Milagres tecnolóxicos

Segundo un artigo publicado o l8 de febreiro de 2007 en “Technology Review”, a empresa ZINK Imaging, presentou un novo sistema de impresión de fotografías sen tinta. 

O “truco” consiste en utilizar un novo tipo de papel fotográfico que cambia de cor ante a aplicación de calor. Para elaborar o papel fotográfico ZINK, que aparentemente é igual ao normal, os investigadores partiron dunha lámina de plástico branco, como material base e posteriormente foron engadindo capas finas de cristais tintados coas cores fundamentais: amarelo (parte superior), magenta (no medio) e cian (na parte inferior). O cristal é transparente ata o momento que se lle aplica calor. O que fixo ZINK foi modificar as cabezas de impresión térmicas convencionais para que extraian selectivamente a color dos cristais tintados.

 Reinventando a impresión, afírmase poder desenvolver impresoras ultraportátiles que caiban nunha man ou que se poidan integrar en cámaras dixitais, teléfonos móbiles, torres de PC e incluso televisións.  

¿Credes que con este novo sistema  poderase reducir a tala de árbores para fabricar papel ou polo contrario as persoas non estarían dispostas a pagar o prezo de 0.25 € por cada folio deste tipo e continuará cos métodos tradicionais? E en caso de que se utilizase, ¿pebsades que este tipo de papel  poderase estropear fácilmente?

imagen

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to Milagres tecnolóxicos

  1. roi.aso.1b di:

    A verdade é que, á marxe de vantaxas e inconvintes que teña coma todas as cousas, sería un grande avance polo que se aforraría e polo que se contribuiría coa redución da tala de árbores. O dilema está se é fiábel eso de que cambie de cor coa calor ou se como cuestionas no post este tipo de papel se estropearía con facilidade.

  2. victor di:

    ¿Cal pensades que sería a finalidade da empresa cando decidíu investigar e presentar este novo sistema de impresión?

  3. juanluis.aso.1a di:

    A verdade é que me parece un avance,pero está claro que a xente non vai a pagar 0,25 € por cada folio destes. Aparte, eses folios se se expoñen a algun obxeto que emita calor, reaccionaría igual que cos cabezais da impresora,non?
    Creo que a única finalidade da empresa ó crear este producto foi buscar un beneficio económico e revolucionar o mercado no sector das impresoras.

  4. marina.aso.1a di:

    Eu penso q a finalidade da empresa non e tanto reducir a tala de arbores senon aumentar os seus beneficios.
    Por outra banda ainda que se reduciria o consumo de papel aumentaria o do plastico.
    E un problema q pode ter este tipo de impresión e q si o calor que precisa para cambiar de color non e moi elevado seria necesario conserbar as fotografias en lugares donde a temperatura non fose moi elevada pois poderiase perder a calidade e a cor da imaxe.

  5. victor di:

    Suponse que a fonte de calor debería ser moi elevada para cambiar a cor do papel e non é normal que nos lugares onde gardas ou almacenas o papel se dea esta circunstancia. O que sería normal é que unha fonte intensa de luz, como o Sol, variara a intensidade da coloración inicial como ocorre na maioría dos productos con cor.
    O caso que se presenta aquí fai referencia a unha innovación tecnolóxica que habitualmente ten certas ventaxes con respecto aos productos que había no mercado e que rematan por eliminar os procesos que se viñan utilizando ata esas datas. Se supón que ese novo producto ten unhas cualidades moi superiores ao anterior (non controlo este tema da impresión como para saber como vai influir este producto no mercado futuro).

  6. carmen.aso.1b di:

    Está claro que a empresa buscará obter un beneficio cando saca a impresora, pero non creo que eso esté reñido con que se preocupe polo medio ambiente, pode buscar as dúas cousas.

    O tema do calor non vai afectar á impresión, pois as impresoras funcionan con unha temperatura de láser superior ós 100º e non vamos a poñer o folio a esas temperaturas.

    Para saber si vamos a utilizar eses folios habería que calcular cantas impresións soportan e cantos folios poderíamos aforrar, será evidentemente máis caro, e ademáis sólo servirá para imprimir cousas pasaxeiras, porque si queres gardar algo moito tempo non vas a gastar un folio destes.

  7. rodrigo.aso.1a di:

    Pois a verdade e que non entendo por que a empresa decidiu investigar sobre isto pero creo que é porque estaba intentando ser a primeira en sacar ao mercado algo novidoso e intentar meterllo á xente polos ollos. Pero na miña opinión esa impresora non vai ser a usada en anos vindeiros.
    O problema é que creo que será máis caro imprimir un folio de texto negro con esa impresora(0.25€ por páxina) que coas actuales (0.02€-0.15€).
    Gustaríame que me contestasen:
    poderiamos imprimir a doble cara ou non con ese tipo de papel?

  8. victor di:

    Propóñovos que reflexionedes sobre o seguite:”como cidadán son un consumidor e vou tentar comprar artigos daquelas empresas máis respectuosas co medio ambiente”. ¿Temos, os consumidores, responsabilidade na conservación do medio ambiente?

  9. isaac di:

    Pode ser que no mercado de impresoras convencionais non é moi competitiva polo prezo de impresión por páxina, pero sen entrar nas diferenzas na calidade de impresión, é perfectamente competitiva na impresión de fotografías a nivel doméstico, onde as impresoras convencionais superan amplamente os 0,30 €. Polo demais, o grado de implicación persoal na utilización de tecnoloxías limpas fai que uns utilicen papel reciclado e outros non, pilas recargables ou convencionais, lámpadas de baixo consumo ou incandescentes, automóbil particular ou transporte público, etc, aínda que as veces supoña un maior custe económico

  10. pablo.aso.1b di:

    Respecto a reflexión de Victor; os consumidores eliximos os productos dependendo dunha serie de variables ( prezo doutros productos, gustos, renta percibida etc. ) Dentro desas variables pouco a pouco vai aparecendo un concenciamento de respeto cara o medio ambiente.

