Tartarugas ninja e familia

imagen

Un equipo de paleontólogos encontrou en China os restos fósiles dun antepasado das tartarugas que se paseaba polo noso planeta sen caparazón fai 220 millóns de anos. O animal, coetáneo dos dinosaurios, bautizouse como Odontochelys semitestacea (tartaruga con dentes e medio caparazón).

A súa aparición  parece dar resposta a un dos maiores misterios da evolución dos réptiles: cómo se desenvolveu o cascarón e o corpo das tartarugas. Chun Li, da Academia China das Ciencias, explica hoxe na revista Nature que, aínda que a especie ancestral non tiña caparazón na súa espalda, sí mostraba un plastrón (a parte chá inferior que protexe o estómago) totalmente desenvolvido. Analizando a súa estrutura chegaron á conclusión de que o caparazón completo formouse cando a columna vertebral  e as costelas se desenvolveron cara o exterior, e posteriormente se extenderon ata fundirse sobre o lomo do animal. O proceso sería similar ao que se observa actualmente durante o desenvolvemento temperán das crías de tartarugas dentro do ovo.

Por outra banda os paleontólogos sospeitan que Odontochelys semitestacea era un animal mariño, polo que necesitaba o plastrón para protexerse dos depredadores mentres nadaba.

O descubrimento de Odontochelys despraza a Proganochely, outro réptil dez millóns de anos máis xoven encontrado en Alemaña o que ata o de agora era considerada a “avoa” de tódalas tartarugas. 

E agora preguntome, si a ciencia sigue avanzando a esta velocidade e os descubrimentos biolóxicos son cada vez máis numerosos e perfecionados, consiguiremos achegarnos con exactitude o momento de creación do universo?

imagen

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Evolución e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to Tartarugas ninja e familia

  1. victor di:

    As primeiras tartarugas vivían no medio mariño; ¿credes que pode haber algunha razón evolutiva para que isto fose así?

  2. noeliap.aso.1b di:

    Estas tartarugas vivían nun medioambiente moi diferente a paisaxe de China de hoxe en día.
    No Xurásico, a masa de terra estaba moito máis ó sur, con un clima cálido, subtropical.
    É moi probable que as tartarugas viviran no medio de lagunas pouco profundas e lagos de augas doces para evitar esta calor.

  3. victor di:

    Por suposto que o medio ambiente sería distinto ao actual.Dádevos de conta que o fósil que se encontrou en China, antigamente debería ser un mar pouco profundo (non un lago xa que a especie é mariña.
    Ademais, un animal acuático non o é por evitar o calor.
    Dise que son de “sangue fría”, ¿que quere dicir iso?

  4. noeliap.aso.1b di:

    De “sangue fría” quere dicir que a temperatura do seu corpo non é constante e depende da temperatura da auga.

  5. ivan.aso.1a di:

    Quere decir que a temperatura da sua sangue pode variar, cando estan nun ambiente quente a sua sangue pode chegar a estar mais quente que a de un animal de sangue quente. Esto tamen fai que cando estan nun ambinte calido se movan mais, porque as reaccions quimicas que se fan nos seus musculos coa calor son mais faciles, e que cando estan en frio sexan mais pasivos

  6. victor di:

    Actualmente a este tipo de animais se lle chama ectotermos (definide este concepto). A súa temperatura depende da do ambiente (aire ou auga). A maiores temperaturas as reaccións químicas realízanse a maior velocidade e polo tanto este tipo de animasi están máis activos.

  7. ramon.aso.1b di:

    Ectotermos é un término que define a animais que toman a súa temperatura do medio, pero iso non quere dicir que a temperatura corporal sexa exactamente a mesma. Por exemplo:Un lagarto, a primeira hora dunha fría mañá de primavera, nun entorno de 10 graos centígrados, tendría a mesma temperatura corporal que o ambiente onde se desenvolve. O seu metabolismo e os seus movementos estarían moi ralentizados. A regulación corporal no seu caso sería por un proceso de comportamento (non por un proceso metabólico como as aves ou os mamíferos).Logo de buscar unha área adecuada para poñerse ao sol, expandir o su ventre e colocarse adecuadamente para recibir a maior radiación solar posíbel, captaría calor ata alcanzar unha temperatura óptima duns 37 graos, temperatura á que o su metabolismo e locomoción serían máximos.

  8. noeliap.aso.1b di:

    Os ectotermos son animais que toman a súa temperatura do medio, pero non por eso a súa temperatura debe ser exactamente a mesma. Por exemplo, un lagarto, a primeira hora dunha fría mañá de primaveira, nun entorno de 10 grados centígrados, tería a mesma temperatura corporal que o ambiente onde se desenvolve.

