… e sen embargo móvense

Conta a lenda, non confirmada, que o 22 de xuño de 1633 Galileo Galilei, despois de ser obrigado pola Santa Inquisición, ante a ameaza do tormento ou incluso o lume, a ler publicamente un texto no que abxuraba da Teoría Heliocéntrica de Copérnico, mentres baixaba do estrado rosmou entre dentes porfiando na súa idea “eppur si muove”, e sen embargo móvese, referíndose ao movemento do noso planeta arredor do Sol.

Alfred WegenerSalvando as distancias, algo parecido podería ter dito Alfred Wegener case 300 anos máis tarde cando a súa teoría da Deriva Continental, na que afirmaba que os continentes desprazábanse lentamente sobre o leito do océano e que a súa posición actual era o resultado da fragmentación a partir dun único continente que el denominou Panxea, que significa todas as terras, foi amplamente rexeitada polos xeólogos da época.

Se ben Wegener non tivo que enfrentarse a posibilidade de arder no lume inquisitorial, tivo que soportar descualificacións ata o insulto. Ademais do revolucionario da súa teoría Wegener sumaba na súa contra o feito de que era un experto en meteoroloxía, feito polo que os xeólogos considerábano como un intruso na súa disciplina.

Wegener aportou toda unha serie de probas contundentes a favor do desprazamento das masas continentais, que os seus detractores consideraban meros indicios que non demostraban nada, por outra banda, non foi capaz de explicar de modo convincente o mecanismo que permitía este desprazamento.

Non foi ata os anos sesenta cando se contou coa tecnoloxía que proporcionou as probas definitivas que confirmaban a deriva continental. Lamentablemente Wegener morreu nunha expedición científica en Groenlandia en 1930, sen contar co recoñecemento en vida que tanto mereceu.

Hoxe en día aínda somos testigos de actitudes negacionistas, como as aquí descritas, ante evidencias científicas como o cambio climático e a responsabilidade do ser humano no mesmo. Se en outro momento eran os prexuízos relixiosos e a intolerancia, ou un excesivo orgullo e a falta dunha mentalidade aberta, hoxe parecen primar os intereses económicos a curto prazo sobre a prudencia e un mínimo sentido común.

[SWF] http://www.bioygeo.info/Animaciones/PlateMoTime.swf, 520, 390[/SWF]

Investigade sobre a Teoría da Deriva Continental e Wegener e tratar de contestar as seguintes cuestións:

  • Que probas aportou Wegener para apoiar a súa teoría?
  • Cales eran as principais deficiencias desta teoría?
  • Cal foi o descubrimento que definitivamente confirmou o desprazamento dos continentes?
  • Esta entrada foi publicada en Tectónica de Placas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

    25 Responses to … e sen embargo móvense

    1. uxia.aso.1b di:

      Esta é a información que puden encontar sobre a teoría da Deriva Continental de Wegener:
      Investigando na Biblioteca da Universidade de Malburgo, onde ensinaba en 1911, Wegener sorprendeuse ó atopar fósiles idénticos en estratos xeolóxicos actualmente separados por océanos. Enterouse de que os continentes no globo encaixaban todos como un crebacabezas. Wegener utilizou fraccións da paisaxe, fósiles e climogramas para evidenciar e apoiar a súa hipótese da deriva continental. Exemplos dos rasgos da paisaxe das montañas de África e Sudamérica aliñadas; tamén xacementos de carbón en Europa aliñados con xacementos en Norteamérica; ou fosiles de réptiles atapados en lugares agora separados por océanos. En 1912 uneuse publicamente á teoría da “deriva continental”, segúan a cal tódolos contientes estiveron unha vez unidos nunha única masa de terra (Panxea) que posteriormente se fragmentou e dou lugar aos continentes actuais, que seguirían desprazándose ó longo do tempo.

      O erro principal da súa teoría foi a proposta de que a forza centrífuga foi a que moveu os pesados continentes ata o ecuador debido á rotación terrestre. El pensaba que era a inercia, debida ao movemento centrifugo combinado có movemento das mareas a que desprazou ós continentes.

