o contrario, aporta moitos datos, e a maioría son cousas que endexamais sería capaz de imaxinarme que podían ser posibles,como conectarse o sistema nervioso doutra persoa… pero o estar en inglés costame un pouco máis comprendelo, xa que costame traducir o que dicen, pero aínda así conseguense ver moitos datos. Paraceme fascinante que se poidan facer todo ese tipo de cousas, non sabía que xa existían microchips dentro de persoas humanas, que poden conectarse o sistema nervioso. Onde chegaremos e cando creo que é imposible sabelo e moi difícil de imaxinar, xa que cada día estanse a facer descubrimentos que poden cambiar o futuro. E porque non, no futuro pode que se creen homes completamente biónicos, pero na miña opinión xamais chegarían a superar a intelexencia humana, polo que nunca se revelaran contran os seres humanos nin nada parecido.

  16. victor di:

    Non Juanluís, implantar pezas electrónicas non é unha utopía. Tes veciños en Cambados que teñen implantes cocleares (que é isto?), e gracias a eles poden escoitar. Hai 17 anos puxéronme unha prótese porque me quedei sen oido medio (que é isto?).
    Isto é real e no futuro será algo habitual.
    Por suposto Ángel que se fas un esforzo, notaranse os teus coñecementos en inglés. O que propón o post de Vanesa non é ciencia ficción, senón unha predicción científica da posible evolución humana. Se aproveitades esta materia (CCMC), vos tamén poderedes facer prediccións deste tipo.

  17. juanluis.aso.1a di:

    Un implante coclear é un traductor que transforma as sinais acústicas en sinais eléctricas que estimulan o nervio auditivo. Estas sinais eléctricas son procesadas a través das diferentes partes de que consta o Implante Coclear, as cales se dividen en Externas e Internas:

    Externas: Micrófono: Recolle os sons, que pasan ó Procesador. Procesador: Selecciona e codifica os sons máis útiles para a comprensión do linguaxe. Transmisor: Envía os sons codificados o Receptor.
    Internas: Receptor-Estimulador:implántanse no óso mastoides, detrás do pabellón auricular. Envía as sinais eléctricas ós electrodos. Electrodos:introdúcense no interior da cóclea(oído interno) e estimulan as células nerviosas que ainda funcionan. Estos estímulos pasan a través do nervio auditivo ó cerebro, que os recoñece como sons e tense (entón)a sensación de “oír”.

    Víctor,cando digo pezas electrónicas non me refiro a pezas de pequeno tamaño, se non a pezas como por exemplo un brazo robótico. Que me parece algo demasiado complexo.

  18. aitor.aso.1a di:

    Na miña opinion, saberase moi pronto se habera unha nova especie ou unha nova raza de humanos despois de nós, xa que o nosos corpos vanse ter que adaptar (como foi sempre, dende os nosos antecesores) as nosas formas de vida, se o planeta segue neste plan de “alteracións” do noso medio natural, como actualmente o coñecemos e o disfrutamos. Pero que cheguemos a ter todos os mesmos xenes (ou semellantes) vai a ser moi complexo xa que o noso corpo está composto dunha gran variedade de xenes, comparados con outras persoas do planeta, eso podemolo ver directamente dende o noso físico que é o conforman nunha gran porcentaxe os nosos xenes, en comparación cunha persoa que viva por exemplo; en China.

  19. gema.aso.1b di:

    Un implante coclear é un aparatiño electrónico que se pon no oido interno dunha persoa que necesita axuda coa súa falta de oído severo ou profundo,e que non poden empregar os audífonos convencionais.Con este implante os pacientes poden percibir sonidos da natureza,escoitar ben unha conversacion ser ter que ler os beizos,e ata empregar o teléfono cousas tan simples que non poderian facer sen este utensilio.A parte interna chámase implante coclear,e a externa procesador da linguaxe.O oído medio é un organo que conpón unha das tres partes do oído e que se atopa detrÁs do tímpano.Este órgano É imprescindible para captar dun xeito claro calquer sonida a través de ondas.

  20. ramon.aso.1b di:

    Creo que será imposíbel coñecer como chegará a ser a nosa especie no futuro. A verdade é que un futuro así como nolo pintan sería unha marabilla… incluso tentador para quedarse e poder observalo cos nosos propios ollos… Mais eu creo que se o mundo que hoxe coñecemos segue do mesmo xeito por moito avance científico que haxa non chegaremos nunca ata tal punto, estou totalmente de acordo con Noelia Parracho xa que se todo segue así, mal camiño lle vexo aos “Cyborgs”…

  21. lara.aso.1a di:

    A implantación dun coclear faise porque é necesaria, serve para agudizar o sentido do oído cando sofres unha perda de este. Pero implantar un chip para aumentar o rendemento cerebral paréceme innecesario…pero, poderíase mellorar o rendemento cerebral por exemplo nunha persoa con certo retraso? Ademais no futuro do ser humano penso que vai afectar máis o descoido xeral do que fala noelia que as innovacións tecnolóxicas.

  22. pablo.aso.1b di:

    O implante coclear apenas ten inconvintes xa que practicamente podese levar unha vida normal. En España, o elevado custo destes implantes sufragaos a Seguridade Social. Aproximadamente 1 de cada 1000 nenos nacen con sordeira profunda e precisan destes implantes.

