Salvar o planeta

Vendo un documental en National Geografic descubrín que era posible substituir as enerxías non renovables, como o petróleo, por unha enerxía renovable como  a solar, que non contaminaría e que non se esgotaría. Hoxe en día utilízase o petróleo porque é mais rendible ca enerxía solar pola pouca eficiencia das células fotovoltaicas.

A causa de que a enerxía solar non sexa productiva é que a metade da luz que envía o Sol á Terra reflíctese na atmosfera, ademais cando está nublado ou é de noite as placas fotovoltaicas non recollen luz. Pero estes dous problemas pódense solucionar. É moi sinxelo, colocando os paneis fotovoltaicos no espacio poderíase recoller toda a luz que envía o Sol porque non hai atmosfera e os paneis poderan estar recollendo luz as 24 horas. Ademais engandíndolles aos paneis unhas láminas, inventadas hai pouco, que intensifican a luz, subiría notablemente a eficacia podendo chegar a abastecer a Terra só desa enerxía. Un cientifíco xaponés inventou tamén un sistema que envía enerxía dun punto a outro por ondas electromagnéticas co que non sería un problema transportar a enerxía do espacio á Terra, ademaís este problema faría que os apagóns fosen casi inexistentes. Este proxecto xa se propuxera hai anos pero non se levara a cabo a causa dos custos e á falta de medios que había nesa época.

Cos medios que temos hoxe en día podería estar funcionando en 3 ou 4 anos, pero esta enerxía limpa e inagotable tería un problema de dificíl solución, un problema político. Se se levara a cabo este sistema toda a enerxía da Terra saería dun punto, co cal sería unha enerxía centralizadora, e o país que a proporcionara non só controlaría esa enerxía, controlaría tamén todo o mundo.

paneles fotovoltaicos no espazo

Podedes obter información adicional aqui: http://www.astroseti.org/vernew.php?codigo=2128

http://www.eryse.com/2008/03/14/sbsp-paneles-fotovoltaicos-en-el-espacio/

Esta entrada foi publicada en Enerxías renovables, Novas tecnoloxías, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to Salvar o planeta

  1. andrea.aso.1a di:

    Cando falamos de enerxía solar falamos dunha enerxía garantizada para os próximos 6.000 millóns de anos que non contaminaria como dixo rubén por iso temos que facer o posible por levar estes proxecto adiante. Agora ven como todo isto ten ventaxas e inconvintes. Ven as ventaxas son claras non contamina, non ten partes mobiles (por exemplo turbinas) que se podan estropear polo que non require demasiado mantemento e as súas celdas durán décadas. Peroos inconvintes son algo moi importante a ter en conta, a parte do que nos di Rubén dos problemas políticos non podemos olvidar que é unha construcción complexa e cara.

  2. lara.aso.1a di:

    Máis que nada é un problema político penso eu. Se é un país o que se encarga de pagar a custosa instalación, porque estaríamos falando dun orzamento moi elevado, claro que controlarían toda esa enerxía, e como dicía Rubén no seu post terían un dominio mundial. Na miña opinión sería algo moi semellante ó que se fai coas enerxías non renovables a día de hoxe, os Emiratos árabes ou Oriente medio có petróleo. Non son eles os dominantes da maior fonte de enerxía empregada? A enerxía solar espacial saleríanos a un precio non-asequible.

  3. juanluis.aso.1a di:

    Pareceme moi interesante esta solución para poder recoller a enerxía que teñen os raios solares,e asi aproveitar esta enerxía renovable que como di Rubén,nin se esgota nin contamina.Pero en canto o problema de que toda a enerxía a producira só un país…non podería haber varios países con paneis deste tipo? Ou e que sae demasiado caro?

  4. angel.aso.1a di:

    Esta é unha boa idea para levar acabo. O que pasa é que como xa dixeches, o país que proporcionara esta enerxía controlaría tamén o mundo. Para que funcionara todos os países terían que firmar un tratado ou facer un pacto polo cal non pertencera só a un país senon que no lugar onde se instalase a antena para recibir as ondas electromagnéticas procedentes do panel fotovoltaico tería que traballar un equipo con persoal de moitos países. Pero aínda que funcionara e se levase a caba a súa construcción, esa (ou esas antenas) convertirianse nuns dos lugares máis importantes do mundo e se fallasen perxudicarianse a moita poboación, as antenas poderían ser obxeto de atentados terroristas e se algun tivese efecto surxiría un grande problema.

  5. marina.aso.1a di:

    E as ondas electromagneticas que transportarian a enerxia non serian dañinas para nos?