  9. victor di:

    En resumo, que a temperatura do seu corpo depende da temperatura do ambiente.
    Investigade o parentesco entre tartarugas e dinosaurios e aclarade se os dinosaurios tamén eran ectotermos.

  10. ana.aso.1b di:

    Os ectotermos son organismos ou animais que non dispoñen de suficientes mecanismos fisiolóxicos productores de calor para asegurar unha temperatura corporal idónea para realizar as súas funcións metabólicas e, polo tanto, esta depende de fuentes externas (a temperatura ambiente) para determinar o calor do seu corpo.
    As plantas, os anfibios, os insectos e a maioría dos reptiles son hectotérmicos.

  11. carolina.aso.1b di:

    Ectotermos son aqueles animais que toman a temperatura do medio, pero non por isto a temperatura debe de ser a mesma, todos os anfibios como poden ser lagardo serpes…

    Con respecto a pregunta que plantea uxía no seu post decindo que si as tecnoloxías segen avanzando se pode saber cal foi o principio do universo,a verdade eu cero que si,son moitas as tecnoloxías que nos rodean e a verdade e que dan informacións moi exactas e a este paso seguro que haberá un momento no que se sepa cando comenzo todo isto.o post parceume moi interesante a verdade noraboa uxía.

  12. victor di:

    Crese desde hai tempo que o universo ten aproximadamente 13.700 millóns de anos de idade (podedes busca información sobre esta cuestión; ¿que probas posúen os astrónomos de que se trata desa idade?).
    Outra cuestión, xa que estamos falando dos ectotermos: ¿de que pode depender a absorción de calor (non temperatura) por parte dun ser vivo?

  13. gema.aso.1b di:

    contestando a primeira pregunta e según os meus coñecementos os astrónomos datan o nacemento xustamente fai 13.700 millóns de anos cando aconteceu o “big-bang”.

    As opinions de cada estudoso dos cumpreanos que ten o universo é problema de debate.Naquel instante,a materia estaba concentrada nun estado de densidad e temperatura infinitas; dende enton, o universo vai perdiendo densidad e temperatura.
    Esta relación entre velocidade e distancia, que hoxe recibe o nome de “constante de Hubble”, é o que nos permite explicar con qué rapidez se expande o universo e o que fai posible calcular que fai unos 13.700 millones creouse o universo.A proba clave que teñen os astrolgos é un detector de microondoas,este aparello recibiu sinais de moitos puntos do espacio,máis alá do sistema solar e que era a consecuencia de dita explosión,que deu lugar a corpos e puntos de luz dispersos polo espazo.

  14. isaac di:

    Uxía no seu post propón unha cuestión moi interesante sobre a velocidade a que estan medrando os coñecementos que temos sobre o mundo que nos rodea. Precisamente sobre este tema tratou unha charla a que asistimos na recente visita a Madrid, no Centro Nacional de Biotecnoloxía explicáronnos como a cantidade de información da que se dispón tan só na materia de Bioloxía duplícase actualmente cada 6 meses, e este período de tempo segue a acurtarse a toda velocidade, por iso o problema que aparece agora é como almacenamos esa información e cómo accedemos rapidamente os coñecementos previos que xe teñen dun tema concreto que pretendamos investigar. Para tratar de atender esta dificultade existen actualmente a especialidade da Bioinformática, encargada de recopilar toda a información, almacenala, avaliar a importancia de cada descubrimento publicado e poñelo a disposición dos científicos.

  15. victor di:

    Se fose posible comprobar que unhas galaxias se separan de outras, isto sería unha demostración da expansión do universo?¿Estanse separando unhas galaxias de outras?

  16. victor di:

    Por certo, con respecto a bioinformática quero aclarar que non só é importante ter moita información senón que ademais cómpre que esta información poida chegar a nos.

  17. noeliap.aso.1b di:

    Según a lei de Hubble que establece que as galaxias se alexan unhas de outras a unha velocidade proporcional si se están separando entre elas.Él foi o primeiro en atopar outras galaxias e calculou a súa distancia a partir da luz que recibimos.Según esta teoría,a materia estará cada vez máis alexada entre sí e chegará un tempo no futuro no que dende a Terra no se verán as estrelas.