  23. victor di:

    Máis que predecir o futuro da nosa civilización o que plantexa este post é a evolución ténico-biolóxica da nosa especie. E xa vedes que non podo dicir só biolóxica porque os implantes e próteses son cada vez máis perfeccionadas e se abre un mundo con moitas posibilidades para o ben da nosa especie.
    Os avances no campo da xenética e a tecnoloxía serán cada vez máis determinantes na nosa vida e isto non é predicción senón a observación da realidade.
    O que é ciencia ficción é pensar que a nosa especie pode vivir neste planeta 500 millóns de anos máis.

  24. isaac di:

    Creo que estamos a mesturar cousas distintas. Por unha banda falamos de evolución e do camiño que seguirá a nosa especie, e por outra banda dos avances da tecnoloxía que permite o desenvolvemento de prótese cada vez máis complexas con unha funcionalidade cada vez máis parecida ao órgano que substitúen ou mellorar o rendemento de outros órganos en bo estado mediante implementos tecnolóxicos que, como se fala no vídeo aumentarían a funcionalidade do cerebro.

    Sobre a evolución, esta depende dos cambios nas condicións ambientais e, non o esquezamos, no azar. Sen entrar en detalles, tamén é determinante a existencia de poboacións illadas que evolucionen de forma independente para aparición de novas especies, isto con respecto a especie humana é hoxe en día case imposible no contexto de mundo globalizado no que vivimos, no que por certo podemos esperar que as diferenzas das mal chamadas razas humanas irán desaparecendo co tempo.

    Sobre a tecnoloxía, todo o que sexa mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidades é positivo, agora ven a posibilidade certa de incrementar as nosas capacidades a través da conexión entre o noso sistema nervioso e un instrumento como un ordenador paréceme que abre unha porta moi perigosa. A primeira vista pode parecer positivo adquirir a capacidade de percibir ultrasóns ou luz infravermella , ou aumentar a nosa capacidade de memoria mediante un implante, como menciona o profesor Warwick no vídeo. Pero a conexión entre o noso cerebro con un ordenador, e con isto a todo o mundo como xa sabemos, …non poderá supoñer unha nova forma de control e manipulación dos seres humanos?

  25. vanesa.aso.1a di:

    Eu supoño que co tempo todo sera posible e a xente buscara todo tipo de tecnoloxias e métodos para mellorarnos en todos os sentidos e aumentar a vida co proposito de vivir mais.
    Con isto non quero dicir que todo suceda rapidamente se non que vai suceder a medida do tempo cando sexa unha necesidad implantar chips e outros dispositivos,despois de moitas provas e proxectos de perfercionismo.

  26. noeliag.aso.1b di:

    Eu creo que sin as probas e investigacións convintes si podería ser un xeito de manipulación humana pero é de esperar que si o levan a cabo sexá porque é algo útil e positivo para a humanidade , non negativo porque si non sería como unha especie de retroceso porque a tecnoloxía dominaría a os humanos en vez de os humanos a tecnoloxía, pero como din moitos compañeiros para isto hai que esperar moito porque o que si que é seguro é que seguiremos poboando a terra 500 millóns de anos máis.

  27. romina.aso.1a di:

    Se fora posible que un cerebro humano se conectase a un ordenador poderiase facer que persoas ás que o corpo non lle funciona puidesen interactuar co mundo a través das sinais eléctricas do seu cerebro.
    Pero tamén sería ilegal xa que poderíase saber todo dunha persoa e estar totalmente manipulados por unha máquina.

  28. nuria.aso.1a di:

    Eu creo que estamos falando de algo que non futuro(quizás non moi lonxano) poida ser moi común atoparse con este tipo de cousas, aínda que hoxe en día pareza case imposible.Penso que como ben di Romina en moitas ocasións con estas innovacións, se podería mellorar a vida dun ser humano, pero aínda así non deixa de ser unha maneira de manipular ó ser humano

  29. melania.aso.1a di:

    Se conectamos un ordenador o cerebro toda a información procesada sería manipulada.
    Aínda non me imaxino que nun futuro evolucionemos así, pero porque non?…a tecnoloxía avanza a pasos axigantados.
    pero si esto pasase…segueriamos tendo sentimentos?ou habería alguén que nos dirixise?

  30. victor di:

    Melania, os teus plantexamentos entran xa no ámbito da ciencia ficción e creo que mellor sería non saír dos posibles cambios anatómicos ou fisiolóxicas da nosa especie.

  31. antia.aso.1a di:

    Na miña opinión esto non é unha cousa negativa, xa que axudaría a moitas persoas que sufren algun tipo de enfermidades cas que perden mobilidade, etc. Na mentalidade de hoxe en día é impensable que nun futuro non moi lonxano, teñamos microchips no noso corpo, ect. Pero a cousa é que xa se deu o caso como se ve no video que acopaña á entrada. Non creía moito o do post pero o video deixoume sen palabras e pensei: realmente ese pode ser o noso futuro.

  32. victor di:

    Os avances tecnolóxicos para aumentar a nosa calidade de vida non son negativos. Ademais está claro que aplicar eses avances para suplir determinadas carencias anatómicas ou fisiolóxicas do noso corpo debe animarnos a traballar nesa dirección.