…16.000 mortes/ano grazas a nós.

emisión de gases a atmosfera

Greenpeace sinala ós rensponsables da contaminación nun mapa de puntos negros. A ONG ecoloxista Greenpeace presentou o seu informe Contaminación en España, onde se inclúen os datos sobre a contaminación no país, clasificados por Comunidades autónomas e por sectores empresariais, destacando a través de mapas, os chamados “puntos negros”, zonas con maior indice de contaminación. Segundo datos do informe, a industria española recoñece o vertido á auga de 1.219.709 Tm de contaminación ó ano, cifra que só se refiere a 44 sustancias perigosas das miles que existen. Outro dato significativo aportado polo Ministerio de Medio Ambiente é que a contaminación atmosférica provoca en España 16.000 mortes prematuras ó ano, dez veces máis cá mortalidade anual por accidentes de tráfico. Greenpeace centrou o seu traballo nos tres sectores que máis contribúen a esta situación. Segundo datos da Axencia Europea de Medio Ambiente, o 44,4% da contaminación de solos debese á producción industrial, o 15,2% ó vertido de tratamento dos residuos urbanos e o 14,1% ós hidrocarburos. A organización ecoloxista denuncia que a contaminación do medio ambiente en España é resultado de “políticas industriais, de residuos e de transporte pouco esixentes e cómplices coa industria”. Segundo Greenpeace, “esto permitíu ás empresas obter grandes beneficios cos seus negocios, xa que non inclúen os custos asociados á contaminación e ó deterioro da saúde pública. En  España, por exemplo, o 100% da restauración de solos contaminados sufrágase con fondos públicos frente ó 7% de Francia”. Tras as conclusións extraídas do informe, Greenpeace demanda a creación dunha Axencia de Control da Contaminación que garanta o cumprimento da lexislación europea e nacional, e aborde o problema de forma global así como “un cambio do modelo de xestión de residuos que nin agoche o lixo nin o queime”. Para elo propón como solución o modelo de “residuo cero” que plantexa aproveitar todos os residuos como materia prima. Ademais, desde Greenpeace esíxese “a implantación dun novo réxime de responsabilidade ilimitada para a industria petroleira a través de toda a cadea de custodia”.

Esta entrada foi publicada en Residuos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

24 Responses to …16.000 mortes/ano grazas a nós.

  1. marta_alonso.sau di:

    Hola de novo!
    Pareceme moi interesante o modelo de “residuo creo”, a verdade, non custa tanto intentar reducir o oso lixo. Creo que toda a xente que non o fai debría intentalo. Xa que aínda que as empresas, as fábricas son as qeu emiten maior contaminación, nos dende as nosas casas tamén podemos colaborar a arranxar ese problema, o caso é, ¿As empresas están dispostas a reducir as suas emisións de gases… contaminación? ¿Lles supondría a elas unha pérdida económica?
    besiños!:)

  2. juanluis.aso.1a di:

    Moi bo artigo,a verdade e que é interesante saber cantas toneladas de residuos se verten á auga durante un ano sen que ningunha institución oficial faga nada por detelo. O que está claro é que as empresas non van a reducir ás súas emisións de gases, residuos, etc sen que nadie lles obligue. A causa deste pasotismo incrustado nas empresas é causa das perdas económicas que terían que afrontar se trataran de reducir toda a contaminación que producen. Pero bueno…espero que agora que o cambio climántico sae cada dous por tres nas noticias,xornais,etc comecen a tomar medidas contra estas empresas contaminantes.

  3. pablo.aso.1b di:

    O proxecto de residuo cero é moi interesante. Eu creo que antes de que as empresas comecen a tomar medidas serias no asunto da contaminación, deberiámolo facer nos tamén primeiro con proxectos parecidos ao residuo cero.
    Entre o lixo que tiramos,a maior parte son residuos orgánicos. Creo que nese tema pode estar unha boa clave para comezar un proxecto no cal se tratasen de transformar eses residuos, por exemplo en hidroxeno, como descubriron fai uns meses na universidade de Penn State. Isto conséguese cunha pila de combustible baseada en microorganismos que converte os residuos e outros materias biodegradables en hidroxeno. O máis interesante e que este proceso produce un 288% máis de enerxía no hidroxeno, que na empregada para elaboralo.

