Novo sistema solar

imagen

O pasado venres, La Voz de Galicia publicou una noticia moi interesante sobre o posible descubrimento dun planeta que pode ter vida.

Este planeta, xunto con con outros dous orbitan arredor dunha estrela coñecida como HR 8799, que se atopa a 130 anos luz da Terra. Esta estrela ten 1,5 veces a masa do Sol e é cinco veces máis luminosa, ainda que significativamente máis xove. Este planetas teñen aproximadamente seis, nove e once veces a masa de Xúpiter. Do mesmo xeito que no Sistema Solar, estos planetas xigantes orbitan nas rexións exteriores (a unas 20,40 e 70 veces a distancia entre a Terra e o Sol), o que levou ós astrónomos a cargo da investigación a comparalo cunha versión aumentada do Sistema Solar. Se queredes saber máis datos técnicos sobre planetas que se atopan fora do noso Sistema Solar pinchade aquí.

Esta entrada foi publicada en Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to Novo sistema solar

  1. estefania.aso.1b di:

    A min pareceme fascinante que se atopasen novos planetas,e que posiblemente teña vida.Seria posible que algún día se puidese chegar e conprobalo?

  2. victor di:

    Pero aclarádeme: ¿como se pode descubrir un planeta se non emiten luz?, ¿como se podería saber se teñen vida?, ¿canto se tardaría en viaxar ao sistema solar máis próximo ao noso?

  3. pablo.aso.1b di:

    Los planetas son xigantescas bolas de gas, que debido a súa radiación emiten luz infravermella.Na actualidade existen varios métodos para descubrir planetas, tales como:

    A astrometría: consiste na medición de variacións na posición dunha estrela debido a un planeta suficientemente masivo como para que este interactue ca estrela.

    Transito: como si dun eclipse fora, un planeta pode reducir a luminosidade dunha estrela. Isto precisa de longos períodos de observación da estrela, como para poder comparar as medicións de luminosidade.

    Para comprobar se un planeta ten vida, debería de ter unhas determinadas condicións similares ao noso planeta, sempre e cando consideremos un ser vivo aquel que posúe células e ADN.

    No caso de que se encontrase un planeta desas características, enviaríase unha sonda a investigar e a examinar determinados datos de humidade, presión, temperatura etc. O problema é canto tempo tardan esas sondas en chegar, sabendo por exemplo que os últimos planetas descubertos ( extrasolares ) están a miles de anos luz da terra.

    Respecto ao sistema solar máis próximo ao noso, a estrela con posibilidade de posuír un sistema planetario sería o “51-Pegasi” e está a 50.1 años/luz a partires do noso sol.

    De todas formas é difícil evaluar a situación dos supostos planetas dese sistema solar pois, a grandes distancias non é posible ver con claridade debido ao comentado mais arriba, pola cantidade de estrelas e as variacións luminosas que estes producen ao pasar por diante delas.

  4. gema.aso.1b di:

    Actualmente o descubrimento de novos planetas é algo no que se traballa con precisión e que se está mellorando dia a dia.Os planetas envian informacion en forma de radiacions electromagneticas que non nos podemos ver.Estanse empregando novos sistemas para atopar planetas “invisibles”estas ondas infravermellas son captadas por microoscopicos colocados arredor da orbita da terra.

    Existen no mundo un gran colectivo de persoas que se dedican a buscar vida extraterrestre noutros planetas.Analizase a composición do planeta en si,…,e unindo todos os datos obtidos chegase a conclusion de que pode haber vida(Eu creo/confio que hai vida noutros planetes,seres extraños que viven coma nos a moitos kilometros de aqui)

    O sistema solar mais proximo é alfa Centauri,situado a unha distancia de 42 millones de kilómetros,o equivalente a 4,2 años luz, unha distancia realmente importante.Estima que, tendo en conta o avance da tecnoloxía e da ciencia,e supoñendo unha velocidad de viaxe de 40 km/s (frente ós 11 km/s do Apolo 10)o hombre tardaría en llegar alí aproximadamente uns 32.000 anos luz para poder emprender a viaxe… pero como sempre as posibilidades están presentes…

  5. victor di:

    Pablo, a parte de planetas gaseosos, tamén os hai rochosos (¿alguén coñece exemplos no Sistema Solar).
    Aportas moita información pero é dificil de entender; deberías explicala cunha redacción máis clara e didáctica para que todos a entendamos.

  6. victor di:

    Gema e Pablo, poñedevos de acordo en canto a cal é o Sistema Solar máis próximo a Terra.
    Gema, microscopios non, telescopios.

  7. victor di:

    Olvidávaseme, ¿cantos planetas se coñecen na actualidade?

  8. roi.aso.1b di:

    Según teño entendido, 8 nom? Xa que Plutón deixou de ser considerado planeta, agora considérase un planetoide ou planeta enano.
    Isto se falamos do Sistema Solar, planetas extrasolares están descubertos 267 según creo, a nom ser que se haxa descuberto algún novo ultimamente…

  9. gema.aso.1b di:

    No sistema solar(si creo que tamen son 8 planetas agora)
    Os planetas gaseosos do sistema solar son: Saturno,Xúpiter, Urano e Neptuno porque conteñen nas suas atmósferas gases coma o helio,o hidróxeno e o metano.En cambio o Sistema Solar ten catro planetas rochosos/terrestres/terúlicos: Mercurio, Venus,a Tierra e Marte.Chámanse asi porque son planetas formados principalmente de silicatos(mineral mais abundante da terra,formando o 75%da codia terrestre, composto por silicio e osixeno,tamén con outros compostos coma magnesio,calcio,aluminio,ferro…)

  10. victor di:

    Na actualidade hai descubertos máis de 300 planetas fora do Sistema Solar.