    2. sergioa.aso.1a di:

      Dixo que Sudamérica e Africa encaixaban perfectamente como un puzzle pero o final non poido demostralo porque as súas liñas costeiras eran moi diferentes pero anos máis tarde descubriuse que parte da codia continental esta no mar entón volvendo a facer esas medidas chegaron a conclusión de que encaixaban con moita exactitude. Non so aportou esa proba senón tamén os fósiles de seres mariños atopados en grandes montañas nas que non había mar. Iso fixo chegar á conclusión de que antigamente ahí tivo que haber un mar e que para iso faría falta que os continentes estiveran en diferentes posicións anos máis atrás e que o nivel do mar variou

    3. ana.aso.1b di:

      Buscando pola rede encontrei estas respostas para as preguntas:
      PROBAS:
      1.Xeográficas: Coincidencia das costas de África e Sudamérica.
      2.Geológicas: Outra proba, según Wegener, son os “vellos granitos” que existen en África e Brasil, separados polo Atlántico. Tamén cadeas montañosas que presentan continuidade en América (Apalaches) e Europa (Caledoniana).
      3.Paleontolóxica: Coincidencia de fósiles nun e notro lado do Atlántico. Mesosaurus: pequeno reptil fluvial do Carbonífero e Pérmico. Cynognathus: reptil parecido a un mamífero; vivió no Triásico, medía 1 m. Glossopteris: fento fósil do Paleozoico. Lystrosaurus: reptil con rasgos de mamífero, do Triásico. Wegener pensa tamén no nosro caracol de xardín; non vive más que en Europa xusto enfrente, en América do Norte.
      4.Paleoclimáticas: Indicios dunha mesma glaciación en lugares moi separados como África, América do Sur, Australia, India e a Antártida. As pegadas dispersas dos glaciares en distintos continentes reúnense para formar un casquete glaciar arredor do polo sur, as grandes selvas permanecen alineadas o longo do ecuador, e os desertos encima dos trópicos.
      DEFICIENCIAS:O gran problema que tivo Wegener coa su teoría era que non coñecía cómo podían moverse lateralmente os continentes. Solamente tiña un monte de probas da deriva, pero non sabía decir cómo se producía. O resto da comunidade científica, en vez de buscar mecanismos explicativos, condenou a Wegener por non explicado todo no modelo; querían probas e explicación, todo xunto, nun bonito paquete.
      CONFIRMACIÓN:A teoría da tectónica de placas descendeu da teoría da deriva continental de Wegenere di que a corteza terrestre está feita de fragmentos en forma de placas de distintos tamaños. As placas se desplazan unhas respecto a outras impulsadas polos movementos das capas de rocha quente y maleable que se encontran no interior do planeta.

    4. victor di:

      Ana, o comentario que fas está perfecto pero a parte da información que aportas, cómpre que deas a túa opinión persoal. Un comentario non consiste unicamente en trasladar unha información encontrada en internet ou nun libro senón que, ademais, se debe dar a opinión persoal a ese tema.

    5. ana.aso.1b di:

      Eu penso que para o seu tempo Wegener foi un científico moi avanzado, e propuxo unha teoría acertada, a pesar de que os demáis científicos non o viran así daquela, e moi interesante.
      A comparación co tema do cambio climático pareceme mi acertada, xa que aínda hai moita xente que pensa que so é un conto esta é unha realidade que debemos aceptar e asumir, e sobre todo concienciarnos en que debemos empezar a remediar o mal que xa fixemos.

    6. rodrigo.aso.1a di:

      Eu penso que para Wegener o principal deficiente foi considerar que a terra tratábase dunha soa capa que estaba tanto baixo os océanos e o continente. E tamén determinar cal era o motivo polo cal os continentes se movían xa que as probas que presentou foron descartadas ao momento polos demais científicos. Aínda así eu penso que Wegener estaba moi preto de descubrir algo que revolucionaría a vida do noso planeta.

    7. carolina.aso.1b di:

      Na miña opinión Wegener baseouse para saber que anigamente os continentes estaban xuntos pola coincidencia de África e Sudamérica,tamen observou que existían provas e evidencias no relevo que determinaban que os continentes estibesen xuntos, nos continentes nos cales non existian estas probas baseouse para determinar que estes tamen estibesen xuntos en probas paleoclimáticas,tiñan coincidencias no clima, ou palentoloxicas,pola coincidencia dos fósiles en ambos lugares.
      Aínda así tibo erros como considerar a posible causa do movemenrto dos continentes a forza centrífuga o a atración garvitatoria ou qu eos continentes se despalzaban sobre un mesmo fondo oceánico contiguo, ainda que isto resultan ser para min errros sen importancia para tal descubrimento.