  4. isaac di:

    Noraboa Iván polo artigo.
    En España está tipificado desde hai uns anos o delito ecolóxico, pero as condenas firmes por este motivos son moi escasas. En xeral, a industria actúa con case total impunidade, incluso aquelas que gozan da certificación ISO 14.OO1, que teoricamente garante que se seguen protocolos de respeto co medio ambiente.
    No noso contorno próximo temos exemplos de verquidos incontrolados de autoría incerta simplemente porque non se quera investigar en moita profundidade. A causa disto é que a propia poboación mostra a súa indulxencia coas industrias contaminantes porque crean postos de traballo, e consideran normal que a responsabilidade de da recuperación dos medios destruídos sexa da administración e non dos causantes da contaminación.

  5. sara.aso.1a di:

    Juan Luis ten razón, as empresan non van a claborar moito con este proxeto porque supón unha perda económica grande, e aínda que sepan que axudarían non van a deixar de gañar por nada. Pero quizais nos mesmos aínda que sexa dunha maneira pequena podemos axudar, temos que intentar aproveitar todo o máximo e reciclar, porque aínda que pareza pouco, se todos o facemos podemos axudar.

  6. victor di:

    Unha cousa debe de quedar moi clara; o desenvolvemento dun país debe ser sostible, é dicir, non pode significar destrucción do medio ambiente.
    Neste texto hai datos que indican que o noso comportamento ecolóxico non é o dun país avanzado; podedes apuntar algún deses datos?

  7. angel.aso.1a di:

    Pareceme un texto moi interesante o do post feito por Iván, xamais me imaxinaria que en España morresen tantas persoas por culpa da contaminación. Como dixo Victor no texto citanse datos que indcan que o noso comportamento ecolóxico non é o dun país avanzado, como por exemplo:
    “En España, por exemplo, o 100% da restauración de solos contaminados sufrágase con fondos públicos frente ó 7% de Francia”.

  8. victor di:

    Ese dato ao que fas referencia, Ángel, é moi significativo e demostra tanto o pouco compromiso das empresas co medio ambiente como a ausencia de política ambiental seria en España.
    Como podedes ollar, en certos aspectos, aínda estamos moi lonxe de Europa e quen nos descubre isto é unha asociación ecoloxísta.
    Facede unha valoración do papel das organizacións e asociacións ecoloxistas a nivel ambiental; é dicir, é necesario o seu papel para mellorar a política ambiental dun país?, temos que controlar a Administración para que faga cumprir a lexislación ecolóxica a cidadáns e empresas?

  9. ivan.aso.1a di:

    Se a administracion deixa que as empresas poidan votar fumes a atmosfera a capa de ozono acabariase en moi pouco tempo e a radiacion acabaria co xeo nos polos. E en canto as emisions dos cidadans a administracion deberia subir o prezo a os coches que contamines mais.

  10. juanluis.aso.1a di:

    Esas organizacións non terían nin que buscar ideas e solucións para resolver os problemas medioambientais. De todo iso xa se tería que encargar os Ministerios de Medio Ambiente e o de Ciencia e Tecnoloxía,por exemplo. Se estas Administracións non cumpren a lexislación nadie o vai facer,xa que estes son os únicos que poden obrigar a cumprir a lexislación a empresas e cidadáns.
    Dende o meu punto de vista,non fan moito por solucionar estes problemas medioambientais,e a este paso,cada vez será máis difícil solucionar os problemas que crean a contaminación.

