Silencio a voces

imagen

Desde que Lula é presidente do Brasil, 70.000 Km2 de selva amazónica desapareceron, unha superficie igual á de todo Panamá. Nos últimos 30 anos perdeuse una extensión máis grande ca Chile. As talas ilegais, as extorsións, as apropiacións ilegais e a escravitude son a realidade de cada día na rexión natural máis rica do mundo.

Os bosques da Amazonía sofren unha explotación incontrolada. As empresas gandeiras e madereiras atentan contra o pulmón do planeta dende fai decenios sen que ninguén poida frenalo. Non é fácil controlar os abusos porque as distancias son enormes. Sólo no Estado de Amazonas caberían 11 países europeos.

Os seus habitantes sofren as consecuencias da desmedida explotación da selva. Tres millóns de persoas con salarios inferiores a 100 dólares mensuais, sen educación e sen esperanza. A pobreza facilita ás empresas ter ata 40.000 traballadores en condicións semellantes ás da escravitude. O patrón faise cargo da viaxe, o aloxamento, a alimentación e a roupa de traballo, que se lles desconta do seu salario.

Gran parte da riqueza do Amazonas agóchase entre árbores milenarias, pero tamén quedan ocultas as malas prácticas que se cometen ó amparo das súas ponlas. Ningún goberno brasileiro –o 60% da selva pertence a Brasil- tivo os medios necesarios para facer fronte á sobreexplotación da selva e ó desamparo dos seus habitantes. Ata o 2004 non houbo en Brasil un plan gubernamental que fixera fronte á deforestación. No seu primer bienio, reduciuse un 31% a tala indiscriminada. Menos de 18.000 km2 fronte ós 27.000 do bienio anterior, equivalente á extensión do Estado de Nova York.

O Plan para “Prevenir y Controlar la Deforestación del Amazonas” foi unha das apostas persoais de Lula. Era necesario que o Presidente se deixara asesorar pola liña verde do seu partido, moi alonxada das fábricas e o movemento obreiro e sindical das grandes urbes.

Os terratenientes silencian as voces dos que loitan contra esa inxustiza pero non poden facer calar o ruído das motoserras cando talan árbores. Con todo, a presión internacional e as prohibicións gubernamentais son insuficientes. As empresas multinacionais ven na Amazonia unha fonte de ingresos fácil cun baixo custo. Á explotación pola madeira e pola gandería súmanse as terras de monocultivo. Tres multinacionais estadounidenses, controlan o 60% das exportacións de fariña, penso e aceite procedente de Brasil. Durante o período 2004-05 deforestaron máis dun millón de hectáreas para o seu sembrado.

A plantación de soia tamén invadíu a selva. A maior empresa produtora privada de soia do mundo, o grupo Maggi aumentou a súa produción pola crecente demanda de Europa e Asia para alimentar ao gando. O seu propietario Blairo Maggi é o gobernador do Estado de Mato Grosso, un dos máis castigados pola deforestación. Chámanlle o Rei da Selva, recauda 600 millóns de dólares ó ano e levou á rexión o desenvolvemento con novas  infraestructuras, pero tamén a deforestación e a irresponsabilidade. Dende que é gobernador a tala indiscriminada aumentou un 40%.

O mundo padece cancro do seu principal pulmón. O Amazonas contén casi a metade de tódalas especies vexetais do mundo, moitas en perigo de extinción por falla de auga e humidade. Se a selva amazónica desaparece, tamén o farán o resto de selvas húmidas do planeta. Trátase pois dunha enfermidade que afecta a toda a humanidade e require unha actuación conxunta antes de que sea tarde. A acción individual e as palabras non sirven. Como dicía Chico Mendes, “acto público y entierro numeroso no salvarán a la Amazonia, pero si con mi muerte se fortalece nuestra lucha merecería la pena”.


Esta entrada foi publicada en General, Sobreexplotación dos recursos, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to Silencio a voces

  1. alexandre.aso.1b di:

    A verdade e que todos os empresarios explotan a natureza, pensan que os recursos son ilimitados, pero non se dan conta, parece que actuan cegados hacia o diñeiro que senon me engaño e no único que pensan, a riqueza indivudual, estas personas están acabando coa verdadeira riqueza,os vexetais e a variedade de especies que existen neses lugares, unha persona soa non podería facer nada pero se todo nos manifestamos estas persoas darianse conta do dano que están a facer, eu creo que este plan que están a facer e cara á galería, espero equivocarme, e por certo gran video homenaxeando a Chico Mendez.

