Acurralando ao cancro

Imos a comentar un uso práctico do LHC e achegalo así un pouco máis á sociedade.  Falaremos de radioterapia, un campo que nas dúas últimas décadas está a ter avances considerables. Un deles é unha nova técnica para tratar o cancro que se chama Hadronterapia. 

Sabemos que todas estas técnicas se utilizan co obxectivo de eliminar  tumores sen danar tecidos sans. No caso do RX  e gamma canto maior é a enerxía dos mesmos maior é a súa eficacia como terapia, pero non son efectivos en certos tipos de cancro. A razón é que depositan a maior parte da súa enerxía cerca da superficie, e se o tumor é profundo danará tecidos sans, o cal é un factor  limitante para a radioterapia convencional. A hadronterapia soluciona este problema porque utiliza protóns ou ións pesados que depositan  a maior parte da enerxía cando se paran (Pico de Bragg). 

imagen

Está especialmente indicada para tumores profundos situados en zonas próximas a estructuras críticas do organismo ou órganos vitais onde a radiación é inaceptable, ou en tumores que non responden a terapia convencional (tumores radioresistentes).

O futuro da técnica está ligado á construción de novas instalacións especializadas que conten con aceleradores de partículas con fins médicos. Hai xa máis de 50.000 pacientes tratados en todo o mundo, case todos os paises europeos teñen ou están construindo centros deste tipo e en España disporemos dun no que se vai desenvolver investigación médica, científica e tecnolóxica e ao mesmo tempo contará cunha parte adicada a fins terapéuticos. Terá un acelerador de protóns  e esperase tratar entre 3000 e 4000 pacientes por ano.

1Sincrotrón.  2Acelerador liñal.  3 e 4Salas de irradiación.

imagen

Por que ten ese nome a técnica descrita neste “post”?Que ións pesados son os que se están a utilizar e por que? Que proxectos teñen pensado desenvolver neste centro de Valencia? 

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Física de partículas, Novas tecnoloxías e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to Acurralando ao cancro

  1. angel.aso.1a di:

    Este como moitos dos que estan publicados na miña opinión é un “post” moi interesante, xa que é bo coñecer novas formas de curar o cancro. A técnica descrita no post recibe o nome de Hadronterapia porque usa hadróns (como os protóns, neutróns e ións pesados) para a terapia contra o cancro. Os ións pesados máis utilizados son os de carbono xa que teñen máis efectividade. O Instituto de Física Médica, que se desenrrolar en Valencia, contará cun acelerador ciclotrón, que permitiría ofrecer un servizo de protonterapia, que ata agora non existe en España.

  2. borja.aso.1a di:

    Na miña opinion tamen é moi interesante xa que calquera maneira de loitar contra o cancro é boa de coñecer.Tamén queria engadir que a idea da hadronterapia remontase a 1946, cando Robert Wilson, físico e fundador do coñecido centro de aceleradores Fermilab, en EE.UU., propuxo a utilización de ions para o tratamento do cancro.

  3. noeliap.aso.1b di:

    Na miña opinión todo avance médico e bo para a sociedade na que vivimos pois a pesar dos medios que dispoñemos aínda queda moito por investigar e resolver e os cancros por desgraza levanse bastantes vidas por diante.

  4. emilio.aso.1a di:

    Coo ven dixeron os meus compañeiros un dos post mais interesantes xa que nos informa de curas para o cancro unha das enfermidades que mais cobra a vida a xente.
    Nestas novas medidas apreciamos que o uso da tecnoloxia non so se basa no ordenador, vemos que con ela podemos ata curar un cancro algo que se se diagnosticaba fai uns 10 ou 12 anos mais do 50 por cento era causa de morte.
    Esperaros a que isto produzca un avance na tecnoloxia e que se investigue neste temario xa que creo que ten un futuro prometedor

  5. uxia.aso.1b di:

    Eu creo que este avance vai a ser moi importante para a sociedade pois penso que o número de mortes debido ó cancro vaise a reducir notablemente, coa ventaxa añadida de que a enfermidade vai a ser tratada con máis eficacia. E a perspectiva de contar cun centro neste país onde se leve a cabo esta técnica é realmente alentador.

  6. melania.aso.1a di:

    Gústame moito este post, moi interesante!
    Pois eu creo, que é un bo comezo para intentar acabar de forma eficiente co cancro, demostra que mediante estudos chegouse a un avance importante contra esta enfermidade.
    Sobre todo esta terapia está pensada para tumores que estén cerca de órganos de risco para que non resulten danados.
    Pero igual que é un avance importante, o seu custo é elevado con respecto as outras terapias, polo que só os países desenrolados contarán con este avance. Esta iniciativa é unha forma de unir a física a medicina.

  7. gema.aso.1b di:

    Dacordo cos meus compañeiros completamente.Canto máis progresos e investigacións se realizen con exito neste campo da mediciña poderase acabar co cancro(unha enfermidade que afecta a persoas de todas as ideas,incluso a feto,que contitue o 15%das causas por mortes e que aumenta o elevado número de enfermos en España)con máis exactitude sen correr tanto risco na operación,e o mellor,podendo empregar esta técnica tamén para pacientes que sofren outras enfermidades tan mortíferas.