  11. pablo.aso.1b di:

    Segundo teño entendido, o Alfa Centauri ( como expón Gema) non é un sistema solar, senón estelar, formado por 3 estrelas.

    Dicir que a estrela ( que forma un novo sistema planetario,e que xa expuxen no anterior comentario) chamada 51 – pegasi, ten na súa orbita un planeta que se atopa a 7 millóns de quilómetros da estrela. co cal ese planeta soporta uns 1000 graos Celsius.Practicamente considerase unha xigantesca bola de ferro fundido cun diámetro 7 veces maior co da terra.

  12. victor di:

    Parabéns Pablo, fixeches o comentario número 200 e sempre con aportacións moi interesantes.

  13. marina.aso.1a di:

    A pregunta que eu pla nteo agora e se poderiamos estar afalar de vida intelixente ou esa e unha posibilidade xa descaratada?
    E outra pregunta xa se mandou unha sonda para investigar os planetas descubertos?Se non se fixo estan planteando esa posibilidade?

  14. victor di:

    A presencia de vida intelixente noutros lugares do Universo é aceptada simplemente por un criterio estatístico (suponse que hai billóns de planetas e se se dou a vida intelixente no noso, porque non noutros), pero non hai ningún tipo de proba na que nos poidamos apoiar para afirmalo.
    Mandar unha sonda a estudiar un planeta é pouco habitual, pola distancia á que se encontran a maioría dos planetas e á inversión económica que esto suporía.
    Os proxectos que hai,e que non son recentes, para identificar outras civilizacións no Universo consisten en tentar identificar sinais de radio procedentes do espacio exterior.
    Buscade información sobre o seguinte proxecto: “Pioner”.

  15. pablo.aso.1b di:

    Creo que te refires ao proxecto da sonda espacial “Pioneer 10”. Esta sonda, lanzada xa fai 36 anos tiña como obxectivo chegar a Xúpiter. Como curiosidade foi a primeira sonda que atravesou o cinturón de asteroides ( Zona situada entre Marte e Xúpiter onde se encontra un gran número de asteroides ).

    Esta sonda contén unha especie de mensaxe comunicativa,dirixida cara a outras civilizacións co fin de que coñezan a nosa existencia e situación.

    A placa pode visualizarse en:

    http://es.wikipedia.org/wiki/Imagen:Pioneer_plaque.svg

  16. pablo.aso.1b di:

    Olvidavaseme dicir que actualmente o contacto con esta sonda esta perdido, pois parace ser que desviouse na súa traxectoria. Unha nova sonda ( Pioneer 11 ) xa foi lanzada fai anos.

    Na actualidade Pioneer 10 dirixese cara a estrela Aldebarán na constelación de Tauro a onde chegará dentro de 1.690.000 anos.

  17. victor di:

    Moi interesante Pablo. Consultade a páxina que vos propón Pablo e buscade información sobre Carl Sagan, que foi un dos diseñadores desa placa.

  18. juanluis.aso.1a di:

    Nesta páxina podedes ver todo o que ten inscrito a placa que levaba a sonda Pioneer.

    http://www.terra.es/personal2/seti_his/Documentacion/Pioneer/placa.htm

  19. isaac di:

    Máis alá de preguntarse se existe vida intelixente fora do planeta Terra (cousa que parece evidente, tendo en conta o tamaño do universo) habería que cuestinarse profundamente se poderíamos entrar en contacto con esas formas de vida. Se temos en conta que as estrelas máis próximas a nos son as que forman o sistema Alfa Centuri, e que estas están a unha distancia de 4,36 anos-luz, teremos que ser moi escépticos acerca das visitas de civilizacións extraterrestres. Tendo en conta que fisicamente é imposible para un corpo con unha masa significativa acadar a velocidade da luz e as enormes distancias existentes entre os distintos astros do universo, a posibilidade de entrar en contacto con outras formas de vida fora do noso sistema solar, ou que elas cheguen a nos, é practicamente nula. Aínda así existe unha predisposición na poboación a crer nesta posibilidade, e arredor dela medraron pseudociencias como a ufoloxía, que ocupan grandes espazos na prensa, radio ou televisión, mentres que a verdadeira ciencia permanece aparte do gran público. O que vos estades facendo aqui e loitar contra esa situación, aínda que non sexades completamente conscientes diso.

  20. pablo.aso.1b di:

    É certo que nestes ultimos anos, a través dos medios de comunicación se crearon multitude de programas acerca de pseudociencias que proclaman que se lle recoñeza o seu caracter cientifico ante o público xeral, pero nunca demostrando a súa base ante a comunidade cientifica.

    A telepatía e a ufoloxía por exemplo,son ciencias que contan cun alto nivel de creenza no público en xeral.