  11. marta_alonso.sau di:

    A pesar de qeu somos un dos que máis contaminamos da unión europea, tamén somos un dos que máis reciclamos, estraño non? Se consiguesemos reducir a nosa contaminación supondría un gran avance.
    E penso que en todas as entidades e administracións si que deben desempeñar un un papel importante no desenvolvemento do noso planeta, polomenos a hora de incentivar a poboación e concienciala, xa que as veces, hai persoas que necesitan que os “altos cargos” lles digan o que deben facer.
    Ademáis de concienciarse elas mesmas e darse conta do que están a facer. Poruqe se non o fan, desgraciadamente, moito non se avanza.
    E estou dacordo có comentario anterior, como sigamos esperando chegaraa un punto onde sexa inútil intentar facer calquera cousa.
    besiños!:)

  12. isaac di:

    Iván, caes no frecuentísimo erro, pero non por iso disculpable, de confundir a desaparición da capa de ozono, co quentamento global e o desxeo. En realidade non teñen nada que ver, agás que son a consecuencia da contaminación atmosférica producida pola actividade industrial. De feito, a redución da capa de ozono é un problema en vías de solución unha vez que se identificou a súa causa, os cloroflurocarbonados (CFCs), tamén chamados freóns, empregados como propelentes nos esprais e como refrixerantes nos conxeladores entre outros usos, e os voos de avións de reacción por riba da troposfera. Un acordo a nivel mundial para reducir progresivamente o uso de CFCs ata súa práctica desaparición estase a traducir actualmente nunha evidente recuperación da capa de ozono, que nos serve de filtro da radiación UV, altamente perniciosa para os seres vivos, pero que non ten influencia no desxeo ou no incremento do efecto invernadoiro, causado principalmente pola crecente emisión de dióxido de carbono por parte das industrias e do uso de combustibles fósiles, e en menor medida pola produción de gas metano nas explotacións gandeiras.

  13. victor di:

    Nos últimos anos á contaminación da atmosfera está tendo uns efctos claros sobre o clima que fixo que a maioría da poboación sexa consciente de que o noso planeta ten un problema que debemos darlle solución canto antes.
    No ocorre o mesmo con outros tipos de contaminación que teñen un efecto negativo sobre os ecosistemas e sobre os humanos. A causa disto e que os efectos dañinos se producen a longo prazo e de xeito lento polo que os cidadáns non asociamos determinados tipos de enfermidades ou a destucción de certos ecosistemas coa caausa que a produce. No texto de Iván, falanos dos vertidos industriais que van directamente a auga e que contaminarán os ecosistemas acuáticos sobre todo por medio duns compostos chamados “metais pesados” (aclarade que tipo de compostos son estes e que efectos teñen sobre os seres vivos).

  14. gema.aso.1b di:

    Os “metais pesados” forman un grupo de elementos químicos que posúen unha alta densidade e toxicidade para o ser humano.Emprégase este término cando existen elementos que superan os 4,5 g/cm³.Outros criterios son o numero atómico ou o peso atómico.Moitos destes elementos perxudican á natureza independentemente de que sexan imprescindibles na nosa forma de vida.”Os metais pesados”causan un impacto negativo de risco moi alto no medioambiente.Os metais pesados tóxicos máis coñecidos son:o Mercurio,o Chumbo,o Cadmio e o Talio.Ás veces tamén no Selenio e Mercurios ou noutros máis lixeiros coma o Birilo e o Aluminio.

  15. victor di:

    Como nos afectan estes compostos aos seres vivos?
    Coñecedes algún proceso industrial que produza este tipo de residuos?