  6. josemaria.aso.1a di:

    Se xa hay moitos problemas para poñerse de acordo nas nacions unidas(unhas das maximas instancias globais) ou mesmo cando se discute algo na clase , ruben ti crees que se poderia poñer de acordo sobre a situacion onde se transformia a enerxia electrica das ondas eletromagneticas eu sinceramente creo que non. E que pasaria se pasamos a depender de esa enerxia solar do espacio, e alguen intenta apoderarse do lugar onde se trasforma esa enerxia.

  7. marta_alonso.sau di:

    Penso que se utiliza o petróleo en lugar da enerxía solar, non só pos motivos expresados anterioemnte, senon tamén porque resulta máis rentable, custa menos cartos.
    A idea de emisión de paneis solares o espacio, e unha idea moi curiosa, aínda que non sei se resultaría moi efectiva, xa que imaxinádevos que dependemos delas, e se estropean, se xa e difícil aveces arranxar os problemas na Terra, canto máis no espacio…
    Pero tamén é certo que nun futuro, en principio,o mundo estara moito máis desenvolvido tecnolóxicamente, polo que o mellor, resulta algo normal e cotidiano, como son agora as centrais eléctricas.
    ¿Pero de que tamaño tendría que ser para poder distribuír enerxía a todo o planeta?
    Ademáis, non podería estar funcionando sempre, xa que nalgún momento sería tapado pola lúa ¿non?
    beisños!:)

  8. victor di:

    Persoalmente non creo que o problema sexa que país produza a enerxía. Se a tecnoloxía para producir este tipo de enerxía é moi cara, o normal e que o proxecto o leven a cabo un grupo de países (por exemplo como na estación espacial europea) e non importaría a cal deles lle tocara situar a futura estación de distribución desa enerxía. Se a tecnoloxía non fora moi cara, poderían ser varios países á vez os que recurriran a este sistema. En calquera caso, actualmente a enerxía (petróleo) tamén está en mans duns poucos países.
    En calquera caso estes países que posúen petroleo especulan con el cando poden e noutras ocasións son empresas concretas (especuladores de bolsa os que fan variar os prezos). Habería moito que dicir deste asunto, pero quero apuntar que sería importante que cada país invista en enerxías alternativas que lle permitan ter unha certa dependencia económica.

  9. victor di:

    Ben Marta, utilízase o petróleo porque require unha tecnoloxía moito máis sinxela que a enerxía solar (fíxate que en principio o petróleo non habería máis que queimalo para que fora unha fonte de calor ou de luz e isa foi a base da súa utilización no pasado).
    Os paneis no espazo claro que necesitaran mantemento pois, cando menos; poderían romper (¿por que?).
    Cres ou credes (todos vos) que a traxectoria da lúa tería que coincidir obrigatoriamente coa situación destes paneis no espacio? En caso de que coincidira nalgún momento, sería relevante esa coincidencia(canto tarda a lúa en dar unha volata á Terra?)?

  10. ruben.aso.1a di:

    a traxectoria da lua non ten porque coicidir nunca coa dos paneis porque estaria dando volta a orbita da terra e sempre ahi un punto na terra onde é de día

  11. rocio_jamardo.sau di:

    É a primeira vez que comento por aqui é realmente gústanme moito as vosas entradas.
    A idea de poñer as placas solares no espacio paréceme realmente interesante,pero paréceme moi dificil conseguir poñer de acordo a tódolos paises sobre quen o quenes deberían proporcionar a enerxía,eu creo que o mellor sería que tódolos paises tiveran unha porcentaxe pero sei que isto sería moi dificil xa que sempre hai alguén que quere ter o poder.

    un beso 🙂

  12. victor di:

    Benvida Rocio.
    Plantexádevos que se alguén fai unha inversión para explotar unha nova fonte de enerxía, o normal é que a utilice posteriormente como un recurso para que o seu país se enriqueza. Se producimos mexillóns, vendemos mexillóns e se producimos enerxía, venderemos enerxía. O perigo sería que se tratase da única fonte de enerxía existente, pero iso non vai ser así.

  13. marta_alonso.sau di:

    Creo que un dos maiores problemas, xunto có da posesión dos paneis (¿de quén credes serían?, ou ¿a quén llos daríades vós?)é a hora de arranxalos, o coste ía ser moi elevado, porque a labor tería que desenvolverse no espacio, a mano ou através de máquinas (especialmente diseñadas para levar a cabo esa labor), etc. E penso que eses paneis se poderían romper polos pequenos corpos que entran en contacto coa atmósfera terrestre, ó investir un deles contra un dos paneis, por exemplo.
    Rocío, con respecto ó de poñer dacordo a todos os paises, e que estes cumplan o pactado, ¿realmente crees que é posible? (¿Quén diría que no noso século seguiría havendo guerras…?).
    Non sei, creo que a idea é boa, peor vai costar moito sacala a diante e levala a cabo con éxito.
    beisños!:)

  14. victor di:

    ¿Escoitáchedes falar do lixo espacial?
    Hai relativamente pouco tempo, os xornais presentaban como un éxito a destrucción no espacio dun satélite que xa non era operativo. Por medio dun mísil era destruído.