    Tamén é certo que os productos que son máis respetuosos co medio ambiente son máis caros, e que podemos presdindir de eles ou substituilos por outros que cumplen a mesma función.Ahí e cando todos pensamos que “por 1 non vai pasar nada”.

    Respecto a outros países, creo que estamos bastante atrasados co concenciamento sobre o medio ambiente.

  11. patricia.aso.1b di:

    Na miña opinión, os empresarios queren aumentar os seus beneficios, pero non pensan que o plástico e moito peor para o medio ambiente.
    Por outra parte, a xente ao ser unha nova tecnología acabará comprandoa por ser unha novidade, pero as veces as novas tecnoloxías non resultan tan boas e fáciles.
    Neste caso a xente acabará cambiando o papel de sempren, porque lles será moito máis económico e fácil.

  12. ramon.aso.1b di:

    Respondendo á cuestión de víctor, claro que os cidadáns temos responsabilidade de conservar e coidar o medioambiente, agora ben, eu como cidadán non me paro a mirar que marca ou que empresa dana ou nno ao medioambiente, ademais o grande peso de manter e coidalo non recae en nós, xa que iso pertence a ámbitos máis altos que os cidadáns de a pé. Somos uns grans de area fronte un monte.

  13. victor di:

    Con respecto á intervención de Ramón, interpretade o seguinte dito ecolóxico:”actúa local, pensa global”.

  14. pablo.aso.1b di:

    Basta con ver un simple telediario para ver as numerosas guerras, a desigualdade no mundo, a fame… e acabar pensando nun mundo mellor.

    Evidentemente cando un pensa en facer algo para cambiar o mundo, pensa en grandes fazañas, pero quizais a mellor forma de empezar é en nos mesmos. Debemos de pensar que facemos mal, e que actitudes tomamos ante as cousas na casa, no traballo, cos amigos etc. Normalmente a xente soe decaer por que non ve o resultado de maneira inmediata ou a curto prazo, pero un debe de saber que o camiño que escolle é o correcto e que con mais xente que o tome en serio, os resultados aparecerán.

  15. sara.aso.1b di:

    En canto a reflexión de Víctor por suposto que os cidadáns somos reponsables do medioambiente e a súa conservación,pero en moitas ocasións non nos preocupamos por el.
    Como ben dixo Ramón a hora de elixir un producto non pensamos cal é máis contaminante ou cal danará menos o medioambiente.Isto non é unha cousa na cal imos ver os resultados inmediatamente,pero creo que coa colaboración (aínda que sexa mínima)de todos a mellora veríase notablemente.E encanto as empresas eu creo que o que buscan(como a maioría de elas é obter máis beneficios tendo moi pouco en conta a tala das árbores.

  16. noeliag.aso.1b di:

    Eu penso que estes sistemas de impresión si serían utilizados pero non porque reduzcan a tala de árbores porque aínda que asi sexa aumentan a do plástico senón porque as fotografías terían unha maior calidade e facilidade de impresión ademáis de que o papel que utiliza este sistema custa 0.25cent. e o actual papel fotográfico ronda os 0.40-0.50cent. dependendo da marca polo que o novo é máis barato e rentable mentres que só o utilices para fotos,que é o que faría a xente,deixando o de agora e mercando este aínda que so fose por aforrar uns céntimos.

  17. victor di:

    Paréceme moi adecuada a túa aportación Sara. Temos que empezar a implicarnos, como mínimo, a nivel individual. Os individuos tamén podemos esixirlles ás empresas, podemos colaborar na recollida selectiva e podemos elixir os productos máis ecolóxicos. Non debemos agardar a que unha administración nos solucione todos os problemas, sobre todo, porque somos moitos cidadáns e o que para nos nos semella un problema, para outra persoa pode non selo.

  18. victor di:

    Noelia, aínda que a intención inicial non fora reducir a tala de árbores, se ao final conséguese isto, benvido sexa.

  19. sara.aso.1a di:

    Pois a min pareceme unha idea bastante boa, xa que asi aforraríanse moitas talas de árboles, desta maneira, o saber que o prezo non é moi económico a xente tamén trataría de aforrar e quizais só imprimiría o necesario e non derrrocharía tanto en papel. Tamén é certo que isto é moi recente e que aínda hai que esperar para saber se é totalmente eficaz e que nun futuro tería saída.

  20. victor di:

    Está claro Sara que as cousas deben ter un prezo para aprecialas (lede o post de “Crocodrilos no Polo Norte”) e que como cidadáns responsables, á hora de mercar algo, debemos ter en conta criterios económicos.

  21. antia.aso.1a di:

    Esta noticia xa non so afecta a tala de árbores, que probablemente disminuiría, senón que o papel fotográfico ZINK a pesar do seu prezo á larga ata podería considerarse “económico”, a pregunta é: con que facilidade se pode estropear este papel?Tal e como di Victor, á hora de mercar algo hai que ter en conta criterios económicos, un deles é elixir un producto duradeiro ainda que un pouco máis caro, ou, mercar algo máis barato que pode ser moito menos duradeiro e que ademais está afectando(neste caso)á tala de árbores. A min pareceme unha boa idea e innovadora, ainda que non fora creada polo ben das árbores…

  22. victor di:

    Unha empresa inviste en investigación coa finalidade de encontrar un producto no mercado do cal obter rendibilidade económica. Isto é lícito e crea competencia que permite avanzar aos mercados na procura de mellores productos para os consumidores.