  18. gema.aso.1b di:

    Todas elas contruironse a partir da explosión do big-bang (que cando explotou descompoñeuse e esparciuse polo universo)Nós estamos na Via Lactea.CREO que as galaxias movense e tamén se separan.Os movementos das galaxias provocan,as veces, choques violentos. Pero,en xeral,as galaxias alexanse unhas das outras.Por exemplo é coma se nos collemos un rotulador,pintamos nun globo varios puntos e comezamos a inflalo.
    Tras este exemplo,e coprobando que isto ocorre,poderiamos demostrar que está en expansion.

  19. victor di:

    Si Noelia, a separación entre Galaxias foi a primeira proba de que o universo está en expansión e utilizar un globo para explicalo, como di Roi, é un exemplo gráfico para comprendelo (os puntos alónxanse uns de outros ao inflalo ao igual que as galaxias no Universo).
    ¿Alguén oeu falar da radiación de fondo?

  20. noeliap.aso.1b di:

    Si,a radiación de fondo explicouse hoxe na clase:
    Dous físicos intentaban mellorar as comunicacións entre a terra e os satélites en órbita cun aparello semellante o da radio pero sempre tiñan un ruído de fondo que non se sabía de onde proviña.Logo de varias investigacións chegouse a conclusión de que se trataba do residuo do lume como consecuencia do enfriamento causado pola expansión.
    Os físicos que localizaron,aínda que casualmente,a radiación de fondo conseguiron o premio Nobel de física en 1978.
    Como se pode ver casualidades da vida.

  21. gema.aso.1b di:

    O do globo creo que o dixen eu,foi por poñer un exemplo que se entendera mellor.

    radiación de fondo?soame pero non teño moi claro o concepto,só sei que son coma ruidos,que se poden escoitar cunha antena que proceden de distintos puntos do universo…ou algo semellante,escoiteino este vrán,comentar a uns astrónomos,en Cambados,cando observabamos os planetas e as estrelas con telescopios.

  22. victor di:

    Buscade información sobre a radiación de fondo.

  23. almudena.aso.1b di:

    Según a información que atopei,dous físicos americanos experimentando coas antenas para mellorar a comunicación entre as estacións da terra e os sátelites artificiais en órbita, percibiron uns sinais de fondo de orixe ignoto, unha emisión constante que proviña de todas as partes do ceo.Tras un tempo de desconcerto,outros dous físicos americanos espuxerón as súas teorías tendo como mesma hipótese que o Universo foi formado hai entre 15 e 20 millóns de anos por unha gran explosión de enerxía, o Big Band, e que co tempo foi unha expansión da chamada esfera de lume primordial que forma un residuo como consecuencia do enfriamento causado pola explosión, que recibe o nome de radiación de fondo.
    A radiación de fondo, corresponde a enerxía que emitiría un corpo negro que estivera a unha temperatura duns 3 grados Kelvin (270 grados centígrados baixo cero), isto quere decir que o universo non está completamente frío, se non que ten unha temperatura media lixeiramente por riba do cero absoluto.

  24. almudena.aso.1b di:

    xa se me esquecía.contestando a pregunta de victor,eu non escoitara nunca falar da radiación de fondo.

  25. juanluis.aso.1a di:

    trátase dunha emisión constante que proviña de todalas partes do ceo e que tiña unha lonxitude media de onda de tres milímetros. Una emisión deste tipo sitúase, no espectro electromagnético, na zona donde as ondas de radio limitan cos raios infravermellos e polo tanto só son perceptibles a través das antenas dos radiotelescopios.

    Despois dun periodo de desconcerto saliu á luz a verdade. Tiñan as suas raíces en duas prediccions, feitas respectivamente polos físicos americanos George Gamow en 1948 e por Robert Dicke en 1964. Partindo da hipótese de que o Universo foi xerado fai entre 15 e 20 mil millóns de anos por una gran explosión de enerxía o Big Bang e que co tiempo foi unha expansión da llamada esfera de lume primordial, daquel grandioso acontecemento debería quedar un testimonio baixo forma dunha tenue luz ou, mellor dito, radiación, que ainda se encontra en todo o Universo.

    Noutros términos,trataríase do residuo do lume primordial como consecuencia do enfriamento causado pola expansión. A radiación de fondo é moi fría: ten unha temperatura de apenas 3 grados Kelvin, correspondentes a -270 grados Celsius. Estas medidas concordan bastante ben co previsto pola teoría, de modo que hoxe pódese afirmar que o descubrimento da radiación de fondo contribuiu a reforzar a hipótesis do Big Bang.

  26. victor di:

    Estou asombrado; ata onde nos levaron unhas tartarugas!
    ¿Alguén quere aportar algo máis?