  2. juanluis.aso.1a di:

    Con este ritmo de deforestación,acabarán con toda a riqueza que hai nestes lugares,e a súa correspondete biodiversidade. E tendo en conta que falamos do Amazonas,o pulmón da Terra,estos efectos son ainda máis negativos.
    Se non se lle pon fin a este ritmo frenético de tala de árbores,toda a vexetación acabará desaparecendo.

  3. victor di:

    A maioría das madeiras tropicais véndense en países desenvolvidos como o noso. No porto de Vilagarcía descárgase unha gran cantidade de madeira tropical para a construcción.
    Plantéxovos dúas cuestións:
    1.- ¿podemos comprar no mercado internacional madeiras que nos aseguren que proceden dunha explotación sostible?
    2.- ¿Por que os bosque tropicais son tan sensibles ás talas ou cando se sustitúen por outros cultivos (por exemplo soia)?

  4. lara.aso.1a di:

    Eu penso que non se pode saber si a procedencia da madeira á sostible ou non. Os vendedores pódenche decir que sí que o é, pero pode non ser certo, entón estarías contribuíndo de certo modo na tala ilegal de árbores tropicais.

  5. noeliap.aso.1b di:

    Os contidos da entrada de Carmen estan moi ben explicados e paréceme un tema interesante.

    Contestando a primeira pregunta de Victor decir que sí se poden mercar madeiras procedentes dunha explotación sostible pero as talas ilegais estan exercendo unha forte presión sobre elas pois a demanda de madeira e papel baratos está alimentando a destrucción dos bosques, contribuindo a perda de biodiversidade e agravando o cambio climático. Ademáis, a madeira importada de orixe ilegal supon una competencia coa producción dos montes españois polo cal se ven abandoados.

    Greenpeace,unha das organizacións que se moven por este problema esixe unha serie de medidas a ser tomadas para controlar o mercado de madeira:

    – Esixir a utilización de madeira certificada en todas as obras contratadas ou subvencionadas pola Administración do Estado, Organismos autónomos e Empresas públicas.
    – Aprobar unha normativa que obligue as empresas importadoras de madeira tropical a garantizar que procede de explotacións xestionadas de manera sostible.
    – Promover acordos bilaterais dentro do Plan FLEGT con aqueles países exportadores de madeira ó mercado español co fin de combatir as prácticas asociadas á madera ilegal.

    A min parecenme unha boa serie de medidas posto que cun maior control das exportacións se poderían reducir as prácticas ilegais e frear os problemas que estas acarrexan o medio natural.

  6. victor di:

    Lara hai madeiras certificada e aínda que nalghúns casos pode haber fraude, temos que esixir que a madeira que entre no noso país teña todas as garantías dunha explotación sostible.
    Aquí tamén se venden madeiras procedentes de bosques españiois sostibles.
    O que aporta Noelia aclara a preocupación do ecoloxismo con respecto a esta problemática.
    Non vos esquezades da pregunta sobre a sensibilidade dos bosques tropicais.

  7. isaac di:

    Non esquezades que a deforestación non se debe só a explotación da madeira, con un mercado internacional sen regulación que permite este desastre, senón que tamén é debida a substitución das especies autóctonas por cultivos comerciais, como o da soia tal como comenta Carmen no seu post, e incluso outras especies para a obtención de biocombustibles. Sobre a soia comentar que algunhas organizacións ecoloxistas e humanitarias propoñen o boicot ao seu consumo, xa que detrás da súa produción están grandes intereses económicos e en ocasións supoñen o desprazamento de poboacións adicadas a cultivos tradicionais.
    E o peor de todo isto é que os solos tropicais como o do Amazonas son moi pouco produtivos, tal como vos insinúa Víctor, polo que non poden usarse máis alá duns poucos anos para a produción agrícola.

  8. pablo.aso.1b di:

    Os bosques tropicais ( especialmente chuviosos como o Amazonas ) son moi sensibles as talas, debido a que as precipitacións son case diarias, co cal no bosque, os numerosos árbores frean o forte impacto da chuvia contra o solo. Coa a tala de árbores, a chuvia impacta directamente contra o solo, co cal este “romperíase”. Cando se tala unha arbore, todo o espazo voluminoso que deixa é ocupado por herbas non tolerantes a sombra e por pequenas arbores de crecemento rápido.

