S.O.S. polo oso polar

imagen

cambio climático comezou a ser un tema de interese popular fai uns vinte anos e desde entón foi incrementando a súa presenza nos medios de comunicación. Durante os últimos anos, estase a converter nun motivo de preocupación por para a cidadanía. A poboación empezou a facerse preguntas sobre o cambio climático e moitas veces intentan contestalas sen consultar informacións fiables, errando  nas súas respostas. Unha parte da poboación pensa que o cambio climático estase a producir pola culpa do efecto invernadoiro; o que esas persoas non saben e que grazas o efecto invernadoiro vivimos nun planeta confortable, cunha media de 14 ˚C  de temperatura. Mentres que na lúa, que máis ou menos está a mesma distancia do Sol ca Terra, a temperatura media esta sobre os 18˚C baixo cero. Na Terra pódese vivir grazas a atmosfera que contén parte da calor que chega do Sol. O problema é que ao aumentar o COe os demais gases que producen o efecto invernadoiro, está claro que tamén aumenta o efecto invernadoiro e a atmosfera impide que saia máis calor. Moita xente pensa que se os Polos se derretesen os continentes se inundarían. A finais de século o nivel do mar subirá uns 18 ou 19 cm. Sempre quixen saber que pasaría cos animais que viven nos Polos, como os osos polares e os pingüíns, e tras buscar información descubrín que a poboación de osos pasará duns 20.000 a uns 14.000 nos próximos anos, mentres que a poboación dos pingüíns verase afectada en menor medida xa que na Antártida os cambios serán menores.

 ¿Que podo facer eu para diminuír os efectos do cambio climático?Para evitar os efectos do cambio climático podemos, por exemplo, evitar o gasto innecesario de enerxía, de auga e de outros recursos. Tamén podemos reciclar e reutilizar. Ademais as empresas e os gobernos deberían facelo. Só cambiando as bombillas dun país por bombillas de baixo o consumo o aforro de enerxía sería enorme. Así mesmo, poderiase defender unha inversión en investigacións científicas e desenvolvemento tecnolóxico para poder contar con recursos que eviten ou diminúan os efectos do cambio. Deberían buscarse solucións agora que aínda se pode e non esperar porque  despois xa será tarde e o cambio climático non terá solución.

imagen

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Cambio Climático e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

32 Responses to S.O.S. polo oso polar

  1. carmen.aso.1b di:

    Os gobernos dan axudas para temas de medioambiente, para reducir a contaminación, para investigación en novas fontes de enerxía, etc. (Axudas de diferentes ministerios, axudas da xunta, …).

    Por outra parte, o problema dos gobernos está en que non todos cumplan aquelo que a maioría firma, xa que por exemplo EEUU non quere cumplir o protocolo de Kyoto e é un dos máis contaminantes do mundo. A UE está rebaixando os seus índices de contaminación e ten normativas propias para definir os plazos de obligatoriedade das enerxías alternativas e de reducción de emisións contaminantes.

    Eu penso que habería que buscar sancións para os países que non cumpran este protocolo e os seguintes que se deban firmar.

    A foto paréceme que pola luz que ten está feita en estacións diferentes.

  2. alba_garcia.sau di:

    olaaa
    soy alba del colegio los sauces de vigo.
    a nosotros nuestro profesor Ramon nos preguntó sobre animales que desaparecieron o desapareceran por culpa del cambio climático y si que comentaron el caso de los pinguinos y ademas tambien nos afectara a nosotros porque si sigue aumentando la temperatura no seremos capaces de vivir,es cierto, ningun ser humano, creo que yo, que nace con cualidades para sobrevivir a altas temperaturas.
    espero que haya servido para algo mi post..
    unbes0!;)

  3. marta_alonso.sau di:

    Hola! soy Marta una alumna de Los Sauces.
    Me ha parecido muy interesante vuestra entrada!
    Si que es cierto que el cambio climático es algo que ya todos conocemos, pero desgraciadamente no toda la gente esta dispuesta a colaborar, sino que prefieren ser meros espectadores de todo ello, sin darse cuenta de que realmente nosotros dependemos del resto, de la Tierra.
    Desgraciadamente la gente solo se preocupa de si misma; si se derriten los polos, en el caso del polo norte solo provocará un cambio en la salinidad del mar, pequeña cosa que acarreará graves consecuencias, ya que con ello se cambiaran las corrientes marinas, etc.
    Pero en el caso del polo sur, provocará un aumento dle nivel del mar, además de la extinción de numerosos seres vivos, como los osos o los pinguinos como bien se menciona.
    Todo está en nuestras manos, todos debemos colaborar, cada uno haciendo lo que pueda, pero cualquiera ayuda es necesaria.