  16. gema.aso.1b di:

    Está demostrado científicamente que a exposición destes metais pesados en determinadas circunstancias é a causa da degradación e morte de vexetación,animais,contaminación de rios,e ata danos directos cara o home(cancros,danos no riñon,inmmunodeficiencia,intoxicación de alimentos ou por acumulación de aire tóxico,danos no aparato respiratorio…)Temos que ter presente que os metais son materias naturais quedende a idade de ferro veñen desempeñanado un papel fundamental no proceso de desenvolvemento da civilización.Creo que un dos procesos que producen ese tipo de residuos son a fabricación de pilas e baterias,extraccións mineiras,…

  17. pablo.aso.1b di:

    Os metais pesados inflúen negativamente sobre nos. As actividades industrais xeran contaminación a gran escala destes materiais, que despois acaban ou ben na terra ( afectándolle a súa fertilidade e dispoñibilidade) ou no mar ( bloqueando directamente as actividades biolóxicas, causando danos irreversibles nos organismos. ).

    Por exemplo, se estes materiais acaban en acuíferos ou mananciais, o uso deste recurso para consumo humano complicase moito, xa que involucra procesos químicos moi custosos. Aparte de que estes metais soen incorporarse rapidamente aos sedimentos xogando un papel directo na calidade de auga.

    O impacto ambiental que crean é moi grande pois tratase de especies químicas non degradables.

    A fabricación de pilas e baterias ou a mineria serian procesos industriais que producirian estes metais pesados por exemplo.

  18. victor di:

    O chumbo é un metal pesado que en estado sólido forma parte dalgunhas artes de pesca e dos cartuchos de caza. Pode este tipo de chumbo contaminar aos animais acuáticos?

  19. victor di:

    Que se entende pola bioacumulación?

  20. pablo.aso.1b di:

    Bioacumulación é o proceso polo cal produtos químicos presentes no medio ambiente, acaban sendo almacenados no tecido dos organismos vivos. Isto provoca que as veces as substancias se acumulen en maior cantidade que no medio ambiente. O problema xorde cando nos alimentamos de outros seres que se atopan por debaixo na cadea alimenticia que pode producir un efecto negativo na saúde. Dende ese punto de vista, estamos expostos a un gran número de substancias químicas ( cada dia calculase que consumimos 2000 miligramos de substancias tóxicas).

    Un exemplo sería a catástrofe do Prestige, no cal produciuse unha bioacumulación debido ao hidrocarburo derramado.

  21. victor di:

    Quen contesta ao comentario nº18?

  22. gema.aso.1b di:

    O plomo prodúcese de forma natural no ambiente,pero a maioria das concentracións son da actividade humana.Este,é un elemento químico particularmente perigoso.As sales mencionadas entran no ambiente a través dos tubos de escape dos coches.As partículas grandes precipitaránse no chan o na superficie das augas,viaxando a longa ditancia polo aire e permanecerán na atmosfera creando a “chuvia ácida”
    Outra vía para chegar á auga é mediante as tuberíasen sistemas de transportes
    O plomo acumulase nos corpos de organismos acuáticos e no chan.Os animais acuáticos experimentarán efectos na súa saude por envenenamento.As funcións do fitoplacto pode ser perturbada canco interfiere o plomo,pois este é a fonte acuática para os seres mariños da producción de osíxeno e de comida para grandes animais mariños.

  23. victor di:

    Enfoco a pregunta doutro xeito. Nos humedais protexidos (como a enseada Umia-O Grove) está prohibido desde o ano 2002 a utilización de cartuchos con perdigóns de chumbo. Eu pregunto por que, pois os perdigóns son chumbo sólido igual que o chumbo das redes de pesca. ¿Pode o chumbo sólido incorporarse ás cadeas tróficas (cadea alimenticia)?

  24. pablo.aso.1b di:

    Os perdigóns foron prohibidos nos humedais debido a mortalidade por intoxicación que producían.O chumbo non se degrada, pero os seus compostos ( contaminantes ) son transformados pola luz, o aire e a auga.Unha vez que este chumbo depositase no chan, adhírese a partículas do solo.

    O chumbo aparece de forma natural no medio, pero as grandes concentracións deste material son debidas a actividades humanas como a caza ou a pesca deportiva. Calculase que en España quedan abandoadas 5000 toneladas de chumbo debido a estas actividades.