A Antártida xa non é o que era

imagen

En marzo do ano pasado saltaba aos distintos medios de comunicación a noticia do desprendemento dun fragmento da plataforma de xeo Wilkins, situada ao oeste da península antártica, do tamaño da illa de Ibiza. Nesta mesma semana a plataforma Wilkins volve a tomar protagonismo na prensa, pero agora para falar da súa inminente desaparición por completo, xa que na actualidade atópase unida ao continente por unha estreita barra de xeo e moi desgastada en toda a súa extensión.

imagen

Este feito é un síntoma inequívoco do cambio climático, que esta a afectar ao continente branco dun xeito moito máis intenso e acelerado do que se prevía hai poucos anos. Non é a primeira vez que grandes plataformas de xeo antártico despréndense ou directamente desaparecen, e normalmente os medios acompañan estas noticias co dato tranquilizador de que ao tratarse de masas de xeo flotante, a súa fusión non se traduce nun aumento do nivel do mar, pero o que é certo e que estas plataformas actúan como barreiras de contención dos glaciares antárticos, polo que o seu avance cara o mar vese deste xeito facilitado, e isto si que terá como consecuencia a elevación do nivel do mar ao incorporar grandes masas de auga conxelada que anteriormente atopábanse sobre o continente.


Temos que ter en conta que algúns dos efectos do cambio climático que sufriremos no futuro son xa irremediables, pero isto ten que servir para tomar medidas urxentes para deter este proceso na parte en que sexa posible.

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to A Antártida xa non é o que era

  1. juanluis.aso.1a di:

    Xa oira falar desto na televisión e a verdade e que é un tema moi serio.O cambio climático é unha realidade e esta é unha das moitas consecuencias que se producirán.A min particularmente que sexa unha masa de xeo flotante,e que o derreterse non aumente o nivel do mar non me tranquiliza para nada. Xa podemos cambiar, e moito porque se non esto irá a peor…

  2. emilio.aso.1a di:

    A verdade e que este e un problema que afecta atodo o mundo en maior ou menor medida.
    Todos temos un papel moi inportante e ainda que digamos que eso non vai a pasar que estan esaxerando, pois as evidencias estan ai e como se continue con este cambio climatico, algunhas masas de poboacions poden ata sentirse ameazadas coa subida do nivel do mar e ter que trasladarse das suas vivendas.
    Ata que algo pase e sexa algo grave parece que o mundo fai caso omiso de estas indicacions que nos da a terra de que estamos a facer algo mal e que como non cambiemos a nosa vision da vida isto pode acabar moi mal.

  3. melania.aso.1a di:

    tes razón no que dis isaac!
    este feito xa é irremediable. Moitas persoas seguen sen información das graves consecuencias que pode traer consigo o cambio climático a longo prazo.
    Eu creo que todo o mundo tería que coñecer o, que se non se fai nada o respecto,nos perxudicaría a todos.
    Senón nun futuro seríamos os culpables da desaparición de varias especies e doutras máis cousas, como o que ti mencionas do aumento do nivel do mar.

  4. victor di:

    E eu pregunto, por que unha masa de xeo flotante que se derrete non afecta ao nivel do mar?

  5. juanluis.aso.1a di:

    Creo que é porque ó estar xa no mar,da igual que esté en estado sólido ou líquido.En cambio se fora unha masa de xeo que está enriba dunha superficie de terra,esta si aumentaría o nivel do mar.

  6. victor di:

    Entón, non temos por que preocuparnos. Que efectos negativos pode ter a destrucción da plataforma?

  7. emilio.aso.1a di:

    Respondendo a tua pregunta victor, pois pode acarrear a desintegracion da antartida, ou desfragmentala e separala o que influiria noutras plataformas que seguramente teñen unha boa parte de xeo sumerxida, o que levaria a cabo a subida do nivel do mar.

  8. isaac di:

    Emilio, repasa o teu razoamento, estás moi errado.

  9. nuria.aso.1a di:

    A pérdida das plataformas continentais non altera o nivel do mar porque o xeo está sumerxido na auga (do mesmo xeito que un cubiño de xeo nun vaso). O que relmente lle preocupa á maior parte dos científicos, é que ó desaparecer por completo, desplace os glaciares continentais cara o mar,o que aumentaría o nivel deste.

  10. carmen.aso.1b di:

    A Antártida, continente situado en torno ó Polo Sur, foi descuberto fai menos de 200 anos. Trata dun lugar casi descoñecido, e ademáis é o máis frío de tódolos continentes –a súa temperatura promedio é de menos 50º C-. O seu estudio resulta de vital importancia para entender dous procesos graves que están sucedendo desde o século pasado, pero que representan para este novo un grande desafío: o adelgazamento da capa de ozono e o cambio climático. Isto é así xa que calquera cambio no Polo Sur afecta ó clima mundial e ós océanos.
    Os científicos comezaron a preocuparse pola fundición do xeo polar cando descubriron que a maioría das rocas que lle sirven de base está moi por debaixo do nivel do mar. O que en realidade alarma é que o recente cambio climático elevou a temperatura nalgúns puntos do continente ata 2,5º C nos últimos cinco anos. O efecto que o desxeo deste continente podería ter sobre os cinco restantes é alarmante.
    Durante 100 anos, a nivel global, haberá un aumento de máis ou menos un metro no nivel do mar. Anque algún científico, afirman que a fundición da densa capa de xeo que cubre a parte occidental da Antártida podería elevar en casi 4,9 metros o nivel dos océanos. A zona con maior impacto é a Plataforma Larsen, que inclúe parte do Territorio Antártico chileno, a cual se empezou a desintegrar na última década do século XX. Esta Plataforma está composta por xigantescos glaciares e enormes correntes de xeo.
    Estimase que nos últimos 14.000 anos, os xeos polares se derretiron a favor do aumento do nivel do mar. Pero ahora o calentamento do Planeta estase acelerando como proceso. A plataforma Larsen aparece como a máis recente víctima deste fenómeno, pero xa se anunciou que o perigro está chegando a outras zonas, como Wordie, Jorge VI, Wilkins e la Plataforma Ross.
    As consecuencias do derretemento dos xeos antárticos sería, ante todo, un desastre a nivel mundial, xa que sumerxiría enormes zonas costeiras de países tanto ricos como pobres. É por iso que este problema, e as súas implicacións a corto e largo prazo, será unha das prioridades do Ano Polar Internacional que comezou en marzo de 2007 e culminará en marzo de 2009

  11. isaac di:

    Creo que é necesario recordarvos outra vez que os comentarios aos distintos post son a oportunidade para expresar unha opinión despois de recoller información, non para reproducir extensos textos, que as veces non gardan relación co tema proposto, nos que ademais de apreciarse que non son de redacción propia, non facedes un esforzo por entendelo.
    Por outra banda, Nuria, efectivamente esa é a peor consecuencia da desaparición destas plataformas, non somerxidas senón flotantes, aínda que case o 90% do seu volume está baixo a superficie do mar.
    A plataforma Wilkins non será a primeira en desaparecer, outra de maior extensión desapareceu anteriormente dunha forma case repentina, a plataforma Larsen B. Sería interesante que buscárades información sobre ela.

  12. victor.aso.1a di:

    A Barreira de xeo Larsen encóntrase na península Antártica e ésta divídese en tres segmentos: Larsen A, Larsen B e Larsen C. En canto a Larsen B, acabo de ler que no 2002 esta plataforma de 3.250km cadrados e 200 m de espesor desprendeuse da Barreira. Este desprendemento sacou á luz un ecosistema que estaba baixo esta plataforma. Almeixas e bacterias están prosperando nos sedimentos de 800 m de profundidade.

  13. ana_facal.sau di:

    Umm…. moi interesante esta última noticia. Non coñecia eu da existencia de esta plataforma Wilkins e tampouco me parara a pensar da gravidade do asunto, en xeral. Creo que a xente consólase demasiado coas boas novas do cambio climático ocultando, ou tratando de ocultar a verdade soamente para non acaparar tantas responsabilidades.

    enhoraboa o voso blogue. Un saudo
    Ana dos Sauces.

  14. marta_alonso.sau di:

    Hola!
    A verdade é que me parece un tema moi interesante. É incríble a velocidade á que se pode desfacer o xeo, e a pesar de que este desxeo non afectaría o nivel do mar si a súa salinidade, e iso implicaría un cambio nas corrientes mariñas e en consecuencia a todolós seres vivos que viven nel, pero tamén nos afectaría a nos de forma indierecta.
    Peron isto tamén afecta os animais que habitan nesas placas de xeo, que oc´rería con eses animais? supondría a súa extinción? Ou lograrían sobrevivir nunn novo ecosistema?
    Auí deixo unha páxina cun artigo sobre a biodiversidade que existe na antártida: http://www.telam.com.ar/vernota.php?tipo=N&idPub=126906&id=264871&dis=1&sec=1

    Cánto creedes que tardara esa placa de xeo en desaparecer?

    besiños!:)

  15. sara.aso.1a di:

    O proceso de desxeo vai moi acelerado e os animais que viven alí van acabar desaparecendo, porque non van a ter onde vivir, por moito que queiran non van a poder acostrumbrarse as novas condicións de vida que lles esperan. Unha verdadeira pena, a ver se se encontra unha solución dunha vez.

  16. victor di:

    A a maioría dos animais da Antártida viven, como é lóxico, baixo o mar. O desxeo antártico acarrexará moitos problemas a nivel global e sobre todo aos humanos. Focas, leóns mariños ou pingüíns non están en perigo na Antártida pois sempre terán un continente baixo o xeo; un continente cunha plaforma que se introduce baixo o océano ata unhas profundidades moito maiores que as habituais (no comentario 12, Víctor falaba de 800 m cando o normal son 200 m). Cal é a causa de que esta plataforma chegue a tanta profundidade?