  15. marta_alonso.sau di:

    Si, eu polo menos si que escoitei falar diso, peor moi por riba, so sei que non nos chella con ensuciar a Terra, senon que por riba, xa estamos empezando a ensuciar o especio, xa que, ¿Todos os satélites do espacio funcionan? ¿Todo o que hemos enviado ó espacio serve para algo? Creo que non…
    Por eso a idea de enviar máis cousas o espacio, no caso dos paneis solares, me parece boa, peor tamén ten a súa parte mala, ¿qué pasa se o experimento non serve, e se queda ahí coma máis lixo espacial? beisños!:)

  16. sabela.aso.1a di:

    Eu tamén oira falar disto…o lixo espacial son todolos obxetos artificiais que se encontran nas orbitas terrestres(satélites que xa non están operativos,cohetes,obxetos que proveñen da actividade dos astronautas fora das naves…).Polo tanto o lixo espacial é moi perigoso porque debido a gran velocidade a que se move, é problematico para as futuras expedicións científicas. Según teño entendido intentouse “limpiar” o espcio destes residuos…pero non tivo moito éxito. Ainda así os fragmentos máis grandes tenden a ser atraidos pola Terra e desintégranse. Tamén lín que un guante de Edward White(astronauta norteamericano),en 1965 converteuse ” na prenda de vestir máis perigosa da historia” porque viaxaba a unha velocidade de 28 mil kilómetros por hora.

  17. victor di:

    Tendes razón, e como apunta Sabela, a 28.000 Km/hora, un pequeno parafuso compórtase como un proxectil que pode facer dano se impacta nun panel solar espacial ou mesmo nun satélite. Aínda así debedes comprender que desde un principio estes riscos xa se tiveron en conta pero non debemos ver o espacio como un lugar apacible e carente de riscos.

  18. sergioa.aso.1a di:

    Sinceramente a idea dun satélite que recolla a enerxía emitida polo Sol para enviala a terra e moi boa pero na miña opinión creo que o futuro é a fusión do Hidróxeno xa que pódese obter a montes de case calquera sitio é desprende unha grandísima cantdade de enerxía. Ademáis o residuo que produce esta fusión non contamina (helio). Os científicos creen que as estrelas usan esta enexía. O malo que ten e que é tanto o calor que desprende a reacción que non existe ningún material capaz de resistir a temperatura sen fundirse ademáis que fai falla moitísima enerxía para iniciar a reacción nuclear. Houbo un científico que asegurou obter unha fusión fría (a temperatura ambiente) pero o final pareceu ser un conto que dixo aínda que non se descarta que sexa imposible obter fusión fría e de feito sería a mellor alternativa enerxética

  19. antia.aso.1a di:

    Na miña opinión esta é unha boa idea, ainda que un pouco complicada de levar a cabo, non so polo risco económico que suporía, senón tamén de atopar a forma de “conducir” esa enerxía á Terra, falase de ondas electro magnéticas pero esta vía non é de todo fiable, os científicos están buscando outra forma de transportala enerxía.

  20. victor di:

    Sergio,creo que debemos apostar por diferentes camiños para solucionar o problema enerxético do noso planeta. A fusión aínda non é algo factible e diversificando as nosas investigacións apostamos por diversos tipos de descubrimentos científicos e tecnolóxicos que, no futuro, proporcionaran maior calidade de vida aos cidadáns.
    Alguén nos pode explicar de xeito sinxelo en que consiste a fusión nuclear que plantexa Sergio e como é o sistema de xerar actualmente enerxía nuclear.

  21. victor di:

    Antía, este é un proxecto no que levan investigando 30 anos, polo que deben ter claro que o sistema de transporte da enerxía por ondas electromagnéticas debe ser algo realizable.

  22. ruben.aso.1a di:

    Fíxose un experimento enviando enerxía dunha illa do xapon a outra a traves de ondas electromagneticas, as illas estaban separadas por 100 km e foi todo un exito. No espacio nada desviaria as ondas e dende a atmosfera ata a terra hai 100 km coque esta comprobado que é posible.