    Saludos! 🙂

  4. lara.aso.1a di:

    Dende fai 650.00 anos ata principios da era industrial o CO2 atmosférico nunca superou as 300 partes por millón, na actualidade oCO2 supera as 400 e segue a aumentar. Non é posible frear o desprendemento de C02 a atmosfera pero sí reducilo. De forma individual como pode ser reciclando dende a casa e a nivel mundial cumprindo todos os países o protocolo de kyoto como ben dicía carmen.

  5. rodrigo.aso.1a di:

    Pois eu a verdade e que estou en contra carmen, xa que penso que o problema comeza ahí, nos gobernos. En primeiro lugar preocúpame o que fixo España que foi firmar o protocolo pero pasou totalmente del, como mostran estes dous artigos:
    *http://blogs.periodistadigital.com/medioambiente.php/2005/12/15/p6278
    *http://www.consumer.es/web/es/medio_ambiente/2002/07/16/49439.php
    Tamén existe o típico problema do ser humano que é intentar quitar proveito de calquera cousa como se mostra nesta páxina (http://www.mundosolidario.org/mon.php?var=25) na cal vemos como se o problema do cambio climático non serve máis que para dar beneficios.
    Por iso creo que en primeiro lugar tiñan que os gobernos cumplir o protocolo e concenciarse, para logo facelo cumplir aos cidadáns.
    Respecto á foto creo o mesmo que Carmen, que é que foron tomadas en estacións diferentes ou diferentes horas. Aínda que é certo que si que se ve ausencia nalgunhas partes de xeo.

  6. melania.aso.1a di:

    Tes razón Ángel a xente equivocase
    por falta de información, e dálle pouca importancia a este problema porque as consecuencias disto aínda non se mostran de forma intensa.
    Para porlle solución a isto hai que ter conciencia de grupo, e como ben dixo carmen EEUU non está a pór da súa parte para reducir as emisións contaminantes.
    Os gobernos son os que se comprometeron a axudar a parar isto, e se eles non se encargan de poñer medios para facelo, a maioría da poboación que descoñece todo o relacionado con este tema, tampouco o porá facer.

  7. victor di:

    Benvidas ao noso Blog, Alba e Marta dos Sauces, alégranos a vosa colaboración e aproveito os vosos comentarios para animar aos alumnos do Asorey a entrar noutros Blogs de ccmc e coñecer outras formas de ollar a ciencia.
    A maioría da poboación mundial vive en zonas costeiras, onde as variacións do nivel do mar lles vai afectar máis directamente. Tamén nos vivimos á beira do mar pero a nosa orografía e os nosos medios económicos permitirannos, nun primeiro momento, sobrevivir sen demasiados problemas ás próximas subidas do nivel do mar debidas ao cambio climático. Aínda así debemos ser colaboradores e coherentes darnos conta de que seremos os seguintes en padecer as consecuencias dunha problemática na que somos culpables directamente.
    Tentade reflexionar sobre varias cuestións:
    -Quen son os causantes do cambio climático,
    -quen son as victimas do cambio climático,
    -que podemos facer os cidadáns para loitar contra o cambio climático.

  8. victor di:

    Tende presentes que nas sociedades democráticas os gobernos son elixidos polos cidadáns e non debemos sentirnos ao marxe do que fan os nosos gobernos. Por certo, os partidos políticos ganan as eleccións porque, en parte, nos convencen para que os votemos. Nunha democracia sempre temos a opción de elixir, por iso non debemos botarlle a culpa exclusivamente a un goberno para tranquilizar a nosa conciencia.
    Os cidadáns contamos. Moitas veces a solución consiste en valorar ao que estamos dispostos a renunciar para que os avances empresariais e económicos teñan o menor custo ecolóxico.
    ¿A que estas disposto a reunciar ti?

  9. victor di:

    ¿Por que credes que USA non asinou o Protocolo de Kioto?

  10. alba_garcia.sau di:

    espero que mi respuesta sea valida y no se si es apropiado contestar a tu pregunta pero yo estuve buscando y lo que encontre fue que
    Estados Unidos es el mayor contaminante en el nivel mundial y, al contrario de otras naciones desarrolladas como Japón y los pertenecientes a la Unión Europea, se rehúsa a firmar el acuerdo por temor a causar graves daños a su economía.

  11. isaac di:

    Primeiro celebrar a participación de outros membros da comunidade CLIMÁNTICA, neste caso do Colexio Os Sauces de Vigo. Grazas e saúdos para o voso profe Ramón.

