Vivir a Ciencia: Semana da Ciencia no Asorey

DSC01314_1.JPGUn ano máis estase a celebrar a  Semana da Ciencia e da Tecnoloxía pero esta vez o evento tivo un aroma máis intenso, pois estivo máis preto de nos ca noutras ocasións. Durante toda esta semana, no IES Francisco Asorey, realizaranse unha serie de actividades que tiveron como fio conductor ao noso PLANETA, coa intención de achegar a Ciencia e a Tecnoloxía a toda a comunidade escolar. 

Esta actividade, como outras do mesmo tipo en anteriores ocasións, foron obxecto da atención dos medios de prensa escrita da comarca, facéndose eco nas súas páxinas desta iniciativa, destacando o tratamento que nos deparou o diario La Voz de Galicia.

As actividades consistiron nunha serie de visitas guiadas polo  profesorado do Departamento de Ciencias, que permitiron coñecer de cerca a realidade do  PLANETA  a través das seguintes exposicións e obradoiros:

  • Exposición 1.- A Terra: curiosidades

  • Exposición 2.- Co Planeta non se xoga

  • Exposición 3.- Os materiais da Terra

  • Obradoiro.- A Terra de cerca 

scaso1.JPG

Esta entrada foi publicada en Actividades e eventos e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to Vivir a Ciencia: Semana da Ciencia no Asorey

  1. melania.aso.1a di:

    O decorado foi alucinante.
    O que máis me gustou foi o apartado práctico, onde estaban os microscopios para mirar pedras de distintas orixes tanto xeolóxicas como xeográficas, tamén imaxes onde se apreciaba o relieve dalgunhas zonas e un video e unha presentación referidos á Terra.
    Era todo moi visual. Creo eu que o que máis chamou a atención foi o microscopio con mostras de pedras en láminas que estaba conectado a un ordenador, onde se apreciaban os seus compoñentes.

  2. victor di:

    Melania, alégrome de que alguén se acorde de esta entrada xa que o teu é o primeiro comentario que se fai, e como ves simplemente hai que dar unha opinión persoal.
    Hai un erro no teu comentario, pois chamas microscopios ao que son lupas binoculares (onde viades as mostras de rochas), polo que quero plantexarvos unha cuestión: ¿en que se diferencia o funcionamento dun microscopio ao dunha lupa binocular?.

  3. carmen.aso.1b di:

    En relación a la pregunta de Víctor:
    A pesar de que ambos son instrumentos ópticos con una misma función, permiten ver objetos o elementos que no se pueden percibir a simple vista, no son el mismo instrumento, pues, su estructura es diferente.
    Por un lado, el microscopio, tomando como ejemplo el microscopio óptico básico, contiene una o varias lentes que permiten obtener una imagen bidimensional aumentada del objeto. Por otro lado, la lupa binocular, parecida a un microscopio, está formada por dos oculares, con una lupa en cada uno de ellos y, así, se consigue una imagen tridimensional más realista, pues observamos con ambos ojos.

  4. noeliap.aso.1b di:

    A diferencia dos microscopios biolóxicos, as lupas binoculares ofrecen unha visión con volume,de obxectos que non precisan preparacións complicadas : un insecto, unha flor, un mineral, moedas..todo esto pode ser colocado baixo o obxectivo dunha lupa binocular directamente. A facilidade de manexo que ofrece fai que este tipo de instrumento sea particularmente indicado para inciarse no mundo da microscopía,a botánica etc.

  5. ivan.aso.1a di:

    Que as lupas teñen unha luz que pode permitir ver texidos, e os microscopios son para ver materiales opacos, creo

  6. carmen.aso.1b di:

    Malia que ambos son instrumentos ópticos cunha mesma función, permiten ver obxectos ou elementos que non se poden percibir a primeira ollada, non son o mesmo instrumento, pois, a súa estrutura é diferente.

    Por unha banda, o microscopio, tomando como exemplo o microscopio óptico básico, contén unha ou varias lentes que permiten obter unha imaxe bidimensional aumentada do obxecto.

    Doutra banda, a lupa binocular, parecida a un microscopio, está formada por dous oculares, cunha lupa en cada un deles e, así, conséguese unha imaxe tridimensional máis realista, pois observamos con ambos ollos.