    8. isaac di:

      Teño que confesar, como xa saberán aqueles que foron meus alumnos, que Wegener e a Deriva Continetal son un dos meus temas favoritos. É evidente que foi inxustamente tratado, as veces por cuestións que nada teñen que ver coa ciencia, e desgrazadamente morreu sen o recoñecemento merecido. Wegener é un dos máis claros exemplos de como as solucións as grandes cuestións científicas poden vir de persoas alleas a esa disciplina.
      Como xa vos dixo Víctor, non debedes limitarvos a tratar de responder unhas preguntas, senón que tendes que aporta a vosa opinión persoal ou as vosas deducións. Por certo, unha cuestión segue sen resposta: Cal foi a proba definitiva do desprazamento dos continentes e que despexaba calquera tipo de dúbidas ao respeito?

      P.D. Carolina: adícalle un tempo da edición dos teus comentarios a vixiar a ortografía.

    9. isaac di:

      Xa me esquecia de comentar isto. É certo que o maior dos defectos da teoría de Wegener foron as causas coas que el pretendía explicar por qué se movían os continentes, pero a min iso paréceme secundario; el puxo de manifesto un feito con unha serie de probas moi convincentes, a explicación de cómo ocorreu tería que vir despois, pero non topar con unha explicación definitiva non nega o feito.

    10. ero.aso.1b di:

      A proba definitiva do desprazamento dos continentes, e que polo tanto despexaba calquera dúbida, produciuse nos anos 1950-60.

      Esta situación veu dada pola difusión dos descubrimentos do fondo mariño e a observación da zona de Benioff(zona sísmica de borde de placa que se extende a un lado dunha fosa oceánica, e que é expecialmente coñecida polos movementos sísmicos que orixina). Estes descubrimentos levaron a rápida resurrección á hipotese da deriva continental, e o seu descendente directo; a teoría da tectónica de placas. Despois de 30 anos de ignorancia hacia este tema pola comunidade científica(e logo do seu falecemento), Alfred Wegener foi recoñecido pai fundador dunha das principais revolucións científicas do século XX.
      En canto á miña opinión sobre este tema coincide plenamente coa de Isaac, resaltando o inxusto rechazo que recibeu este científico por parte da comunidade científica.

    11. victor di:

      Aclarádeme que son as bandas paleomagnéticas.

    12. alexandre.aso.1b di:

      Bueno eu creo que Wegener tiña suficientes probas para afirmar estes movementos,a pesar de algunhas ideas contradictorias que tiña e outras erróneas coma pensar que os continentes se moveran por inercia,tamén sabemos que contou con poucos apoios para afirmala e outros que intentaban comprometelo con preguntas irrefutables,esta idea de Wegener choca coa conciencia daquela época e era moi difícil expoñer as ideas e facer un cambio no pensameto daquelas personas sen apenas apoio,pero Wegener polo menos fixo pensar a sociedade que existira esa posibilidade e abrirlle o paso a outros científicos.

    13. victor di:

      Alexandre, introducir ideas novas na sociedade sempre foi difícil e segue séndoo na actualidade, pero as ideas brillantes son as que realmente nos fan avanzar.
      Wegener propuxo unha hipótese e aportou probas sólidas para demostrala, aínda que moitos científicos da época non o consideraron así; o desenlace final só foi unha cuestión de tempo.

    14. juanluis.aso.1a di:

      En contestación ó comentario de Victor sobre as bandas paleomagnéticas. Se non teño entendido mal,son lineas cun grosor considerable que se extenden paralelamente ó largo das dorsais oceánicas. Estas bandas foron detectadas por radares,en parte gracias a que conteñen magnetita(mineral con propiedades magnéticas).

    15. victor di:

      Non me acabo de aclarar, ¿están pintadas no fondo dos océanos?