    A parte o solo dos bosques tropicais caracterizase por atoparse moi lavado, xunto con óxidos e hidróxidos de algúns metais e moi poucos nutrientes.O solo é moi débil e a riqueza desas zonas atopase na vexetación.

  9. roi.aso.1b di:

    Onte saíu no xornal que Brasil aprobou un plan para reducir a destrución da selva amazónica do país un 70% nos vindeiros 10 anos, segundo comunicou o Goberno, que por primeira vez fixou unha medida anti-deforestación.

  10. isaac di:

    Ultimamente, Pablo, estás moi acertado. Efectivamente, aínda que cando vemos un bosque tropical poderíamos pensar que o solo é moi fértil, en realidade é todo o contrario, a súa riqueza está na vexetación, polo que se a quitamos o que queda é un solo empobrecido, que en poucos anos se volve absolutamente improdutivo e endurecido polo efecto dun proceso chamado lateritización, do que resultan unhas costras de óxidos de ferro que o fan incultivable.

  11. Susana di:

    Parabéns polo voso blog de todo o equipo de Climántica. Os post son mui interesantes e cretivos e os comentarios unha oportunidade única para coñecer a vosa opinión sobre diferentes temas e, de paso, que aprendades a argumentar.
    ¿ Qué vos parece se publicades algúns post un pouco máis cortos para colgar como referncia no blog Internacional de Climántica?

  12. victor di:

    Como podedes ler no comentario anterior, Susana que é a coordenadora dos blog de ccmc, aconséllanos facer post máis curtos. Ten razón, temos que intentar que as nosas propostas sexan máis visuais e con menor cantidade de texto. Tomade nota e traballade nesa liña.

  13. sara.aso.1a di:

    Pois este prolema é moi grave, creo que nestes casos todos os gobernos do mundo deberían xuntarse para buscar unha solución xa que está visto que eles só non poden ou non queren, e esa selva é moi importante xunto coas demais, claro pero esta aínda máis.

  14. noeliag.aso.1b di:

    Según a información que busquei a rexión da Amazonia de Suramérica é tan sensible a tala de árbores porque esto aparte de afectar na vexetación do país influencia a caída de precipitacións en México, Tejas e no golfo de México.Pero esto ocurre tamén noutras zonas como por exemplo si desforestan zonas en África central afecta as precipitacións en EEUU, etc.É importante observar que tales cambios ocurren sobre todo en certas estacions e que a combinación da tala nestas áreas realza a chuvia nunha rexión mentras que a reduce noutra.
    Esto sin embargo contradice a investigación anterior que suxiere que a tala daría lugar a unha reducción nas precipitacións e ao aumento da temperatura na Amazonia, pero que non conleva ningún impacto no ciclo global da agua.

  15. victor di:

    As selvas tropicais teñen unhas caraterísticas moi semellantes en todo o mundo. As precipitacións e temperaturas son altas e regulares e os solos pobres. O gran valor está na biodiversidade que albergan. Se retiramos a cuberta vexetal (talas ou plantacións), os solos se empobrecen rápidamente polas intensan chuvias que lavan os nutrintes.
    ¿Por que a amazonia se lle chama o pulmón da Terra?, ¿é certa esta afirmación?
    ¿Como intervén unha selva tropical no ciclo da auga?

  16. gema.aso.1b di:

    A amazonia é coñecida como o pulmón da terra e do planeta.Chamase asi pola súa extension,a cantidade de seres vivos (125 clases de mamíferos, 400 tipos de aves, 100 de reptiles e 60 animales anfibios,200.000 especies de peixes)Este mesmo análisis demostrou que cada árbol alberga 400 especies de insectos,que poderían ir en aumento.É unha gran fonte de fertilidade tanto polos diferentes tipos de arboles nun espacio de 10 Km2 hai 760 especies de árbores coma polas materias que aporta para a construcción de todo tipo de meteriais.Viaxar pola selva amazónica é internarse na maior reserva ecolóxica do planeta.A selva tropical ten unha influencia crucial no ciclo da auga bombeando osíxeno á atmosfera,de aí o seu apodo “pulmon da terra”
    O Amazonas é un importante depósito de carbono e agua.A deforestación interrumpe o ciclo da agua, facendo que ésta fluia directamente cara ós ríos, en vez de ser absorbida pola tierra e vexetación e fluir pouco durante todo o ano.Isto fai que a selva sexa máis sensible á sequía e a unha maior perdida de árbores e emisión de contaminación do calentamento global.Se se destruen os bosques,se evaporará pouca auga que hay nas follas do solo,O clima da rexióon será mais caluroso,ventoso e seco,e nas partes baixas dos rios haberá ameazas por inundacións.