  23. isaac di:

    Teño que recoñecer que este sistema de obtención de enerxía provócame moitas dúbidas, moitas delas xa prantexada aquí. A primeira e que en toda transformación dun tipo de enerxía a outra existen perdas, polo que sería importante coñecer a eficiencia desta transformación, por outra banda a luz xa é unha forma de radiación por ondas electromagnéticas, polo que habería que saber de que tipos son estas para que non estean sometidas aos efectos de reflexión e dispersión na atmosfera. Ademais habería que saber de que lonxitudes de onda estamos falando e dos seus efectos sobre os seres vivos. Por outra banda, como xa comentaron outros, incrementaría o lixo espacial e os seus altos costes faría que so accederan a este tipo de enerxía os grandes capitais, polo que este sector seguiría concentrado en poucas mans.
    Creo que antes hai que probar outras alternativas máis factibles, como a propia enerxía solar fotovoltaica, que aínda non está aproveitada en toda a súa potencialidade e na que cada día mellórase na súa eficiencia enerxética ou, como di Sergio, na fusión nuclear, que está a ser investigada no proxecto ITER, que de dar resultados positivos poderíamos dicir que estaría resolto o problema enerxético e dunha forma limpa, o problema pode estar no seu custo económico.

    Por certo, sería interesante que buscárades información sobre o proxecto ITER antes mencionado.

  24. gema.aso.1b di:

    O ITER (International Thermonuclear Experimental Reactor, en castelán Reactor Termonuclear Experimental Internacional) é o segundo proxecto máis caro despois da Estación Espacial Internacional.Formouse en Francia en 1986 para demostrar a factibilidade científica e tecnoloxica da fusión nuclear.Os paises que compoñenen este proxectos son:UE,EEUU,Rusia,Xapón,China,Canadá,Corea do sur e India.O reactor emprega enerxia que xenera o sol;é unha nova tecnoloxia para producir enerxia renovable,relativamente limpa e barata.O seu obexectivo é probar todos os elementos necesarios para a construcción e funcionamento de un reactor de fusion nuclear.

  25. dolores di:

    Mariña, o espectro electromagnético abarca un amplo tipo de ondas e a súa radiación é tanto máis perigosa canto menor é a lonxitude de onda (que fai que a radiación sexa máis penetrante) e canto maior é a súa frecuencia (que as fai máis enerxéticas). Algunhas das que coñecedes son a luz visible, a ultravioleta ou os RX (que en pequenas doses se utilizan en probas médicas). Habería que saber cales son as que se utilizarán nese proxecto para transportar a enerxía. En calquera caso influe a magnitude do campo, o tempo de exposición e a sensibilidade persoal á hora de ver os efectos nas persoas. Hai estudos epidemiolóxicos que indican relación entre exposición e diferentes enfermidades e respostas orgánicas anómalas (alteracións hormonais,..) e é un tema que está nos medios de comunicación e suxeito a debate con frecuencia. Á radiación electromagnetica estamos expostos continuamente non só no exterior (antenas, móbiles, torres de alta tensión), tamén no interior de edificios donde en moitas ocasións é superior debido a todos os aparatos eléctricos e electrónicos que temos. O que si se sabe seguro é que os efectos son acumulativos.

  26. victor di:

    Que quere dicir iso que comenta Dolores de que os efectos son acumulativos?

  27. vanesa.aso.1a di:

    O tema é bastante polémico co cal eu penso que teria mais inconvintes que beneficios,un xa é claramente problemático porque ao resultar unha construcción moi cara xa se sabe que o que o levaria a cavo seria o país mais rico sen duda EEUU,este proporcionaria a enerxia a o resto do mundo a un prezo caro xa que é o único que a ten co cal non seria beneficiario para ninguén.Todos os paises deverian de ter o dereito de poder obter esa fonte de enerxía.

  28. victor di:

    Se esta fonte de enerxía é tan cara como para que só a poda utilizar USA, esto quere dicir que non é rendible económicamente.
    Todos os países teñen dereito a ter fontes de enerxía que satisfagan as súas necesidades, pero non ten porque ser ningunha en concreto.

  29. sergio.aso.1a di:

    É interesante saber eso,pero como ti dis,é moi caro e ademáis seguro que si habería problemas políticos,xa que se pelean polo petróleo,e,ainda que esta enerxía sexa renovable,sería un país o que decidira de pagar estes custosos gastos e non creo que os demaís paises esten de acordo,xa que cada país debería ter as súas fontes de enerxía.

  30. victor di:

    Sergio, creo que este tema está pechado, pois volvemos a repetir cousas que xa se comentaron. Tentade comentar outros post.