    16. ivanz.aso.1a di:

      Con respecto ao paleomagnetismo, a Terra ten un campo magnético intenso. Como calquer imán, ten dous polos magnéticos, o norte e o sur. Na terra, estos polos están cerca dos polos norte e sur xeográficos.
      O paleomagnetismo ten como obxeto de estudo o campo magnético terrestre ao largo da historia do noso planeta.
      O coñecemento de como variou o magnetismo terrestre aporta unha proba decisiva á teoría da tectónica de placas. Para comprender este feito, primeiro temos que analizar as rochas volcánicas do fondo mariño. Ao lado das dorsais oceánicas encontramos rochas volcánicas con minerais ricos en ferro(como a magnetita e o hematites). Cando estas rochas se formaron, os minerais magnetizáronse coa misma polaridade que no campo magnético daquela época. E dicir, o polo norte magnético de cada rocha apunta ao polo norte magnético da Terra.
      Tamén podemos encontrar bandas de rochas culla polaridade magnética é similar á da Terra na actualidade, e rochas con polaridade invertida; é dicir, que o seu polo norte magnético apunta ao polo sur magnético da Terra, polaridade <>.
      Esto débese a que, cando se formaron estas rochas, o campo magnético terrestre estaba invertido: o polo norte magnético coincidia co polo sur xeográfico, e o polo sur magnético estaba próximo ao polo norte xeográfico.
      Conclusion: os polos magnéticos terrestres intercambiaron entre sí as súas posicións en varias ocasions ao largo da historia da Terra.

    17. victor di:

      Entón, ¿as bandas de rochas paleomagnéticas demostraron que o océano se está expandindo e como consecuencia os continentes experimentan desprazamentos?

    18. ivanz.aso.1a di:

      Efectivamente, ó confirma a teoría de Hess sobre a expansión do fondo oceánico, na cal afirma que nas dorsaís oceánicas producense afloramentos de material magnético, os cales, chegan a solidificarse xerando nova codia oceánica e desprazandoa a ambos lados do Rift.

    19. melania.aso.1a di:

      Si, ó crearse as novas bandas magnéticas os laterais da dorsal, estas van collendo máis terreo e fan que os continentes sufran un lixeiro desprazamento, cerca de 2cm anuais creo.

    20. victor di:

      Gustariame que alguén fose capaz de explicar de xeito moi sinxelo (que o puidera entender unha persoa que non estudiara bacharelato)como se produce o crecemento da litosfera oceánica.

    21. isaac di:

      Efectivamente, o descubrimento de bandas simétricas a ambos lados das dorsais onde os minerais de ferro presentaban orientacións coincidentes co campo magnético terrestre actual alternando con outras bandas con minerais que presentaban a orientación contraria. Isto por unha banda demostraba que a posición dos polos magnéticos invertiuse en numerosas ocasións ao longo da historia da Terra, e por outro lado confirmaba a expansión do fondo oceánico que describiu Hess, e como consecuenca o desprazamento dos continentes, como xa adiantara Wegener.
      Para entendelo mellor aconséllovos entrar na páxina http://www.bioygeo.info, que tendes enlazada no blog, e busquedes “animaciónes de Geología”-Tectónica de Placas-Palemagnetismo.

    22. aitor.aso.1a di:

      Para a proposta de Víctor sobre explicar dalgunha forma o crecemento de litosfera oceánica, pois o único que podo dicir ( senón me equivoco) e que só se produce crecemento de litosfera oceánica cando existe unha fractura de continente como no val do Rift en África, que no momento que eso se fractura en toda a sua totalidade, esa zona convertirase en oceano e formará parte de litosfera oceánica e por último o crecemento pode deberse a expansión de materiais provintes do interior da terra que nalgún momento chegaron unha dorsal oceánica coma a do Atlántico, na cal todolos anos o oceano expándese sobre uns pares de centímetros cada ano, como dixo Melania, no comentario 19.

    23. victor di:

      Aitor, a segunta e terceira liña da túa exposición resultan confusas e difíciles de entender para os profanos; o resto é aceptable.

    24. isaac di:

      Aitor, creo que hai mellores exemplos para explicalo que o Rift continental africano, no que en sentido estricto aínda non se está a formar codia oceánica. Sigo aconsellando ver as animacións de http://www.bioygeo.info.

    25. sergio.aso.1a di:

      Claro porque a tectónica de placas es una teoría geológica que explica la forma en que está estructurada la litosfera. La teoría da una explicación a las placas tectónicas que forman la superficie de la Tierra y a los desplazamientos que se observan entre ellas en su deslizamiento sobre el manto terrestre fluido, sus direcciones e interacciones. También explica la formación de las cadenas montañosas. Así mismo, da una explicación satisfactoria de por qué los terremotos y los volcanes se concentran en regiones concretas del planeta o de por qué las grandes fosas submarinas están junto a islas y continentes y no en el centro del océano.