  8. victor di:

    Eu comparto a vosa opinión no referente ao interese que esta nova técnica ten para a curación do cancro, pero que outras técnicas coñecedes para loitar contra esta enfermidade?

  9. uxia.aso.1b di:

    Unha das técnicas máis utilizadas é a quimioterapia,que consite no uso de menciñas para tratala enfermidade. Esta técnica pode destruilas células cancerosas que fixeron metástasis ou se propagaron a otras partes do corpo alonxadas do tumor primario(orixinal).
    Actualmente utilízanse máis de 100 medicamentos de quimioterapia distintos, por iso é moi frecuente que un mismo paciente sexa tratado con máis dun(quimioterapia de combinación).
    Para casos máis graves utilízase a radioterapia, como xa nos conta Dolores neste post, pero esta técnica é bastante ineficaz pois si o tumor é moi profundo é necesario danar tecidos sans e iso é prexudicial.
    Si o tumor está nunha zona de fácil acceso elimínase mediante ciruxía.
    Na miña opinión o descubrimento da Hadronterapia é moi importante pois supera con creces calquera das prácticas actuales.

  10. victor di:

    Que significa “as células cancerosas que fixeron metástase”?

  11. gema.aso.1b di:

    A metástese é un proceso polo cal un tumor primario se expánde a órganos distantes do organismo.Esta acción das células provoca o 90%das mortes sufridas por cancro.Aínda que é un proceso biolóxico pouco eficiente,pode chegar a ser mortífero se non se actua con rapidez.

  12. victor di:

    Que queres dicir con eso de tumor primario que se expande?

  13. melania.aso.1a di:

    Creo que gema refírese co do tumor primario ó lugar donde se orixina ese tumor, que normalmente recibe o nome do órgano onde se crea.

  14. victor di:

    Melania, eu sei que Gema quería dicir o que dis ti, pero está máis claro na túa versión.
    Agora a segunda parte: se expande…

  15. noeliap.aso.1b di:

    Creo que co termo “expandirse” refírese a que o texido que conecta cunha célula canceríxena libera a célula enferma permitindo que se difunda a outras partes do corpo.

  16. carolina.aso.1b di:

    E este un tema interesante,pois todos os avances na ciencia son importantes e mais cando estamos a falar de cancros e outras enfermidades.

  17. dolores di:

    A eficiencia na detección do cancro é algo do que non vos falamos no post pero que é tan importante á hora de acurralalo como o seu tratamento, estades dacordo? Neste campo as innovacións nos últimos anos támen son considerables, e por suposto a Física nuclear e de partículas ten moito que ver con eses avances. Que técnicas se utilizan para o diagnóstico? Cal será a do século XXI?

  18. ramon.aso.1b di:

    Como avance científico é un gran paso na loita contra o cancro e como di Uxía supera con creces as técniccas actuais. E xa que estamos no tema, esta semana na revista XL semanal fixeronlle a entrevista principal a Mariano Barbacid o científico español máis famoso na loita contra o cancro, por moitos considerado a persoa que se merece o nobel.
    Na entrevista di que para atopar unha cura do cancro necesitase sobre todo creatividade, ou sexa, na ciencia avanzase pouco a pouco ata que se da un salto cualitativo, como por exemplo agora o LHC. Creo que utilizando este método acabamos de dar unha zancada cara a destrucción da enfermidade por excelencia do siglo XXI. E esperemos que dentro duns anos e cos avances necesarios os cancros desaparezan cunha sinxela pílula.

  19. noeliap.aso.1b di:

    Si,estou de acordo en que a detención do cancro é importante por iso se di que é mellor detectalo a tempo non?? En canto a técnicas para diagnosticarlo puden atopar as seguintes:

    -Mediante ferramentas:detectan células tumorales no sangue.
    -Os sistemas de navegación quirúrxica co microscopio dixital:o que permite ós neurociruxáns delimitar con exactitude a lonxitude, profundidade e extensión dos tumores.
    -A información xenética que ocultan as células:si o ADN da súa mostra tumoral di que o risco de padecelo é moi remoto basta con frecuentes revisións para comprovar que non medra o tumor.
    -Resonancia magnética:para diagnosticar tumores cerebrales, lesións de articulacións ou defectos dos vasos sanguíneos.
    -Sistema de diagnóstico por imaxes:para diagnosticar o cáncer de mama sen necesidade de exprimir os senos.

  20. dolores di:

    Noelia, os sistemas de navegación cirúrxica son procedementos que se utilizan xeralmente no momento en que se está intervindo ao paciente só en ocasións se usan como exploración, e na seguinte técnica xa traballan sobre mostras tumorais, entón o cancro xa está detectado nos dous casos. Cales son as ferramentas no primeiro? A maioría dos sistemas son de imaxe e non só no cancro de mama, pero cales son os sistemas de imaxe utilizados?