  17. noeliag.aso.1b di:

    Según lin a existencia destas comunidades biolóxicas relacionase coa emisión de gases nos fondos oceánicos e según grupos científicos,o metano que escapa dos fondos mariños podría actuar como fonte de enerxía destos organismos encontrados a máis de 800 metros .
    Tamén explicaron que o colapso da plataforma, que actuaba como capa protectora, abre moitas incógnitas sobre o futuro das comunidades dos fondos antárticos, e que agora sabemos
    que a ruptura da capa de xeo desestabilizou o ecosistema natural destas comunidades biolóxicas o que é moi preocupante.

  18. victor di:

    Noelia, as comunidades biolóxicas da Antártida non teñen nada que ver coas fumarolas submariñas.

  19. isaac di:

    Noelia, é certo que nos fondos oceánicos próximos aos polos atópanse grandes cantidades de metano recluídos en sedimentos practicamente conxelados. Pero a liberación deste metano non ten nada de beneficioso, máis ben todo o contrario, porque como di Víctor non serven como fonte de enerxía para os seres vivos que alí habitan, pero o peor é que o metano é un gas que ao liberarse á atmosfera incrementa o efecto invernadoiro dun xeito máis intenso que o dióxido de carbono.
    Algúns propuxeron estas reservas de metano, en realidade moi abundantes, como alternativa enerxética ao petróleo (recordade que o gas natural é en gran parte metano) pero mobilizar estas reservas pode ter consecuencias ambientais catastróficas.

  20. rodrigo.aso.1a di:

    Na miña opinión, está ben que estemos agora a falar deste tema, pero creo que xa non queda moito que dicir xa que todos sabemos, que tanto como sexa flotante ou non este xeo, ao final todo o proceso de desxeo ten unhas consecuencias e non precisamente boas. Aínda que gustaríame saber cal é a solución que temos para paralo nestes intres.
    Como penso que esto é imposible pois non me queda máis que seguir vivindo, iso si, mellorando hábitos que non son nada bos co medio.

  21. antia.aso.1a di:

    Este é un tema de gran interés pois o noso futuro dependerá un pouco disto. Como xa dixeron os meus compañeiros o desprendemento e desxeo destas plataformas so indica a aceleración que está a ter o cambio climático. Como nos mencionou Isaac non fai moito xa se sabía que isto ía pasar, que habería outro cambio climático (como ven acontecendo dende o inicio dos tempos), o preocupante é o feito de que está previsión adiantouse moitísimo máis do esperado e que se non se empeza a concienciar a xente este aceleramento do cambio climático seguiría ata chegar á unha gran catastrofe, como a desaparición dos glaciares.

  22. isaac di:

    Efectivamente, como di Rodrigo, a desaparición da plataforma Wilkins era un feito esperado dentro do marco do cambio climático, o preocupante é que predicción era para dentro de 20 anos.

  23. carolina.aso.1b di:

    pareceme un tema interesante,mais opino o mismo que rodrigo xa se falou tanto del que non quedan moitos temas k tratar e falar del,xa todos sabemos o que esta a pasar,e ainda asi vese que non respetamos o medio e a situacion empeorara co paso do tempo.

  24. belen.aso.1a di:

    É incrible entender como tras datos como estes, imaxes como as que se amosan e datos coma os que temos enfrente, ainda haxa xente que pense que o cambio climático é unicamente literatura,un problema alleo a nós, afastado da vida cotía e sen repercusións importantes na nosa vida diaria.
    O gran ecosistema que é o mundo, pende dun fio, cada vez mais feble, sobre o qe nós, inconscientes penduramos os nosos caprichos e as nosas comodidades, esquecendo que este equilibrio fráxil e o sustento do mundo como o coñecemos, sen alteracions no curso normal da vida, como as que se veñen dando.

  25. roi.aso.1b di:

    Se as predicións con respecto á plataforma Wilkins eran máis esperanzadoras, a este ritmo que imos, medo me dan esas predicións para dentro de 20 anos.

  26. victor di:

    Belén, a realidade é que a maioría da xente acepta que se está a producir un cambio no clima do noso planeta e, ademais, as causas están bastante claras.
    Outra cuestión diferente é o que se está a facer para reverter a tendencia dese cambio. As posibles actuacións chocan cos intereses económicos de países e empresas, polo que non se está actuando coa intensidade que se necesita. E enlazo co que di Roi: se ata o de agora non se actuou como era preciso, iso significa que os países deben revisar os seus protocolos de actuación para que se free no posible a tendencia actual.

  27. isaac di:

    Hai que recoñecer que sobre o cambio climático tamén existen discordancias. Sen ter en conta aquelas que o ignoran ou negan desde o descoñecemento duns fundamentos científicos e baseados principalmente en motivos económicos, é certo que existe un sector minoritario entre os científicos que, sen negar o feito evidente do cambio climático, negan a orixe humana deste problema atribuíndoa a causas naturais, como variacións ciclicas no clima que xa no pasado causaron cambios importantes no clima da Terra. Outros incluso non ven aspectos negativos neste cambio climático, considerando que un aumento do efecto invernadoiro pode ser ata beneficioso. Por último, hai científicos que sen negar o cambio climático e a súa orixe humana consideran que está sobredimensionado o problema polo que relativizan a súa importancia.
    Sería interesante que buscárades algunha destas opinións e consideredes se son merecedoras de crédito.