  7. sabela.aso.1a di:

    A diferencia e que a lente binocular ofrece unha visión estereoscópica, con volume de obxetos que non necesitan complicadas preparacións, e o microscopio é o tipo máis común. A min gustoume moito, e pareceume moi interesante, sobre todo as fotos sobre o que provocaron os terremotos nalgúns lugares.

  8. victor di:

    Noelia e Sabela apuntaron ben cando din que a lupa permite percibir as tres dimensións (volume).
    Ademais cun microscopio podes observar cousas moito máis pequenas xa que posúe obxectivos (lentes) de maior aumento.
    Pero, ¿que diferencias hai na utilización da luz nestes dous aparellos?

  9. noeliap.aso.1b di:

    Pois no microscopio a luz é transmitida porque chega dende abajo atravesando a mostra e polo contrario nas lupas a luz é incidente,e dicir,non atravesa a mostra e chega dende arriba ou un lado.
    Por certo levo uns cantos días intentando facer unha entrada pero non me carga. Na clase falamos con máis detalle.

  10. victor di:

    Dacordo Noelia, pero plantexo unha última cuestión: ¿como se consegue o enfoque cos dous aparellos?

  11. noeliap.aso.1b di:

    Existen dous tipos de microscopios: o óptico e o electrónico. No microscopio óptico o aumento do obxecto conséguese usando un sistema de lentes que manipula o paso dos raios de luz entre o obxceto e os ollos. No microscopio electrónico utilizase un raio de electróns controlado por un campo magnético.
    No caso das lupas binoculares non o atopei solo que os elementos poden desplazarse verticalmente gracias o mando de enfoque.

  12. victor di:

    As lentes de aumento dun microscopio son dúas: o ocular (onde pos o ollo) e os obxectivos (grupo de varias lentes de diferentes aumentos que están do lado da preparación microscópica). Os aumentos totais dun microscopio obtéñense multiplicando os aumentos do ocular polos do obxectivo utilizado en cada momento.

  13. rodrigo.aso.1a di:

    Creo que en xeral estivo bastante ben o malo e que penso que lle faltaba algo xa que a min persoalmente, pareceume como que non se lle dou tanta importancia como outras celebridades. Por iso espero que para futuros anos teña unha maior participación por parte do profesorado e alumnado.
    Aínda así felicidades que estivo moi ben!

  14. victor di:

    Alégrome de que en xeral que os actos realizados no centro, a Semana da Ciencia, foran tan ben acollidos. Trátase dun evento que esperamos seguir celebrando os vindeiros anos e con ánimo de melloralo.

  15. gema.aso.1b di:

    Non fun a esa exposición con ningun profesor(digamos que o forte da miña clase non é a bioloxia)pero acerqueime por ali e pareceume algo moi interesante,moi traballado polos rapaces de primeiro,os de ciclos e diversos profesores.Eu tamén espero que se celebre máis anos e que o noso instituto sexa tan participativo en todos os aspectos 🙂

  16. victor di:

    Gema, sinto non habervos levado eu, pero paseime o día de guía.
    A semana trataba sobre o Planeta Terra, e este é un tema para todos os cidadáns, independentemente do que estudien. E por certo, a bioloxía tamén é cultura, por iso eu vos dou clase.

  17. gema.aso.1b di:

    Sei que a exposición era sobre cousas actuais,que non fai falla saber demasiado de bioloxia,tecnoloxia,ciencias… para entender o que había alí,por iso se interesou tanta xente en acudir e observar todo o que fixerades.Unha magoa non ter ido con máis calma e un profesor,para o ano sen problema.Canto máis coñecementos mellor,está claro.

  18. karina.aso.1a di:

    A min pareceume todo moi interesante,pero o que mais me gustou sen dúbida foi a lupa onde podiamos apreciar mostras en 3 dimensións.

  19. sara.aso.1a di:

    Estas iniciativas por parte do instituto son moi interesantes, desta maneira aprendemos dunha maneira diferente moitas cousas que no sabiamos.
    Gustome moito todo, pero sobre todo, e sinto repetirme a lupa onde veiamos as mostras en tres dimensións.

  20. victor di:

    Sempre nos gustan máis as cousas e as comprendemos mellor se participamos.