  17. josemaria.aso.1a di:

    E falsa a afirmacion de que a selva amazonica é o pulmon do planeta porque cando fai a fotosintese da osixeno e absorve dioxido de carbono da atmosfera, pero cando morre volve a liberar o dioxido de carbono abosorvido na fotosintese(esto grazas a putrefaccion).Se destruimos esta selva estaremos a liberar todo o carbono que leva ahi almacenandose millons de anos.Por esa hai esa gran loita pola preservacion desta selva

  18. sara.aso.1b di:

    Pola información que busquei hata agora o Amazonas si estaba considerado como o pulmón da Terra,pero isto cambiou polas consecuencias da deforestación,os incendios para conseguir terras agrarias e o cambio climántico esta acabando con este paraíso natural.O Amazonas estivo considerado como a masa arbórea máis importante do noso planeta xa que producía oxíxeno e polo seu caudal de auga dulce.Pero a queima de árbores destriu un 15% da súa extensión.Outro problema e a desertización,coa capa da Terra sin o sustrato que deixan os árbores a chuvia disolve os elementos fértiles,impedindo que novas plantas se asenten tras as choivas e os incendios.Contestando a pregunta de Víctor e facendo uso desta información eu penso que o Amazonas si foi o pulmón da Terra,e que se queremos que o siga sendo eso en parte está nas nosas mans.

  19. sabela.aso.1a di:

    Chámaselle o pulmón da terra porque a amazonia é a que produce(mellor dito, libera)o 50% do osíxeno necesario para a vida!Ademáis (según a información que busquei)é a que xenera as corrientes de calor que templan o clima do planeta.
    Quero destacar que o río amazonas conten as duas terceiras partes da auga dulce, e nel habitan 200000 especies de peixes. Xa non é so o efecto invernadeiro ou a deforestación (grandes problemas),tamén, a maior reserva de auga dulce vese contaminada polo abuso de herbicidas e os desperdicios que se verten nel.

  20. victor di:

    Gema, o concepto de pulmón fai referencia a abundante vexetación da Amazonia que ao facer a fotosíntese devolve a atmosfera unha cantidade importante de osíxeno. Non debemos confundir isto con que a súa vez a Amazonia é o lugar de maior biodiversidade que existe.
    A desforestación (perda de vexetación), impide que os vexetais cando transpiran devolven a atmosfera a auga que tomaron pola raíz; polo tanto, sen vexetación, gran parte da auga da chuvia non se incorporará ao ciclo da auga nese lugar e irá a parar ao mar(polo tanto a longo prazo a desforestación significará un cambio no clima no lugar).

  21. victor di:

    A fotosíntese produce osíxeno e na Amazonia con tanta vexetación se produce moito osíxeno (de aí o concepto de pulmón do planeta).
    Pero os vexetais e os animais respiramos consumindo O2 e desprendendo CO2 e H2O. Esto quere dicir, José María, que vexetais e animais enviamos diariamente dióxido de C a atmosfera. Cando un ser vivo morre é descomposto polas bacterias e os fungos que no proceso tamén envían CO2 a atmosfera.
    O problema de destruír a selva é que se perdería o solo por improductividade, perderíase biodiversidade, deixariase de producir O2, interrompiríase o ciclo da auga…

  22. isaac di:

    Dicir que a Amazonía é responsable da liberación do 50% do osíxeno é tremendamente esaxerado, aínda que é certo que é habitual atopar ese tipo de información en internet ou en outros medios de divulgación, de ahí a importancia de ser moi selectivos coas fontes de información que empregamos. De feito a produccíón neta de osíxeno é maior en pradeiras que no bosque tropical. Pero como di Víctor a destrución destes ecosistemas supoñen unha irreparable perda de biodiversidade e a liberación a medio prazo de grandes cantidades de dióxido de carbono, sen que isto se compense coa liberación de osíxeno a través da fotosíntese.

    Por certo, a maior parte do osíxeno que consumimos é producido por organismos fotosintéticos mariños.