A onde vai a parar?

imagen

Mentres lía o xornal vin que segundo un estudio, do lixo que tiramos no colector só o 10% vai para  reciclaxe e ten que recorrer ata uns 119 km para ser reciclado, ser tirado en vertedoiros ou   ser incinerado. Os datos dinnos que cada galego produce 1 kg de lixo por día, cantidade inferior á media europea, pero na reciclaxe estamos moi lonxe deles. Outros estudios din que o 44% do lixo quéimase, o 29% bótase en vertedoiros e só o 27% restante recíclase.

 Existen moitos tipos de datos pero o que apreciamos en todos eles é que a porcentaxe de lixo reciclado segue sendo moi baixo. A empresa Sogama, recibe 900.000 Tm de lixo, que supón o 85% do total. Destas 900.000 tm, envía 400.000 Tm para un vertedoiro controlado, mentres que  500.000 Tm son incineradas producindo 435.000 megavatios anuais, pero que claramente teñen o seu inconveniente para a atmosfera, enviándolle máis de 327.000 Tm CO2.

 En conclusión, moita xente párase a separar o lixo e a depositalo en contedores específicos para que despois sexa enviado a vertedoiros e a incineradoras. Cal é a vosa opinión sobre este tema?  Debería haber máis presión, no tema dos residuos,  sobre as industrias?, e sobre os cidadáns?

 

Esta entrada foi publicada en Residuos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.