    Como ven di Alba, USA retirouse do Protocolo de Kioto aducindo prexuizos na súa economía e quitándolle importancia ao problema do cambio climático. Pero recentemente, economistas británicos de primeiro nivel demostraron que non tomar medidas en contra da degradación ambiental, e do cambio climático en concreto, tería unhas consecuencias na economía a medio prazo moito peor que non asumir a gravidade deste problema.

    Con respeito ao que di Carmen sobre a fotografia eu penso que o que cambia é a hora do día, pero na rede tendes cantidade de exemplos de retroceso dos glaciares nos últimos anos. Como exemplo propóñovos ver esta imaxe:
    http://www.greenpeace.org/raw/image_full/argentina/fotos-y-videos/fotos/comparaci-n-del-glaciar-

  12. marta_alonso.sau di:

    Hola de nuevo! 🙂
    Desgraciadamente, como bien dice Alba el tema que actualmente importa, que ha pasado a tomar un primer plano es el de la crisis económica, la mayor parte de la gente (ya que hay personas que se siguen negando a creer que exista) sabe que el cambio climático es algo grave y que está ocurriendo en la actualidad, pero como a ellos no les va a afectar ¿de qué preocuparse? y por desgracia la mayor parte de la gente actua así.
    Con respecto a la prengunta mencionada anteriormente, sobre a qué estamos dispuestos a renunciar, yo creo que todos podríamos por lo menos disminuír nuestro nivel de consumismo, ya que, ¿realmente compramos solo aquello que necesitamos?
    A ver si la gente se empieza a dar cuenta de que tenemos que cambiar, sino las consecuencias serán peores.
    Espero que mi intervención sirva para algo…y muchas gracias por dejarnos comentar! 🙂 saludos!

  13. victor di:

    Tes razón Marta, neste caso temos poder de decisión e responsabilidade. Podemos cambiar os nosos hábitos consumistas e transmitir esa necesidade aos demais. Tamén debemos esixir ao noso goberno e as nosas empresas a necesidade de cambiar as cousas a este nivel, pero non debemos pasarnos a vida dicindo que os gobernos e as empresas estannos a enganar e que somos unhas vítimas inocentes e sen ningunha capacidade de maniobra.

  14. belen.aso.1a di:

    Os principais culpables da non aplicación da totalidade dos puntos acordados no Protocolo de Kyoto son os gobernos dos países máis industralizados ou daqueles que están en vías de desenvolvemento( EEUU, China …) pois estas medidas son contraproducentes para a súa economía. Unha ténica, non moi ética, empregada polos países que contaminan máis do seu tope, é a de venderlle esa parte das cantidades de CO2 enviadas á atmosfera que van máis alá do seu máximo a países que non alcanzan a súa cifra correspondente. Con isto desprazan unha parte do total das súas emisións de CO2 a países que necesitan diñeiro e que non ocupan o total das súas emisións.

  15. alexandre.aso.1b di:

    De acordo coa opinión de Belen os países máis desenvolvidos son os que máis contaminan, estes países pensan que o reducir a contaminacion van experimentar perdas no capital, por iso teñen tanto medo en poñer en funcionamento estes plans, eu creo que habría que mostrarlles as consecuencias a estes países e facerlles ver que se podería seguir desenvolvendo sen contaminar,unha idea incomprensible pola súa parte pero posible.

  16. victor di:

    ¿Credes que todos os países deberían diminuír a súa producción de CO2 industrial?

  17. lara.aso.1a di:

    Non todos os países, porque hai algúns países subdesenvolvidos que non teñen que reducir as emisións xa que o desprendemento de cO2 é mínimo. Os que deben reducir son as grandes portencias como EEUU, que son as que abusan co desprendemento de c02.

  18. victor di:

    Estou dacordo Lara; é máis, os países que carecen case de industria poden aumentar a taxa de CO2 ou negociar con ela.
    Explicade como poderían negociar coa taxa de CO2.

  19. aitor.aso.1a di:

    Con intereses economicos por medio, pois todo e por intereses polas duas partes, uns porque levan diñeiro e outros porque non teñen que parar o seu desenvolvemento como unha potencia mundial, de exemplo temos a América.

  20. victor di:

    Non entendo Aitor, explica máis claramente o que queres dicir.

  21. victor di:

    Por certo, ¿o quencemento global afectará de igual maneira ao Ártico ca o Antártico?

  22. isaac di:

    Lendo os vosos comentarios neste blog observo con satisfacción como expresades opinións sobre temas moi importantes para a humanidade, e que influir directa ou indirectamente na nosa vida. Pero para poder formarse unha opinión previamente buscades a información e contades con unha certa información.
    Pero quixera que recapacitedes sobre esta cuestión: É posible chegar a tomar conciencia destes problemas tan relevantes sen ter un mínimo de formación científica?

  23. gema.aso.1b di:

    Pois claro que sí.Todos temos parte de responsabilidade nos nosos actos para non afectar de maneira negativa ó noso medio,e sobre todo ó cambio climatico,porque ainda que non teñamos todos uns coñecementos cientificos profundos,as consecuencias nas que comeza a estar o planeta e o habitat de animais coma o oso polar están ahí,estan a desaparecer e converténdose nun problema grave.Este tema quizás sexa mais de concenciación propia,non é un tema no que os coñecementos cientificos sexan o primordial(sabelos sí,pero agora mesmo somos capaces de comentar aqui,moitos de nos sen ter datos cientificos concretos só nos chega con observar a paisaxe)

    O quecemento global non afecta no Ártico e no antártico da mesma forma porque o xeo non ten a mesma composición,ainda que nas duas zonas o cambio climatico se produce é no ártico(coma se ve na foto)onde este problema é perxudicial,e se leva dunha forma máis rapida e con moita intensidade.

  24. victor di:

    Gema, o xeo ten a mesma composición nos dous polos, ¿pero existe algún continente debaixo do Ártico?
    ¿Afectarán do mesmo xeito o desxeo dos dous polos ao nivel do mar?

  25. maria.aso.1b di:

    A primeira pregunta que formula Victor decir que si existe un continente debaixo do Ártico.

    Co desxeo do polo sur o nivel do mar aumentará e quedará un novo continente terreste.En canto a segunda pregunta non, xa que ainda que se desxee o polo norte non nos afectará xa que o xeo está flotando no mar.

  26. victor di:

    María quería dicir debaixo do Antártico. E na súa argumentación ten razón.
    Ademais influiría moito no ascenso do nivel do mar polo quencemento do planeta, a desconxeación dos glaciares das altas montañas xa que a auga resultante engadiríase aos océanos.

  27. maria.aso.1b di:

    No xornal aparece unha noticia sobre o cambio que se está a producir na Terra devido o quecemento da atmosfea; nesta noticia falanos dunhas illas chamadas Tuvalu que están situadas en Polinesia no Océano Pacífico.
    Estas islas están en perigo xa que ca subida do nivel do mar, acabarían desaparecendo (xa se esta notando este cambio no nivel do mar).
    Teñen unha superficie de 25km cadrados.
    A miña pregunta é a seguinte:
    Que deberiamos facer nos os habitantes do planeta para non destruir o noso lugar de vida? porque ainda que a nos isto por ahora non nos afecte tan directamente afectaranos nun futuro que cada día está máis próximo.
    Tamén teño unha dúbida que é porque os paises ainda que solo teñen unha determinada emisón de co2 o comprarlles o co2 “por así decilo” non se lles multa, ademáis ainda que pasen do límite a deuda que teñen que pagar segue sendo mínima porque se non, non emetirian máis contaminación da establecida.

  28. victor di:

    Vender parte da taxa de CO2 é unha forma de que os países pobres se enriquezan xa que non teñen capacidade de instalar industria a curto prazo (venden materia prima = CO2).
    María, con respecto ás illas ás que fas mención, aconséllote que mires a entrada que leva por título: “Búscase país de adopción”. É unha das primeiras, e nela fálase dun país chamado Kiribati que está a ter o problema que ti describes (bótalle unha ollada).

  29. sara.aso.1a di:

    Na miña opinión o que se deberia facer sería ante todo informar de como son realmente as cousas a xente, porque a maioría non saben nada deste tema e os que a teñen normalmente non é de todo correcto. E despois de concienciar a xente intentar buscar todo o máis natural posible, empregando materias renovables e que a curto plazo se poidan ver as melloras cara ó noso planeta.
    Aínda que xa sei que isto é fácil de decir e que isto é o que se intenta, pero quizais habería que darlle preferencia a este tipo de problemas que non a outros.

  30. victor di:

    Tes razón Sara, a xente ten que estar informada e formada; ¿entendedes agora porque era tan urxente que os alumnos dun país teñan formación científica?, ¿entendedes porque é imprescindible esta asignatura?

  31. romina.aso.1a di:

    Eu penso que esta asignatura pode axudarnos a entender cousas cientificas que, aínda sen profundizar moito nelas, chegamos a ter unha opinión persoal. É cultura xeneral así como a filosofía. Moita xente non sabe o por qué de moitas cousas naturais e nos somos unha xeración privilexiada porque podemos saber e entender varios temas que a xente que non foi por ciencias non sabe e non comprende.

  32. victor di:

    A ciencia e a tecnoloxía non só son cultura senón que ademais aportaranvos coñecementos que vos axudarán a vivir mellor.